* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Turismo Imserso 2023-24
29/Xuño/2023
Departamento de Servizos Sociais
Posta en marcha da próxima tempada 2023-2024 do Programa de Turismo do Imserso
A Dirección Xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) iniciou a posta en marcha da que será a próxima tempada 2023-2024 do Programa de Turismo do Imserso.
Neste sentido, desde o xoves 29 de xuño de 2023 e ata o martes 25 de xullo de 2023 –ambos os días inclusive-, permanecerá aberto un período de presentación de NOVAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN neste Programa para a tempada 2023-2024, exclusivamente para aquelas persoas que non estean incluídas no Programa de Turismo do Imserso.
Nos próximos días, as persoas xa acreditadas na base de datos do Imserso para a súa participación no Programa de Turismo do Imserso recibirán nos seus domicilios as cartas de renovación incluíndo os IMPRESOS DE MODIFICACIÓN DE DATOS, con obxecto de que, se procede, comuniquen as variacións nos mesmos para participar na próxima tempada 2023-2024.
Se os datos non variaron e se consideran correctos, non é preciso que realice ningunha actuación e NON HAI QUE REMITIR o impreso cuberto.
Se os datos non son correctos ou cambiaron, debe remitirse o impreso de solicitude cuberto. Neste caso, e no prazo comprendido entre o 29 de xuño e o 25 de xullo de 2023, ambos os incluídos, poderase efectuar o cambio polos seguintes medios:
• A través da Sede electrónica do Imserso utilizando o número de referencia que aparece na carta que recibiu ou o sistema Cl@ve, por algún dos seguintes métodos:
• Directamente a través desta ligazón.
• Entrando na Sede electrónica do Imserso e unha vez dentro do apartado correspondente ao Programa de Turismo, pulsar no icona «Edición».
• Escaneando o código QR que aparece na carta de renovación co teléfono móbil.
• Nos rexistros electrónicos e oficinas a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.
• En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO, APARTADO DE CORREOS 10.140, 28080 MADRID.
Máis información Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove: Teléfono: 982592001 .-
ANUNCIOS...
28/Xuño/2023
CONCELLO DE XOVE
“Anuncio de ADIF por el que se somete a información pública, a efectos de expropiaciones, el “Proyecto de reparación de desmontes situados entre los PP.KK. 61+200 al 100+700 y del 111+700 al 112+000 del tramo Ortigueira - Ribadeo de la línea 740 Ferrol - Pravia”.”
“Anuncio del ADIF por el que se somete a información pública a efectos de la declaración de la necesidad de ocupación el “Proyecto de reparación de desmontes situados entre los PP.KK. 61+200 al 100+700 y del 111+700 al 112+000 del tramo Ortigueira - Ribadeo de la línea 740 Ferrol - Pravia”.”
IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MEDIOAMBIENTAL EN XOVE
27/Xuño/2023
Departamento de Cultura e Comunicación
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IX Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso imos ter unha única categoría. En canto aos premios, imos ter cinco premios en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros
Normas do concurso : A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.
A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:
-Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto. -Copia do NIF do concursante. -Un CD que conteña as imaxes dixitais.
O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 8 DE SETEMBRO DE 2.023, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite do día 8 DE SETEMBRO DE 2022.
Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. As Bases Reguladoras da Convocatoria e a Ficha de Inscrición-Autoría a poden atopar na SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO
SELECCIÓN DE (1) PRAZA DE SOCORRISTA CONTRATO DE DURACIÓN DETERMINADA POR SUBSTITUCIÓN ATA COBERTURA DEFINITIVA FIXOS DISCONTINUOS E LISTA DE RESERVA (SOCORRISTA).
21/Xuño/2023
Departamento de Cultura e Comunicación
Onte, martes 20 de xuño ás 12:00 horas no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira Dolores Meitín e a Jefa Territorial de Educación de Lugo María José Gómez fixeron entrega dos Premios (lote de material didáctico e Diploma Acreditativo cada premio) do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2023, que un ano máis organizou a Biblioteca Municipal de Xove da Concellería de Cultura para todos os nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial para os do CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón.
Os/as premiados/as nas distintas categorías, foron:
CONCURSO “LETRAS GALEGAS” 2023
TRABALLOS PREMIADOS NO C.E.I.P. “PEDRO CASELLES ROLLÁN”
A Escola Municipal de Música de Xove ofrece, de xeito gratuíto, o Obradoiro de iniciación musical, que se levará a cabo durante o mese de xuño.
Este obradoiro terá duración de catro sesións e realizaranse nas instalacións da Escola Municipal de Música, en Palmeiro. Está destinado a todos os rapaces dende primeiro de primaria en diante que lles guste a música. Poderán utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música.
Para inscribirse terán que cumprimentar unha folla de inscrición, e entregala presencialmente na Escola de Música o primeiro día do taller.
O obradoiro realizarase os sábados 3, 10, 17 e 24 de xuño en horario de 11:00 a 12:00 h., finalizando a actividade coa participación conxunta no Concerto de Fin de Curso da escola de Música.
Para unha maior información: Xulia Nogueira 677 838 812
SELECCIÓN DE PERSONAL TEMPORAL DE INFORMADOR TURÍSTICO (2 PRAZAS) CONTRATO DE DURACIÓN DETERMINADA POR SUBSTITUCIÓN ATA COBERTURA DEFINITIVA FIXOS-DESCONTINUOS E LISTA DE RESERVA (INFORMADOR TURÍSTICO)
Prazo dende: 02/06/2023 ata 12/06/2023 ( incluído).
Encargado de Socorrismo
01/Xuño/2023
CONCELLO DE XOVE
SELECCIÓN DE PERSOAL TEMPORAL DE ENCARGADO SOCORRISMO (1 PRAZA) E SOCORRISTAS (2 PRAZAS) CONTRATO DE DURACIÓN DETERMINADA POR SUBSTITUCIÓN ATA COBERTURA DEFINITIVA FIXOS DISCONTINUOS E LISTA DE RESERVA (SOCORRISTA).
23/Maio/2023
Turismo, Investigación Social e Muller
O Consello de Turismo de Galicia acaba de outorgarnos o recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia ao noso San Antonio Ventureiro da Rigueira.
Viais afectados polo campionato de Fútbol 8
16/Maio/2023
CONCELLO DE XOVE
NOTA INFORMATIVA
Con motivo da celebración dos campionatos de futbol 8 o Sábado 20 e Domingo 21 de Maio, adxuntase plano donde se indican os viais afectados por cortes, zonas de estacionamento de Bus e vehículos.-
Peche de rúas por probas de Ciclismo Paralimpico....
15/Maio/2023
CONCELLO DE XOVE
Rallye Mariña Lucense 2023
10/Maio/2023
CONCELLO DE XOVE
PERCORRIDO E HORARIOS DO RALLIE POR XOVE
VENRES 12 E SÁBADO 13 DE MAIO
II Concurso de Fotografía para celebrar o día do Medio Ambiente.
02/Maio/2023
Concellería de Medio Ambiente
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xove convoca o II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para celebrar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE, baixo o epígrafe
CAL É O TEU ESPAZO NATURAL PREFERIDO DE XOVE?
Obxetivo do concurso: POTENCIAR O COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL DO NOSO CONCELLO. Para consecución deste obxectivo, buscamos a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, rio, xardín, árbore, pena,…) do Concello de Xove. Pode ser unha fotografía dese lugar ou o/a participante realizando unha acción nese entorno natural..
Categorías de participación:
• INFANTIL ---- ata os 12 anos.
• XUVENIL ---- de 13 a 17 anos (ambos incluídos).
• ADULTO ---- de 18 anos en diante.
Premios:
• Un trofeo en cada categoría á foto que máis guste (máis votada) segundo votación popular.
• Un OBSEQUIO institucional a cada participante.
• O prazo de recepción dos traballos comeza o luns 8 de maio e remata o mércores 31 de maio ás 0.00h
• O xoves 1 de xuño as fotografías participantes serán publicadas, por categorías, na páxina de FACEBOOK do Concello de Xove , onde a cidadanía poderá votar pola súa foto favorita ata o luns 5 de xuño, ás 0:00h.
• Cada participante poderá presentar unha sóla fotografía. Pedimos que a fotografía presentada teña unha mínima calidade para ser colgada no Facebook, co fin de facilitar un bó visionado da mesma. A organización do concurso adaptará as fotografías á capacidade da rede na que vai ser publicada.
• A fotografía que máis "ME GUSTA" acade en cada categoría será a gañadora.
Requisitos:
• Para participar as fotografías enviaranse por correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..
No correo electrónico, ademáis de incluir a fotografía participante, haberá que incluir tamén a seguinte información:
o Nome, apelidos e data de nacemento da autora ou autor.
o Descrición ou título da fotografía.
o Número de teléfono de contacto.
o No caso dos menores de idade tamén se especificará nome, apelidos, e teléfono de contacto das nais/pais ou titora/titor legal.
o Se na fotografía aparecen persoas deberán indicarse os seus datos e a conformidade para ser fotografiada/o.
o Os premios daranse a coñecer o venres 9 de xuño, a través da mesma páxina de Facebook do Concello de Xove, así como na web www.xove.es.
o O mesmo día, 9 de xuño, comunicarase o día, hora e lugar no que se entregarán os trofeos aos gañaores e a entrega de obsequio a cada participante.
• Todas as fotografías do concurso poderán ser expostas ou publicadas en internet para súa difusión sen ánimo de lucro.
Obrigas en materia de Prevención de Incendios. 2023
21/Abril/2023
Delegación de Agricultura
CIRCULAR
RECORDATORIO DE OBRIGAS EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Tendo coñecemento esta Alcaldía da existencia, tanto no núcleo urbano de Xove coma en diversos núcleos rurais do termo municipal, de parcelas que incumpren o establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (e as modificacións posteriores), e na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes, no relativo á xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas.
RECÓRDASE a todas as persoas físicas e xurídicas titulares de parcelas que non están cumprindo a normativa existente, que teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal (traballos de roza) e á corta e retirada das especies arbóreas prohibidas (eucalipto; piñeiro galego; piñeiro do país; piñeiro silvestre; piñeiro de Monterrey; piñeiro de Oregón; mimosa; acacia negra; queiruga; carqueixa; xesta; uz, carpaza; xesta, piorno; fento; silva; e toxo) ANTES DO 31 DE MAIO DE 2023.
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K