Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2025
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)
---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Monitor de Ximnasia 2021.- Consolidación de Emprego Temporal
23/Agosto/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Fánse públicas as bases e solicitude de Monitor de Ximasia 2021 como Consolidación do Emprego Temporal .- O prazo para presentar as solicitudes comenza o 19 de abril de 2021 y remata ás 24 horas do 7 de xuño de 2021.
Auxiliar Servizos Sociais 2021.- Consolidación de Emprego Temporal
23/Agosto/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Fánse públicas as bases e solicitude de Auxiliar Servizos Sociais 2021 como Consolidación do Emprego Temporal .- O prazo para presentar as solicitudes comenza o 19 de abril de 2021 y remata ás 24 horas do 7 de xuño de 2021.
Ghazafelhos
22/Agosto/2021
CONCELLO DE XOVE
-

Vilamor
20/Agosto/2021
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dende o Concello de Xove enviamos información de unha película que se vai proxectar na praza do Centro Cívico de Xove este xoves, 26 de agosto a partir das 22:00 h da noite. Xove foi seleccionado dende a Rede de Dinamización Lingüística para acoller unha sesión de "Cine na rúa" de Via Láctea Films. A proxección do filme "Vilamor"será acompañada da presentación e posterior coloquio co director Ignacio Vilar. Esta proposta ao aire libre proxectarase en pantalla xigante e garantindo a maior calidade da mesma e sobre todo as normas de seguridade e prevención covid 19.

ACTIVIDADE ACUÁTICA CON CON ROQ SPORT 2021
19/Agosto/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe día 19 de agosto ás 10:30 horas, 18 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ata o embarcadoiro de Portochao para gozar dunha actividade acuática en canoas e táboas de sup e big sup polo río Landro con Roq Sport acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán”.

VIII TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO DE XOVE
18/Agosto/2021
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe martes 17 de agosto en Xove, tivo lugar a presentación do VIII TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO de XOVE, neste acto estivo presente o alcalde do Concello de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes Cristina Iglesias xunto María Gómez Sanmartín representante da empresa IG10 que xestiona o torneo.
O torneo será dende o 23 ao 27 de agosto e terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1500€ de material deportivo en premios.
A inscrición pódese facer na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 20 ás 14:00 na pista de padel.

PRESENTACIÓN DA II EDICION DO XOVE COSTA TRAIL 2021
13/Agosto/2021
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe venres, ás 13:30 horas, tivo lugar a Presentación da II Edición do Xove Costa Trail 2021, na que estivo presente o Alcalde de Xove D. Demetrio Salgueiro Rapa, a Concelleira de Deportes Dª Cristina Iglesias Guerreiro e os Organizadores do Xove Costa Trail 2021. Dito evento levarase a cabo os días 21 de Agosto con Andaina e Carreiras para Nen@s e o domingo día 22 de Agosto onde se farán as dúas carreiras Trail, de 25 Km e 15 Km.
A maior parte dos circuitos, tanto de Andaina como de Trails, son pola Senda Costeira de Xove. Os caminantes da Andaina sairán da Praia de Esteiro con chegada á Praia de Morás, con un percorrido de 15 Km. As carreiras para os nen@s, serán no entorno do Cabo Morás, con chegada á Meta na Praia de Morás. Os mais maiores correrán uns 1.500 m. e os máis pequenos uns 700 m. Os corredores de 25K, sairán da Praia de Portonovo, con chegada ó Centro Cívico de Xove. Os corredores de 15K, sairán da Punta da Mansa, con chegada ó Centro Cívico de Xove.
A entrega de Trofeos será sobre as 14:00 horas na Praza do Concello de Xove.

KARTS A PEDALES ROQ SPORT 2021
13/Agosto/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, 12 de agosto, seguindo coas actividades de verán tocou karts a pedales. Un grupo 20 rapaces e rapazas de Xove, de idades comprendidas entre os 10 e 14 anos, desprazáronse ás instalacións de Roq Sport no Monte San Roque de Viveiro acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro xunto co equipo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para gozar dunha xornada en plena natureza onde non faltaron a competición, as risas e o compañeirismo.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán”

“CONECTA CO MEDIO AMBIENTE ” no Concello de Xove.
09/Agosto/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Este luns, 9 de agosto, ás 10 da mañá nunha aula do Centro Xuvenil do Concello de Xove e dentro do programa “Conecta co Medio Ambiente”, incluído na programación de verán da Concellería de Xuventude, tivo lugar un obradoiro de trampeo antivelutinas, que correu a cargo de José María Vázquez, da empresa SERPA, especializada na materia.
O ponente explicoulle aos rapaces a importancia de eliminar os nidos para así chegar a minimizar o impacto da praga e ensinoulles a facer trampas caseiras partindo dun envase de plástico reutilizable.
ESCALADA CON ROQ SPORT 2021
05/Agosto/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe día 5 de agosto fomos facer escalada. Ás 10:30 horas, 20 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao rocódromo do pavillón municipal de Viveiro acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán ”.

“CONECTA COA CULTURA” no Concello de Xove.
03/Agosto/2021
Turismo, Investigación Social e Muller
-
CONECTA COA CULTURA
Este luns, 2 de agosto, ás 11 da mañá o Concello de Xove dentro do programa “Conecta coa Cultura”, incluído na programación de verán da Concellería de Xuventude propuxo unha obra de Raquel Queizas titulada O segredo do tendal que tivo lugar na praza das árbores, con aforo limitado e seguindo as normas de prevención ante o covid-19.
A protagonista contanos que preparou este espectáculo para presentar a tradición oral á nova xeración de nativos dixitais e que se inspirou nas lembranzas de moitas tardes escoitando as historias de súa avoa mentres tendían a roupa ao sol de agosto.
RAPEL CON ROQ SPORT 2021
23/Xullo/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Seguimos coas actividades de aventura en plena natureza, hoxe día 22 de xullo tocou rapel. Ás 10:30 horas, 25 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao monte San Roque de Viveiro ás instalacións de Roq Sport acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para aprender a descender rapeleando unha parede con seguridade ante a atenta mirada dos monitores.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán ”.

ORIENTACIÓN CON ROQ SPORT 2021
15/Xullo/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 15 de xullo, ás 10:30 horas, 24 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao monte San Roque de Viveiro ás instalacións de Roq Sport acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para realizar unha actividade de orientación en plena natureza onde deberán guiarse con un mapa e un compás para localizar os puntos marcados.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán”.

Actividades con “A Balea Verde” 2021
13/Xullo/2021
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 13 de xullo, ás 10:30 horas, 22 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ata o Portiño de Moras, onde están situadas as instalacións de “A Balea Verde”, acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para gozar dunha mañá ao aire libre facendo unha ruta de sendeirismo pola costa, unha saída en kayaks e para rematar, fomentando entre a mocidade o respecto e coidado do medio ambiente, fixemos limpeza da praia.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán ”.

Recepción do Alcalde ó Equipo Xuvenil SD Xove FS
12/Xullo/2021
CONCELLO DE XOVE
-
O equipo xuvenil da SD XOVE FS foi recibido este venres no CONCELLO DE XOVE polo Alcalde Demetrio Salgueiro. O rexidor xovense felicitou aos xogadores, técnicos e directivos do clube polo titulo de campións de PRIMERA GALICIA JUVENIL E POLO ASCENSO Á LIGA GALLEGA. O equipo conseguíu o ascenso á liga autonómica ó quedar na primeira posición do seu grupo e o título de campión ó imporse na final en Naron ó Emdem Futsal de A Coruña.
Dende o clube, dar as grazas como siempre ao CONCELLO DE XOVE polo seu apoio, sen o cal todos estos éxitos non serían posibles. Intentaremos formar un bon equipo para poder competir na categoría autonómica que será todo un reto para o clube e para os nosos xogadores.

|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|