Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Mañás Activas na OMIX 2022
11/Xullo/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O grupo de Mañás Activas fixo sendeirismo dende o Portiño á praia de Lago recollendo refugallos polo camiño e tamén na praia.
Aprendemos a importancia de coidar o medio ambiente e a protexer aos animaliños que nel habitan, recollendo os pequenos plásticos que deixa a marea na praia.
Aínda que a primeira hora da mañá tíñamos néboa, non nos impediu darnos un baño xa que a temperatura era moi boa."

Programa Verán Xove 2022: “Mañáns Activas”
07/Xullo/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Esta semana deu comezo o programa de voluntariado xuvenil "Mañáns Activas" coa supervisión das dúas técnicas de xuventude e a colaboración de catro persoas voluntarias que faran actividades de lecer como manualidades, informática, xogos, etc. cun grupo de 38 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos, durante as mañáns de xullo e agosto de luns a venres. O grupo de "Mañáns Activas" tamen gozará de actividades deportivas como balonmán e baile moderno e de actividades na natureza con Roq Sport e A Balea Verde.

Praza de Encargado de Brigada de Obras.-Proceso de selección....
07/Xullo/2022
Departamento de Recursos Humanos
-
Por Resolución de Alcaldía de 7 de marzo de 2022 aprobáronse a BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, COMO PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO, DE UNHA PRAZA DE ENCARGADO DE BRIGADA DE OBRAS E MANTEMENTO, POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE que a seguir se transcriben na súa integridade:
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.
O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter de interinidade de unha praza de Encargado de brigada de obras e mantemento, polo sistema de Concurso Oposición Libre; atopándose vacante dita praza no Cadro de Persoal e non resultando posible a súa cobertura como funcionario de carreira.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
GRUPO: C1
NÚM. DE VACANTES: 1
DENOMINACIÓN: ENCARGADO DE BRIGADA DE OBRAS E MANTEMENTO. A praza atópase encadrada no Grupo C, Subgrupo C1 (art. 76 RDL 5/2015, de 30 de outubro), Escala de Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais (Art. 167 e seguintes do RDL 781/1986, de 18 de abril).
(...)
** El 2º ejercicio de la Fase de Oposición del proceso selectivo convocado para la provisión de la plaza de Encargado de la Brigada de Obras y Mantenimiento, tendrá lugar el próximo lunes día 11 de julio de 2022 a las 09´30 en el Aula de formación del Concello de Xove. (Enfrente á Residencia da Terceira Idade)
Mañás Activas na OMIX
07/Xullo/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, as nenas e nenos de "Mañás Activas" estiveron gozando dunha mañá super divertida en A Balea Verde con obradoiros de pintura de camisetas e reciclaxe.

Festa do Percebe 2022
06/Xullo/2022
CONCELLO DE XOVE
-

Renovación da Aula de Informática do Concello (OMIX)
01/Xullo/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O Concello dispón de hai bastantes anos dunha ⭐️Aula Informática, ubicada dende sempre nun local da OMIX, na cal se levan organizado multitude de cursos informáticos de todo tipo, tanto para xoves como para adultos. Ademáis úsase a diario para que os rapaces poidan realizar os seus traballos e tamén conectarse.
Como o tempo pasa para todo, este equipamento estaba bastante gastado e deteriorado, dahí que o Concello decidira sustituir os vellos ordenadores por uns novos. Estes últimos días procedeuse á renovación completa e hoxe xa lucen os 8 novos ordenadores de 22 pulgadas, discos duros SSD e procesadores Intel I3 equipados con Windows 10.

Entrega ao noso Concello do libro “A super_acción de Mauricio”
30/Xuño/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Un grupo da Asociación Saúde Mental da Mariña fixo hoxe entrega ao noso Concello dun lote de libros de “a Super_Acción de Mauricio”, nun entrañable acto no que participaron uns 25 membros da Asociación acompañados por varios tecnicos.
O citado libro, que ten unha preciosa factura, foi elaborado coa participación dos membros da Asociación, a quens dende o Concello lles damos as nosas máis cariñosas grazas por ese precioso presente que nos ofrecen.
Destacamos tamén a extraordinaria laboura que fai a Asociación no seu traballo diario con este marabilloso grupo de persoas, potenciando a creatividade de todos eles.

Biotrituradora transportable
23/Xuño/2022
Concellería de Medio Ambiente
-

Por Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivenda da Xunta de Galicia de data 13/06/2022 publicada no DOG 119 do 22/06/2022 e ao abeiro da Orde de 30 de novembro de 2021 ( DOG núm 238 de 14/12/2021 ) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivenda foille concedida a o Concello de Xove unha subvención por importe de 28.850. 50 € para a adquisición dunha biotrituradora transportable e o/ou portátil para a trituración in situ dos restos vexetais xerados nas podas, para facilitar o transporte destes residuos.

Proceso selectivo de 1 plaza de limpiador/ra ( personal laboral temporal )
21/Xuño/2022
CONCELLO DE XOVE
-
OBXECTO DA CONVOCATORIA. .-O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición dunha praza de limpador/a de carácter temporal con contrato de duración determinada, que se xustifica na imposibilidade de facer fronte ás oscilacións que experimenta a actividade normal da limpeza das instalacións municipais como consecuencia do periodo de vacacións anual das traballadoras adscritas ao servizo.
.
LISTA DE ADMITIDOS E FIXACION DE LUGAR A DATA EXAME
Se designa Tribunal de Selección y se determina como lugar, fecha y hora de celebración de las pruebas:
Aula de Formación del Concello de Xove. .- Jueves 23 de junio de 2022.
Nova votación no concurso fotografico de Facebook!
20/Xuño/2022
Concellería de Medio Ambiente
-
Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xove convocouse un concurso de fotografía para celebrar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE en https://www.facebook.com/ConcelloDeXove
¿CAL É O TEU ESPAZO NATURAL, PREFERIDO DE XOVE?
O prazo de recepción dos traballos comezou o venres 13 de maio, rematando o día 6 de xuño ás 0:00h. O día 10 de xuño foron publicadas, por categorías, na páxina de FACEBOOK DO CONCELLO DE XOVE, onde a cidadanía votou pola súa foto favorita ata o 14 de xuño, ás 0.00h. A fotografía con máis “ME GUSTA” é a gañadora.
As premiadas e premiados dábanse a coñecer no día de hoxe 16-06-22, a través da mesma páxina de Facebook do Concello de Xove, así como no web www.xove.es.
DEBIDO A UN ERRO INFORMÁTICO, COA CONTA DO CORREO ELECTRÓNICO, UNHA FOTO DE CATEGORÍA XUVENIL, QUE FOI PRESENTADA EN PRAZO E HORA, NON FOI PUBLICADA PARA EXPORSE A VOTACIÓN POPULAR.
DEBIDO A ISTO, TODAS AS FOTOS DE CATEGORÍA XUVENIL VAN SER, DE NOVO, SOMETIDAS A VOTACIÓN POPULAR DENDE HOXE 16-06-22 ATA O 20-06-22 ás 0.00h.
APRAZAMOS ASÍ O COMUNICADO DOS GAÑADORES E GAÑADORAS DE CADA
CATEGORÍA ATA O VINDEIRO 21-06-22. Este día comunicarase na páxina do Facebook do Concello de Xove, así como na web www.xove.es os premiados e premiadas, e hora e lugar no que se entregarán os trofeos as gañadoras e gañadores e tamén se entregará un obsequio a cada participante.
¡¡¡VAMOS TODAS E TODOS A DARLLE A “ME GUSTA” A FOTO QUE PREFIRAMOS DA CATEGORÍA XUVENIL!!!
RESULTADOS DAS VOTACIÓNS
O Concello de Xove comunica as gañadoras do Concurso Medio Ambiental: ¿Cal é o teu espazo natural, preferido de Xove?
- Na CATEGORÍA INFANTIL a foto máis votada polo pobo foi: A HORTA DE LIDIA (VILACHÁ) de LIDIA PALEO RIVAS.
- Na CATEGORÍA XUVENIL a foto máis votada polo pobo foi: FARO Á VISTA de JUDITH SUÁREZ AZOGUE.
- Na CATEGORÍA DE ADULTOS a foto máis votada polo pobo foi: ATARDECER FARO DE PUNTA RONCADOIRA de ÚRSULA VÁZQUEZ PAJÓN.
A ENTREGA DE TROFEOS E OBSEQUIOS A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES REALIZARASE ESTE VENRES 24 DE XUÑO ÁS 12:00h NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE XOVE. ALÍ VOS ESPERAMOS A TODAS E TODOS OS CONCURSANTES.
¡¡¡ AOS CONCURSANTES GRAZAS POR PARTICIPAR !!! ¡¡¡ A VOTACIÓN POPULAR GRAZAS POLOS VOSOS VOTOS!!! Concello de Xove | Facebook
Convocatoria 1 praza Informador Turístico.
20/Xuño/2022
CONCELLO DE XOVE
-
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.- O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de duas prazas de Informador Turístico segundo a Providencia de Alcaldía de 12 de maio de 2022.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
-
- DENOMINACIÓN: INFORMADOR TURÍSTICO

- GRUPO: C2
- NIVEL C. D. : 14
- Nº PRAZAS TEMPORAIS: 2
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada Parcial ( 64% da xornada)
- DURACIÓN DO CONTRATO: Dende o 01 de Xullo de 2022 ata o 31 de
- Agosto de 2022. En calquer caso, de non empezar o día 1 de xullo, a duración do contrato será de 2 meses.
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove .
3.- FUNCIÓNS A REALIZAR:
-
- Recibir a turistas/persoas usuarias á súa chegada á Oficina de Información Turística.
- Prover información a turistas potenciais e turistas que visitan o concello ou a comarca co fin de facilitar a súa decisión de viaxar, facilitar a súa estadía e diminuír o risco de experiencias negativas durante a súa viaxe, influíndo positivamente na imaxe do destino turístico.
- Proporcionar materiais informativos gratuítos como mapas, planos e folletos, postais, recordos, vídeos.
- Apoiar os programas de desenvolvemento turístico do Concello.
- Rexistrar a actividade diaria, en concreto no relativo ás características das persoas usuarias da Oficina de Información Turística e das súas demandas.
- Prestar axuda na elaboración de material divulgativo e na súa difusión, de ser o caso.
- Levar o control do material turístico e promocional para a súa posta a disposición, etc.
- Efectuar calquera outra tarefa propia da súa categoría que lle sexa encomendada e para a que fose previamente instruído/a.
VIII Concurso de Fotografía Medioambiental
17/Xuño/2022
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso imos ter unha única categoría. En canto aos premios, imos ter cinco premios en metálico:
- Primeiro premio: 120 euros
- Segundo premio: 100 euros
- Terceiro premio: 90 euros
- Cuarto premio: 75 euros
- Quinto premio: 65 euros
Normas do concurso:A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.
A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:
- Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.
- Copia do NIF do concursante.
- Un CD que conteña as imaxes dixitais.
O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 9 DE SETEMBRO DE 2.022, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite do día 9 DE SETEMBRO DE 2022.
Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura.
PRESENTADO O PROGRAMA VERÁN XOVE 2022
10/Xuño/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O mesmo foi presentado este mediodía polas concelleiras de Servizos Sociais e Xuventude e Deporte, Ana Abad e Cristina Iglesias e respectivamente.Trátase de actividades deportivas e lúdicas en xeral. É un programa moi amplo que inclúe festas, xogos de todo tipo, excursións, competicións deportivas, obradoiros, etc. As actividades que se van desenvolver, e que resumimos, son:
- Rutas San Antonio da Rigueira, que se van desenvolver o luns 13 de xuño. Prazo para anotarse ata o 10 de xuño.
- Programas “MÓVETE NO VERÁN” e “MÓVETE NO VERÁN CON SALA 5”, adicado a nenos e rapaces dende 3 anos a maiores de 18. Inclúe xogos, full body, Pilates,etc. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX .
- Curso PÁDEL NO VERÁN. Do 4 de xullo ao 19 de agosto, a partieres de 6 anos. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX.
- FESTA ACUÁTICA na praia de Portocelo. Domingo 31 de xullo a partir das 16:00 h. con inchables acuáticos, xogos na auga, kayaks,…
- XOVE CONCILIA VERÁN. Do 24 de xuño ata o 6 de setembro, con actividades de entretemento para nenos de 4º de infantil ata 4º de primaria (Prazas limitadas). Inscrición ata o 21 de xuño na OMIX.
- Programa MAÑÁNS ACTIVAS durante os meses de xullo e agosto, para rapaces de 10 a 16 anos, con obradoiros de manualidades, xogos deportivos e actividades na natureza. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX.
- Programa XUVENTUDE:
-9 de xullo: RUTA DOS FORNOS en A Pontenova, a partir de 1º de ESO (Prazas limitadas)
-13, 14 e 15 de xullo: CAMPAMENTO EN MORÁS. A partir de 6º de primaria.
-23 de xullo: PAINTBALL MOCIDADE. A partir de 3º da ESO.
-6 de agosto: VIAXE AO AQUAPARK DE CERCEDA. A partir de 1º de ESO.
-19 de agosto: OPERACIÓN DIAMANTE EN XOVE. A partir de 6 anos..
A inscrición para estas actividades vaise realizar na OMIX unha semana antes de cada actividade.
- Programa XUVENTUDE EN ROQ SPORT, con prazas limitadas. Estas actividades vanse realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello, e son: -“Parque de aventura” o 7 de xullo, “Orientación” o 21 de xullo, “Sup e Big Sup” o 4 de agosto e “Paint ball infantil” o 18 de agosto.
- Programa XUVENTUDE EN A BALEA VERDE, con prazas limitadas. Vaise desenvolver os días 6, 11, 18, 27 e 29 de xullo, e 1, 8, 10, 12, 24 e 26 de agosto, incluíndo:sendeirismo, kaiak, obradoiros de reciclaxe, snorkel, actividas acuáticas, praia,…
Inscricións na OMIX ata 2 días antes de cada actividade. Estas actividades vanse realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello.
- - DOMINGOS A REMOLLO NA PRAIA DE LAGO, os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo, e 7,14 e 21 de agosto. Con saídas en kaiak e padel surf, en horario de 16:00 a 19:30 h.Inscrición na praia media horas antes da actividade.
A Organización corre a cargo do Concello de Xove, concretamente das Concellerías de Servizos Sociais, Xuventude e Deporte. Contamos tamén co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Secretaría Xeral da Igualdade.

CONTACTO: -- ANA ABAD TFNO: 625062246 -- CRISTINA IGLESIAS TFNO: 699328227
2 prazas de informador/ra turística.
06/Xuño/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Concurso – Oposición para cubrir 2 prazas de informador/ra turística.
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de dúas prazas de Informador Turístico segundo a Providencia de Alcaldía de 12 de maio de 2022.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
-
- DENOMINACIÓN:INFORMADOR TURÍSTICO GRUPO: C2 NIVEL C. D. : 14
- Nº PRAZAS TEMPORAIS: 2
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada Parcial ( 64% da xornada)
- DURACIÓN DO CONTRATO: Dende o 01 de Xullo de 2022 ata o 31 de Agosto de 2022. En calquer caso, de non empezar o día 1 de xullo, a duración do contrato será de 2 meses.
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove .
- FUNCIÓNS A REALIZAR:· Recibir a turistas/persoas usuarias á súa chegada á Oficina de Información Turística.· Prover información a turistas potenciais e turistas que visitan o concello ou a comarca co fin de facilitar a súa decisión de viaxar, facilitar a súa estadía e diminuír o risco de experiencias negativas durante a súa viaxe, influíndo positivamente na imaxe do destino turístico.· Proporcionar materiais informativos gratuítos como mapas, planos e folletos, postais, recordos, vídeos.· Apoiar os programas de desenvolvemento turístico do Concello.· Rexistrar a actividade diaria, en concreto no relativo ás características das persoas usuarias da Oficina de Información Turística e das súas demandas.· Prestar axuda na elaboración de material divulgativo e na súa difusión, de ser o caso.· Levar o control do material turístico e promocional para a súa posta a disposición, etc.· Efectuar calquera outra tarefa propia da súa categoría que lle sexa encomendada e para a que fose previamente instruído/a.
----->ANUNCIO BOP INFORMAC TURISTICA ----->SOLICITUDE INFORMAC TURISTICA
------> LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS
Las pruebas se celebrarán a las 09:30 horas del próximo lunes día 13 de junio de 2022 en el Aula de Formación. (enfrente del centro de Tercera Edad) --->
Solicitude de permisos para Fogueiras 2022 .-
03/Xuño/2022
Delegación de Agricultura
-
San Xoan e San Pedro
- PRAZO PARA A COMUNICACIÓN: Dende 01/06/22 ata 22/06/22 (ambos inclusive)
- LUGAR: Departamento de Agricultura e Montes. (Dolores ou Belen)
- HORARIO: De 8:00h a 14:00h

Entregados os Premios do Concurso Letras Galegas 2.022
03/Xuño/2022
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, venres 3 de xuño, ás 12:00 horas no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira Dolores Meitín fixeron entrega dos Premios (lote de material didáctico e Diploma Acreditativo cada premio) do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2022, que un ano máis organizou a Biblioteca Municipal de Xove da Concellería de Cultura para tódolos nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial para os do CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón.

Leer más: Entregados os Premios do Concurso Letras Galegas 2.022
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|