Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Malestar polo estado da estrada que vai a San Isidoro de Monte
23/Decembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, un nutrido grupo de veciños de San Isidoro de Monte mantiveron no Salón de Plenos do Concello unha xuntanza co alcalde de Xove Demetrio Salgueiro onde lle manifestaron o profundo malestar polo estado da estrada que vai dende Xove a San Isidoro de Monte e que presenta un estado lamentable. A cantidade de baches, pequenos e grandes, é incontable, con pérdidas asfálticas en prácticamente todo o percorrido. A estrada, de titularidade da Deputación Provincial de Lugo, é nestes intres un auténtico perigo, tanto para pións como para a circulación de vehículos.Recordamos que esta estrada é vital para a parroquia, xa que é o cordón umbilical que une Monte con Xove, percorrido que hoxe é unha auténtica e perigosa aventura.
O alcalde aproveitou a xuntanza para entregarlles aos veciños unha copia do acordo asinado entre o Concello de Xove e a Deputación de Lugo segundo o cal a estrada debería estar asfaltada con aglomerado en quente neste 2019, acordo que a Deputación de Lugo está a inclumplir.
Actividades fin de semana en Xove
20/Decembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
===AVISO IMPORTANTE!!, debido á alerta meteorolóxica prevista para mañá sabado día 21, a Inauguración do Nadal queda aprazada para o LUNS 23 no mesmo horario...====
Continuamos coas actividades de Nadal ....
- SÁBADO, 21 DE DECEMBRO.- INAUGURACIÓN DO NADAL. O programa de actos vai comezar coa chegada de Papá Noel, quen, despois de visitar a Residencia da 3ª Idade, vai estar ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Xove, onde vai recibir a tódolos nenos. De seguido tódolos nenos disfrutarán dunha Festa con dinamización musical a cargo da emprega IG10. Dado que o tempo está invernoso, nada mellor que unha chocolatada. Pois ben, poderemos disfrutar dunha chocolatada gratuita ata agotar existencias.
- DOMINGO, 22 DE DECEMBRO.- TEATRO INFANTIL O grupo de teatro infantil ADALA de Fazouro vai a representar a obra “QUE COUSAS PASAN NO CAMIÑO!”. A función vaise desenvolver ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. Sinopse: Esta é unha obriña que trata sobre o amor verdadeiro. Un trobeiro e un demo están namorados da mesma princesa, pero o primeiro non é do gusto do Rei, porque non ten diñeiro e a simple vista tampouco parece moi listo. Para quedar ben con el, pero asegurándose de que non poida casar coa princesa, o Rei pon a proba ao rapaz: ten que facer o camiño de Santiago e traerlle unha cuncha. Se o consegue poderá casar coa princesa. Para asegurarse de que non sexa así, o Rei conta coa axuda do demo, que lle porá mil atrancos. Máis o trobador tamén contará con importantes aliados que velarán por el para que alcance o seu cometido: o apostol Santiago, San Francisco de Asís, a Vía Láctea e unha das súas fillas caída do ceo.
GRUPO CROONER : POP ROCK ACÚSTICO
19/Decembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
=====ACTUACIÓN MUSICAL=====
O Concello continúa coas súas actividades de Nadal, polo que coincidindo cos Venres de Tapeo organizados polos bares e restaurantes de Xove, o Concello programou un concerto no Pavillón Municipal de Deportes para mañá venres 20 de decembro a partires das 23:00 horas.
Concretamente vai ser o Grupo CROONER o que vai protagonizar o citado concerto. Formado por 4 membros, van a interpretar música moi variada, dentro dun estilo Pop Rock en acústico. A entrada a este concerto é totalmente libre. Sen dúbida, unha boa ocasión para disfrutar da boa música.
Presentación do Calendario 2020
19/Decembro/2019
Delegación de Agricultura
-
Dende hai anos o Concello de Xove elabora un calendario co cal agasalla a todos os seus veciños e lles desexa un bo Nadal e un feliz Aninovo. Pois ben, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín, quen elabourou o calendario deste vindeiro ano 2020, fixo a presentación do mesmo.
O calendario 2020 mostra nas súas páxinas un conxunto de fotografías antigas no que se recollen encontros familiares, reunións de amizade e xuntanzas nas festas.
Dende o Concello agradécese a tódalas persoas e familias que desinteresadamente prestaron as fotos para este calendario; tamén un recordo para toda a xente que aparece nestas fotografías e que xa non nos acompañan.
LIBRAMENTO DAS AXUDAS AO ESTUDIO CURSO 2019/2020
19/Decembro/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO CURSO 2019/2020
O pasado día 18 de decembro tivo lugar a Xunta de Goberno Local na que se aprobaban as bolsas e axudas ao estudio para o curso 2019/2020, concedidas e financiadas integramente polo Concello de Xove.
O número total de axudas concedidas é de 85, ascendendo o gasto total a 30.487,46.-€.
Como todos os anos, as bolsas se diferencian en varias modalidades, a modalidade de estudos universitarios, na que se concede un total de 15.713,39.-€, a modalidade de ciclos formativos que non existan na comarca, concedido un total de 1.311,14.-€, a modalidade para alumnos/as con discapacidade, cuxa contía ascende a 6.000,00.-€, a modalidade para compra de material (infantil, primaria, eso, bach e ciclos), cun total de 6.462,93.-€, e as axudas concedidas para a modalidade de máster, que ascende a 1.000,00.-€.
Termalismo Social IMSERSO 2020
17/Decembro/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
Requisitos das/dos usuarias/os
1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
- Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
- Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
Leer más:Termalismo Social IMSERSO 2020
Actividades de Nadal en Xove
13/Decembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
# SABADO 14. VIDEPROYECCION FOTOGRAFICA "CLIC". AS 19 HORAS NO CENTRO CIVICO
Trátase dunha videoproxección de fotografías realizada conxuntamente pola Asociación Fotográfica “Os Negativos” de Viveiro e o Grupo “Fotonavia” de Asturias. O vídeo que se vai a proxectar recolle fotografías duns 20 afeccionados, tomadas en distintos lugares do mundo, pero preferentemente en Galicia e Asturias. A montaxe do vídeo foi realizada por Javi Freitas do Grupo “Fotonavia”. O vídeo está dividido en bloques temáticos: arquitectura, paisaxe, natureza, retrato, branco e negro, etc. A entrada, libre. Unha boa ocasión para disfrutar da mellor fotografía. Seguimos no mundo da imaxe, neste caso cun proxecto de producción propia do Concello de Xove que contou cunha subvención do GALP (Grupo Acción Local Pesqueira).
A edición do vídeo foi realizada pola empresa Logavídeo, e contou coa colaboración do Departamento de Investigación Social e coa testemuña de antigos traballadores da Baleeira.Que dúbida cabe que a Baleeira tivo unha gran importancia no noso Concello, xa que foi unha das primeiras industrias de fóra establecidas no término municipal.Unha boa oportunidade de rememorar vellos recordos e un pasado que seguro non volverá. Entrada libre.
# DOMINGO 15.- PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL " A BALEEIRA DE MORÁS".- AS 19 HORAS NO CENTRO CIVICO
Seguimos no mundo da imaxe, neste caso cun proxecto de producción propia do Concello de Xove que contou cunha subvención do GALP (Grupo Acción Local Pesqueira).
A edición do vídeo foi realizada pola empresa Logavídeo, e contou coa colaboración do Departamento de Investigación Social e coa testemuña de antigos traballadores da Baleeira. Que dúbida cabe que a Baleeira tivo unha gran importancia no noso Concello, xa que foi unha das primeiras industrias de fóra establecidas no término municipal. Unha boa oportunidade de rememorar vellos recordos e un pasado que seguro non volverá. Entrada libre.
IX Concurso de Karaoke de Xove. Xa está aberta a inscrición!
13/Decembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa IX edición o SÁBADO, 28 DE DECEMBRO.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 27 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso (sábado 28) , en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.En canto aos premios do Concurso, temos 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización.
PREMIOS:
- Peques. Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 60 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 60 €
- Iunior.- Premio á “Mellor voz”: 2 premios de 90 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 90 €
- Veteranos.- Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 150 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 150 €
En total son 900 € en premios en metálico. E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.
Comeza o Nadal en Xove...
11/Decembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Estamos no comezo do Nadal. Pois ben, o BELÉN XIGANTE DE XOVE acaba de abrir as súas portas a todo o público. Está instalado, coma nos últimos anos, no parque municipal que está enfrente ao Concello.
Vai estar aberto ata pasado o Nadal, e durante as 24 horas do día . Dende o Concello invitamos a tódolos nosos veciños e visitantes a que disfruten do Nadal e do Belén Xigante de Xove.
Plan de Sinalización dos Recursos Turísticos do Concello de Xove
09/Decembro/2019
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Este Plan de Sinalización dos Recursos Turísticos do Concello de Xove, subvencionado pola Axencia de Turismo de Galicia en convenio de colaboración co Concello de Xove, para completar e mellorar a información aos recursos turísticos seguintes:
-Mirador Monte Castelo
-Cantís de Morás (Cantís de papel)
-Fervenza de Guilán
-Mirador Punta Merixe, dentro da Senda Costeira de Xove.
-Faro Punta Roncadoira
O orzamento foi de 11.660,41€, subvencionado nunha porcentaxe de 65% (7.579,27€) pola Axencia de Turismo de Galicia.
Programa de Nadal 2019-20
05/Decembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Violencia de xénero.....
03/Decembro/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Oganizadas polo noso Concello e financiadas con fondos destinados ao desenvolvemento de medidas do PACTO DE ESTADO en materia de violencia de xénero.
- 17 de decembro.- COMO LLE FALO DISO?.-Aprendendo a abordar a educación sexual das crianzas. Esta xornada dirixida a pais, nais e persoas interesadas, terá lugar o día 17 de decembro, de 18:30 a 20:30 horas, na Sala de Formación. Impartida por Martina González Veiga.
- 7 de xaneiro.- LECER EN IGUALDADE.- A igualdade de xénero e prevención de violencias machistas no lecer e tempo libre. Dirixida ao monitorado de actividades e persoas interesadas. O día 7 de xaneiro de 17:00 a 20:00, na Sala de Formación. Impartida por Arabías S. Coop. Galega.
As persoas interesadas poden anotarse e solicitar máis información na OMIX (tfno: 982 571 816). As prazas son limitadas
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
24/Novembro/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
Actos Conmemorativos
A Oficina de Información Xuvenil e as Concellerías de Igualdade, Xuventude e Cultura do Concello de Xove, organizaron onte os actos conmemorativos do “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”, no pavillón municipal unha Gymkana pola igualdade, na que participaron rapaces e rapazas do municipio. Posteriormente na praza do concello soltáronse luminarias en memoria das vítimas.
Os actos conmemorativos rematarán hoxe, domingo 24, as 19:00 horas coa obra de teatro “Iriña Bailarina”, representada polo Teatro dos Gazafelhos. MÁIS FOTOS EN FACEBOOK-->
MÍRANOS:Campaña de promoción do comercio local
22/Novembro/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Mira o que os comercios locais che poden ofrecer para agasallar neste Nadal
Cada unha das nosas accións ten unha repercusión, a nivel xeral, pero en concreto no momento de decisión de compra, xa que non é o mesmo comprar nunha plataforma de internet, nunha grande superficie comercial ou nun pequeno comercio, non produce o mesmo efecto, por iso se decidimos mercar nun comercio local, estamos apoiando a unha persoa que coñecemos e que nos coñece e que nos dá un trato personalizado, que seguramente ten unha serie de dificultades que afrontar día a día, que mantén o emprego de outros veciños e veciñas, que axuda á fixación de poboación no territorio, que participa nos actos do pobo, nas festas, ... aportan vida ao pobo.
Pois este sentimento é o que pretendemos transmitir con esta campaña. Gustaríanos que mirásedes, que botedes unha ollada ao que o comercio local vos pode ofrecer, con esa intención colocamos este escaparate conxunto que amosamos nas imaxes, para que vexades todos os agasallos de Nadal que podemos comprar en Xove. 27 establecementos aportaron produtos e servizos que nos dan ideas para agasallar este ano. Se estes establecementos cerrasen, tal vez os botaríamos de menos.
Pero o comercio tamén ten unha responsabilidade grande no feito de que os escollamos, han de resultarnos atractivos, ofrecendo unha presentación vistosa dos seus produtos, tendo un establecemento acolledor, colocando un escaparate que chame, ofrendo calidade... Por iso nesta campaña:
- Celebramos un acto no que participaron Nieves Medina (emprendedora local) e Elena Ferro (emprendedora invitada) e disertaron sobre a innovación e as claves de éxito para vender, segundo as súas experiencias empresariais.
- Deseñouse unha imaxe conxunta para a presentación do produto neste Nadal, descóbrea mercando nos nosos comercios.
- Convócase para un concurso de escaparates de Nadal a todos os comercios do municipio que desexen participar, e do que iremos informando en breve.
@aedlxove
103 anos
20/Novembro/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
Onte, martes 19 de novembro, a avoa de Xove estivo de cumpreanos, concretamente 103 anos. Isto significa que naceu en plena Iª Guerra Mundial. Pois ben, coma nos últimos anos, o Concello, a través do seu alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais fíxolle unha pequena homenaxe na súa casa, onde Constantina estivo arroupada por unha parte da súa familia.
PRESENTACIÓN EN XOVE DO LIBRO-DISCO "IACOBUS"
20/Novembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, ás 11:00 horas no salón de Plenos do Concello, tivo lugar a presentación pública do LIBRO-DISCO “IACOBUS”, coa a presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, Xan Carballal director da Orquestra Clásica de Xove e Xulia Nogueira directora da Escola Municipald de Música de Xove. Estiveron acompañados por un nutrido grupo duns 40 alumnos e profestores do IES Illa de Sarón de Xove.
O Disco-Libro foi patrocinado pola Xunta de Galicia XACOBEO 2021 e polo Concello de Xove. Tivo un presuposto de 11.228,80, dos cales a Xunta aportou 6.737,28 € e o Concello o resto. Na realización do libro, que parteu dunha idea de Xulia Nogueira e Xan Carballal, participaron principalmente as seguintes persoas.
- Texto de Iacobus: Xulia Nogueira.
- Música e arranxos: Xan Carballal.
- Ilustracións: Xoan Guerreiro.
- Fotografía: Xulia Nogueira e Eloi Caldeiro.
- Deseño gráfico e maquetación: Xulia Nogueira.
Musicalmente tamén participaron alumnos e coros das Escolas de Música de Xove, Burela e Mondoñedo, así coma a Oraquestra Clásica de Xove.
O libro conta unha historia dun peregrino, que lóxicamente non imos desvelar aquí. No tocante ao disco, inclúe música orixinal a e arranxos de pezas medievais cargo de Xan Carballal, así como poesías de Xuia Nogueira.
Sen dúbidas, un gran traballo que permite celebrar os 30 anos da creación da Escola Municipal de Música de Xove, tal como ercolle o alcalde Demetrio SAlgueiro na introducción do libro.
Rematada a presentación, o alcalde entregoulle a Xan Carballal -como recoñecemento dese importante Premio da Crítica que recentemente recibeu o músico- unha figura de Sargadelos que representa o Faro de Roncadoiro, un dos símbolos de Xove. Noraboa a Xan por este importante premio da Crítica e polo recoñecemento do Concello.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|