Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Estado de Emerxencia=>Mercado semanal aberto
13/Maio/2020
CONCELLO DE XOVE
-
Xa está en funcionamento o mercado semanal de Xove (mércores) con tódalas medidas de seguridad e solo productos de alimentación.-
Celebración exames Albanel e Auxiliar de Enfermería
11/Maio/2020
Departamento de Recursos Humanos
-
- FIXACIÓN DA DATA CELEBRACIÓN EXAMENES
- ALBANEL--------------> 14/05/2020 AS 09,30 HORAS
- AUXILIAR DE ENFERMERÍA------> 14/05/2020 AS 10,30 HORAS
NA AULA DE FORMACIÓN (ENFRENTE DA OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL)
Video da Escola de Música
28/Abril/2020
CONCELLO DE XOVE
-
A Escola Municipal de Música de Xove agradece a colaboración de todos os usuarios para a realización deste vídeo, facendo un recoñecemento especial e agarimoso a Bruno Pedre por encargarse da montaxe do mesmo. Un saúdo, vémonos pronto.
Constrúe Xove - Merca Local
23/Abril/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Campaña de sensibilización para a reconstrución do comercio local e o tecido empresarial de Xove despois da emerxencia sanitaria do Covid19
Estado de Emerxencia=>A Escola de Maiores sigue funcionando
20/Abril/2020
Departamento de Servizos Sociais
-
A Escola de Maiores do Concello de Xove segue en activo dende os domicilios. A Educadora Familiar, Angélica Casabella, elabora material cada 10 días para cada persoa participante, que é entregado a domicilio polo vixiante municipal.
Entre o material entregado inclúense fichas de língua, matemáticas, atención e concentración, estimulación cognitiva e memoria.
Deste xeito, a Escola de Maiores continúa coas súas actividades, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e o envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.
Estado de Emerxencia=>Vídeo das Profes Escola Infantil
19/Abril/2020
Departamento de Servizos Sociais
-
Ola familias, queridos nenos e nenas, esperamos que esteades ben. Dende o equipo da Escola Infantil de Xove queremos enviarvos moito ánimo, botámosvos moito de menos pero sabemos que estades nas mellores mans coas vosas familias.Non sabemos cando voltaremos a estar de novo xuntiños na nosa escola esperamos que sexa pronto. Mentres tanto podedes facer moitas cousiñas e disfrutar de estar coa familia. Coidádevos moito, sede bueniños, sodes todos uns campeóns. MOITOS BICOS
----->30 ideas....
Recursos de internet:
MANUALIDADES PARA NENOS E NENAS
www.pequeocio.com
CONTOS CONTADOS
http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33
Un vídeo de ánimo das profes da Escola Infantil a tódolos nenos ...
Un vídeo de CONSELLOS das profes da Escola Infantil a tódolos nenos ...
Estado de Emerxencia=>Entrega de Mascarillas
14/Abril/2020
CONCELLO DE XOVE
-
NOTA DE ÚLTIMA HORA: O Concello fixo durante o día de hoxe, 15 de abril de 2020 o reparto de 1.260 mascarillas a veciños de Xove.
Debido á gran cantidade entregada que superou as previsións iniciais para o primeiro día, agotáronse as mascarillas tanto artesanais como quirúrxicas, polo que non será posible continuar co reparto ata o próximo MARTES 21 de Abril día no que disporemos de cantidade dabondo para continuar e que ninguén quede sin elas.
Pacencia e comprensión. Gracias!
-->Mañá, mércores 15 de abril, o Concello de Xove vai comezar a entrega de mascarillas aos seus veciños coas cales mellorar a súa seguridade e prevenir o contaxio do coronavirus. O reparto de mascarillas vaise facer dende o propio Concello, podendo recollerse nas oficinas xerais, diariamente en horario de 10:00 a 13:30 horas. Estas mascarillas están sendo elaboradas por persoas voluntarias de todo o Concello e actualmente xa temos un bo stock delas; as mesmas serán repartidas ata agotar existencias e, segundo se vaian recibindo, seguiranse repartindo. Dende o Concello queremos dar as grazas a tódalas persoas que están colaborando na realización da mascarillas e tamén a Alcoa, empresa que facilitou a tela especial coa que se están elaborando. PERSOA DE CONTACTO: José Demetrio Salgueiro Rapa. Alcalde do Concello de Xove (Teléfono de contacto: 690 65 17 14)
Estado de Emerxencia=>Servizo Entrega de Medicamentos
14/Abril/2020
Departamento de Servizos Sociais
-
ENTREGA A DOMICILIO DE MEDICAMENTOS CON RECEITA MÉDICA
Co fin de asegurar a continuidade e adherencia aos tratamentos e como medida excepcional ante o estado de alarma, o Concello de Xove pon a disposición das persoas maiores, persoas en situación de risco, vulnerabilidade ou con mobilidade reducida do municipio, o servizo de entrega a domicilio de medicamentos con receta médica, evitando así os desprazamentos e o risco de contacto na poboación máis vulnerable. Para solicitar este servizo, as persoas interesadas deberán chamar directamente ao concello (Tlfno.: 982 59 20 01), e dar os seus datos persoais, dirección e número da tarxeta sanitaria.O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove, como servizo esencial, neste momento de alerta polo COVID-19, está a facer un grande esforzo para dar cobertura, na maior brevidade posible, a todas as demandas que están a chegar. Con relación ao Servizo de Axuda no Fogar tomáronse todas as medidas preventivas co fin de minimizar os posibles riscos de contaxio na poboación de terceira idade do Concello de Xove. Estase atendendo a un total de 60 familias con diferentes problemáticas; persoas que viven soas e carecen de apoio, persoas con discapacidade, persoas dependentes, etc. Ademais, dende a entrada no estado de alerta, fixéronse dous repartos de alimentos (frescos e non perecederos) ás familias con maiores necesidades, asistindo a un total de 25 familias. Tamén puxemos en marcha o proxecto “Coas nosas cores buscamos o teu sorriso” para animar a toda esa xente que está velando por nós, nos hospitais e nos centros residenciais galegos, ata as persoas enfermas e maiores que neste momento se encontran illadas e que están a pasar momentos moi duros sen poder recibir as visitas dos seus seres queridos. Polo tanto continuamos animando a todos/as os/as nenos/as e rapaces e rapazas a que sigan enviando os seus debuxos, mensaxes, cartas,.... para poder chegar ao maior número de xente. Sen vós non sería posible!!
Temos habilitado o seguinte correo electrónico === Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. === así como o teléfono 982592001, nos que estamos a atender todas as demandas e consultas, ademais de ofrecelos como medios de información, asesoramento e resolución de todas as dúbidas e problemas que poidas xurdir nestes días aos nosos/as veciños/as.
PERSOA DE CONTACTO: José Demetrio Salgueiro Rapa. Alcalde do Concello de Xove (Teléfono de contacto: 690 65 17 14)
Estado de Emerxencia=>Servizo de Impresión no Concello
08/Abril/2020
CONCELLO DE XOVE
-
DON JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO RAPA, Alcalde-Presidente do Concello de Xove, FAI SABER,
Que o Concello de Xove, tras porse en contacto co IES Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón, pon a disposición de todas as familias de Xove o servizo de impresión de material educativo no caso de que non dispoñan de medios tecnolóxicos nas súas casas.
As familias interesadas poden chamar ao teléfono do Concello (982592001), no que se lles facilitará un correo electrónico ao que enviar a documentación a imprimir xunto cos datos persoais, dirección e teléfono da/o interesada/o.
Persoal municipal acercaralle a impresión na maior brevedade posible.
Este servizo tamén estará disponible para rapaces e rapazas de ensinanzas de F.P ou universitarios/as que non dispoñan nos seus fogares destes medios de impresión.
O que se fai público para xeral coñecemento e efectos en Xove.
Estado de Emerxencia=>Departamento Emprego
06/Abril/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
SE NECESITAS INFORMACIÓN RELACIONADA CO DEPARTAMENTO DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, PODES OBTELA DAS SEGUINTES MANEIRAS:
-
- ACCEDENDO A: https://www.facebook.com/aedlxove/
- ACCEDENDO E/OU SUBSCRIBÍNDOTE AO BLOG DE NOTICIAS: http://emprego.xove.es/
- CHAMANDO AO 608555197 (HORARIO DAS 09:00 ÁS 14:00 DE LUNS A VENRES)
- ESCRIBINDO UN CORREO A: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Estado de Emerxencia=>Departamento de Servizos Sociais
03/Abril/2020
Departamento de Servizos Sociais
-
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove, como servizo esencial, neste momento de alerta polo COVID-19, está a facer un grande esforzo para dar cobertura, na maior brevidade posible, a todas as demandas que están a chegar.
-
- Con relación ao Servizo de Axuda no Fogar tomáronse todas as medidas preventivas co fin de minimizar os posibles riscos de contaxio na población de terceira idade do Concello de Xove. Estase atendendo a un total de 60 familias con diferentes problemáticas; persoas que viven soas e carecen de apoio, persoas con discapacidade, persoas dependentes, etc.
- Dende a entrada no estado de alerta, fixéronse dous repartos de alimentos (frescos e non perecederos) ás familias con maiores necesidades, asistindo a un total de 25 familias.
- Puxemos en marcha o proxecto “Coas nosas cores buscamos o teu sorriso”. Continuamos animando a todos/as os/as nenos/as e rapaces e rapazas a que sigan enviando os seus debuxos, mensaxes, cartas,....
- Para atender a todas as demandas e consultas habilitouse o correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., tamén no teléfono do Concello 982592001.
- PERSOA DE CONTACTO: José Demetrio Salgueiro Rapa. Alcalde do Concello de Xove (Teléfono de contacto: 690 65 17 14)
Nota informativa Concello de Xove - Coronavirus
21/Marzo/2020
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove informa das seguintes medidas tomadas:
-
- Dende o día 18 de marzo, como medida preventiva, estanse realizando traballos de desinfección diario das aceras no entorno de todos os locais que permanecen abertos (Centro de Saúde, farmacia, supermercados, pescadería, panadería, estanco e entidades bancarias).
- O día 12 de marzo, antes incluso de que fose de obrigado cumprimento, o Concello de Xove pechou ó público tódolos servizos municipais que supoñían tránsito de persoas, e polo tanto podían supoñer un foco de contaxio, como eran, Escola Infantil, piscina e ximnasio municipal, pavillón de deportes, campos de fútbol, ximnasia de mantemento, obradoiros de tempo libre, salón de actos, biblioteca, oficina de información xuvenil, escola de música, centro de maiores. Asimesmo, dende ese mesmo día informouse ó personal municipal adscrito a eses servicios que debería permanecer nas súas casas.
- Dende o día 16 de marzo o resto do persoal municipal que quedaba en servizo, como persoal de obras ou oficinas xerais do Concello tamén permanecen nas súas casas estando localizados só para casos de emerxencia. Dende ese momento só permanecen no Concello en horario de oficinas: Alcalde, Secretario Xeral, unha persona para atención telefónica e outra persona para atención a casos de urxencia. Segue a realizar o seu traballo no horario habitual o servizo de vixiancia, así como 2 persoas para limpeza de ruas, máis os operarios que realizan o traballo de desinfección mencionado no primeiro punto durante o tempo necesario. Asimesmo, fan gardas localizadas unha brigada de obras, electricistas e servizo de fontanería.
- Síguese a prestar o Servizo de Axuda no Fogar nos seguintes casos: Dependencia, e Libre Concurrencia nos casos que según informe dos Servizos Sociais Municipais se considerou que debería prestarse pola situación de vulnerabilidade, expresamente, persoas maiores que viven soas ou que necesitan axuda pola súa situación persoal. Neste momento préstase o servizo a uns 70 veciños.
- Polos motivos expostos é necesario aclarar ós veciños, como resposta a varias chamadas recibidas nos últimos días, que mentras dure a situación de emerxencia actual, o Concello non realizará ningunha labor que non se considere urxente e imprescindible.
É necesario que entre todos colaboremos, limitando ó mínimo imprescindible os movementos para evitar o contaxio e expansión do Coronavirus. Este é o único xeito de sair da situación actual no menor prazo de tempo.
Pedimos polo tanto a máxima colaboración e respeto ás indicacións da administración, dos profesionais sanitarios e das forzas de seguridade que están poñendo as súas vidas en risco para axudar ós demáis.
Gracias a todos os veciños pola comprensión. Demetrio Salgueiro .- Alcalde de Xove
BANDO Coronavirus 16/3/2020
16/Marzo/2020
CONCELLO DE XOVE
-
Listas admitidos probas plazas personal laboral 2020
13/Marzo/2020
Departamento de Recursos Humanos
-
SUSPENDIDAS
Fáise pública as relación de admitidos e excluídos para as seguintes plazas:
- FONTANERO.- Resolución de aprobación de la LISTA PROVISIONAL de Admitidos/Excluídos en la que se señala el plazo para la presentación de alegaciones. ---> PDF
- AUXILIAR DE CLINICA.- Resolución de aprobación de la LISTA DEFINITIVA de Admitidos/Excluídos en la que se señala el lugar, fecha y hora de celebración de las pruebas ( Aula de Formación el miércoles 18/03/2020 a las 11 horas ) y la designación de los miembros del Tribunal.---- > PDF
- ALBAÑIL.- Resolución de aprobación de la LISTA DEFINITIVA de Admitidos/Excluídos en la que se señala el lugar, fecha y hora de celebración de las pruebas ( Aula de Formación el miércoles 18/03/2020 a las 9 horas ) y la designación de los miembros del Tribunal.----> PDF
Coronavirus:suspensión de actividades
12/Marzo/2020
CONCELLO DE XOVE
-
Debido á situación orixinada polo problema SANITARIO do coronavirus, recibimos no Concello a comunicación de suspensión de varias actividades para ese fin de semana.
-
- -Suspéndese a celebración da XV FESTA DO LACÓN E FOLIADA DA MARIÑA que a Asociación Saiñas de Xove tiña previsto celebrar no Pavillón de Deportes de Xove este vindeiro sábado, 14 de marzo.
- -Suspéndese a celebración da RUTA DO CABALO que a Asociación de Cabaleiros da Medela tiña previsto celebrar o domingo 15 de marzo.
ultima hora.. suspendidas tamén.....
- -ESCOLA INFANTIL
- -ESCOLA DE MAIORES
- -ESCOLA DE MÚSICA
- -ESCOLA DE XIMNASIA
- -ACTIVIDADES DEPORTIVAS DAS MAÑÁS
- -OBRADOIROS DE LONGA DURACIÓN
Entregados os premios do concurso de postais de Nadal
10/Marzo/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Esta entrega, que se desenvolveu hoxe no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán, en horario de recreo, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai algo máis dun mes unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido.
Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
LISTADO DE PREMIADOS....
Leer más:Entregados os premios do concurso de postais de Nadal
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|