Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Asesinatos machistas de Valga
17/Setembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Aberta a preinscrición para a Escola Muncipal de Música de Xove – Curso 2019/2020
12/Setembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dende o luns 2 ata o luns 30 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2019-2020 na Escola Municipal de Música de Xove.
Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. O día 1 de OUTUBRO fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.019/20. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través do email Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. o DNI do alumno/a e da persoa que realice a Inscrición e o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26- 0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor ATA O 11 DE OUTUBRO de 2019. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a.
A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases. Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2018/2019 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.
Presentada a III Concentración de Clásicos de Xove
11/Setembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe presentouse na Praza do Centro Cívico de Xove a III CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS E HISTÓRICOS, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias. A CONCENTRACIÓN vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 21 de setembro, durante todo o día. A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca. Para a realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momentos as inscricións tanto de coches como de motos van a moi bó ritmo.
O Programa de actividades vai ser o seguinte:
- De 9:00 a 11:00 horas.- RECEPCIÓN de vehículos (coches e motos) na Praza do Centro Cívico. Durante este período, todo o público asistente poderá admirar libremente os vehículos participantes, podendo ademáis compartir experiencias cos seus propietarios.
- Sobre as 11:15 horas: Proba de orientación para os inscritos na mesma; trátase dunha proba voluntaria onde os participantes, seguindo un rutómetro, e nun tempo determinado, deben realizar o percorrido previsto pola organización.
- Sobre as 11:30 horas:- Realización dun CIRCUITO polo Concello, duns 20 km: saída do Centro Cívico cara ao Portiño de Morás onde Lucía Meitín dará unha pequena charla sobre a antiga Baleeira de Morás; por parte da organización está previsto ofrecerlles un pequeño refrixerio na Área Recreativa da antiga baleeira. Continuaremos cunha ruta panorámica por outras zonas do Concello, mostrándolles aos participantes as riquezas paisaxísticas de Xove, para, sobre as 15:00 horas reunirse todos nun xantar no Restaurante Louzao de Area.
- Test de coñecemento.- Pola mañá, no momento da inscrición, a organización vai repartir un text sobre o mundo do motor (motos e coches), onde os participantes terán que demostrar o seu coñecemento sobre o mundo do motor, tanto a nivel histórico como técnico. Os premios deste concurso-test, despois de ser comprobados, vanse entregar ao remate do xantar.
Unha vez rematado o xantar, a organización ten prevista a entrega de PREMIOS, para finalizar co sorteo dunha serie de produtos doados polos establecementos comerciais colaboradores.
Exposición....
11/Setembro/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Biblioteca Municipal...
11/Setembro/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE XOVE .- NOVAS NORMAS DO SERVIZO DE PRÉSTAMO
Para que me vale o carné da biblioteca? Para levar libros, películas, cds de música, mapas... para casa. Lémbrate que é preciso traer o carné para levar un préstamo. En canto te inscribas nunha biblioteca da Rede xa che daremos acceso a Galicia Le, a plataforma do libro electrónico de Galicia. Desde a páxina do catálogo da Rede podes solicitar unha sesión personalizada, que valerache para consultar o historial de buscas, crear listas privadas con seleccións de documentos do catálogo ou consultar as listas públicas creadas polas bibliotecas, propoñer a compr a de obras para incorporalas á colección, solicitar que modifiquen os teus datos persoais, cambiar o contrasinal de acceso, colaborar no catálogo enriquecéndoo por medio de comentarios ou etiquetas relativos aos documentos e unha vez que che deamos o carné da biblioteca poderás consultar os teus préstamos vixentes ou anteriores, renovalos e reservalos.
Como fago o carné? Cumprimenta a solicitude que che damos en calquera biblioteca da Rede ou a que temos na web do catálogo. Facémosche unha foto nabiblioteca. Amósanos un documento oficial identificador : DNI, carné de conducir, pasaporte, NIE... para comprobar os datos cando veñas facelo e cando veñas recollelo. O carné faise de balde e é persoal e intransferible.
Máis sobre o carné... O carné vale para as bibliotecas integradas no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia :https://rbgalicia.xunta.gal/gl/bibliotecas-integradas-no-catalogo-da-rede-de-bibliotecas-de-galicia.- Tés que comunicarnos os cambios nos datos persoais. En calquera caso, estes datos deben renovarse cada 5 anos no caso dos adultos, cada 3 nos nenos e cada 10 no caso dasentidades. A tarxeta só se cambiará en caso de deterioro ou perda, neste último caso hai que cumprimentar unha nova solicitude. A perda reiterada do carné conleva sanción : 7 días sen poder levar préstamos a 2ª vez que se perda, 14 días a 3ª vez, 21 días a 4ª e así sucesivamente .- Os menores de 14 anos teñen que ter unha persoa adulta (pais, titores) que se responsabilice da súa solicitude.. Os pais ou titores poden facer uso do carné dos menores. Cando fagan xa os consideramos adultos para o préstamo.
Autorizacións : Se non podes vir pola biblioteca podes pedirlle a alguén que che recolla os préstamos, só tés que cumplimentar un impreso autorizando a outra persoa, pero ti seguirás a ser o responsable docarné.
Como atopo un documento? Búscao no catálogo : https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal, é moi sinxelo. Pide que che aprendan a usalo. Tamén podes buscar polos andeis a ver queaparece.
Cantas cousas podo levar á casa? O total nesta biblioteca (ou nesta rede municipal) son 10 préstamos por persoa. O total en toda a Rede de Galicia son 20.O total por tipo de material cóntase por biblioteca do seguinte xeito:
Tipo Lector |
Tipo Documento |
Máximo docs/tempo |
Renovacións |
Adulto
|
Libros |
5 durante 21 días |
1 de 21 dias |
Audiovisuais |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Sonoros |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Arquivos de ordenador |
1 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Revistas |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Lector libro electrónico |
1 durante 21 días |
1 de 21 dias |
Infantil
|
Libros |
5 durante 21 días |
1 de 21 dias |
Audiovisuais |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Sonoros |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Arquivos de ordenador |
1 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Revistas |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Podes facer combinacións:
*5 libros + 2 DVD + 2 CD + 1 CD-ROM = 10
*5 libros + 2 revistas + 2 DVD + 1 CD-ROM = 10
*2 libros + 2 DVD + 2 CD + 1 CD-ROM + 1 lector de libros electrónicos + 2 revistas = 10
Se preciso máis tempo de consulta? Podes renovar o préstamo transcorridos 5 días da realización do préstamo ata o día da súa caducidade, tanto por teléfono coma na biblioteca ou por internet desde atúa sesión do catálogo. Non se permitirá a renovación de documentos reservados, nin se renova a usuarios sancionados ou con préstamos fóra de prazo.
Renovar por internet, como se fai? Tés que entrar na túa conta persoal do catálogo da Rede : https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal, nos recadros da dereita metes o teu nº de lector e un contrasinal. Se non recibiches o contrasinal por correo, podes solicitalo de novo desde aquí no apartado “Esqueceu o seu contrasinal?” ou preguntar na Biblioteca. En canto entres na túaconta, marca os préstamos que queres renovar e dálle ao botón de Renovar.
Se o que quero está prestado? Podes facer unha reserva desde a túa conta do catálogo, desde calquera biblioteca ou por teléfono. As reservas deben recollerse na biblioteca propietaria do documento. Só se reservan exemplares prestados. O máximo de reservas por lector é de 6 (3 para libros e revistas, 2 para outros materiais especiais e 1 para lectores de libros electrónicos)
- O prazo para recoller as reservas é de 3 días dende que é avisado o usuario. De non recoller as reservas serán canceladas. Tamén se cancelarán as reservas dos usuarios sancionados ou con préstamos fóra deprazo. Os documentos reservados non se poden renovar.
Se entrego fóra de prazo os documentos que me pasa? Quedarías días sen poder usar o préstamo a domicilio. Cóntase 1 día por cada documento atrasado e día, ata un máximo de 90.
Se finalmente non devolves os documentos, o teu carné quedará bloqueado permanentemente e non poderás levar ningún material en préstamo das Bibliotecas Integradas no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas deGalicia.
Que horario ten a Biblioteca Pública Municipal de Xove?
- Luns a venres : 10:00 a 13:00 h pola mañá e de 16:00 a 20:30 polo serán.
- Sábados : 11:00 a 13:00 h.
- Xullo e agosto .- Luns a venres: 9:00 a 14:00h .- Sábados: 11:00 a 13:00h.
Se deterioro ou perdo o documento que me levei en préstamo? En caso de deterioro, o persoal da Biblioteca valorará se é posible a súa reparación cos medios de que dispón. De non ser así, terás que repoñelo por outro igual. Se non o atopas no mercado, deberás comunicalo á Biblioteca para que che digan por que título alternativo podes substituílo. En caso de que o perderas, tamén terás que repoñelo. Ata que non o fagas, non poderás levar ningún material enpréstamo.
O que buscaba non o tedes, pero penso que deberiades telo Fainos unha suxestión de compra, valorarémola e se é aceptada serás o primeiro en usar ese documento.
Devolucións... Os documentos debes devolvelos na biblioteca onde che fixeron o préstamo.
ACDXOVE Sendeirismo... nas Illas Atlánticas
04/Setembro/2019
Concellería de Deporte e Turismo
-
FIN DE SEMANA NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS-2019
O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, está a organizar unha viaxe de fin de semana o Parque Nacional da Illas Atlanticas(Pontevedra), para facer sendeirismo na Illa de Ons e nas Illas Cíes.O fin de semana será o ultimo deste mes de Setembro, sábado 28 e domingo 29.
O sábado 28 o Grupo desprazarase en barco, con saída de Portonovo, e farán as duas rutas mais representativas da Illa de Ons (unha pola mañan e outra pola tarde), pasando todo o día da citada illa.
O sábado pernoctarán nun coñecido Hotel de 4 estrelas, en Vigo, para sair o domingo 29 pola mañan dende Vigo, para as Illas Cíes, onde farán outro par de rutas durante todo o día. As comidas serán nos centros de restauración que hai nas illas, e o transporte en barco será ca Naviera Mar de Ons. Mais información e inscricions en: 618 97 61 59
Pregón das festas de Xove 2019
30/Agosto/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Xove
27/Agosto/2019
Delegación de Agricultura
-
Polo presente comunicase que sometese a información pública por prazo de un (1) mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación do correspondente Anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo ( Núm. 196 de data 27 de agosto de 2019 ), o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Xove ( PMPDIF) aprobado inicialmente polo Pleno Corporativo en sesión de data 12 de agosto de 2019.
Dito PMPDIF atópase ao dispor de todos os interesados para a súa consulta na Oficina da Delegación Municipal de Montes [PLAN MUNICIPAL XOVE]
Durante o prazo de información pública os interesados poderán presentar mediante escrito dirixido ao Sr. Alcalde Presidente do Concello de Xove, as alegacións e/ou reclamacións que estimen oportunas.
Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte- Xove 2019
23/Agosto/2019
Delegación de Agricultura
-
Mañá sábado, 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DO SAN BARTOLO en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.
A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú con JOSÉ ANIDO.
-17:30 horas: Verbena co grupo JOSÉ ANIDO.
Leer más: Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte- Xove 2019
Clausura de actividades de “Mañáns Divertidas”
23/Agosto/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Clausura de actividades de “Mañáns Divertidas” e inauguración da exposición dos traballos feitos durante o verán
Hoxe, día 22 de agosto, os 23 rapaces e rapazas participantes nas actividades de “MAÑÁNS DIVERTIDAS”, clausuraron as actividades deste verán e inauguramos a exposición cos traballos feitos. As concelleiras Ana Abad, Dolores Meitín e Cristina Iglesias puideron degustar xunto coas nenas e nenos duns pinchos de despedida. O proxecto “MAÑÁNS DIVERTIDAS” está encadrado dentro do Programa de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Durante os meses de xullo e agosto, tres días á semana (martes, mércores e xoves) organizamos con axuda de voluntarios actividades para nenas e nenos de entre 10 e 16 anos. Este ano no noso Concello acompañáronnos 5 voluntarias: Eva Hermida, Alba Villarquíde, Laura Cuadrado, Sara Martínez e Sofía López.
As actividades levadas a cabo durante este verán son numerosas: Informática. Este ano os participantes aprenderon programación HTML. Cociñarte. As nenas e nenos prepararon un almorzo. Actividades no exterior. Yincanas por equipos, brilé, xogo do pano, etc. Sendeirismo. Fixemos un tramo da ruta dos Muiños. Recuncho de tarefas. Hama beads, marcos de fotos, lapiceros, esgrafiado, puntillismo, pulseiras, etc. Ocio alternativo. Obradoiro de robótica educativa.
Nestas actividades ao tempo de divertirnos tamén reflexionamos sobre a igualdade de xénero, o bullyng e os riscos do mundo cibernético. CONTACTO: DªANA ABAD, CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS E XUVENTUDE TFNO: 625062246 Dª CRISTINA IGLESIAS, CONCELLEIRA DE TURISMO, DEPORTES E XUVENTUDE TFNO: 699328227 Xove, a 22 de agosto de 2019 Asdo.- Silvia Rodríguez Barreiro Técnica Municipal de Xuventude
Pregoeir@s do Concello de Xove
21/Agosto/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe martes día 20, reuníronse na OMIX a concelleira de xuventude Ana Abad e o grupo de rapaces e rapazas que participan na difusión dos folletos explicativos do entorno natural do Concello de Xove. Con este proxecto “VEXO-XOVE” preténdese dar a coñecer o litoral do noso municipio nos distintos lugares onde cursan os seus estudos.
O Concello de Xove agradece a participación de Alba Balseiro Pinar, Daniel Alonso López, Eva Hermida Quelle, Nerea Cuadrado Cuadrao e Lucía Fernández Peña nesta iniciativa de posta en valor do patrimonio cultural e natural do noso Concello.
X Encontro de Palilleiras
20/Agosto/2019
Turismo, Investigación Social e Muller
-
O X Encontro de Palilleiras do Concello de Xove terá lugar 5 de outubro no pavillón municipal. Co ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, invitamos a todas as asociacións e vendedores artesanais a que nos acompañen neste día.
As asociacións ou grupos de palilleiras e palilleiras particulares poden confirmar a súa asistencia ao Encontro contactando directamente con Lucía ou Ana (tfno Concello 982 59 20 01) ou enviando por e-mail a súa solicitude.
As persoas interesadas en vender os seus produtos poden facer a inscrición e a reserva do seu posto de venda (máximo 6 metros) enviando a debidamente cumprimentada a solicitude ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..
Entenderase admitida a solicitude cando reciba o correo electrónico confirmando a reserva. Pódese dispor de postos formados por taboleiros de 2,50 x 0,80 m. Se así o desexa, no momento de efectuar a súa inscrición deben informar da reserva dun ou dous taboleiros.No caso de reservar metros, a persoa interesada deberá traer as súas propias mesas.
O prazo de inscrición ao Encontro estará aberto desde o día 19 de agosto ao 20 de setembro de 2019.
Programa de Festas ....
14/Agosto/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
visitas guiadas en embarcación á Illa de Ansarón
13/Agosto/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Novas datas e horarios para as visitas guiadas en embarcación á Illa de Ansarón
A causa do mal tempo e o mar de fondo as visitas dos días 10 e 11 de Agosto foron suspendidas. Realizaranse de novo os vindeiros 24 e 25 de agosto nos mesmos horarios.
Quedan dispoñibles as seguintes prazas:
- Sábado 24 | 16:00 - 17:00 | 2 prazas
- Sábado 24 | 19:00 - 20:00 | 4 prazas
- Domingo 25 | 10:00 - 11:00 | 4 prazas
- Domingo 25 | 13:00 - 14:00 | 2 prazas
A embarcación sae do Portiño de Moras bordeando os Cantís de Papel e a Illa de Ansarón cruzando entre as Salseiras antes de voltar a porto. A bordo, o educador ambiental Diego Vázquez Miramontes irá descubrindo o ecosistema e a biodiversidade da zona: realizará unha breve introdución ao tránsito das baleas pola costa cantábrica, faranse avistamento das aves que habitan os cantís de Morás (de papel) e as colonias de gaivotas e cormoráns que viven en Ansarón e farase especial fincapé no percebe e o polbo (protagonista das dúas festas gastronómicas que integran o proxecto).
A idade mínima para participar nestas visitas é de 7 anos. As/os menores deberán estar sempre acompañadas/os dunha persoa adulta.
Aínda que o ano pasado o tempo e a temperatura acompañaron, a organización recomenda levar unha roupa axeitada ao tipo de actividades, aconsellan un pantalón longo e un cortaventos porque no mar sempre refresca. Así como se se ten tendencia ao mareo valorar tomar unha pastilla antimareo media hora antes da visita.
Na edición anterior as prazas dispoñibles esgotáronse axiña polo que convén reservar o antes posible.
MÁIS INFORMACIÓN --- Organización: FABIÁN BEN CONDE 618963961
Concello de Xove: Rosa Lage:982592001
Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía
09/Agosto/2019
Turismo, Investigación Social e Muller
-
O Concello de Xove sumouse o pasado mes de abril ao Pacto de Alcaldes:
Un pacto europeo para o Clima e a Enerxía, polo cal nos comprometemos a implantar os obxectivos de clima e enerxía da Unión Europea en Xove, mediante accións que leven á mitigación e á adaptación ao cambio climático.
Paintball 2019
07/Agosto/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 7 de agosto, ás 16:00 horas, 25 nenas e nenos de Xove de entre 10 e 13 anos, desprazáronse a Galdo acompañados pola técnica de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro, para disfrutar dunha tarde ao aire libre xogando ao paintball.Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Verán Xuventude” .
|
|
|
|
OJO:No funciona en Firefox
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|