Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Programa “Verán Xove 2019 – disfruta con Nós”
07/Agosto/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dentro do Programa Verán Xove 2019, continuamos con actividades de todo tipo. Imos ver algunhas actividades recentemente celebradas e outras a celebrar en vindeiras datas, todas moi deportivas:
- BOLOS.- Organizados pola Asociación de Festexos a Medorra e o Club de Bolos Xove, coa colaboración do Concello de Xove, desenvolvéronse no Centro Social de Vilachá. Tivemos 2 xornadas, unha para federados e outra iniciática para non federados. Tanto nunha como na outra participaron un bó número de xogodores, tanto en categoría senior (masculina e fiminina), como en categorías inferiores. Salientamos neste sentido, como un dos aspectos máis positivos desta actividade un numeroso grupo de persoas xoves e adultos que se achegaron a este deporte por primeira vez, o que nos crea a esperanza de poder contar con eles en futuras actividades (campionato de bolos do Concello, tiradas do Club de Bolos Xove, etc.).
- PÁDEL NO VERÁN.- Curso de iniciación deportiva a este deporte, tan de moda nos últimos anos. Comezou o pasado 1 de xuño e vai a prolongarse ata o próximo 16 de agosto. Estase desenvolvendo na Pista de Pádel Municipal, anexa á Piscina, e conta con 18 nenos e rapaces inscritos.
- ZUMBA.- Desenvólvese os martes e xoves, en horario de 10:30 a 11:30 h, na Aula Multideportiva do Concello. Comezou o 2 de xullo e vai desenvolverse ata o 13 de agosto. Conta con 21 inscritos.
Ademáis destas actividades que están activas, para os vindeiros días tamén temos varias propostas:
- RUTA SENDEIRISMO “AS PERSEIDAS”.- Vai desenvolverse o luns 12 de agosto, organizada pola ACD Xove. Para inscribirse na mesma hai que facelo na Piscina Municipal (Blanco) ou ben chamando ao 618 976 159, habendo de prazo ata o 9 de agosto. Os que queiran apuntarse que apuren, as prazas son limitadas.
- RUTA NOCTURA EN KAYAKS.- actividade que se vai desenvolver o martes 13 de agosto no Portiño de Morás a partires das 22:00 horas. A inscrición realizarase no lugar da actividade unha hora antes do comezo. Actividade para idades a partir de 8 anos.
Visitas guiadas .........2019
05/Agosto/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
ESTA FIN DE SEMANA ÚLTIMAS VISITAS GUIADAS EN EMBARCACIÓN Á ILLA DE ANSARÓN DESDE O PORTIÑO DE MORÁS
Trátase da experiencia estrela da costa xovense, que o Concello de Xove organiza dentro do proxecto Construír o Futuro de Xove Mirando ao Mar que financia o GALP MARIÑA ORTEGAL. Este 8888proxecto trienal remata esta ano polo que esta travesía será a última da tempada, e para a que só quedan 8 prazas o domingo 11 ás 10:00 da mañá.
As Visitas, coordinadas por EMARELA e operadas por MAREMASMA, saen desde o Portiño de Morás o sábado 10 ás 16:00, 17:30 e 19:00 e o domingo 11 ás 10:00, 11:30 e 13:00, é necesario reservar a través da web do proxecto mirandoaomar.xove.es e pagar unha fianza de 30€, que se devolverá unha vez finalizada a visita.
A embarcación sae do Portiño de Moras bordeando os Cantís de Papel e a Illa de Ansarón curzando entre as Salseiras antes de voltar a porto. A bordo, o educador ambiental Diego Vázquez Miramontes irá descubrindo o ecosistema e a biodiversidade da zona: realizará unha breve introdución ao tránsito das baleas pola costa cantábrica, faranse avistamento das aves que habitan os cantís de Morás (de papel) e as colonias de gaivotas e cormoráns que viven en Ansarón e farase especial fincapé no percebe e o polbo (protagonista das dúas festas gastronómicas que integran o proxecto). A idade mínima para participar nestas visitas é de 7 anos. As/os menores deberán estar sempre acompañadas/os dunha persoa adulta.
A organización recomenda levar unha roupa axeitada ao tipo de actividades, aconsellan un pantalón longo e un cortaventos porque no mar sempre refresca. Así como se se ten tendencia ao mareo valorar tomar unha pastilla antimareo media hora antes da visita.
Organización: FABIÁN BEN CONDE .- 618963961 Concello de Xove: Rosa Lage 982592001
Aquapark Cerceda 2019
03/Agosto/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 3 de agosto, ás 9:30 horas, 28 mozas e mozos de Xove de entre 13 e 18 anos, desprazáronse ó Aquapark de Cerceda acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns que ofrece este parque acuático.
Esta viaxe está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Verán Xuventude”.
Camiñata Nocturna Infantil-Xuvenil (ACDXOVE)
03/Agosto/2019
Concellería de Deporte e Turismo
-
Dentro das actividades de Ocio Deportivo, promovidas polo Concello de Xove, onte dende ACD.XOVE, organizamos a Camiñata Nocturna Infantil e Xuvenil, na cal participaron 40 nen@s e rapaces-zas.O programa da actividade era: Camiñar pola Senda Costeira de Xove, facer xogos nocturnos por equipos en distintos puntos da ruta, facer observación astronómica de estrelas e constelacions, a través de App. en tablets e mobiles, e o final unha chocolatada con churros e música, no Portiño de Portocelo. Toda unha nova experiencia para os rapaces, que camiñaron mais de 5 km. e disfrutaron dunha espectacular noite de verán.
A próxima actividade nocturna será a noite do día 12 de Agosto, para ir ver a choiva de estrelas Perseidas, ou Lagrimas de San Lourenzo. --> ACD.XOVE
Abre en Xove unha Exposición de Modelismo Naval
02/Agosto/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este domingo abre en Xove unha interesantísima exposición de modelismo naval. Conformada por 15 barcos de distintas clases e épocas, trátase dun traballo realmente exquisito, froito do talento e de moita paciencia, xa que esta é unha clase de actividade que require moito esforzo e maña, posto que moitas das pezas que conforman os barcos teñen un tamaño mínimo, e deben ser reproducidas coa maior fidelidade posible.
O autor das maquetas é o celeirense Severino Balseiro, que expón por primeira vez en Xove o seu interesantísmo traballo.
Severino, nado en Celeiro en 1955, adícase a esta actividade dende o ano 2000, adicándolle entre 2 e 8 horas diarias a esta actividade. Lóxicamente, trátase dun hobby; Severino está retirado e non cobra por esta actividade. As maquetas son da súa propiedade e non están en venta. Son dalgunha maneira os seus outros fillos e familiares; neste sentido, decir que algúns dos barcos levan o nome dalgunha das súas persoas máis queridas.
A exposición, que leva o título “Exposición de barcos estáticos e NAVEGACIÓN de radio control”, vai estar aberta diariamente do domingo 4 ao domingo 11 de agosto, ámbolos dous días incluídos. Os horarios de apertura, son:
- Domingo, 4 de agosto: de 17:00 a 21:00 horas.
- Luns 5 a sábado 10 de agosto: de 10:00 a 14:00 horas.
- Domingo 11 de agosto: de 11:00 a 13:30 horas.
A exposición está montada na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove, ubicada na Avenida Deputación. Dentro desta exposición tamén imos ter unha EXHIBICIÓN DE BARCOS RADIO CONTROLADOS na Piscina Municipal de Xove, que se vai desenvolver a partires das 21.00 horas do venres 9 de agosto, con entrada totalmente libre. A organización desta exposición corre a cargo da Concellería de Cultura do Concello de Xove.
“VERÁN XOVE 2019 – DISFRUTA CON NÓS”
31/Xullo/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Dentro do Programa Verán Xove 2019, as actividades acuáticas ocupan un lugar moi importante, e non pode ser doutra maneira tendo en conta a época na que nós atopamos. Nesta ocasión imos referirnos concretamente a tres, dúas rematadas e outra de celebración inmediata; comezamos por esta última:
FESTA ACUÁTICA NA PRAIA DE PORTOCELO
Na Praia de Portocelo, este vindeiro domingo 4 de agosto, a partires das 16:00 horas (4 da tarde), vai ter lugar unha festa acuática na propia praia con xogos para nenos/as e rapaces/as. Trátase da terceira edición dunha festa que contou cun gran éxito nas edicións pasadas.
Vai haber xogos de todo tipo e moi variados: inchables, kayaks, etc., cada un dos cales estará controlado por un monitor que se vai preocupar do control de acceso a cada xogo e da seguridade do mesmo.
Trátase dunha actividade totalmente gratuita, organizada e patrocinada polo Concello de Xove, aberta tanto a persoas (nenos/as e rapaces/as) de Xove como visitantes, turistas, etc. Non hai limitación; a participación é totalmente, como dixemos, libre e gratuita. Só hai que ir á Praia e participar nos xogos.
DOMINGOS A REMOLLO
É unha novidade do programa deste ano, e tal como se recolle no título, desenvolveuse os domingos do mes de xullo na Praia de Lago, polas tarde. A inscrición e participación foi totalmente libre e gratuita, realizándose na mesma praia, e contou con actividade de kayaks, pádel surf, big sup, etc.
ACTIVIDADES ACUÁTICAS
Desenvolvidas na Piscina Municipal de Xove o pasado 16 de xullo, abertas a tódalas idades, co único requisito de saber nadar. Actividade organizada polo Club Natación Xove, contou con numerosos particpantes.
Seguimos con actividades, pero agora en seco. Dentro do apartado “Móvete no Verán”, estamos tendo KANGOO JUMPS. Esta actividade comezou o pasado 5 de xullo e vai ter continuidade ata o vindeiro 16 de agosto. Impartida por Lorena, de Sala 5, conta con 20 inscritos.
Por último temos “FÚTBOL SALA (3x3), actividade incluída dentro do programa Ocio Deportivo. Desenvolvida na Pista Multideportiva do Parque e no Pavillón Municipal de Xove, contou con 38 inscritos.
Festa Fin de Curso da Escola Infantil
31/Xullo/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O pasado martes, 30 de xullo, os 35 nenos e nenas da Escola Infantil de Xove celebraron o Fin de Curso cuna FESTA. Á mesma asistiron numerosos pais, que disfrutaron cos seus fillos deste día especial. Pola súa parte, o alcalde Demetro Salgueiro e a concelleira Ana Abad fixéronlle entrega da correspondente ORLA a cada un dos alumnos que rematou a súa estadía na Escola.
Doble Milla San Bartolo
26/Xullo/2019
Concellería de Deporte e Turismo
-
CARREIRA POPULAR
28 de xullo de 2019
-----Regulamento, Recorrido e máis información, en TourMariña------
A inscrición está cerrada, pero pódese facer antes de comenzar a carreira.
a recaudación da ANDAINA destinarase a ASPANANE.
Lugar do Evento : Xunto o Concello de Xove e a Piscina Municipal Xove (Lugo)
XOVE CONCILIA VERÁN
24/Xullo/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O Concello continúa co seu programa “VERÁN XOVE 2019”, ofertando un gran abano de actividades lúdico-educativas aos seus veciños, en especial aos nenos e rapaces.
XOVE CONCILIA VERÁN
Este Programa, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo 2014/2020, arrancou o 16 de xullo con todo tipo de actividades; estas estanse realizando no Salón de Actos do Centro Cívico, sempre pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 h., non descartándose algunha saída exterior aproveitando os mellores días de bo tempo.
A posta en marcha deste Programa incide na INTEGRACIÓN DA VIDA LABORAL E ESCOLAR, aproveitando que os nenos/as que participan están en período vacacional. Concilia Xove, nace para cubrir as necesidades por parte das familias con demanda de ter un servicio do concello para conciliar a vida familiar e laboral.
XOGOS PRE-DEPORTIVOS
Dirixido a nenas e nenos de 4º de Educación Infantil (3 anos) a 4º de primaria, desenvólvese do 2 de xullo ao 13 de agosto, segundo os seguintes horarios:
MARTES E XOVES de 11:30 a 12:30 H.
Nesta actividade inscribíronse 14 nenos, que realizan as súas actividades na Aula Multideportiva do Concello.
MAÑÁNS DIVERTIDAS
Dentro deste programa, que está sendo levado a cabo por un grupo de voluntarias, estamos tendo diversas e variadas actividades:
-Actividades de Robótica.- Realízanse os mércores, na Aula de Informática da Omix, en dous grupos, un de 10:30 a 11:45 h e outro de 12:00 a 13:15 h. Nesta actividade participan 23 rapaces/as de entre 10 e 16 anos.
-Manualidades.- Outra das actividades realizadas polos inscritos nestas mañáns divertidas é a realización de distintas manualidades, realizadas con todo tipo de materiais, actividade na cal os participantes poden dar renda solta as súas inquedanzas artísticas.
As mañáns divertidas comezaron o 2 de xullo e van ter continuidade ata o vindeiro 22 de agosto. As actividades desenvólvense os martes, mércores e xoves e son coordinadas por cinco rapazas voluntarias: Eva Hermida Quelle, Alba Villarquíde Pérez, Laura Cuadrado López, Sara Martínez Martínez e Sofía López Lousas.
Campamento de Verán 2019 do Concello de Xove
19/Xullo/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O mércores día 17, empezaron o campamento de verán 38 nenas e nenos do Concello de Xove de entre 10 e 16 anos. Este campamento comezou as 10:30 h. da mañá e rematará as 20:00 h. do venres día 19. Nestes días a empresa IG10, encargada da coordinación do campamento, realizará distintas actividades, sendeirismo, kayak, etc.
Este ano, o mércores as 10:30 h. as nenas e nenos desprazáronse ata a praia de Esteiro para iniciarse na practica de surf.
A continuación xantaron no “Esteiro Surf Café” gozando das espectaculares vista que ofrece o entorno para logo irse ata Morás a montar o campamento base.Este campamento está encadrado dentro do programa de Xuventude do Concello de Xove.
Gustaríache traballar en moldeamento de metais e polímeros?
16/Xullo/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Este é o momento de matricularse nunha formación gratuíta con altas probabilidades de inserción laboral.-
Dende o IES Illa de Sarón facilitáronnos a seguinte información: Ciclo Superior de Formación Profesional: PROGRAMACIÓN DA PRODUCCIÓN EN MOLDEAMENTO DE METAIS E POLÍMEROS. con 2000 horas de formación e prácticas en empresas con Formación práctica en Alcoa (San Cibrao).
Tamén coa posibilidade de cursar FCT en Alcoa e/ou empresas da contorna do sector eólico e naval con unha alta porcentaxe do alumnado traballando.
MÁIS INFO-->
Comezan as Festas de Lago en Xove 2019
15/Xullo/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Unha das Festas con máis solera da Mariña teñen este fin de semana o seu epicentro. A parroquia de Lago, no Concello de Xove, celebra este fin de semana as súas Festas Patronais en honra á Virxe do Carme e a San Antón.A organización da Festa corre a cargo da Asociación de Festexos A Granda. O amplo programa de actividades vai comezar o venres 19 de xullo, cunha GRAN CHURRASCADA, con PREZOS POPULARES, a partires das 8 DA TARDE NO CAMPO DA FESTA, á que están citados tódolos xovenses e visitantes da Parroquia nestes días. Cada ración vai incluír: churrasco de porco, ½ chourizo vermello, ½ chourizo criollo, patacas fritidas e pan.
Despois da churrascada, e para facer unha boa dixestión movendo o esqueleto, unha gran verbena coa “ORQUESTRA SALSARENA” e o “GRUPO ARIZONA”. Previndo unha grande afluencia de público, a organización ten previsto amplos aparcamento no entorno do campo da festa co fin de facilitar a presenza de tódolos visitantes. Xa o sábado 20 de xullo, DIA ADICADO Á VIRXE DO CARME, pola mañá teremos e sesión vermú a cargo do “GRUPO ALMA LATINA”, e xa pola noite, verbena co “GRUPO TAPYOKA” e o “GRUPO ALMA LATINA”. O domingo 21 de xullo, DIA ADICADO Á SAN ANTÓN, teremos pola mañá Misa Solemne ás 13:30 horas e posterior procesión, para rematar cunha SESIÓN VERMÚ PROLONGADA a cargo do “TRIO LEMBRANZA”, coa que se porá punto final ás Festas.
A Comisión quere, darlle as grazas a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que desinteresadamente colaboraron coas nosas festas, agradecemento que queremos sexa especial para tódolos veciños de Lago, aos cales invitan a participar e disfrutar das moitas actividades programadas.
ROQ PARK 2019
13/Xullo/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 13 de xullo, ás 16:00 horas, 34 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao monte San Roque de Viveiro ás instalacións de Roq Park acompañados polas técnicasde xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo, para gozar dunha tarde ao aire libre en plena natureza nos catro circuitos entre árbores, tirolinas e demais actividades que ofrece este parque multiaventura.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Xove Xuventude” .
Mañáns divertidas 2019
09/Xullo/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Dende o 2 de xullo ata o próximo 22 de agosto un grupo de 23 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e os 13 anos participan todos os martes, mércores e xoves no proxecto de voluntariado “Mañáns Divertidas” levado a cabo pola Oficina de Información Xuvenil (OMIX) xunto con cinco rapazas voluntarias: Sara Martínez Martínez, Eva Hermida Quelle, Alba Villarquíde Pérez, Laura Cuadrado López e Sofía López Lousas.
Dentro das actividades que se realizan están: xogos no exterior, cociñarte, recuncho de tarefas, TICS, robótica e sendeirismo entre outras actividades de lecer que pretenden ocupar as mañáns dos participantes.
|
|
|
|
OJO:No funciona en Firefox
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|