Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
ROQ PARK 2019
13/Xullo/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 13 de xullo, ás 16:00 horas, 34 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao monte San Roque de Viveiro ás instalacións de Roq Park acompañados polas técnicasde xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo, para gozar dunha tarde ao aire libre en plena natureza nos catro circuitos entre árbores, tirolinas e demais actividades que ofrece este parque multiaventura.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Xove Xuventude” .
Mañáns divertidas 2019
09/Xullo/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Dende o 2 de xullo ata o próximo 22 de agosto un grupo de 23 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e os 13 anos participan todos os martes, mércores e xoves no proxecto de voluntariado “Mañáns Divertidas” levado a cabo pola Oficina de Información Xuvenil (OMIX) xunto con cinco rapazas voluntarias: Sara Martínez Martínez, Eva Hermida Quelle, Alba Villarquíde Pérez, Laura Cuadrado López e Sofía López Lousas.
Dentro das actividades que se realizan están: xogos no exterior, cociñarte, recuncho de tarefas, TICS, robótica e sendeirismo entre outras actividades de lecer que pretenden ocupar as mañáns dos participantes.
Festa do Percebe Xove´2019
09/Xullo/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Paintball maiores 2019
06/Xullo/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 6 de xullo, ás 9:30 horas, 12 rapaces de Xove de entre 14 e 16 anos, desprazáronse a Galdo acompañados pola Técnica de Xuventude, Silvia Rodríguez Barreiro, para disfrutar dunha mañá ao aire libre xogando ao paintball.
Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán“Mañáns Divertidas” .
presentación do curtometraxe ‘Pedras e Riceiros'
05/Xullo/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
A curtametraxe documental sobre o polbo e o percebe de Xove presentarase o vindeiro luns e está englobada no proxecto 'Construír o futuro de Xove mirando ao mar', a peza audiovisual explica o proceso de extracción dos produtos estrela do municipio e reivindica a súa calidade
O salón de actos do centro cívico acollerá o vindeiro luns, ás 20.00 horas, a presentación da curtametraxe documental ‘Pedras e Riceiros', englobada no Construír o futuro de Xove mirando ao mar.
A peza audiovisual, cunha duración aproximada de 30 minutos, aborda a través de entrevistas o xeito de traballar do sector pesqueiro e tamén as súas principais preocupacións no tocante ás normativas que rexen o sector ou os seus dereitos laborais.
Leer más:presentación do curtometraxe ‘Pedras e Riceiros'
Xove en imaxes
05/Xullo/2019
Concellería de Deporte e Turismo
-
A Mariña en imaxes
04/Xullo/2019
Concellería de Deporte e Turismo
-
Entrega de diplomas “Escola de Maiores”
28/Xuño/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, venres día 28 de xuño, 30 alumnos da “Escola de Maiores” do Concello de Xove asistiron a unha comida no restaurante "Louzao", organizada por eles mesmos, para clausurar este curso escolar 2018-2019.
Durante a comida estiveron acompañados polo Alcalde, Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, que unha vez finalizada a comida, encargáronse de entregar os diplomas a cada asistente.
Préstamos de libros na Biblioteca Municipal
28/Xuño/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Biblioteca Pública Municipal de Xove, o mesmo que as restantes bibliotecas públicas de Galicia, acaba de cambiar o seu sistema bibliotecario, pasando do Sistema MEIGA ao Sistema KOHA.
O sistema novo inclúe un código de barras para tódolos items (libros, películoas, etc.) da biblioteca. Dentro das modificacións producidas polo cambio dun sistema ao outro, tamén se pruduciron unha serie de modificación nas normas de préstamo das bibliotecas, tendo que adaptar as normas existentes ao novo sistema. ----- CATÁLOGO DE LIBROS---
Adxunto as NOVAS NORMAS DE PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE XOVE, despois de seren daptadas ao novo sistema, normas polas cales nos imos guiar de agora en diante.
VI Concurso de Fotografía Medioambiental en Xove
27/Xuño/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VI Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso imos ter unha única categoría. En canto aos premios, imos ter cinco premios en metálico:Primeiro premio: 120 euros.- Segundo premio: 100 euros .- Terceiro premio: 90 euros.- Cuarto premio: 75 euros .-Quinto premio: 65 euros.-
Normas do concurso: A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.
A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:
-
- Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.
- Copia do NIF do concursante.
- Un CD que conteña as imaxes dixitais.
O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 13 DE SETEMBRO DE 2.019, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite do día 13 DE SETEMBRO DE 2019.
Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura.
# BASES REGULADORAS # FICHA DE AUTORÍA
Persoal Laboral Temporal para o Verán 2019
24/Xuño/2019
Departamento de Recursos Humanos
-
PUBLICADO NO BOP DE 24 DE XUÑO DE 2019
Por Decreto de Alcaldía de 17 de xuño de 2019, aprobáronse as bases específicas para a contratación de 2 albaneis, 6 peóns de desbroce e 2 recepcionistas da oficina de turismo en réxime de persoal laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: (25 E 26 DE XULLO) nos dous días laborais seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, a través do rexistro xeral do Concello en horario de 09:00 a 14.00 horas.
Embárcate con destino á Illa de Ansarón!
17/Xuño/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Convocatoria plaza de Administrativo/a
17/Xuño/2019
Departamento de Recursos Humanos
-
Por Resolución de Alcaldía, foi aprobada a convocatoria de selección e provisión dunha praza (1) de administrativo/a como funcionario interino por acumulación de tarefas.
-
- Persoal Funcionario Interino por acumulación de Tarefas.
- Grupo: C; Subgrupo: C1.
- Xornada Completa.
- Número de prazas: 1
- Duración do contrato: 6 meses polo sistema de concurso - oposición.
Ditas Bases atópanse ao dispor dos interesados no Taboleiro de Anuncios e nos seguintes enlaces.... Bases --- Solicitude
O prazo de presentación de solicitudes, consonte ao modelo normalizado ao dispor dos interesados na páxina WEB municipal www.xove.es. é de dez (10) naturais contados a partir do seguinte ó de publicación do presente Anuncio no Boletín Oficial da Provincia (publicado no BOP o 17/6/2019)
Campionato de Futbolín do Centro Social de Lago
13/Xuño/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Centro Social de Lago organiza, por primeira vez, un CAMPIONATO DE FUTBOLÍN, contando coa colaboración do Concello de Xove e a empresa Lucus Recreativos. O Campionato vaise desenvolver este SÁBADO, 15 DE XUÑO, A PARTIRES DAS 17:00 HORAS no Centro Social de Lago. No mesmo está previsto a participación de 16 parellas. A inscrición, que inda está aberta e custa 20 €uros por parella, pódese facer no teléfono 664 86 98 78 ou ben no propio Centro Social.
O FORMATO do Campionato vai ser similar ao da champions futbolística, cunha Primeira Fase con 4 grupos de 4 parellas cada grupo, onde xogarán sistema de liga de todos contra todos. Para seguinte fase pasarán as 8 mellores parellas, 2 por cada grupo, que disputarán eliminatorias directas ata chegar á final, con premios as catra primeiras parellas clasificadas:
- 1º clasificados: 50% da inscrición + trofeos + sorpresa.
- 2º clasificados: 30% da inscrición + trofeos + sorpresa.
- 3º clasificados: 20% da inscrición + trofeos.
- 4º clasificados: trofeos
As normas baixo as que se vai a disputar este Campionato van a ser as da Liga Nacional de Futbolín LNF. A Organización quere invitar a tódolos afeccionados a este deporte de salón a que asistan, ou como participantes, inscribíndose no campionato, ou ben como espectadores, para disfrutar da arte futbolinística dos grandes xogadores que van a participar. Decir, por último, que o Centro Social conta cun amplo aparcamento para vehículos. .- Alejandro Quelle,.- Organizador.-Tfno de contacto: 664 86 98 78
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|