Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Viaxe da OMIX 2019 a Cantabria
01/Abril/2019
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Xornada sobre patrimonio sumerxido en Xove
01/Abril/2019
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Xornada sobre o Patrimonio Subacuático de Xove
Naufraxios: Patrimonio sumerxido na costa de Xove é o título da interesantísima xornada que, dende Turismo, Investigación Social e Muller e baixo a coordinación de Lucía Sánchez, organiza o noso Concello para o próximo mércores, 17 de abril, a partir das 17:30 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico. Xove conta cun Patrimonio Subacuático de enorme importancia, co pecio documentado máis antigo de Galicia, descuberto por casualidade no ano 2007, e afundido na nosa costa no ano 1544. Por este motivo, dende o Dep. de Investigación Social do Concello de Xove, convidouse a prestixios@s profesionais da Arqueoloxía Náutica e Subacuática, da Conservación, e da Función Pública, para impartir os relatorios desta Xornada, con entrada libre e gratuíta para tod@s aqueles interesados na materia:
RELATORIOS:
- Honor: o pecio documentado máis antigo de Galicia, afundido en Lago no 1544. Impartido por d. David Fernandez Abella, arqueólogo-director da última prospección realizada ao pecio de Xove no ano 2018.
- As pezas do pecio de Lago e a súa conservación. Impartido por dna. Diana Blanco Patiño, experta en restauración e conservación de bienes, e encargada dos traballos nas pezas extraídas do pecio de Xove.
- Espolio: os perigos do patrimonio sumerxido. Impartido por D. Manuel Díaz Vázquez, arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia.
Solicitude de praza na Escola Infantil 2019-2020
29/Marzo/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
O día 25 de marzo abreuse o prazo para efectuar as solicitudes de praza do NOVO INGRESO na Escuela Infantil para o curso 2019/2020, que permanecerá aberto ata o día 26 de abril. A documentación a presentar, xunto ó modelo de solicitude que se facilita no Departamento de Servicios Sociales, é o seguinte:
Documentación acreditativa da situación familiar:
-
- Fotocopia cotexada ou dixitalizada do Libro de Familia completo ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar
- Fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade das/os nais/pais ou representantes legais segundo proceda título de familia numerosa
- No caso de nenas/os con discapacidade ou necesidades educativas especiais, informes do Equipo de Valoración e Orientación das Xefaturas Territoriais da Consellería competente na materia ou da Unidade de Atención Temperá segundo proceda.
- Certificado de empadroamento da crianza e dun dos proxenitores ou representante legal que será expedido polo concello no que se sitúe a escola
- Nos casos de non estar censado no concello onde estea a escola, pero algún dos proxenitores ou representante legal da crianza teñan os seus postos de traballo no municipio en que se localice aquela, achegarase o certificado da empresa ou da institución correspondente.
- No caso de estar censado nun concello limítrofe a aquel onde radique a escola, certificado de empadroamento do concello do que procede
- Certificación correspondente no caso de que algún membro da unidade familiar estea afectado de discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou enfermidade que requira de internamento periódico ou padeza enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar
- A condición de familia monoparental acreditarase con fotocopia da sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno - filiais
- Outros documento se procederen, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo. Informe dos Servizos Sociais do Concello ou da administración autonómica nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial en que viva a unidade familiar.
- Documentación acreditativa da situación laboral ou de cursar estudos oficiais:
- Copia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento da solicitude con especificación da xornada laboral.
- Certificación expedida polo INEM acreditativa das prestacións percibidas, de ser o caso ou de estar inscrito como demandante de emprego
- No suposto de profesionais liberais e autónomos, certificado expedido pola Administración Estatal da Axencia Tributaria que acredite a alta no IAE e os pagamentos fraccionados do ano correspondente.
- No suposto de cursar estudios oficiais, certificación que acredite tal circunstancia para o curso correspondente.
- Documentación acreditativa da situación económica:
- Copia cotexada da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar. Para o suposto de que non se teña presentada, certificación que avale a súa non presentación. De non presentarse este certificado, acompañarase copia cotexada da última nómina.
- No suposto de percibir pensión, certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou da administración autonómica pagadora da mesma
- Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerase a renda de quen exerza a garda e custodia do/a menor e as pensións compensatoria que perciba o cónxuxe que a ostente e de alimentos dos/as fillos/as ao seu cargo. No caso de non as percibiren, acreditarase esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada ao efecto, ou declaración xurada de non percibila.
Visita ó Concello de Estudantes (Francia-2019)
27/Marzo/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Durante o día de hoxe tivemos a visita de estudiantes procedentes de Francia en intercambio co colexio Illa de Sarón .....
Festa do Polbo da Pedra 2019
27/Marzo/2019
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
o Xoves Santo celébrase en Xove a XVIII Festa do Polbo da Pedra
A partir das 12:00 nos locais de hostalaría de Xove poderase degustar o polbo preparado en varias especialidades: A Feira, en empanada, ao alliño, á brasa, en vinagreta, con queixo de San Simón, á mariñeira, con mollo de allo, en pizza, ou revolcón. A ración ronda os 10€ aínda que hai especialidades que poderán custar menos ou máis desta cantidade.
- Exposición o polbo e o seu ecosistema: Dende o día 2 e ata o 28 de abril permanecerá aberta en horario de 10:00 a 21:00 na Sala de Exposicións do Salón de Actos do Concello de Xove unha mostra que aborda a vida e o ecosistema deste cefalópodo.
- Obradoiros para nenas e nenos: O Xoves 18 ás 12:00 as máis pequenas e pequenos da casa poderán asistir ao espectáculo de monicreques Ariadna da compañía ‘Mircromina Teatro de Títeres’, unha compañía que dirixe as súas actuacións ao público infantil e familiar, apelando ao humor, á intelixencia e á consciencia. Creada por Ton Arenas en Mondoñedo. Tamén visitarán a exposición de ‘O Polbo e o seu Ecosistema’ a través dun obradoiro no que realizarán un cefalópodo con diferentes materiais.
CONSTRUIR O FUTURO DE XOVE MIRANDO AO MAR
A XVIII Festa do Polbo da Pedra de Xove enmárcase dentro do proxecto ‘Construir o Futuro de Xove Mirando ao Mar’ financiado polo Galp Mariña-Ortegal, que organizará tamén este ano a Festa do Percebe, as Xornadas Gastronómicas e o Tapeo do Mar e as Visitas Guiadas en Embarcación á Illa de Ansarón. Trátase un proxecto impulsado desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove e promovido por 3 entidades: unha do Sector Público, o propio Concello de Xove, unha do Sector Social, Asociación a Medorra, e unha do Sector Económico, a ACIAM.
Ten como principais obxectivos dinamizar turística, social e economicamente Xove e a zona da Mariña-Ortegal, dar a coñecer os produtos do mar procedentes da zona Mariña-Ortegal, aumentando o seu valor engadido e potenciando o seu consumo, logrando que isto poida repercutir nun aumento do valor económico dos produtos pesqueiros e dotar ao sector hostaleiro de Xove das ferramentas necesarias para desenvolver os elementos diferenciadores que lles permitan ser máis competitivos, fomentando así o crecemento económico.
+INFO: Xenérica: Fabián Ben: 618 963 961 Rosa Lage: 982 592 001 Sobre a Exposición: Educador Ambiental - Diego Vázquez Miramontes: 600 319 515
ALCOA A Mariña en peligro
20/Marzo/2019
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
Bolos: Clasificación Final
20/Marzo/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
CLASIFICACIÓN XXX LIGA SENIOR |
NOME |
Puntos |
|
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
131 |
1º |
ARTURO VIGO CASABELLA |
128 |
2º |
ALEX MEITÍN SERANTES |
94 |
3º |
RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
88 |
4º |
JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
85 |
5º |
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
83 |
6º |
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
77 |
7º |
GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ |
75 |
8º |
JORDI MEITÍN SERANTES |
75 |
9º |
JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
58 |
10º |
DANIEL ALONSO LÓPEZ |
38 |
11º |
CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO |
29 |
12º |
SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
23 |
|
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
23 |
|
LUIS RANCAÑO BOUSO |
20 |
|
JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
8 |
|
ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS |
7 |
|
ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ |
6 |
|
RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ |
5 |
|
JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ |
4 |
|
DEMETRIO LÓPEZ PENA |
3 |
|
JOSÉ LÓPEZ RIVEIRA |
1 |
|
ADÁN RODRÍGUEZ ROCA |
|
|
VENANCIO DA SILVA |
|
|
JOSE VIGO LAGE |
|
|
ÓSCAR PÉREZ MEITÍN |
|
|
JUAN JOSÉ ECHEZARRETA GARCÍA |
|
|
AGUSTÍN NIETO PENA |
|
|
AUGUSTO ALBO OCAMPO |
|
|
NESTA CATEGORÍA RECIBEN PREMIO EN METÁLICO E TROFEO OS 12 PRIMEIROS CLASIFICADOS |
CLASIFICACIÓN X LIGA FEMENINA |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
96 |
1ª |
CARMEN ROCA CORRAL |
67 |
2ª |
BELÉN MEITÍN ROUCO |
64 |
3ª |
SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
33 |
4ª |
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
20 |
5ª |
DOLORES BAÑO FRAGA |
15 |
|
RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO |
8 |
|
PAULA CAMPO SUÁREZ |
3 |
|
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
|
|
ELISA LÓPEZ BASANTA |
|
|
LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ |
|
|
Mª TERESA RAMOS DOMÍNGUEZ |
|
|
NESTA CATEGORÍA RECIBEN PREMIO EN METÁLICO E TROFEO OS 5 PRIMEIROS CLASIFICADOS |
CLASIFICACIÓN XIX LIGA SUB 16 |
JAVIER ALONSO LÓPEZ |
107 |
1º |
HUGO PÉREZ MEITÍN |
62 |
2º |
CRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ |
41 |
3º |
IZAN MARAGOTO BERMÚDEZ |
34 |
4º |
ENZO MARAGOTO BERMÚDEZ |
7 |
5º |
GIOIVANNI DOS SANTOS |
2 |
|
DIEGO ALBO NOGUEROL |
2 |
|
NESTA CATEGORÍA RECIBEN PREMIO EN METÁLICO E TROFEO OS 5 PRIMEIROS CLASIFICADOS |
Curso de Fotografía
18/Marzo/2019
Delegación de Agricultura
-
A Asociación Os Negativos imparten un curso de fotografía en Xove
Arrendamento de Vivendas de titularidade municipal
18/Marzo/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
O viernes 22 finaliza o prazo para solicitar las viviendas municipales en régimen de alquiler (2ª convocatoria) --BASES---
Ditas Bases asi como o modelo de instancia atopánse ao dispor dos interesados tamén nas dependencias do Servicios Sociais Municipais.
Seminario de Defensa Persoal Feminina
16/Marzo/2019
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Impartido onte día 15 de marzo. Un total de 17 mulleres participaron neste seminario, organizado pola Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Xove e impartido pola Escuela de Defensa Personal & Policial HKF. Ao longo das catro horas de duración, catro monitores desta escola enseñaron ás participantes diferentes técnicas de defensa e protección. Ao remate do seminario, o Alcalde Demetrio Salgueiro fixo entrega dun diploma a cada alumna.
Entregados os premios do Concurso de Caretas de Entroido
16/Marzo/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Esta entrega, que se desenvolveu no Coleixo Pedro Caselles Rollán, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de CARETAS. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistiron en material escolar.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Os premiados/as nesta edición 2019, foron:
1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º Premio: (REX. Nº 10) DAVID BURGOS PELOCHE.
2º Premio: (REX. Nº 30) HUGO PITA RODRÍGUEZ.
3º Premio: (REX. Nº 18) EVA CANCELA TRASTOY.
2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 35) AROA PITA RODRÍGUEZ.
2º Premio: (REX. Nº 9) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
3º Premio: (REX. Nº 5) DANIELA CASABELLA ÁLVAREZ.
3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 12) UXÍA GRADAILLE DURÁN.
2º Premio: (REX. Nº 2) NABILA ADOUROU.
3º Premio: (REX. Nº 1) CHRISTIAN VILLARQUIDE LATAS.
4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 39) ENMA BUJÁN ROUCO.
2º Premio: (REX. Nº 23) ALICIA FERNÁNDEZ VICENTE.
3º Premio: (REX. Nº 38) CORA BUJÁN ROUCO.
5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º Premio: (REX. Nº 13) IKER COSTA GONZÁLEZ.
2º Premio: (REX. Nº 14) SOUKAINA ADOUROU.
3º Premio: (REX. Nº 21) EMILIA BARRO ÁLVAREZ.
Por último, sinalar que tódolos traballos, premiados e non premiados, estiveron expostos durante un mes na Biblioteca Municipal de Xove.
Rita Morrigan, dende Xove
13/Marzo/2019
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
Homenaxe do Concello a Josefa Domínguez García polos seus cen anos.
13/Marzo/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
Onte martes, 12 de marzo, o Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, visitaron a Josefa Domínguez, que cumpreu 100 anos. O alcalde e a concelleira acudiron ao domicilio desta veciña en Morás, onde a acompañaban os seus familiares para celebrar este día, facéndolle entrega dun ramo de flores e unha tarta de aniversario. Aos seus 100 anos, Josefa fixo gala do seu bo humor e simpatía.
Tirada de Bolos -Centro Social Morás-
12/Marzo/2019
Departamento de Cultura e Comunicación
-
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS ( 9 DE MARZO DE 2019)
31 INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA
|
CLASIFICACION |
NOME |
TANTOS |
PUNTOS |
LIGA SENIOR |
PRIMEIRO |
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
308 |
12 |
SEGUNDO |
JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
308 |
10 |
TERCEIRO |
ALEX MEITÍN SERANTES |
300 |
8 |
CUARTO |
DANIEL ALONSO LÓPEZ |
297 |
7 |
QUINTO |
CHRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO |
284 |
6 |
SEXTO |
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
278 |
5 |
SÉTIMO |
LUIS RANCAÑO BOUSO |
274 |
4 |
OITAVO |
JORDI MEITÍN SERANTES |
272 |
3 |
NOVENO |
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
271 |
2 |
DÉCIMO |
ARTURO VIGO CASABELLA |
253 |
1 |
MELLOR BOLADA |
JORDI MEITÍN SERANTES |
91 |
1 |
LIGA SUB 16 |
PRMEIRO |
JAVIER ALONSO LÓPEZ |
235 |
6 |
SEGUNDO |
CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ |
191 |
4 |
TERCEIRO |
IZAN MARAGOTO BERMÚDEZ |
180 |
3 |
CUARTO |
HUGO PÉREZ MEITÍN |
132 |
2 |
QUINTO |
ENZO MARAGOTO BERMÚDEZ |
24 |
1 |
MELLOR BOLADA |
CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ |
71 |
1 |
LIGA FEMININA |
PRMEIRO |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
214 |
6 |
SEGUNDO |
CARMEN ROCA CORRAL |
200 |
4 |
TERCEIRO |
BELÉN MEITÍN ROUCO |
151 |
3 |
CUARTO |
SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
138 |
2 |
QUINTO |
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
127 |
1 |
MELLOR BOLADA |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
84 |
1 |
Tarde agradable e campo en bo estado para práctica dos bolos
Liga Senior Masculina.- HAI PARTIDO. Arturo Vigo, a quen con quedar por diante de Miguel López lle chegaba para proclamarese campión desta XXX Edición, veu como nesta penúltima tirada se lle esfumou prácticamente toda a renda que tiña, de 13 puntos pasou a 2. A victoria de Miguel López, a quen non lle temblou a man a hora de executar as tiradas, permítelle achegarse ao líder; os dous puntos que lle separan de Arturo poden ser unha renda perfectamente superable. Inda así, Arturo parte con vantaxe, xa que a súa posición de líder permítelle tirar en último lugar, polo cal cando tire, vai saber sempre o que fixo o seu rival; isto lóxicamente, en principio é unha vantaxe, pero en determinadas circunstancias pode converterse nun problema. Polo tanto, Arturo e Miguel vanse disputar esta edición especial do noso torneo, que xa acada tres décadas, nesta última tirada de Vilachá. Quen si deu un paso importante, càseque definitivo, foi o vixente campión Alex Meitín, que prácticamente se asegurou a terceira posición final; inda matemáticamente Javier Rodríguez podería empatarlle se gañase en Vilachá e tivese a mellor bolada, e Alex Meitín non puntuase, empresa que cremos prácticamente imposible. Pero bueno, matemáticamente Alex inda non ten a terceira praza asegurada.
Liga Senior Feminina.- Con Julia López xa campiona, a emoción nesta categoría estase a centrar na loita polo segundo posto. Nesta tirada de Morás Belén Meitín non aproveitou esta penúltima bala e perdeu un punto con respecto a Carmen Roca, quen, con seis puntos de vantaxe sobre Belén, prácticamente ten asegurado o subcampionato. Pero bueno, Belén inda ten algunhas opcións, iso sí, mínimas. Nesta categoría reciben premio e trofeo finais as 5 primeiras clasificadas; neste sentido, tamén hai unha importante loita polo 4º posto final, no que Concepción Piñeiro parte con dous puntos de vantaxe sobre Dolores Baño.
Liga Sub 16.- Con Javier Alonso como campión e Hugo Pérez como subcampión, a emoción estaba en ver quen se facía co terceiro posto final, se Christian Rodríguez ou Izan Maragoto; pois ben, Christian Rodríguez impúxose claramente por diante de Izan Maragoto nesta tirada de Morás, conseguindo tamén a mellor bolada; isto permítelle gañar matemáticamente a 3ª praza final, polo cal nesta categoría podemos decir que está todo o pescado vendido.
PRÓXIMA E ÚLTIMA TIRADA DA XXX EDICIÓN DOS BOLOS DE XOVE:
Sábado 16 de marzo de 2019 a partires das 16:00 h. na BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ.
XI CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”
10/Marzo/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER EN XOVE
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, continúa co programa de actividades para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Hoxe, domingo, 10 de marzo, a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico desenvolveuse a XI edición da chocolatada, dirixida a todas as mulleres do Concello.
As actividades do Día Internacional da Muller van continuar a vindeira semana:
- Xoves, 14 de marzo: de 17:00 a 19:00 h. no Centro Xuvenil, OBRADOIRO “Quérote +” BERRANDO SOLUCIÓNS. Este obradoiro vai dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e 0s 17 anos. Inscrición ata o 11 de marzo, no Centro Xuvenil.
- Venres, 15 de marzo: de 16:00 a 20:00 h. na Aula Multideportiva do Concello, OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA. Coa participación do Club Defensa Personal y Policial HKF. Preinscrición na OMIX ata o mércores 13 de marzo.
Día Internacional da Muller Traballadora' 19
06/Marzo/2019
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un programa de actividades para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA:
- Xoves, 7 de marzo: ás 13:00 h. na Praza do Concello, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón, concentración e lectura do Manifesto Pola Igualdade”. Coa colaboración do IES Illa de Sarón.
- Do 8 ao 15 de marzo: Exposición “Mulleres de Hoxe”, realizada polo alumnado do IES Illa de Sarón.
- Domingo, 10 de marzo: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, XI CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Acto dirixido a todas as mulleres do Concello.
- Xoves, 14 de marzo: de 17:00 a 19:00 h. no Centro Xuvenil, OBRADOIRO “Quérote +” BERRANDO SOLUCIÓNS. Este obradoiro vai dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e 0s 17 anos. Inscrición ata o 11 de marzo, no Centro Xuvenil.
- Venres, 15 de marzo: de 16:00 a 20:00 h. na Aula Multideportiva do Concello, OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA. Coa participación do Club Defensa Personal y Policial HKF. Preinscrición na OMIX ata o mércores 13 de marzo.-
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|