Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
A Cabalgata de Reis 2026 este Luns en Xove
03/Xaneiro/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Concellería de Cultura do Concello de Xove informa da chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao noso concello, unha das citas máis agardadas destas datas tan especiais. As Súas Maxestades chegarán cedo a Xove para realizar unha visita moi especial á Residencia San Bartolomé, onde os seus usuarios e usuarias, sempre tan agradecidos, recibirán aos Reis con moito cariño e emoción.
Posteriormente, os Reis Magos desprazaranse á nave-almacén do Concello, punto de saída do tradicional desfile das carrozas polas rúas de Xove, que arrancará ás 7 da tarde. O percorrido pasará por diante dos dous centros educativos do municipio, o Instituto e o Colexio, saíndo á Avenida Deputación pola que seguiran ata o cruce do parque e baixaran pola rúa Doutor José Baamonde Illade, desde onde se dirixirán cara ao Centro Cívico.
Unha vez alí, as Súas Maxestades baixarán das carrozas para dirixirse ao Pavillón Municipal. Neste espazo, os Reis Magos terán unhos tronos onde sacarán fotografías e recibirán a todos os nenos e nenas que queiran achegarse ao seus regazos para compartir ilusións e desexos. A noite estará amenizada con animación musical a cargo do DJ Conxuro, que fará gozar a todo o público presente.
Desde a organización estarase moi pendente da previsión meteorolóxica. E á hora da saída , ás 7 da tarde, no caso de que as condicións do tempo sexan adversas, activarase un plan alternativo que consistirá no traslado directo dos Reis Magos e dos seus colaboradores ao pavillón municipal, garantindo así que os máis pequenos poidan gozar igualmente deste momento tan especial e non perdan a ilusión.
A Concellería de Cultura quere expresar o seu agradecemento a todas aquelas persoas que, de maneira totalmente desinteresada, colaboraron para que tanto esta Cabalgata como o conxunto das actividades de nadal programadas se desenvolveran con éxito. En especial, aos operarios municipais, e a Papá Noel, Reis Magos, paxes reais, elfos, personaxes Disney, pastores e pastoras, e cabaleiros que arribaron en Xove.



Dia da infancia o Domingo 4 de Xaneiro 2026
02/Xaneiro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove celebra este ano unha das súas xornadas máis especiais dentro da programación do nadal: o Día da Infancia, unha actividade pensada para facer as delicias dos máis pequenos da casa. Esta celebración terá lugar o domingo, 4 de xaneiro, converténdose no colofón perfecto antes de despedir as festas co seu punto máis destacado: a tradicional Cabalgata de Reis, que percorrerá –so o tempo o permite- as rúas de Xove o día seguinte, 5 de xaneiro.
Durante toda a xornada do domingo, os nenos e nenas poderán gozar dunha ampla oferta lúdica pensada exclusivamente para eles. En horario de mañá e tarde a Piscina Municipal acollerá divertidos xogos acuáticos, nos que os rapaces poderán participar e pasalo en grande.

Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, a diversión trasladarase ao Pavillón Municipal, onde haberá diferentes inchables para saltar, xogar e desfrutar sen límite.
O obxectivo desta iniciativa é que os máis pequenos vivan unha xornada inesquecible, chea de actividades deseñadas para o seu entretemento e diversión, e que poidan descansar logo dunha tarde intensa… porque ao día seguinte a visita dos Reis Magos de Oriente volverá encher Xove de emoción, maxia e expectación.
Os acordeonistas da Mariña actuan en Xove
02/Xaneiro/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove continúa coa programación cultural do Nadal 2025-2026
O Concello de Xove continúa este sábado, 3 de xaneiro, coa súa programación cultural do Nadal 25-26 cunha proposta musical dirixida a todos os públicos. A cita será ás 7 da tarde no salón de actos, onde terá lugar o concerto dos Acordeonistas da Mariña.
Este espectáculo musical fará as delicias de todos os afeccionados e afeccionadas a este instrumento tan querido e con tantos adeptos no noso concello. O público poderá gozar dun variado repertorio de pezas interpretadas ao acordeón, nunha actuación que promete emoción, tradición e calidade artística.

Desde o Concello de Xove anímase á veciñanza e visitantes a achegarse e participar nesta actividade, que forma parte dunha ampla programación cultural pensada para dinamizar o nadal e ofrecer alternativas de lecer e cultura para todas as idades.
A entrada será libre ata completar aforo.
Festa Infantil de Fin de Ano 2025
30/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove continúa coa súa programación cultural do nadal 25-26 e convida a todos os nenos e nenas do municipio a participar na xa tradicional Festa Infantil de Fin de Ano, que se celebrará mañá mércores 31 de decembro ás 11:00 horas no Pavillón Municipal. A xornada comezará cunha animada festa chea de música, xogos e actividades pensadas especialmente para que os máis pequenos da casa poidan despedir o ano dun xeito divertido e participativo. Ás 12.00 do mediodía, e sempre que o tempo o permita, está previsto que os nenos e nenas tomen as tradicionais uvas coas doce campanadas de mediodía, seguindo o reloxo da praza do Centro Cívico. Tras este momento simbólico, a celebración continuará dentro do pavillón con máis música e animación para pechar o ano cun bo ambiente festivo. O Concello de Xove anima aos máis pequenos a achegarse e participar desta festa pensada para que a infancia viva tamén o espírito do nadal e a ilusión da chegada dun novo ano e para que teñan un momento divertido e especial no que poidan desfrutar xuntos desa experiencia festiva adaptada ás súas idades.
Obra de Teatro: “O Apalpador e a Nena Sen Medo”
30/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
A compañía A Xanela do Maxín presenta en Xove a obra “O Apalpador e a Nena Sen Medo”
O Concello de Xove continúa coa súa programación cultural de Nadal e, neste marco, o martes 30 de decembro ás 18:00 horas, o Salón de Actos do Centro Cívico de Xove acollerá a representación da obra teatral “O Apalpador e a Nena Sen Medo”, da compañía A Xanela do Maxín. Trátase dun espectáculo pensado para público familiar, no que a tradición do Apalpador cobra vida a través dunha historia chea de fantasía, humor e tenrura. A obra combina música, interpretación e participación do público, ofrecendo unha experiencia de entretemento e diversión na que pequenos e maiores poderán gozar dunha actividade máxica propia destas datas.
 O Concello de Xove convida a toda a veciñanza e visitantes a acudir a esta proposta cultural que busca non só fomentar o teatro como ferramenta educativa, senón tamén celebrar o espírito do nadal mediante unha actividade accesible para todas as idades. A entrada será libre ata completar aforo.
Espectacular noite do XIII Concurso de Karaoke de Nadal
27/Decembro/2025
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Chegou a noite do karaoke, unha das actividades do Nadal con máis expectación en Xove. A décimo terceira edición do Concurso de Karaoke 2025 volveu demostrar por que é unha das citas máis agardadas do calendario festivo, reunindo veciñanza do pobo e visitantes de fóra que se achegaron para gozar dunha noite chea de música e emoción.
A pesar da fría noite, o Pavillón de Deportes estivo ateigado de público, que agardaba con entusiasmo as actuacións dos participantes, moitos deles coñecidos da localidade. Tamén contamos con concursantes de outras localidades de A Mariña e ata participantes que chegaron dende A Coruña, Oviedo ou mesmo Cáceres e que se sentiron arroupados polo público expectante. E as expectativas non defraudaron: foron numerosos os participantes que cubriron as tres categorías do certame —peques, iúnior e veteranos—, facendo gozar aos asistentes, que non deixaron de aplaudir e animar durante toda a velada.
 A noite foi todo un éxito e o xurado, formado por Xulia Nogueira, Uxío Dayán e Francisco Pico, tivo unha tarefa moi complicada á hora de elaborar a acta final, xa que en cada actuación quedou patente o talento e a paixón pola música dos participantes. A velada estivo dirixida por décimo terceiro ano tendo como presentadora á veciña Vanesa Miguez.
 Desde a organización quérese agradecer, unha vez máis, a magnífica acollida desta actividade por parte do público, así como o traballo do xurado e a implicación de todos os participantes. Agardamos poder velos de novo na próxima edición do Karaoke de Xove, que xa será a décimo cuarta, e que, sen dúbida, volverá encher de música e ilusión unha noite do Nadal.
 A lista de premiados foi a seguinte:
Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):
- Premio “Mellor Voz”: AITANA JIMENEZ BLANCO.- Premio de 60 €..- Canción: A un paso de la luna.
- Premio “Mellor Voz”: EVA CANCELA TRASTOY, MARIA POSADA DUARTE, ALEX LOUZAO CASAS.Premio de 60 €.-Canción: La Morocha.
- Premio a “Mellor Caracterización”: AINARA SÁNCHEZ LAGE, JESÚS LÓPEZ FRANCO, ANTÓN PRETO CANOURA.-Premio de 60 €.-Canción: A quién le importa.
Categoría “JÚNIOR” (DE 12 ata 18 anos):
- Premio “Mellor Voz”: DANIELA ROBLEDO CARDOSO.-Premio de 90 €.- Canción: Hometown Glory
- Premio “Mellor Voz”: CAROLINA GOAS TRELLES E MARTINA CASTRO DIAZ. -Premio de 90 €.-Canción: Me has invitado a bailar.
- Premio “Mellor Caracterización”: NOA VILLOTA PERNAS E EMMA LOPEZ GONZALEZ.-Premio de 90 €.-Canción: Perdonarte para qué.
Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):
- Premio “Mellor Voz”: Mª ÁNGELES LEAL GARCIA.- Premio de 150 €.-Canción: Déjala correr.
- Premio “Mellor Voz”: LAURA MIGUEZ RAMOS.-Premio de 150 €.-Canción: Esta vida.
- Premio a “Mellor Caracterización”: CARLOS JIMENEZ SEIJAS.-Premio de 150 €.- Canción: Abusadora
Yoga en familia
26/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-

Persoas Colaboradoras para participar na Cabalgata de Reis
23/Decembro/2025
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dende o Departamento de Cultura do Concello de Xove buscan Persoas Colaboradoras
para participar na Cabalgata de Reis.
O Concello de Xove busca persoas voluntarias para acompañar o Desfile dos Reis Magos
O Concello de Xove, a través do Departamento de Cultura, fai un chamamento á veciñanza para colaborar no tradicional Desfile dos Reis Magos, que percorrerá as rúas do municipio o 5 de xaneiro a partir das 7 da tarde e co obxectivo principal de manter viva a maxia do nadal no día máis especial tanto para os máis pequenos como para os maiores.
Desde o departamento solicitamos a participación de persoas voluntarias que dispoñan de vestimenta ou atavíos propios destas datas, tales como pastores ou pastoras, paxes reais, elfos, personaxes de Disney ou outros personaxes infantís, para participar nas carrozas preparadas para acompañar aos Reis Magos no seu desfile polas rúas de Xove.
As persoas interesadas en participar poden anotarse cubrindo un impreso de voluntariado na Oficina de Información Xuvenil, sendo por motivos organizativos a data límite para a inscrición o 26 de decembro.
Desde o Concello de Xove animamos á cidadanía a sumarse a esta iniciativa e contribuír a que o Nadal siga sendo un tempo de ilusión, especialmente para a infancia.
O Concello quere agradecer de maneira moi especial a colaboración desinteresada de veciños, veciñas e voluntarios, que ano tras ano arriman o ombro para que as actividades do Nadal poidan desenvolverse con éxito e ilusión.
Actuación do Mago Charly Braun en Xove. 2025
23/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O Mago Charly Braun chega a Xove coa súa divertida proposta “A tola Academia de Maxia”
Dentro da programación cultural de Nadal organizada polo Concello de Xove, este martes 22 de decembro ás 18:00 horas, o Salón de Actos do Centro Cívico de Xove acollerá a actuación do coñecido Mago Charly Braun, que presentará o seu espectáculo “A Tola Academia de Maxia”.
Trátase dunha proposta pensada para público de todas as idades, chea de humor, participación, ilusións sorprendentes e momentos inesquecibles, coa que o artista convida a toda a veciñanza a mergullarse no mundo da maxia dun xeito entretido e espectacular.

O Concello de Xove anima a todas as familias e persoas interesadas a asistir e desfrutar desta actividade cultural pensada especialmente para estas datas festivas, buscando ofrecer unha tarde diferente, chea de fantasía e diversión.
Papá Noel chega a Xove… un día de maxia e alegría para grandes e pequenos.
23/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Este luns 22 de decembro Papá Noel cumple o soño dos máis pequenos de Xove coa sua visita especial ao concello.

Acompañado pola concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, o lexendario personaxe chegou dende o Polo Norte para repartir alegría e maxia nesta época navideña.
Esta tarde transladouse ao pavillón municipal, onde moitos nenos e nenas o esperaban coas suas cartas e os seus mellores desexos para este nadal. O ambiente encheuse de risas e emoción mentres Papá Noel escoitaba atentamente aos máis pequeniños e lles entregaba moreas de caramelos.
A festa continuou con unha tarde de xogos, bailes e diversión para toda a familia. Os máis pequenos desfrutaron de actividades lúdicas, mentres os maiores se unían á celebración con entusiasmo. Tanto rapaces como pais e nais pudieron desfrutar en familia dos múltiples xogos e bailes preparados para todos os asistentes.
Ao longo de toda a tarde poideron desfrutar dunha tarde moi animada con música, baile e moita diversión no pavillón municipal.
Risas, moitas risas e sobre todo diversión caracterízaron esta tarde de luns onde o frío non impediu que se vivisen momentos moi divertidos.

A xornada concluiu compartindo un chocolate quentiño e retiraronse coa emoción da tarde vivida e a ilusión da noite de noiteboa, coa esperanza posta nos agasallos desexados.
ORZAMENTO XOVE ANO 2026
19/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O Orzamento do Concello de Xove para o ano 2026, aprobado inicialmente no pleno do venres 19/12/2025, ascende a 9.212.000 € no seu Estado de Ingresos e a 8.222.000 € no Estado de Gastos, aprobándose polo tanto cun superavit inicial de 990.000€ co fin de cumplir o obxectivo de estabilidade orzamentaria.O Estado de Gastos supón un aumento de 428.000€ respecto ó ano 2025. E o Estado de Ingresos increméntase en 1.055.000€ respecto ó ano anterior.Os gastos de persoal supoñen un 45,70% e ascenden a 3.757.000€, no que se inclúen as subidas salariais anunciadas polo goberno.Os gastos en bens correntes e servizos elévanse a 3.538.800€, un 43,04% do total.
Sigue asignándose unha importante cantidade, de 522.000€ para subvencións a asociacións, clubes e ós diferentes tipos de axudas municipais.Os investimentos previstos inicialmente para diferentes obras de mellora supoñen 400.000€.En canto ós Ingresos máis relevantes, o que segue a ser o máis importante o Capítulo 1, de Impostos Directos, no que se encadran IBI, Vehículos e sobre todo o IAE, estímase en 4.083.000€.
Temos que destacar que o a política de gasto que máis incrementa a súa dotación son os Servizos Sociais, debido ó incremento da dotación do servizo de axuda no fogar, os servizos de conciliación familiar ou o servizo de madrugadores posto en funcionamento a primeiros de curso.
O Capítulo 2, estímase un ingreso de 360.000€ por imposto de construccións.
No Capítulo 3, de Taxas e outros ingresos, estímanse 2.289.760€, capítulo que sube respecto ó ano 2025 pola previsión de incremento de recaudación ca taxa do 1,5 de vias e voos que pagan as empresas suministradoras de electricidade polo consumo derivado da entrada en funcionamento das cubas de Alcoa.
As Transferencias tanto do Estado como da Comunidade Autónoma para sufragar gasto corrente estímanse en 2.027.800€.
Asimesmo, estímanse 180.800€ por ingresos patrimoniais e 270.000€ por transferencias de capital por diferentes subvencións que recibe anualmente o Concello.
O orzamento do Concello de Xove para o exercicio 2026 cumpre o obxetivo de estabilidade orzamentaria e do límite de débeda.
Entre as previsións do goberno está realizar unha modificación de crédito despois do primeiro trimestre de 2026, posto que nese momento disporemos de máis datos de ingresos reais, para así poder acometer novas, importantes e necesarias obras ó longo do ano que ven, como son a mellora da rede de abastecemento para mellorar a calidade da auga ou o cumprimento do convenio asinado ca Deputación de Lugo para o arranxo da rede viaria provincial.
Segue aberto o prazo de solicitude de plantas....
17/Decembro/2025
Delegación de Agricultura
-
Segue aberto o prazo de solicitude de plantas no departamento de agricultura
O Concello de Xove lembra a todos os veciños e veciñas que segue aberto o prazo para solicitar árbores froiteiras, autóctonas, ornamentais e plantas de xardín ata o vindeiro 30 de decembro.
Como vén sendo habitual cada ano, o Departamento de Agricultura do Concello de Xove pon en marcha esta campaña co obxectivo de fomentar a plantación de especies forestais, árbores autóctonas, froiteiras e plantas ornamentais á vez que trata de potenciar a repoboación con especies autóctonas e mellorar o adecentamento de xardíns e espazos privados.
Así mesmo, o Concello de Xove pretende facilitar aos seus veciños e veciñas o acceso ás especies demandadas a prezos competitivos, evitando desprazamentos innecesarios aos viveiros da comarca e ofrecendo unha maior comodidade na adquisición das plantas.
Concerto de Nadal coa Escola Municipal 2025-26
17/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Tradicional Concerto de Nadal coa Escola Municipal de Xove e a Orquestra Clásica de Xove e un chamamento moi especial aos rapaces que empezaron na escola de música a finais dos anos 80.
A Concellaría de Cultura do Concello de Xove anuncia a celebración do seu tradicional Concerto de Nadal, unha cita xa consolidada dentro da programación cultural do municipio. O evento terá lugar o sábado 20 de decembro ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Nesta ocasión, o tradicional Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música e da Orquestra Clásica de Xove contará cunha proposta moi especial. O programa inclúe a interpretación de seis temas do disco Xente Cativa, un traballo gravado pola propia Escola Municipal de Música nos seus inicios, alá polo ano 1988. Naquel momento, as pezas non dispoñían de partituras escritas, polo que para este concerto empregarase a gravación de audio orixinal como fondo musical, recuperando así a esencia e o espírito daquel proxecto pioneiro. A música era obra de Nacho Fonseca, profesor asturiano, e o disco orixinal está interpretado en bable, constituíndo unha valiosa mostra de recuperación da memoria musical e cultural da escola.
Na actualidade a música escribiuna Xan Carballal e vai estar interpretada polo alumnado da Escola Municipal de Música de Xove. O concerto chega da man de máis de trinta alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Xove e membros da Orquestra Clásica de Xove, que ofrecerán ao público un variado programa musical da nostalxia daquelas pezas gravadas polos primeiros alumnos da escola no ano 88 e pensado para gozar en familia e para manter o espírito do nadal. A veciñanza está convidada a asistir e gozar deste concerto pensado para toda a familia e que é a avanzada do que se está a traballar para o próximo ano 2026, onde se vai conmemorar o 40 aniversario da creación da Escola Municipal de Música de Xove e o 35 aniversario da celebración do curso de Semana Santa. E dende o Concello de Xove faise tamén un chamamento moi especial a todos aqueles rapaces e rapazas que, alá polo ano 1988, se iniciaron na música clásica na Escola Municipal de Música, cando os ensaios tiñan lugar no CEIP Pedro Caselles Rollán, e que hoxe se atopan espallados por distintos puntos da xeografía galega, para que se acheguen a desfrutar deste Concerto de Nadal. Con este encontro preténdese facelos partícipes da evolución do disco Xente Cativa a través do alumnado actual da escola, ao tempo que poidan revivir, gozar e reconfortarse cun proxecto ilusionante que eles mesmos comezaron a finais dos anos 80 no colexio de Xove. Dende o Concello destacan que este acto pretende dinamizar a vida cultural do municipio e crear un espazo de encontro para veciños e visitantes, resaltando sempre o traballo e adicación que amosan sempre cara a programación cultural do noso concello. Dende a Concellaría de Cultura destácase que esta actividade, xa tradicional no municipio, ten como obxectivo poñer en valor o talento local, apoiar a formación musical da mocidade e fomentar a participación cidadá nos actos culturais do concello.
XIII Concurso de Karaoke
09/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O Departamento de Cultura xa está anotando aos participantes para o karaoke que se celebrará o vindeiro venres día 26. Xove acollerá o venres 26 de decembro ás 21:30 h no Pavillón Municipal de Deportes a XIII edición do seu tradicional Concurso de Karaoke, unha das citas máis destacadas e agardadas dentro da programación cultural do Concello para estas datas de nadal. Para elo xa está aberto o prazo de inscrición e dende a organización animamos a todas as persoas, sexan profesionais do micrófono ou simples amantes da música, a anotarse xa para participar. Non importa a idade nin o estilo musical: o importante é pasalo ben e compartir un momento único. Convertido xa nunha actividade de grande tradición e arraigamento no municipio, o Karaoke de Nadal de Xove destaca cada ano polo seu éxito de participación e pola crecente afección pola música con participantes tanto do propio concello como de concellos limítrofes. Trátase dunha das propostas máis animadas, festivas e familiares destas datas, reunindo a persoas de todas as idades nun ambiente lúdico, participativo e cheo de talento. Nesta XIII edición, o concurso manterá a súa estrutura habitual con tres categorías: peques, iunior e veteranos e en cada unha delas entregaranse tres premios, distinguidos entre 2 á mellor voz e un á mellor caracterización. En total repartiranse 900 euros en premios, recoñecendo así o esforzo, o talento vocal e a creatividade na posta en escena dos mellores participantes. O Concello de Xove anima a toda a veciñanza e visitantes a gozar dunha noite moi musical, divertida e chea de emoción, que cada ano fai as delicias do público asistente e contribúe a dar máis vida á programación cultural do nadal no municipio.

BASES REGULADORAS
FICHA INSCRIPCIÓN VETERANOS
FICHA DE INSCRIPCIÓN JUNIOR
FICHA DE INSCRIPCIÓN PEQUES
----> LISTADO DE CANCIÓNS <--- -----
Presentación do Programa de Actividades de Nadal 2025-26
06/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove presenta a programación cultural de nadal: un conxunto de actividades para tódolos públicos. O alcalde de Xove Demetrio Salgueiro acompañado da concelleira de cultura Mª Dolores Meitín veñen de presentar a programación de actividades culturais de nadal, diseñada para ofrecer diversión e maxia a toda a veciñanza que queira acercarse a desfrutar nestas datas tan entrañables.
O programa cultural para este nadal desenvolverase ata o 5 de xaneiro e inclúe unha ampla variedade de propostas que combinan tradición e entretemento e pensando sempre en tódalas idades.
Relevantes son tamén as actividades propostas dende o Departamento de emprego e desenvolvemento local para este nadal coa organización da VII Gala do Emprendemento Local, un cabaret guiado por Dani Rios para tódolos públicos, e do mercado de nadal “O faio de Generosa”, que a maiores nos deleitará coa participación do grupo de pandereteiras Xaora.
Este xoves día 4 de decembro xa deu comezo o inicio da programación con un emotivo acto inagural das luces navideñas da man do alumnado da escola municipal de música que interpretou unhas fermosas panxoliñas a tódolos asistentes.
E así ao longo de todo este mes poderemos contar con variedade de propostas: actuacións de maxia, obras teatrais, concurso de karaoke, concerto de acordeóns, inhables para os máis pequenos, festas infantís e moita, moita animación.
Tamén contaremos con eventos destacados ano tras ano como a especial visita de Papá Noel o día 22 e o 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata de Reis polas rúas de Xove e que poñerá o punto final a estas datas de nadal.
Ademáis para isto dende o Departamento de Cultura facemos un chamamento a toda a veciñanza que queira unirse ao desfile real como paxes ou axudantes con vestimenta propia destas datas para participar na cabalgata, podendo inscribirse cubrindo un impreso de voluntariado na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) antes do 26 de decembro.
O alcalde Demetrio Salgueiro destaca a importancia de manter viva a ilusión do nadal en Xove para que estas festas sexan un tempo de unión e alegría para todos á vez que quere agradecer a tódalas persoas voluntarias e asociacións colaboradoras o seu apoio na organización destes eventos.



Xove inicia a sua programación cultural de nadal coa inaguración das luces
05/Decembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Onte pola tarde deu comezo a programación cultural de nadal no Concello de Xove con un emotivo acto de inaguración das luces navideñas.
O evento celebrado na praza do concello contou coa participación do alumnado da Escola Municipal de Música de Xove, que deleitou a tódolos asistentes cunhas panxoliñas e música festiva enchendo o ambiente de maxia e alegría para desfrute de tódolos presentes que malia a choiva que caía intensamente non deixaron de aplaudir e arroupar aos rapaces.
Como xa ven sendo tradición, alumnos e alumnas da escola de música acompañaron coas súas voces e cos seus instrumentos o tan esperado momento no que se acenden as luces que nos guían cara a chegada do Nadal; e fixérono interpretando catro panxoliñas tradicionais: Con un sombreiro de palla, El tamborilero, Noche de paz e Imos xa pra aldea, mesturando así a tradición de diferentes culturas.
Dende o Concello queremos agradecer especialmente ao profesorado e alumnado da escola de música a sua sempre colaboración e disponibilidade para eventos que se organizan e onde coa sua participación e talento permiten manter sempre viva a tradición.


|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|