Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Concurso oposicion Auxiliar-Administrativo (OMIX)
05/Novembro/2018
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Polo presente fáise publico e convocase ós participantes no proceso de selección de referencia, que as probas teóricas da fase de oposición celebraránse o vindeiro venres día 9 de novembro as 8.30 horas da mañá, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove.
--> NOTIFICACION RESOLUCION ALCALDIA
Entregados os premios do V Concurso De Fotografía Medioambiental
04/Novembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A entrega realizouse hoxe pola mañá e na mesma participaron, xunto cos premiados/as, o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e o membro do xurado, o pintor xovense Xan Guerreiro. Recordamos que os premiados, nas dúas categorías deste Concurso MEDOAMBIENTAL, foron:
Primeiro premio de 100 €: Dª DARÍA BAKTEEVA coa obra “SEÑORA ROCHA MIRANDO ASOMBRADA“, Concursante nº 6.
Segundo premio de 75 €: GERMÁN PALEO NAVARRO coa obra “PLAYA DE MUIÑELOS” . Concursante nº 2.
Terceiro premio de 50 €: CAROLINA MOREIRA SÁNCHEZ coa obra “RIBEIRA DE MORÁS” . Concursante nº 7.
Curso de Cociña no Colexio de Palmeiro
31/Outubro/2018
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
o GALP a Mariña-Ortegal pon en marcha uns obradoiros de formación en cociñado de peixes e mariscos procedentes das súas lonxas.
Dende o día 20 de outubro e ata o 24 de novembro, vanse levar a cabo uns obradoiros sobre técnicas de limpeza, desespiñado e cociñado de peixes e mariscos do territorio. No Concello de Xove terá lugar o próximo 10 de novembro desde as 10:00 horas ata as 14:30 e celebrarase en colaboración coa Asociación Bolboretas de Palmeiro no seguinte enderezo:
Aula Asociación Bolboretas | Colexio de Palmeiro | Urbanización Palmeiro s/n | 27879 Xove
Esta actividade, de carácter gratuíto, desenvolverase en doce concellos do territorio do GALP A Mariña-Ortegal e vai dirixida aos integrantes do tecido asociativo de cada un deles. Os talleres estarán dirixidos polo cociñeiro Miguel Mosteiro, gran coñecedor da gastronomía galega en xeral, e da mariñeira en particular. Está considerado, así mesmo, como un especialista en cociña de territorio. Os obxectivos desta acción son, ademais de darlle visibilidade ao GALP e ás súas axudas, o de dar a coñecer as posibilidades gastronómicas de produtos do noso mar como a pescada, o polbo, a xarda, o salmonete, o rape, berberechos e ameixas ou mesmo o bonito. Ademais, daranse a coñecer distintas técnicas de limpeza ou desespiñado das especies.
En cada un dos talleres poderán participar un número de 20 persoas alumnas que interactuarán con Mosteiro na manipulación e cociñado das distintas especies. Para poder asistir aos obradoiros, as persoas interesadas deberán poñerse en contacto co Concello de Xove – Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local. (Tlf.: 982592001). A participación é gratuíta e iranse asignando prazas por orde de inscrición. Este obradoiro lévase a cabo en colaboración coa Asociación de Mulleres Bolboretas, pero vai dirixida a homes e a mulleres que teñan interese pola cociña ou que queiran aprender un pouco máis sobre os nosos produtos do mar.
Servizo de Atención Temperá da Agrupación de Concellos
23/Outubro/2018
Departamento de Servizos Sociais
-
Xornadas de promoción de Bolos
17/Outubro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis, e antes de comezar a XXX Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as de ámbalas dúas institucións educativas. Polas Xornadas deste ano 2018 van pasar 20 alumnos/as de 5º e 23 de 6º de Educación Primaria do Pedro Caselles, e 18 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de SArón. Nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.
As xornadas van ter unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.- As Xornadas comezaron hoxe na Bolera do Campo Municipal de Fútbol de Xove, contándose coa participación dos 20 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do CEIP Pedro Caselles, os cales estiveron acompañados pola profesora Marta Álvarez.
As Xornadas van continuar con arranxo ao seguinte calendario:
- Mañá, xoves 18 de outubro: -De 13:40 a 14:30 h: 18 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de Sarón.
- Venres 19 de Setembro: -De 10:00 a 11:00 h: 20 alumnos/as de 5º de Primaria do CEIP Pedro Caselles.
O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 18 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores. Lóxicamente, por idade, os mellores sitios onde se poderían atopar novos xogadores serían os centros educativos, neste caso o CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón. Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, nesta edición, coa colaboración dos departamentos de educación física do Colexio Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Dende o Concello só nos queda agradecerlle á profesora Marta Álvarez do Colexio Pedro Caselles e ao profesor Carlos L. Jacob do IES Illa de Sarón toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.
Pecha Alcoa (Avilés e A Coruña)
17/Outubro/2018
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
Alcoa traslada al comité el cierre de sus plantas en A Coruña y Avilés
La medida afectará a 369 trabajadores en Galicia y 317 en Asturias. La multinacional achaca su decisión a las pérdidas registradas en estas plantas y mantendrá su producción en España en San Cibrao.- mais info en La Voz de Galicia
en bici!
17/Outubro/2018
Concellería de Deporte e Turismo
-
Xornadas Gastronómicas en Xove 2018
17/Outubro/2018
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Selecciónde Xuiz de Paz Titular do Concello de Xove
10/Outubro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
No Boletín Oficial da Provincia núm. 233 de data 10 de octubro de 2018 publicouse o Anuncio que a seguir se transcribe integramente:
Tendo comunicado o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o seu acordo de data 21 de setembro de 2018 instando o inicio do expediente para a elección de Xuiz de Paz Titular do Concello de Xove, por estar próximo o vencemento o período de catro anos do anterior, tal e como dispón o art. 101.4 da Lei Organica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial, todas aquelas persoas interesadas en partcipar no procedemento de selección deberán presenta-la correspondente solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Xove no plazo dos dez (10) naturais seguintes ó de publicación do presente Bando no Xornal “ La Voz de Galicia – Edición de A Mariña “ e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
O citado prazo contarase a partir do día seguinte o da publicación do presente anuncio no BOP.
Os interesados deberán reuni-las condiciones previstas no art. 23 do Reglamento 3/1995, de 7 de xuño, de Xuices de Paz (RXP) e nos arts. 102, 302 e 389 a 395 da Lei Orgánica de 1 de xullo de 1985, do Poder Xudicial (LOPX), é dicir:
- Ser español ( acreditarase coa achega de copia compulsada do DNI).
- Maior de idade. ( acreditarase coa achega de copia compulsada do DNI )
- Non estar incurso en causa de incapacidade prevista na Lei especificándo a profesión actual do solicitante. (acreditarase coa achega de Declaración Xurada)
- Non ter sido procesado, inculpado ou condenado, agás que se obtivera o sobreseimiento, a absolución ou a rehabilitación. ( acreditarase coa achega de Declaración Xurada )
- Non concorrer ningunha das causas de incompatibilidade e/ou prohibición do Capítulo II do Ttítulo II (artículos 389 a 397 da LOPX). ( acreditarase coa achega de Declaración Xurada na que deberá especificarse a profesión actual do solicitante )
- Non pertencer a ningún partido político.(acreditarase coa achega de Declaración Xurada )
- Tela residencia efectiva no Concello de Xove. (acreditarase coa achega de Certificado de Empadronamento ).
Igualmente os interesados deberán aportar a documentación acreditativa de:
- Titulación Académica que se posúe.
- Experiencia profesional relacionada co cargo obxecto de provisión.
- Cursos de Formación realizados relacionados coas tarefas propias do cargo obxecto de provisión.
Os interesados en participar no proceso selectivo teñen o seu dispor o correspondente expediente na Secretaría do Concello de Xove.
O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14 horas do vindeiro luns día 22 de octubro de 2018.
Festa do Ramo no Alto do Cruceiro- Xuances 2018
03/Outubro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Esta Festa está organizada pola ASOCIACIÓN CULTURAL E DE FESTEXOS "ALTO DO CRUCEIRO", da cal formamos parte e, organizamos por duodécimo ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal terá lugar o venres 5 de outubro e o sábado 6 de outubro, no Alto do Cruceiro. Antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 12 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no CAMPO DA FESTA "ONOFRE LOUZAO", un recinto inaugurado hai un tres anos en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 5 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos DUNHA GRAN CARPA. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.
En canto ao amplo programa de actividades, destaca a celebración da FESTA DOS CALLOS, no seu DUODÉCIMO ANIVERSARIO, e que terá lugar o venres 5 de outubro a partires das 8 da tarde. Trátase dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos é a seguinte: os participantes, polo módico prezo de 5 €uros, van poder degustar unha abundante ración de callos, pan e viño. En total contaremos con máis de 1000 racións, as cales esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa contamos cun posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 5 €uros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bo programa de baile a partires das 11 da noite, amenizado pola orquestra LOS SATÉLITES e unha Disco Móvil.
En canto ao programa de actividades previsto para o sábado 6 de outubro, temos:
-
- ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión.-
- ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do GRUPO PEKADOS.-
- ás 18:00 horas: Partido solteiros contra casados, no campo anexo ao da Festa.-
- ás 22:30 horas: Verbena co GRUPO PEKADOS e a ORQUESTA NEVADA.-
Para rematar, a Comisión quere darlle as grazas a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que, de forma desinteresada, colaboran coas nosas Festas: Concello de Xove, comercios da zona e un especial agradecemento para os nosos veciños.
Un cordial saludo, Asinado: A Comisión de Festas
Convocatoria praza Auxiliar Administrativo para a OMIX
02/Outubro/2018
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Por Resolución de Alcaldía de data 24/09/2016, foi aprobada a convocatoria de selección e provisión dunha praza de auxiliar administrativo ( Persoal Laboral Interino ), polo sistema de concurso-oposición. Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria:
---> MODELO DE SOLICITUDE ------<---
BASES ESPECÍFICAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL INTERINO
PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.- As presentes bases e convocatoria teñen por obxecto regular a selección e contratación de un (1) empregado laboral interino mediante o sistema de concurso oposición, para ocupar temporalmente unha praza do subgrupo de clasificación profesional C2 que se destinará a desempeñar o posto da RPT municipal con Código Identificativo 48 “ PERSOAL XUVENTUDE”. A referida praza atopase vacante pola situación administrativa de excedencia voluntaria por interese particular por un año da titular Dona María José Alonso Galdo, extinguíndose automaticamente no mesmo momento da reincorporación ao seu posto da titular do mesmo.
O posto citado reflectido na RPT municipal co código 48, ten encomendadas as seguintes tarefas máis habituais:
-
- Abrir e pechar o Centro Xuvenil, encargándose do encedido de ordenadores e luces, así como de verificar o seu apagado e o peche de postas en fiestras ao peche do Centro.
- Prestar atención e información aos xoves que acudan ó Centro de Información Xuvenil ( becas, formación, vivenda, estudios, emprego, ocio, tempo libre, etc…)
- Buscar e recabar información de interese para os xoves do Concello, realizando consultas por correo, revisando boletíns e diarios oficiais, buscando información na rede, etc..
- Por ao dispor dos xoves, mediante a súa exposición nos taboleiros de anuncios do Centro, redes sociais e boletíns de correo electrónico, a información que poida ser do seu interese.
- Velar polo correcto uso das instalacións e o comportamento dos usuarios, controlando os turnos de xogo e de uso dos ordenadores.
- Prestar asesoramento aos usuarios no uso dos ordenadores do Centro.
- Elaborar o Plan Anual de Actividades ( accións e eventos socioeducativos, lúdicos e de dinamización ), que incluirá tanto actividades de longa duración ( talleres de bolillos, bordado, ioga, bailes de salón, etc.. ) como temporais ( escola de pais, torneos de futbolín, cursos de informática, etc… ) e puntuais ( viaxes, actividades de verán, etc..).
- Encargarse da planificación e organización de actividades ( contactar con docentes, reservar espazos, preparar material, etc..), da súa execución ( control de asistencia, avaliación de satisfacción, control de pagos, etc.. ), así como realizar tarefas informativas e de difusión ( carteis, dípticos informativos, etc…)
- Informar, apoiar e acompañar na creación e desenvolvemento do tecido asociativo.
- Tramitar as solicitudes do carné xove e do bono-bus.
- Informar mensualmente ao Servizo de Xuventude de Lugo, sobre o número de carnés xove expedido.
- Levar o control das existencias e necesidades de material, encargándose da compra de aqueles específicos do servizo e dando aviso ao persoal de compras para a reposición do resto.
- Efectuar calquera outra tarefa propia da súa categoría que lle sexa encomendada e para a cal teña sido previamente instruído.
SEGUNDA.- NORMATIVA DE APLICACIÓN.- A selección rexiráse polas prescricións contidas nesta convocatoria específica e, naquelo que non se prevea, polo disposto:
Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público ( EBEP ), aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de octubro
-
- A Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.
- A Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia.
- A Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.
- Os artigos 231 e seguintes da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. A Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local.
- Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de octubro (ET) .
- Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril.
- Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, aprobado por el Real decreto 364/1995, de 10 de marzo.
- A Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
- Lei 39/2015, do 1 de octubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. (LPACAP)
TERCEIRA.- MODALIDADE DO CONTRATO.- A modalidade do contrato é de interinidade regulada no art. 15.1.c do ET..- O carácter do contrato é en réxime de dedicación normal a tempo completo e a xornada de traballo será de 37,5 horas semanais de traballo efectivo de promedio en cómputo anual; distribuídas no horario de apertura do Centro de luns a sábado (ámbolos dous días incluídos) mañas e tardes.
CUARTA.- CONDICIONS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES.- Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no EBEP e na Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia:
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo ao disposto no art. 52 da Lei 2/2015, permita ó acceso ao emprego público.
- Estar en posesión da titulación de Graduado en ESO ou asimilado, ou estar en condicións de obtela antes do remate do prazo de presentación das solicitudes para participar no proceso selectivo que se fixará na preceptiva Convocatoria.
- Estar en posesión do CELGA 3 ou estar en condición de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo que se fixará na preceptiva Convocatoria
- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
- No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público.
ITV para vehículos agrícolas
01/Outubro/2018
Delegación de Agricultura
-
O Xoves 11 de outubro de 2018, realizarase a ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Xove, diante do Cuartel da Garda Civil (Xove) en HORARIO:de 9:00 h a 13:30 h e de 15:15h a 18:00 horas
PODE SOLICITAR CITA PREVIA: Por teléfono: 902.30.90.00 ou a través da páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
II CONCENTRACIÓN DE CLÁSICOS DE XOVE
29/Setembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, sábado 29 de setembro, desenvolveuse a II CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS E HISTÓRICOS, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.
A organización contou, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.
O Programa de actividades foi o seguinte:
Leer más:II CONCENTRACIÓN DE CLÁSICOS DE XOVE
Xovense na Casa Real
27/Setembro/2018
El Progreso [A Mariña]
-
Xulia Lopez, do Club de Bolos Xove, Campeona de España de bolos celtas
26/Setembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O pasado sábado, 22 de setembro, nos campos de Camos (Nigran) escribeuse unha das páxinas máis gloriosas do Club de Bolos Xove gracias á xovencísima xogadora xovense Xulia Lopez.Certo é que todolos afeccionados aos bolos celtas tiñan a Xulia coma unha potencial gañadora do Campeonato de España absoluto, debido a súa progresión ano a ano. Pero o certo é que ninguén pensaba que puidera facelo este ano e menos diante das dúas xogadoras que prácticamente gañan o 100% das suas partidas nas súas rexions : Paula Lopez en Galicia e Sandra Suárez en Asturias. Pero este sábado Xulia saiu totalmente lanzada a polo tótulo e xa deu a sorpresa ao clasificarse primeira no clasificatorio (o que lle daba a opción de ter man ao comezo de tódalas partidas) En semifinais, Xulia atopuose cunha grandísima rival, Belen Rodriguez (á postre campeona de España por parellas), pero gañou Xulia con soltura.
Na outra semifinal enfrontábanse as dúas top ten no que parecía a final anticipada (Paula Lopez contra Sandra Suárez), saíndo gañadora deste lance a xogadora de Boiro Paula Lopez. Na final Xulia continuou no seu ritmo e gañoulle claramente a Paula por 5-2, confirmando que era o seu gran dia; un resultado extraordinario para unha rapaza de tan só 15 anos, vixente campiona da Liga de Bolos de Xove na súa categoría Sub 16.
Destacar que Salomé Cardoso e Carmen Roca, ámbalas dúas do Club de Bolos Xove, acadaron neste Campeonato Individual a 5ª e 7ª prazas respectivamente. O domingo 23 celebrouse o campeonato de parellas e Xulia volveo a demostrar o seu gran momento de forma; formando parella coa asturiana Inma Menendez, acadaron unha fantástica 3ª praza, perdendo só un partido contra as xogadoras Belen Rodriguez e Rocio Menendez, as cales foron as campeonas de España finalmente. Na segunda praza quedaron Sandra Suarez e Susana Barrero ambas de Asturias. Nesta categoría a parella formada por Carmen Roca e Belen Meitin (do Club de Bolos Xove) acadaron un 5º posto e Salome Cardoso (do Club de Bolos Xove) formando parella coa xovencísima Noemi Gonzalez (ten a mesma edade que Xulia) quedaron nun meritorio 7º posto.
Leer más:Xulia Lopez, do Club de Bolos Xove, Campeona de España de bolos celtas
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|