Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2023
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2022 son as seguintes:
---> 21 de febreiro de 2023 (Martes de Entroido)
---> 21 de agosto de 2023 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de decembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Festas Xove ' 2022
22/Xullo/2022
CONCELLO DE XOVE
-

Oficial De Fontanería 2022
22/Xullo/2022
CONCELLO DE XOVE
-
concurso-oposición dunha praza de oficial de fontanería como persoal laboral

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. .-O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal por circunstancias da produción mediante o concurso-oposición dunha praza de oficial de fontanería como persoal laboral.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
- GRUPO: C2.- NIVEL C.D.: 15
- DENOMINACIÓN: OFICIAL DE FONTANERÍA
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada completa (37.5 horas semanais)
- DURACIÓN DO CONTRATO: 6 meses
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove.
- FUNCIÓNS DA PRAZA: As descritas na relación de Postos de Traballo (posto núm. 20)
- Anuncio BOP Fontanero
- Solicitude
Convocatoria de selección Brigada Contraincendios 2022
21/Xullo/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Fáise pública a convocatoria de plazas temporais para a Brigada de Incendios por 3 meses de duración que se detallan a continuación:

Tres Prazas de Peón Forestal da Brigada de Incendios
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA..- O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de tres prazas de peón forestal para a brigada de incendios que debe estar operativa durante 3 meses segundo o Convenio asinado coa Consellería do Medio Rural.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
- GRUPO: AP .- NIVEL C.D.: 11
- NÚM. DE PRAZAS TEMPORAIS: 3
- DENOMINACIÓN: PEON FORESTAL
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada completa
- DURACIÓN DO CONTRATO: Dende o 26 de xullo ata o 25 de outubro de 2022. En calquera caso, de non empezar o día 26 de xullo, a duración do contrato será de tres meses.
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove .
unha praza de Técnico - Xefe da Brigada de Incendios
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA..- O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de unha praza de Técnico - Xefe da Brigada de Incendios que debe estar operativa durante 3 meses segundo o Convenio asinado coa Consellería do Medio Rural.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
Unha praza de Peón Conductor da Brigada de Incendios
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de unha praza de peón condutor para a brigada de incendios que debe estar operativa durante 3 meses segundo o Convenio asinado coa Consellería do Medio Rural.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
situación da aula de formación do concello (fronte ó centro terceira idade)
Arranxo do vial a Canelas e Portocelo
19/Xullo/2022
Departamento de Obras
-
Investidos 197.000 Euros no vial a Canelas e Portocelo.- Trátase dunha obra englobada dentro do Plan Único 2021 da Deputación Provincial. O proxecto consisteu en acondicionar e mellorar o vial que une os núcleos de Portocelo e Canelas coa Estrada Provincial LU-2601. Trátase dun vial de 1.980 mts, cunha anchura media de algo máis de 3 metros, moi usado e con bastante tráfico, mesmo no verán onde é moi utilizado polas autocaravanas. Debido a súa antigüidade o pavimento atopábase moi deteriorado, presentando estreiteces en algúns tramos.
Resumidamente, a actuación neste vial consisteu primeriro nunha limpeza de todo o vial, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente; posteriormente dotouse a estrada cunha cuneta de 60 cm revestida de formigón. A actuación neste vial rematou coa completa sinalización horizontal (pintado do vial) e vertical, a cal acaba de finalizarse.
Grazas a esta actuación o vial pasou a ter 5 metros de ancho, frente aos 3 mts iniciais, dotando tamén o vial con algunhas zonas de sobreancho. Esta obra, que conta cun investimento importante de 197.230 €uros, vai permitir unha maior comodida e unha mellor seguridade nos desprazamentos.
A financiación, compartida polo Concello e a Deputación, foi a seguinte:Concello: 12.064,70 € e dende a Deputación de Lugo: 185.165,30 €

Clausurado o VIII Obradoiro de Emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove
15/Xullo/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Coa presenza do Delegado Provincial da Xunta, os alcaldes de Xove e Cervo e a Concelleira de Medioambiente de Burela, hoxe clausurouse este obradoiro na súa VIII edición.
Contou cun orzamento duns 360.000 €uros, financiados pola Xunta de Galicia. Dentro dos traballos realizados, desglosados por concello, temos:
Xove. Especialidade de xardinería, contou con 7 alumnos. Traballos realizados:
-Acondicionamento do Parque Centro Cívico.
-Poda de árbores de Palmeiro e Xove.
-Limpeza e desbroce da Senda “Ruta dos Muiños”.
-Acondicionamento do entorno do Centro Social de San Cristovo.
-Acondicionamento da Área de Autocaravanas da Praia de Esteiro.
-Acondicionamento do Parque Etnográfico da Baleeira de Morás.
Cervo. Especialidade de xardinería, contou con 6 alumnos. Traballos realizados:
-Acondicionmento e mantemento de parques e xardíns dos núcleos de Cervo e San Cibrao.
-Mantemento da Área Sargadelos (Conxunto Histórico Artístico).
-Creación de xardfíns secos no Parque Reina Sofía de San Cibrao.
-Mantemento da zona da Antiga Fábrica de Salazón e entorno da Ponte Medieval.
Burela. Especialidade en pintura e revestimentos, contou con 7 alumnos. Traballos realizados:
-Acondicionamento integral interior da Casa de Cultura de Burela.
-Traballos de impermeabilización de fachada e pintado da mesma na antiga Biblioteca de Burela.
-Pintado, barnizado e mantemento xeral do mobiliario urbán do núcleo de Burela.
A nivel de persoal, o Curso contou con 20 alumnos, 3 monitores, 1 administrativo e 1 director.

XORNADA ARQUEOLÓXICA 2022
13/Xullo/2022
Turismo, Investigación Social e Muller
-
XORNADA ARQUEOLÓXICA O VINDEIRO VENRES, 15 DE XULLO
DE 19:00H A 21:00H NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO
Dada a importancia de moitos dos seus recursos arqueolóxicos, e a campaña de sondaxes e posta en valor iniciada no xacemento de San Tirso de Portocelo no ano 2020, o Concello de Xove continúa cos labores de divulgación do seu patrimonio coa organización da Xornada Arqueolóxica do próximo venres 15 de xullo. Os relatorios serán os seguintes:
- 19:00h-20:00h. Presentación da publicación A memoria da paisaxe, a cargo de Sergio Pereira, arqueólogo membro de NOSO cooperativa, autores da mesma.
- 20:00h-21:00h. Presentación dos resultados da I Fase da Escavación do Xacemento de San Tirso de Portocelo, a cargo de David Fernández Abella, arqueólogo director da intervención.
- 21:00h. Clausura da Xornada.

Mañás Activas na OMIX 2022
11/Xullo/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O grupo de Mañás Activas fixo sendeirismo dende o Portiño á praia de Lago recollendo refugallos polo camiño e tamén na praia.
Aprendemos a importancia de coidar o medio ambiente e a protexer aos animaliños que nel habitan, recollendo os pequenos plásticos que deixa a marea na praia.
Aínda que a primeira hora da mañá tíñamos néboa, non nos impediu darnos un baño xa que a temperatura era moi boa."

Programa Verán Xove 2022: “Mañáns Activas”
07/Xullo/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Esta semana deu comezo o programa de voluntariado xuvenil "Mañáns Activas" coa supervisión das dúas técnicas de xuventude e a colaboración de catro persoas voluntarias que faran actividades de lecer como manualidades, informática, xogos, etc. cun grupo de 38 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos, durante as mañáns de xullo e agosto de luns a venres. O grupo de "Mañáns Activas" tamen gozará de actividades deportivas como balonmán e baile moderno e de actividades na natureza con Roq Sport e A Balea Verde.

Praza de Encargado de Brigada de Obras.-Proceso de selección....
07/Xullo/2022
Departamento de Recursos Humanos
-
Por Resolución de Alcaldía de 7 de marzo de 2022 aprobáronse a BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, COMO PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO, DE UNHA PRAZA DE ENCARGADO DE BRIGADA DE OBRAS E MANTEMENTO, POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE que a seguir se transcriben na súa integridade:
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.
O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter de interinidade de unha praza de Encargado de brigada de obras e mantemento, polo sistema de Concurso Oposición Libre; atopándose vacante dita praza no Cadro de Persoal e non resultando posible a súa cobertura como funcionario de carreira.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
GRUPO: C1
NÚM. DE VACANTES: 1
DENOMINACIÓN: ENCARGADO DE BRIGADA DE OBRAS E MANTEMENTO. A praza atópase encadrada no Grupo C, Subgrupo C1 (art. 76 RDL 5/2015, de 30 de outubro), Escala de Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais (Art. 167 e seguintes do RDL 781/1986, de 18 de abril).
(...)
** El 2º ejercicio de la Fase de Oposición del proceso selectivo convocado para la provisión de la plaza de Encargado de la Brigada de Obras y Mantenimiento, tendrá lugar el próximo lunes día 11 de julio de 2022 a las 09´30 en el Aula de formación del Concello de Xove. (Enfrente á Residencia da Terceira Idade)
Mañás Activas na OMIX
07/Xullo/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, as nenas e nenos de "Mañás Activas" estiveron gozando dunha mañá super divertida en A Balea Verde con obradoiros de pintura de camisetas e reciclaxe.

Festa do Percebe 2022
06/Xullo/2022
CONCELLO DE XOVE
-

Renovación da Aula de Informática do Concello (OMIX)
01/Xullo/2022
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O Concello dispón de hai bastantes anos dunha ⭐️Aula Informática, ubicada dende sempre nun local da OMIX, na cal se levan organizado multitude de cursos informáticos de todo tipo, tanto para xoves como para adultos. Ademáis úsase a diario para que os rapaces poidan realizar os seus traballos e tamén conectarse.
Como o tempo pasa para todo, este equipamento estaba bastante gastado e deteriorado, dahí que o Concello decidira sustituir os vellos ordenadores por uns novos. Estes últimos días procedeuse á renovación completa e hoxe xa lucen os 8 novos ordenadores de 22 pulgadas, discos duros SSD e procesadores Intel I3 equipados con Windows 10.

Entrega ao noso Concello do libro “A super_acción de Mauricio”
30/Xuño/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Un grupo da Asociación Saúde Mental da Mariña fixo hoxe entrega ao noso Concello dun lote de libros de “a Super_Acción de Mauricio”, nun entrañable acto no que participaron uns 25 membros da Asociación acompañados por varios tecnicos.
O citado libro, que ten unha preciosa factura, foi elaborado coa participación dos membros da Asociación, a quens dende o Concello lles damos as nosas máis cariñosas grazas por ese precioso presente que nos ofrecen.
Destacamos tamén a extraordinaria laboura que fai a Asociación no seu traballo diario con este marabilloso grupo de persoas, potenciando a creatividade de todos eles.

Biotrituradora transportable
23/Xuño/2022
Concellería de Medio Ambiente
-

Por Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivenda da Xunta de Galicia de data 13/06/2022 publicada no DOG 119 do 22/06/2022 e ao abeiro da Orde de 30 de novembro de 2021 ( DOG núm 238 de 14/12/2021 ) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivenda foille concedida a o Concello de Xove unha subvención por importe de 28.850. 50 € para a adquisición dunha biotrituradora transportable e o/ou portátil para a trituración in situ dos restos vexetais xerados nas podas, para facilitar o transporte destes residuos.

Proceso selectivo de 1 plaza de limpiador/ra ( personal laboral temporal )
21/Xuño/2022
CONCELLO DE XOVE
-
OBXECTO DA CONVOCATORIA. .-O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición dunha praza de limpador/a de carácter temporal con contrato de duración determinada, que se xustifica na imposibilidade de facer fronte ás oscilacións que experimenta a actividade normal da limpeza das instalacións municipais como consecuencia do periodo de vacacións anual das traballadoras adscritas ao servizo.
.
LISTA DE ADMITIDOS E FIXACION DE LUGAR A DATA EXAME
Se designa Tribunal de Selección y se determina como lugar, fecha y hora de celebración de las pruebas:
Aula de Formación del Concello de Xove. .- Jueves 23 de junio de 2022.
Nova votación no concurso fotografico de Facebook!
20/Xuño/2022
Concellería de Medio Ambiente
-
Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xove convocouse un concurso de fotografía para celebrar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE en https://www.facebook.com/ConcelloDeXove
¿CAL É O TEU ESPAZO NATURAL, PREFERIDO DE XOVE?
O prazo de recepción dos traballos comezou o venres 13 de maio, rematando o día 6 de xuño ás 0:00h. O día 10 de xuño foron publicadas, por categorías, na páxina de FACEBOOK DO CONCELLO DE XOVE, onde a cidadanía votou pola súa foto favorita ata o 14 de xuño, ás 0.00h. A fotografía con máis “ME GUSTA” é a gañadora.
As premiadas e premiados dábanse a coñecer no día de hoxe 16-06-22, a través da mesma páxina de Facebook do Concello de Xove, así como no web www.xove.es.
DEBIDO A UN ERRO INFORMÁTICO, COA CONTA DO CORREO ELECTRÓNICO, UNHA FOTO DE CATEGORÍA XUVENIL, QUE FOI PRESENTADA EN PRAZO E HORA, NON FOI PUBLICADA PARA EXPORSE A VOTACIÓN POPULAR.
DEBIDO A ISTO, TODAS AS FOTOS DE CATEGORÍA XUVENIL VAN SER, DE NOVO, SOMETIDAS A VOTACIÓN POPULAR DENDE HOXE 16-06-22 ATA O 20-06-22 ás 0.00h.
APRAZAMOS ASÍ O COMUNICADO DOS GAÑADORES E GAÑADORAS DE CADA
CATEGORÍA ATA O VINDEIRO 21-06-22. Este día comunicarase na páxina do Facebook do Concello de Xove, así como na web www.xove.es os premiados e premiadas, e hora e lugar no que se entregarán os trofeos as gañadoras e gañadores e tamén se entregará un obsequio a cada participante.
¡¡¡VAMOS TODAS E TODOS A DARLLE A “ME GUSTA” A FOTO QUE PREFIRAMOS DA CATEGORÍA XUVENIL!!!
RESULTADOS DAS VOTACIÓNS
O Concello de Xove comunica as gañadoras do Concurso Medio Ambiental: ¿Cal é o teu espazo natural, preferido de Xove?
- Na CATEGORÍA INFANTIL a foto máis votada polo pobo foi: A HORTA DE LIDIA (VILACHÁ) de LIDIA PALEO RIVAS.
- Na CATEGORÍA XUVENIL a foto máis votada polo pobo foi: FARO Á VISTA de JUDITH SUÁREZ AZOGUE.
- Na CATEGORÍA DE ADULTOS a foto máis votada polo pobo foi: ATARDECER FARO DE PUNTA RONCADOIRA de ÚRSULA VÁZQUEZ PAJÓN.
A ENTREGA DE TROFEOS E OBSEQUIOS A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES REALIZARASE ESTE VENRES 24 DE XUÑO ÁS 12:00h NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE XOVE. ALÍ VOS ESPERAMOS A TODAS E TODOS OS CONCURSANTES.
¡¡¡ AOS CONCURSANTES GRAZAS POR PARTICIPAR !!! ¡¡¡ A VOTACIÓN POPULAR GRAZAS POLOS VOSOS VOTOS!!! Concello de Xove | Facebook
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|