Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
ITV vehículos agricolas 2017
14/Setembro/2017
Delegación de Agricultura
-
O venres 6 de outubro, realizarase a ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Xove, diante do Cuartel da Garda Civil (Xove)
HORARIO: de 9:00 h a 13:30 h e de 15:15h a 18:00 horas
Éxito das xogadoras do Club de Bolos Xove
14/Setembro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O pasado fin de semana celebrouse en Gijón o CAMPEONATO FEMENINO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA, no que participaron 31 xogadoras das Federacións galega, asturiana e madrileña. O Club de Bolos Xove desprazou a este campionato 5 xogadores que acadaron uns brillantes resultados:
Na categoría individual, Julia López tentou revalidar o subcampeonato acadado o pasado ano, pero esta vez a sorte non estivo do seu lado, quedando clasificada en quinta posición, seguida en sexta tamén pola xovense Salomé Cardoso. Tanto Julia como Salomé son dúas das xoves xogadoras con máis futuro do bolo en Galicia; recordamos tamén que Julia é a actual campiona da Liga Sub 16 de Xove e Salomé quedou 3ª na Liga Senior.
No que atinxe ao campionato por parellas, as xovenses Carmen Roca e Salomé Cardoso acadaron a 3ª posición final, cedendo únicamente diante das campeonas. Tamén a xogadora xovense Julia López, formando parella coa asturiana Noemi, acadaron a 4ª posición final neste Campeonato de España.
Festival SAiñas 2017
12/Setembro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
SOBRE 600 PERSOAS ASISTIRON Ó FESTIVAL "IDENTIDADE" QUE PUXO EN ESCEA, HAI UNS DÍAS, A ASOCIACIÓN CULTURAL SAIÑAS, CON 50 BAILADORES E MÚSICOS, ACADANDO UN GRAN ÉXITO ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE, QUE PUIDO DISFRUTAR DOS BAILES E CANTOS QUE AINDA SE SEGUEN REPRESENTANDO EN POBOS E PARROQUIAS DE TODA GALICIA, CON UN COLORIDO NO VESTUARIO DO MÁIS VISTOSO.
Aberto o prazo para inscrición en obradoiros...
06/Setembro/2017
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, día 5 de setembro comezou a inscrición na OMIX para os obradoiros de longa duración (IOGA, BOLILLOS, BORDADO, E BAILES DE SALÓN), e para os obradoiros do programa “Xove Ponte en Forma” (XIMNASIA DE MANTEMENTO, AEROBIC E FITNESS, PILATES E PILATES MAIORES DE 50 ANOS).
O prazo para inscribirse para estos obradoiros estará aberto ata o 23 de setembro.
Tamén esta aberto o prazo para apuntarse a Informática, ata o comenzo de curso que será no mes de novembro.
Neste momento temos 143 inscritos nestes obradoiros, repartidos do seguinte xeito:
q IOGA...68
q BOLILLOS...19
q BORDADO...9
q BAILES DE SALÓN...2
q XIMNASIA DE MANTEMENTO...15
q AEROBIC E FITNESS...6
q PILATES...9
q PILATES MAIORES DE 50 ANOS... 11
q INFORMÁTICA... 4
Doutra banda, o prazo para apuntarse na Escola de Maiores abrangue do 15 ao 30 de setembro, tendo que inscribirse na Oficina da Educadora familiar (Angélica).
A piscina abrirá o vindeiro día 11 cunha nova climatización
06/Setembro/2017
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
A piscina municipal de Xove está en obras dende comezos de agosto, consistentes en cambio de parte do teito, obra realizada pola empresa xovense EVOX e dunha nova climatización interior da piscina, a cargo da empresa IAM RUMBO da Coruña. A piscina abrirá o día 11.
«En canto á obra de sustitución do teito, procedeuse á sustitución da metade que había quedado do pasado ano, co cal o que fixo EVOX foi completar a obra de sustitución integral do teito. Unha vez rematada a obra do teito, procedeuse a sustitución da vella climatización. Para esta importante obra presentáronse un total de 10 empresas, que contaban cunha licitación de 253.180,70 euros. Resolto o concurso, a empresa IAM RUMBO fíxose coa obra por un importe de 189.171,98 euros, cunha rebaixa do 25 %». «Esta obra vai supor unha mellora grande na climatización interior da piscina, cun control máis exhaustivo e exacto da humidade e da temperatura grazas a moderna tecnoloxía».
Viaxe ó Kartódromo de Tapia ' 2017
02/Setembro/2017
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 2 de setembro, ás 14:30 horas, 20 rapaces de Xove de idades comprendidas entre 16 e 35 anos desprazáronse a Tapia para pasar unha tarde no Kartódromo. Con esta viaxe, organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove, poñemos punto e final nas actividades programadas para o verán.Por outra banda, recordar que o día 5 de setembro abre o prazo para apuntarse nos obradoiros de longa duración e actividades de outono inverno. Todas as persoas que precisen información sobre este e outros temas de interese poden achegarse a nosa oficina ou chamar ao teléfono da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX Xove): 982571816.
Festival Identidade
01/Setembro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe tivo lugar a presentación do espectáculo IDENTIDADE da Asociación Cultural Saiñas de Xove no Salón de Plenos do Concello, acto que contou coa presenza da Concelleira de Cultura Dolores Meitín, o Presidente de Saiñas Andrés Piñeiro e o Director do espectáculo Pablo Rivas.
“XOVE CONCILIA VERÁN” vaise de festa
01/Setembro/2017
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Os menores do campamento organizaron un festival e contaron coa asistencia das súas familias no que ó final da mesma, as concelleiras Cristina Iglesias e Ana Abad fixeron entrega dun diploma a cada neno e nena. Xove Concilia Verán é un campamento de conciliación organizado polo Concello de Xove, dirixido a familias con menores de 3 a 10 anos, que comenzou o 26 de xuño e vai rematar o 8 de setembro. A finalidade é crear un espazo de actividades lúdico-educativas, transmitindo valores de respecto, tolerancia e igualdade, que permita conciliar a vida laboral, familiar e persoal das familias do noso concello. En total participaron 54 menores. Xove concilia Verán está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo social Europeo.-
Escola Municipal de Música...
30/Agosto/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Aberta a preinscrición para a Escola Municipal de Música de Xove – Curso 2017/2018
Dende o venres 1 ata o venres 29 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2017-2018 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro.
A primeira semana de OUTUBRO fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.017/18. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26- 0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor ANTES DO 17 DE OUTUBRO de 2017. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases. Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2016/2017 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.
O Concello apoia a primeira película LGBT...
29/Agosto/2017
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
**Nove de novembro ** está ambientada no final dos anos 90 do pasado século, momento de cambios sociais en todo o mundo que coincidirán cos cambios emocionais dos nosos personaxes, conta a historia de Miguel e Roberto e os últimos días na súa relación de parella nos primeiros días de novembro de 1989. Este proxecto está financiado exclusivamente por crowdfunding , inversores particulares e polo Concello de Xove; contando coa colaboración do Concello da Coruña. A estrea terá lugar, previsiblemente a comezos de 2018.
¿De que vai Nove de Novembro? Roberto e Miguel levan saíndo xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá á súa memoria ao longo de catro días de novembro. Unha relación que parecía funcionar comenzará a despedazarse co regreso de cada recordo. Unha bagaxe que cada vez pesa máis irá desvelando a auténtica natureza da súa vida xuntos. Paralelamente, a máis de 2000km de distancia, no Berlín dividido, outra relación moito máis grande está a punto de cambiar tamén. No fondo dunha relación residen sentimentos ocultos forxados por un pasado común. Secretos e rancores que o resto do mundo non ve, separados por un muro que parece infranqueable. O muro que separa a Roberto e Miguel non foi o único muro que caeu aquela fría noite de novembro.
“Non é a primeira vez que aparecen personaxes gais ou lésbicos nun filme galego, pero si é a primeira vez que ocupan a centralidade da historia” aclara o seu director Lázaro Louzao (Xove, 1988) que finaliza a rodaxe (na cidade da Coruña e no Concello de Xove) deste filme protagonizado por Ademar Silvoso, Brais Yanek e Sabela Arán que recibiu apoio do Concello de Xove.
Clausura Exposición “Coas Nosas Mans X”
25/Agosto/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, día 25 de agosto, tivo lugar a clausura da exposición “Coas Nosas Mans X”. Desde o día 18 de agosto, puidéronse visitar na Sala de Exposicións do Concello de Xove, os traballos realizados polas mulleres participantes aos cursos municipais de tempo libre de Bordado e Bolillos. Un total de 50 traballos artesanais, entre manteis, coxíns e sabas bordados, abanicos, panos, bolsos de encaixe de palillos,... estiveron expostos estes días.
Clausura de actividades de “DIVERVERÁN” na OMIX 2017
23/Agosto/2017
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 23 de agosto, os 25 rapaces e rapazas participantes nas actividades de “DIVERVERÁN”, clausuraron as actividades deste verán e inauguramos a exposición cos traballos feitos. O Alcalde, Demetrio Salgueiro e as concelleiras Ana Abad, Dolores Meitín e Cristina Iglesias puideron degustar xunto coas nais e pais dos nenos uns pinchos elaborados por eles mesmos. O proxecto “DIVERVERÁN” está encadrado dentro do Programa de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Durante os meses de xullo e agosto, tres días á semana (martes, mércores e xoves) organizamos con axuda de voluntarios actividades para nenas e nenos de entre 10 e 16 anos.
Este ano no noso Concello acompañáronos 5 voluntarias: Alba Pernas, Andrea Díaz, Laura Iglesias, Margarita Parapar e María Raquel Pernas.
As actividades levadas a cabo durante este verán son numerosas:
q Informática. Este ano os participantes aprenderon a programar Java.
q Cociñarte. As nenas e nenos preparan un almorzo, unha comida e os pinchos da inauguración.
q Actividades no exterior. Este verán aproveitaremos para recuperar algúns xogos populares, as carreiras de sacos, o xogo da corda, do pano, etc.
Tamén tivemos un día de inchables de auga ao aire libre.
Aberto o prazo para inscribirse no Encontro de Palilleiras de xove
22/Agosto/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
O sábado 7 de outubro vaise celebrar no noso Concello a VIII edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS. A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, abreu hoxe, día 22 de agosto a inscrición. Todas as persoas interesadas poderán anotarse ata o LUNS 18 DE SETEMBRO.
A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.
Por outra banda, decir que inda continúa aberta a Exposición COAS NOSAS MANS X, organizada pola Concellería de Servizos Sociais. O próximo xoves, 24 de agosto, será o último día que se poderá visitar esta mostra de traballos de bordado e bolillos, na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove.
Día dos Nenos no Centro Civico de Xove 2017
22/Agosto/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Onte, na Praza do Centro Cívico a partires das 17:00 horas, desenvolveuse o DÍA DOS NENOS, os cales, cun sol expléndido, puideron disfrutar dos numerosos inchables e xogos acuáticos. A organización deste evento coincideu co festivo local, xa que hoxe e un dos dous festivos locais (o outro foi martes de entroido) dos que disfruta o noso Concello.
As actividades que programou o Concello para as Festas Patronais deste anon no rematan aquí, xa que inda podemos disfrutar nos vindeiros días de dúas exposicións: “Coas Nosas Mans X” ata o 24 de agosto na Sala Oficina de Turismo e “Xove 360º.Cores” ata o 3 de setembro na Sala Centro Cívico.
Feira de gando de San Isidoro de Monte 2017
21/Agosto/2017
Delegación de Agricultura
-
O vindeiro XOVES, 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DE GANDO vacuno e cabalar en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas. A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú co “DUO GALICIA”.
-17:30 horas: Verbena co “DUO GALICIA”.
Leer más:Feira de gando de San Isidoro de Monte 2017
Pregón das Festas de Xove por Rita Morrigan
18/Agosto/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
|
|
|
|
TEMPORALMENTE:No funciona en Firefox
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|