Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Programa da Xunta: Benestar en balnearios 2017
16/Marzo/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE XOVE
Convocatoria de un total de 600 prazas para para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017 ---- -> MÁIS INFORMACION NA XUNTA DE GALICIA.-
- Persoas beneficiarias: Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
- Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
- Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.
- Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
- Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
- Duración : As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de abril e o de decembro de 2017
- Prezo: O prezo que pagarán as persoas beneficiarias, por praza e quenda para cada balneario, é o que figura no anexo IV.
- Prazo presentación de solicitudes.- Vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 17 de abril de 2017.
- Lugar de presentación.- Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. (PODE ACUDIR Ó DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO)
Campionato de Tute no Centro Social de Monte
14/Marzo/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Entregados os premios do Campionato de Tute celebrado no Centro Social de San Isidoro de Monte. Esta entrega, na que estivo o alcalde Demetrio Salgueiro, desenvolveuse o pasado sábado 11 de marzo no Centro Social de Monte. O Campionato que cada ano organiza o Centro Social co patrocinio do noso Concello, cumpleu este ano a súa 14 edición. No mesmo participaron 17 parellas que xogaron unha liga de todos contra todos, comezando en novembro pasado e rematando a principios de marzo. En canto ao cadro de honra, temos: Campións: Carlos e Xuxo. Subcampións: Suso e Eduardo. Terceiros: Paco e Juan. 1ª Parella feminina: Mari e Puri. Rematada a entrega tódolos/as participantes disfrutaron da cea cun expléndido cocido.
Entregados os Premios do Concurso de Caretas de entroido
14/Marzo/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Esta entrega, que se desenvolveu no Salón de Plenos do Concello, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.- O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de CARETAS. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistiron en material escolar. Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Leer más:Entregados os Premios do Concurso de Caretas de entroido
Actos do Día Internacional da Muller Traballadora
12/Marzo/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
Despois dunha semana chea de actividades, hoxe remataron os actos do noso Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller, actos que se coordinaron a través da Concellería de Servizos Sociais. Deste xeito, a partires das 17:30 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico, unhas 120 mulleres de tódalas idades participaron na X CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Este acto comezou cunha presentación a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira Ana Abad, seguido da videoproxección do documental “MULLERES DE XOVE”, para rematar cunha chocolatada para tódalas participantes.
Homenaxe A Dª Constantina López Martínez.- Tamén dentro dos actos para celebrar este día, e como recoñecemento a toda unha vida adicada ao traballo e aos seus, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras de Servizos Sociais e Deporte, realizáronlle unha visita a Dª CONSTANTINA LÓPEZ MARTÍNEZ, a persoa máis maior de Xove. Constantina, quen aos seus 100 anos inda mantén unha presencia e unha prestancia moi elegante, estivo acompañada por membros de varias xeracións da súa familia. O alcalde, agradecéndolle o traballo de toda unha vida, aproveitou para facerlle entrega dun ramo de frores.-
Unha nova cinta de correr no Ximnasio Municipal
08/Marzo/2017
Concellería de Deporte e Turismo
-
Os usuarios da Piscina Municipal de Xove, é en concreto aqueles que utilizan asiduamente o Ximnasio Municipal, están de noraboa. Onte instalamos no Ximnasio, unha nova cinta de correr, para uso e disfrute de todos, pois había moitas veces que as tres existentes no chegaban para a demanda dos usuarios.
A cinta instalada e unha cinta de ultima xeneración con unhas prestacions do mais alto nivel. O investimento do Concello de Xove neste equipamento pasou dos 5.500.-€.co IVA engadido. Agora que logo vai a dar comenzo a "operación bikini" xa temos unha disculpa menos, para non acercarse a facer un pouco de deporte nas instalacions da Piscina Municipal de Xove.
Sumoas: Ultima tirada da tempada de Bolos
07/Marzo/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Tarde fria. 29 participantes nesta última tirada da tempada. Campo húmido dado as choivas previas á competición, pero en aceptables condicións para o xogo.
Liga Senior Masculina.- Inda sen facer unha gran tirada (quedou 5º), Arturo Vigo consigueu imporse nesta XXVIII Tirada, conseguindo o seu título nº 15. A sorpresa veu na pelexa pola segunda posición, que perdeu Rafael González a favor de Jordi Meitín, quen con este subcampionato consigue meterse por primeira vez entre os tres primeiros clasificados. Gran tempada a de Jordi, onde destacaríamos o seu excelente rendimento e nivel nos desquites, os cales lle deron esta privilexiada posición. Pola súa banda, Rafael González, que nunha tarde aciaga, na que a sorte non o acompañou, xa que quedou 9º na tirada, tivo que conformarse coa terceira posición final, que seguramente lle sabe a pouco, pero que confirma que, un ano máis, sigue na elite deste deporte, xa que se trata do segundo xogador con máis entorchados na historia deste deporte en Xove, só por detrais de Arturo Vigo.
LIGA SENIOR:
CAMPIÓN |
ARTURO VIGO CASABELLA |
TROFEO E 200 € |
SUBCAMPIÓN |
JORDI MEITÍN SERANTES |
TROEFO E 150 € |
TERCEIRO |
J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
TROFEO E 100 € |
MELLOR BOLADA
DO CAMPIONATO
|
ALEX MEITÍN SERANTES, cunha bolada de 108 tantos obtida na tirada do Centro Social do Cruceiro o 12 de xaneiro de 2017 |
TROFEO E 50 € |
Trofeos e premios en metálico tamén para o resto de clasificados ata a posición número 12. |
Día Internacional da Muller en Xove
03/Marzo/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un programa de actividades para celebrar o día internacional da muller:
- Venres, 10 de marzo: de 17:00 a 19:00 horas, na oficina de información xuvenil, vai desenvolverse un mannequin chalenge. para participar hai que anotarse antes do 8 de marzo na oficina de información xuvenil.
- Domingo, 12 de marzo: a partir das 17:30 horas no salón de actos do centro cívico, x chocolatada “día da muller”.
Tamén este domingo, 12 de marzo, se lle vai a facer unha homenaxe a dona Constantina López Martínez, a muller máis longeva do municipio, con 100 anos de idade. o Alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira Ana Abad, faranlle entrega dun ramo de frores no seu domicilio.
Imaxes do desfile do Antroido 2017
01/Marzo/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Mariña Lucense.... máxica por natureza
24/Febreiro/2017
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
Llibramentos do Plan de Emprego 2016
24/Febreiro/2017
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
ATA O 15 DE MARZO DE 2017 ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O PAGO DO PLAN DE EMPREGO DO ANO 2016
MÁIS INFORMACIÓN: BASES E CONVOCATORIA
Inauguración da Exposición de Fotografía “Homes e Bestas”
17/Febreiro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A exposición, que se vai abrir mañá ao público, vai ser inaugurada hoxe polo alcalde de Xove, acompañado polo fotoperiodista Jose Álvez, autor dunha parte das fotografías e por Julio López, tamén fotógrafo e fillo de Sergio López, finado xa hai uns anos e autor das restantes fotografías que conforman a exposición. Esta inauguración vaise desenvolver ás 19:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico.-
- Sergio Lopez Maseda.- Iniciouse no mundo da fotografía a mediados dos anos sesenta. A principios dos setenta convirteuse en corresponsal da axencia EFE e Televisión Española. Como cámara de TVE recorreu Galicia enteira recollendo coa sua cámara o máis popular, característico e singular da súa terra. Deixou un gran legado de imaxes das que hai que salientar aquelas que se refiren ao mar sen esquecer unha das suas grandes paixóns, a rapa das bestas, recorrendo todos os curros da comunidade. En canto aos autores:En canto a súa apertura ao público, tal como xa dixemos, vaise abrir mañá sábado 18 de febreiro, estando aberta diariamente ata o sábado 4 de marzo, en horario de 18:00 a 21:00 horas. Con esta exposición o noso Concello abre o programa deste Entroido 2017. No que atinxe á propia exposición, está conformada por 39 fotografías, todas en branco e negro. A temática está integramente adicada aos “curros” das rapas das bestas de todo Galicia.
- Joe Álvez.- Nacido en el año 1976 , empezó a trabajar como fotógrafo de prensa en el año 1995 trabajando desde Lugo para el diario " el correo gallego" como colaborador gráfico .En el año 1997 comenzó a trabajar para el diario "El Progreso" y un año después se encarga de cubrir toda la zona de A Mariña tambien para el diario "El Progreso", trabajo que sigue desempeñando en la actualidad.Ha participado en diversas exposiciones colectivas de foto-periodismo, participado en la exposición colectiva "Chapapote" con otros muchos fotoperodistas en la que cada uno de ellos exponían diferentes momentos del desastre ecológico con el naufragio del barco petrolero "Prestige", que fue organizada por el Acuarium Finisterrae de A Coruña . Participó también, junto con otros fotografos, en el libro fotográfico "Marea negra" publicado por la plataforma "Nunca Máis" .En el año 2005 consigue el primer premio "medalla dorada" en la categoría periodística de la Bienal Sicafi de fotografía , organizada por el centro argentino fotográfico con una imagen de un varamiento de cetáceos en Burela debido a los efectos del chapapote vertido por el naufragio del "prestige". Ha publicado también reportajes fotográficos sobre surfistas en revistas tales como "360 surf" , "Surfer rule".
Programa de Actividades para Entroido 2017
15/Febreiro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
* Sábado 18 de febreiro coa apertura da EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA “HOMES E BESTAS” cal recolle perto de 50 fotografías realizadas polo fotoperiodista José María Alvez e por Sergio López, este último fundador de Fotosergio de Burela, finado hai xa uns anos. Esta exposición vai estar aberta ata o venres, sábado 4 de marzo, diariamente en horario de 18:00 a 21:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico. * Venres, 24 de febreiro.- Este día a Concellería de Servizos Sociais organiza o FESTIVAL DE ENTROIDO da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas. Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 25 de febreiro. O Programa que será GRATUITO para este día é o seguinte:
- 16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da “CHARANGA ATURUXO” de Ribadeo.
- 17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.
- 18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas.
- 22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa actuación do GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.
XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2017" EN XOVE
O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:
- No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 24 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
- O mesmo día do desfile (25 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
- O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 6 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
<-----CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA --->
Leer más:Programa de Actividades para Entroido 2017
imaxes do Agora Xove´ 2017
14/Febreiro/2017
Turismo, Investigación Social e Muller
-
O noso veciño máis coñecido é o cómico e presentador Roberto Vilar, que foi o encargado de inaugurar o sábado Agora Xove, a feira multisectorial que reuneu este fin de semana a máis de 50 empresas asentadas no municipio. O director do programa Land Rover da TVG contribuíu a facer máis visible o potencial do seu concello de nacemento. Vilar exaltou o carácter emprendedor dos xovenses, xentes traballadoras con corazón e moitas ganas de saír adiante.
Roberto Vilar mostrouse encantado e moi orgulloso de acudir ao seu municipio cantas veces lle reclamen. Recordou que "un empresario é un traballador que ten unha empresa, por exemplo eu traballo pintando a mona, para o que tiven que crear unha empresa", apuntou.
O polifacético humorista asegurou que o que necesitan os propietarios das empresas é "que os políticos axuden". Vilar manifestou que cando se fala da marcha da economía, queda fóra da ecuación un dato, que é "a alma e o corazón da xente, porque os empresarios teñen ganas de saír adiante e facer as cousas, queren traballar, pola súa familia, por eles e polo seu proxecto persoal. A xente pón corazón nas cousas para saír adiante e facelas de verdade", recalcou.
* FAI CLICK SOBRE A IMAXE PARA ACCEDER Ó SERVIDOR FLIKR DONDE SE ALMACENAN E SE PODEN DESCARGAR Ó PC
O Concello de Xove ratifica coa súa contribución a este certame a súa aposta polo comercio e a industria da localidade como xeradores de emprego e riqueza. O alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa, manifestou o sábado durante a apertura do feiral que a intención é "que se consolide, que medre e que sexa un referente na provincia".
Polilla Guatemalteca: Informativa
10/Febreiro/2017
Delegación de Agricultura
-
Popularmente coñecida como POLILLA GUATEMALTECA, en galego denominada a COUZA DA PATACA
O vindeiro MARTES 14 DE FEBREIRO, ÁS 20:00 HORAS (8 DA TARDE) NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO, via ter lugar unha SESIÓN INFORMATIVA sobre a PRAGA DA COUZA DE PATACA, na que intervirán José Manuel Balseiro, Delegado Territorial da Xunta de Galicia e Técnicos da Consellería do Medio Rural.
Presentación do programa de Antroido' 2017
10/Febreiro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Agora Xove: Empresas con solera....
09/Febreiro/2017
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|