Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Torneo de Futbolín na OMIX
29/Decembro/2016
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 28 de decembro, como nos últimos anos, ás 17:00 horas, 10 xogadores de Xove de idades comprendidas entre 15 e 18 anos, participaron no torneo de futbolín, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Este torneo está dentro do programa de actividades de Nadal do Concello de Xove. Este ano os gañadores foron Xoel Eijo Díaz e David Paleo Díaz.
Concerto de Nadal 2016 na Residencia San Bartolomé
29/Decembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis, e coincidindo co Concerto de Nadal que tódolos anos organiza o noso Concello, un grupo de músicos da Orquestra Clásica de Xove e da E. M. Música de Xove ofreceron un pequeno Concerto a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove. Este Concerto entra dentro das numerosas actividades nas que o noso Concello colabora ao longo de todo o ano coa Residencia San Bartolo. Nesta ocasión ofrecéronlles varias pezas populares e de Nadal, que foron seguidas con moito interese polos residentes. Adxunto varias fotografías do acto.
NADAL 2016-2017 .-Gran Concerto de Nadal
27/Decembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello continúa coas actividades programadas para este Nadal, concretamente, para mañá, mércores 28 de decembro, a Concellería de Cultura ten programado o GRAN CONCERTO DE NADAL, que tódolos anos organiza a Escola Municipal de Música, coa colaboración da Asociación Prestoxove.
O concerto vaise desenvoler a partires das 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, con entrada libre e gratuita para todos. No mesmo vanse interpetar obras de Bellwood, V. Williams, Shostakovich, Mendelssohn e R. Binge.
NADAL 2016-2017 -O Concello pide colaboración para Cabalgata de Reis
27/Decembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Continuando coa programación prevista, para o XOVES, 5 DE XANEIRO do vindeiro ano a Concellería de Cultura ten previsto, como en anos anteriores, a celebracións da CABALGATA DE REIS. Dende o Concello estase a traballar a reo para que todo esté preparado este máxico día. Nestes intres estanse poñendo a punto as carrozas e outros vehículos que van ir no desfile. Un dos puntos fortes da nosa cabalgata é a participación de distantas persoas e colectivos na mesma. Neste sentido, dende o Concello queremos facer un chamamento aos nenos/as que se apunten para participar como pastores na Cabalgata.
Para anotarse é moi sinxelo: terán ata o venres 30 de decembro (incluído) e bastará con chamar ao teléfono do Concello 982 59 20 01 e xa os apuntan.
Programación Nadal do Concello de Xove 2016
23/Decembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Dentro do amplo espectro de actividades deseñados, para os vindeiros días temos:
- DOMINGO, 25 de decembro – DÍA DE NADAL .-A partires das 18:00 horas (6 da tarde), no Pavillón Municipal de Deportes imos ter un ESPECIAL NADAL co espectáculo infantil “SUPERFESTA CO MAGO LOCO”..-Espectáculo infantil, ameno y de variada animación, donde los niños participan subiendo al escenario, para ser ayudantes en la Magia Cómica.-En las canciones y bailes que interpreta con su particular estilo EL MAGO LOCO (Payaso y Mago), también se cuenta con la participación de los niños. Rematado este espectáculo, os participantes poderán disfrutar dunha chocolatada. -A entrada a este espectáculo “Especial Nadal” é totalmente LIBRE E GRATUITA.
- MARTES, 27 de decembro.-Ás 17:00 h, no Salón de Actos do Centro Cívico, imos ter CINE INFANTIL coa proxección de “MASCOTAS”, con entrada libre e gratuita para tódolos públicos.
VI Concurso de Karaoke...
22/Decembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa sexta edición, o VENRES, 23 DE DECEMBRO. Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o una Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso, a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade, e se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 23 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén este mesmo día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.
Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o venres 16 de decembro ás 14:30 horas.
En canto aos premios do Concurso, temos:
-
- PEQUES.: Premio á “Mellor voz” (2 premios): 60 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros
- IUNIOR: Premio á “Mellor voz” (2 premios): 90 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros
- VETERANOS: Premio á “Mellor voz” (2 premios): 150 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros
Estes premios, a diferencia de anos anteriores, vanse entregar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo.
Resultado do Concurso de Postais de Nadal 2016-2017
21/Decembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Xurado do Concurso de Postais de Nadal 2016-2017 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, Xurado formado por Dº Albano Riveira Paleo da Asociación Cultural Deportiva Pau da Vella de Xove, Dº José Manuel Cancela Seijas en representación da ANPA de Xove e Dª Élida Álvarez Rodríguez en representación do Concello de Xove, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Dº Mario Eijo Barro, acordando o seguinte:
- Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos): 1º : Noa Martínez García .- 2º : Paula Sánchez Pernas .- 3º : Carla Rey Vale.
- Categoría 1º e 2º de Primaria: 1º : Alejandro Flores Escobar .- 2º : Carla Casabella Puñal .- 3º : Carlota Eijo Rodríguez.
- Categoría 3º e 4º de Primaria: 1º : Enma Buján Rouco .- 2º : Eduardo Flores Escobar .- 3º : Miriam Mejuto García.
- Categoría 5º e 6º de Primaria: 1º :Judith Suárez Azogue .- 2º : Xenxo Salgueiro Franco .-3º : Iago Pérez Teijeira.
- Categoría 1º a 4 º de ESO:.-1º : Kevin Castro Piñeiroa .- 2º : Cecilia García López .-3º : Margarita Parapar Fernández.
O Concello comeza co seu Programa de Nadal
16/Decembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello comeza hoxe as súas actividades para este Nadal coa celebración dun OBRADOIRO DE COLOCACIÓN DE BELÉN, actividade que está prevista que se desenvolva de 17:00 a 20:00 h. na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na cal van participar rapaces/as de 10 a 18 anos. Esta actividade está organizada pola OMIX da Concellería de Xuventude.
Continuando coa programación prevista, para o Domingo, 18 de decembro a Concellería de Cultura ten previsto un CONCERTO DE “SONS DE CELEIRO”. Este vaise celebrar a partires das 6 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Trátese dun grupo que, inda que é de recente creación, xa ten un importante curriculum, con numerosas actuacións na Mariña. Con perto de 20 membros, trátase dun grupo coral con acompañamento musical, facendo una música moi popular e tradicional. Habaneras, fados e música de creación propia conforman o seu repertorio. Decir tamén que acaban de facer público o seu primeiro traballo, “NOVOS CANTARES”, o cal tiveron a oportunidade de presentar no Luar da TVG. Neste momento están promocionando o seu traballo pola Mariña, cun percorrido dende Vicedo ata Mondoñedo.
A entrada a este concerto é totalmente libre e gratuita.
A Fonte Maior de Vilachá, completamente renovada polo Concello
15/Decembro/2016
Departamento de Obras
-
O noso Concello ven abordando dende hai anos a recuperación de elementos arquitectónicos tradicionais e, dentro deles, as nosas fontes, son centro de especial atención, como é o presente caso, no que unha das fontes máis antigas e con maior uso do noso Concello, a FONTE MAIOR DE VILACHÁ, foi obxecto dunha importante renovación.
Esta fonte, que presentaba unha dobre estructura xa que incluía fonte e lavdoiro, estaba cuberta co fin de poder realizar labouras na mesma durante todo o ano. Nos últimos anos a fonte foise deteriorando progresivamente, a estrutura que a recubría prácticamente desapareceu e o lavadoiro atopábase totalmente inservible. Todas estas razóns levaron ao Concello a deseñar un plan integral de recuperación da fonte (fonte máis lavadoiro) e tamén o seu contorno, xa que se habilitou un cómodo acceso á mesma.
Os traballos realizados consistiron na limpeza dos distintos elementos pétreos, cando estes presentaban boas condicións, como no caso da fonte. En canto ao lavadoiro e a cuberta, prácticamente houbo que realizalos de novo, iso sí, seguindo a tipoloxía tradicional e con elementos e materiales autóctonos, respectando sempre o espíritu pre-existente.
O investimento total da obra foi de 27.588,10 €uros, dos cales o Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia aportou 16.795,42 €, sendo o resto por conta do noso Concello.
A renovación desta fonte súmase á recuperación do patrimonio arquitectónico que o Concello de Xove ven realizando progresivamente nos últimos anos e que tamén abrangue outros elementos coma muiños (posta en valor dos mesmos coa creación da Ruta dos Muiños da Rigueira), edificios relixiosos e o seu contorno (por por un exemplo, teríamos a Igrexa de Xuances), e un longo etc.
Dende o Concello considéranse importante estas actuacións, e tamén prioritarias, xa que, de non actuar a tempo, moitas destas arquitecturas rurais perderíanse para sempre; non cabe dúbida que un dos deberes de calquer administración, e neste caso a local, é a de preservar o noso patrimonio e transmitilo nas mellores condicións para as xeneracións vindeiras.
Por suposto, non nos olvidamos da parte práctrica da obra, xa que a partires de agora tódolos veciños de Vilachá e o seu contorno poderán disfrutar desta Fonte Maior. O mellor mantemento para preservar este conxunto para o futuro será o seu uso contínuo por parte dos veciños.
Termalismo Social IMSERSO 2017
14/Decembro/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
O Programa de Termalismo ofrece acceso a tratamentos térmicos nos establecementos con manantiales de auga mineral medicinal declaradas de utilidade pública, contribuíndo así a mellorar a calidade de vida das persoas maiores e promover o envellecemento activo, mellorando saúde e prevención de dependencia.
Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
-
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
Documentación: Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude. Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2015, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:
- Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
Prazo de presentación: Para participar no proceso de adxudicación de praza : Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 13 de xaneiro de 2017 e para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 12 de maio de 2017.
Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias: Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 12 de maio de 2017 e para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 31 de outubro de 2017.
Sen perxuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano 2016, os seus expedientes estén completos.
Máis información:Balnearios participantes 2017 e Web IMSERSO
Programa de Nadal de 2016
09/Decembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Día do Voluntariado no Concello de Xove
07/Decembro/2016
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 5 de decembro, Día Internacional dos Voluntarios(DIV). O Sr. Alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa e a Concelleiras de Xuventude, Ana Abad e Cristina Iglesias fixeron entrega dos diplomas de colaboración ás catro voluntarias e o voluntario que participaron durante os meses de Xullo e Agosto, no programa “VOLUNTARIADO XUVENIL 2016” da Xunta de Galicia. Con este acto, dende o noso concello, queremos conmemorar este día e expresar o noso recoñecemento e admiración a tódalas persoas voluntarias que participan cada ano con nos, e a todos os voluntarios en xeral. Este ano, os cinco voluntarios son: Alba Pernas Basanta, Inés Alonso Villar, Laura Iglesias Mariño, Raquel Pernas Basanta e Carlos Fernández Domínguez. Estes voluntarios fixeron posible que durante os dous meses do verán, 25 nenas e nenos do concello puideran asistir e participar en diversas actividades enmarcadas dentro do Programa de Voluntariado do Concello de Xove “Xove Activo 2016”. Durante este tempo os voluntarios do concello de idades comprendidas entre 16 e 24 anos axudaron aos técnicos cos 25 participantes.
Día Internacional da Seguridade Informática
01/Decembro/2016
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O 30 de novembro o Concello de Xove conmemorou o DÍA INTERNACIONAL DA SEGURIDADE INFORMÁTICA. Dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil e en colaboración con persoal do “Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos”organizouse unha Xornada formativa sobre a seguridade nas redes sociais na que se tratron distintos temas relacionados coa seguridade informática e internet. Nesta charla participaron 32 persoas do noso Concello, de idades comprendidas entre 10 e 16 anos, polo que podemos decir que foi de grande interese para todos.
Actividades conmemorativas do Día Internacional Contra A Violencia De Xénero
26/Novembro/2016
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, día 25 de novembro, o Concello de Xove conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa organización de dúas actividades. As 18:30 tivo lugar un partido de fútbol sala mixto no pavillón de deportes no que participaron 35 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 10 e 20 anos. A continuación celebrouse una andaina popular co lema “Xove camiña pola igualdade”. Estas actividades foron organizadas pola Oficina de Información Xuvenil e as Concellerías de Xuventude e Igualdade. O Concello de Xove quere agradecer un ano máis a participación nestes actos a favor da igualdade e repulsa contra a violencia.
Obras para a mellora da accesibilidade
24/Novembro/2016
Departamento de Obras
-
O abeiro da orde de 21 de Xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ós concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014/2020, e se procede á sua convocatoria para os anos 2016 e 2017, con data 24 de novembro de 2016 tense concedido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 10.133,30 € da actuación Area do Centro Cívico, Reforma do Aparcadoiro, Zona Frontal, Area_1 (19 prazas).
Concurso de Postais de Nadal 2016
23/Novembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O noso Concello puxo en marcha, un ano máis, o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. As principais características deste Concurso, son:
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|