Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Concurso-Oposición de Limpadora (persoal de limpeza)
18/Novembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
No BOP do día 18/11/2016 fáise pública a convocatoria do Concurso-Oposición convocado para a provisión dunha praza de limpadora (persoal laboral fixo ).
A SOLICITUDE no modelo que estará ao dispor dos solicitantes nas dependencias municipais, deberá ir acompañada por:
-
- Fotocopia do DNI ou, no seu caso, pasaporte.
- Currículum vitae.
- Copia compulsada da documentación acreditativa respecto do cumprimento dos requisitos de titulación e capacitación necesarios para tomar parte no concurso.
- Copia compulsada de cuantos documentos acreditativos se presenten para xustificar os méritos a valorar.
O prazo de presentación de solicitudes que remata o 9 de decembro de 2016.
Cambio Climático: Enquisa Medioambiental
09/Novembro/2016
Delegación de Agricultura
-
O concello de Xove está a elaborar a súa Estratexia de Sustentabilidade Ambiental para contribuír a mellorar o seu comportamento fronte o cambio climático, con base no estado ambiental actual. A estratexia está relacionada, principalmente, coa redución dos gases de efecto invernadoiro e a adaptación aos efectos adversos do cambio climático.
Para a posta en marcha da Estratexia é necesaria a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático, buscar a súa corresponsabilidade, de xeito que modificando os seus hábitos, reduzan emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e demanden ao resto de axentes (empresas, administracións, etc) unha maior consideración desta problemática nas súas actividades.
Pulsando no botón superior axúntase unha enquisa que resulta imprescindible para o desenvolvemento da Estratexia e que nos permite analizar aspectos como o grao de información e coñecemento sobre o cambio climático, o grao de responsabilidade que está disposto a asumir o cidadán e as tarefas a levar a cabo para lograr a mitigación do cambio climático.
PARA FREAR O CAMBIO CLIMÁTICO
Campionato de Bolos: Resultados da 6ª tirada
08/Novembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA ( 5 NOVEMBRO 2016)
29 INSCRITOS: 16 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA
|
CLASIFICACION |
NOME |
TANTOS |
PUNTOS |
LIGA SENIOR |
PRIMEIRO |
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
295 |
12 |
SEGUNDO |
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
281 |
10 |
TERCEIRO |
ARTURO VIGO CASAB ELLA |
278 |
8 |
CUARTO |
CHRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO |
275 |
7 |
QUINTO |
JORDI MEITÍN SERANTES |
275 |
6 |
SEXTO |
LUIS RANCAÑO BOUSO |
271 |
5 |
SÉTIMO |
JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
241 |
4 |
OITAVO |
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
239 |
3 |
NOVENO |
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
227 |
2 |
DÉCIMO |
JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
224 |
1 |
MELLOR BOLADA |
RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ |
88 |
1 |
LIGA SUB 16 |
PRMEIRO |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
151 |
6 |
SEGUNDO |
JAVIER ALONSO LÓPEZ |
125 |
4 |
TERCEIRO |
HUGO PÉREZ MEITÍN |
112 |
3 |
CUARTO |
CHRISTIAN COCIÑA GONZÁLEZ |
111 |
2 |
QUINTO |
RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO |
73 |
1 |
MELLOR BOLADA |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
49 |
1 |
LIGA FEMININA |
PRMEIRO |
BELÉN MEITÍN ROUCO |
224 |
6 |
SEGUNDO |
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
210 |
4 |
TERCEIRO |
SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
184 |
3 |
CUARTO |
CARMEN ROCA CORRAL |
165 |
2 |
QUINTO |
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZS |
131 |
1 |
MELLOR BOLADA |
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
69 |
1 |
Tarde fria con ameaza de choiva durante todo o desenvolvemento da tirada.
Liga Senior Masculina.- Segunda victoria do xove Miguel López que o aúpa á terceira posición, compartida con Jordi Meitín. Pola súa banda, Rafa continúa cunha excelente regularidade (puntuou en tódalas tiradas) e vé como amplía a súa vantaxe na clasificación. Temos que decir que Rafa, vixente campión, está xogando a un gran nivel e, sobretodo, está acertando nos desquites, parcela que en anos pasados lle deu non poucos quebradeiros de cabeza. Se sigue desquitando desta maneira, ten moitas papeletas para repetir trunfo final.
Leer más:Campionato de Bolos: Resultados da 6ª tirada
Vistas panorámicas: Pozo da Ferida
07/Novembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Programa Xuntos Polo Nadal 2016
06/Novembro/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
SI ES MAIOR E ESTÁS SÓ/SOA NO NADAL, PODES PASAR ESTAS DATAS ACOMPAÑADO/A.
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Este programa levarase acabo entre ol 23 de decembro de 2016 e o 2 de xaneiro de 2017, e comprende os seguintes servizos:
-
- Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
- Aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
- Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
- Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola mañá e a volta o día 2 de xaneiro despois do xantar.
máis información no DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO e tamén na
Rita Morrigan gaña o VII premio Vergara-el Rincón
04/Novembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A novela foi seleccionada entre 256 manuscritos de novela romántica , procedentes de distintos lugares de España y de Hispanoamérica.
Con emoción acábase de recibir no noso Concello a noticia do premio acadado por Rita Morrigan, seudónimo escollido pola escritora xovense Lucía Meitín. Decimos con emoción porque Lucía/Rita ou Rita/Lucía, ademáis de escritora de novelas, é unha compañeira que exerce o seu traballo no Laboratorio de Investigación Social do noso Concello.
O Premio Vergara-El Rincón de Novela Romántica está considerado un dos máis importantes premios, senón o máis, deste xénero literario en España e Hispanoamérica. Da importancia deste premio dan fé os 256 manuscritos presentados na edición deste ano, procedentes de toda España e Hispanoamérica, aos cales tivo que enfrentarse a nosa escritora.
Corazones en el café é o título da novela coa que conseguiu o Premio. Aparte dos traballos publicados como investigadora social, dentro do que é a novela romántica este sería o seu sexto traballo. Facendo un repaso cronológico, as cinco novelas xa editadas serían: Dulce camino espinoso (2010), Íntimo sendero de magia (2012), El sueño de una bruja (2014), Perfecta para mí (2015) e La Luna en tus manos (2016).
O Alcalde, Demetrio Salgueiro, en representación do pobo de Xove, quere mostrar a súa ledicia por este premio e transmitirlle a Lucía os seus máis sinceiros parabens por este fito que nos enorgullece a tódolos xovenses.
Acta Selección de Coidadora para a Escola Infantil de Xove
04/Novembro/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
RESOLUCIÓN DO CONCURSO PARA A SELECCIÓN URXENTE DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE 1 COIDADOR/A A XORNADA COMPLETA PARA A ESCOLA INFANTIL DE XOVE (PROGRAMA DEPUEMPREGO)
Entregados os premios do III concurso de Fotografía Medioambiental de Xove
03/Novembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A entrega realizouse hoxe pola mañá e na mesma participaron, xunto cos premiados/as, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín.
Recordamos que os premiados, nas dúas categorías deste Concurso MEDOAMBIENTAL, foron:
Categoría xuvenil (menores de 18 anos):
-
- Primeiro premio de 100 € : Dª TATIANA FRAGA FERNÁNDEZ coa obra “Muiñelo”.
- Segundo premio de 75 € : Deserto.
- Terceiro premio de 50 €: Deserto.
Categoría adultos (18 anos ou máis):
-
- Primeiro premio de 100 € : Dº Antonio Herrera Huerta coa obra “ATARDECER EN RONCADOIRO”.
- Segundo premio de 75 € : Dº Juan Antonio Fernández Vázquez coa obra “NOITE RONCADOIRA” .
- Terceiro premio de 50 €: Dª Cristina Fernández Meitín coa obra “ESTEIRO”. Concursante nº 5 .
Bolsas e Axudas ó Estudo 2016
27/Outubro/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Pola Xunta de Goberno Local, fixose a aprobación das bases regulamentadoras para a Concesión de bolsas e axudas para o curso escolar 2016-2017 nas modalidades seguintes:
Bolsas e axudas ao estudo universitario, Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela; Axudas para alumnos/as discapacitados/as físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación; Axudas para compra de material escolar; Axudas para estudos de doutoramento e Axudas para máster.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS SOLICITANTES :
Solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa (facilitaranse os modelos normalizados no Departamento de Servizos Sociais).
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Fotocopia do Libro de Familia
- Certificado de empadroamento colectivo.
- Certificado ou acreditación de estar matriculado/a nos estudos para os que se solicita a axuda
- Notas acadadas no curso 2015/2016, con excepción de educación infantil e primaria.
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...)
- Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias co Concello de Xove.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- Os interesados en acceder ás axudas deberán solicitalo no impreso normalizado facilitado polo Concello. As solicitudes atoparanse a disposición dos interesados e poderán presentarse nas dependencias de Servizos Sociais do Concello dende o 3 de novembro ata o 16 de decembro de 2016.
Mirador Monte Castelo
26/Outubro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Aberto o prazo para solicitar árbores autóctonos e frutais 2016
21/Outubro/2016
Delegación de Agricultura
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes, acaba de ABRIR O PRAZO para SOLICITAR ÁRBORES FROITEIRAS, FORESTAIS E PRANTAS DE XARDÍN. Este prazo abreuse onte, luns 24 de outubro e rematará o vindeiro 30 de decembro do presente ano.
Tódalas persoas do Concello que queiran solicitar árbores ou prantas, o poden facer no Departamento de Agricultura en horario normal de oficina.
Escola de Natación de Xove (apertura de plazo inscripcións)
20/Outubro/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
A Escola de Natación de Xove, abre o PRAZO DE INSCRICIÓN para os Cursos para o vindeiro ano 2017. En total ofertaranse 750 prazas para todo o ano, nos distintos niveis de iniciación e perfeccionamento a natación, tanto para nenos, como para adultos.
XXIV Festa da Terceira Idade en Xove
18/Outubro/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
A FESTA DA TERCEIRA IDADE, que xa vai pola súa XXIV edición, vai dirixida ás persoas pensionistas maiores de 60 anos (xubilados) cos seus cónxuxes ou parellas do noso Concello. Ata hoxe martes 18 de outubro está aberto o prazo para apuntarse, o cal poden facer no Departamento de Servizos Sociais en horario de oficina do Concello. A mesma vai desenvolverse o VENRES 21 DE OUTUBRO con actividades ao longo de todo o día, con arranxo ao seguinte programa.
-
- 12:30 horas.- Misa no Salón de Actos do Centro Cívico, acompañada por un Cuarteto de Cordas da Escola Municipal de Música.
- 14:00 horas.- Xantar no Restaurante Louzao de Area.
Unha vez rematado o xantar, por parte do Concello, vaise facer entrega dun agasallo aos máis maiores da Festa, home e muller. Posteriormente tódolos participantes van disfrutar dun baile. O Concello, o mesmo que en edicións anteriores, pon autobuses gratutitos a disposición de tódolos participantes que así o queiran, tanto para ida como para o retorno.
Rematadas as obras de “Mellora de accesos a explotacións agrarias do Concello de Xove”
10/Outubro/2016
Departamento de Obras
-
Xa foron rematadas as obras de “Mellora de accesos a explotacións agrarias do Concello de Xove” (PEIM 2016) executadas en Labradela e Carballás por importe de 71.980,00 euros e financiadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ao abeiro da resolución de 25 de xaneiro de 2016 e o Concello de Xove.
A Escola de Maiores de Xove comezou o curso 16/17
05/Outubro/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Un ano máis o Departamento de Educación Familiar puxo en marcha a Escola de Maiores cun total de 42 persoas anotadas. A Escola no só ten unha finalidade de acadar e reforzar coñecementos, senón tamén unha función social (fomentar as relacións sociais), psicológica (mellorar a autoestima) e de saúde (fomentar hábitos de vida saudable). Na escola tamén se aproveita para que os alumnos desenvolvan as súas potencialidades e capacidades.
A Escola está divida en 3 grupos segundo o nivel de coñecementos dos participantes: Un grupo para persoas que xa teñen unha certa preparación e un segundo grupo intermedio para persoas con coñecementos moi básicos e un terceiro grupo para persoas con mínimos coñecementos. A Escola comezou o pasado 3 de outubro e rematará as súas actividades a mediados de xuño, coas vacacións correspondentes de Nadal, Entroido e Semana Santa.
A idade dos alumnos/as está comprendida entre os 60 e os 88 anos. Esta Escola compleméntase cun taller de memoria que se realiza despois de rematado o curso, durante o mes de xullo, como acto final. Dentro das actividades programadas, durante o ano realizan varias excursións de tipo cultural ao exterior, actividades dun día por Concellos de Galicia e Asturias. Tamén asisten a charlas e outras actividades complementarias de interese: charlas médicas, información sobre cuestións de seguridade impartidas pola Guardia Civil, etc.
Novas do Plan de Emprego Municipal
04/Outubro/2016
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|