Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Presentación do Programa das Festas patronais de Xove
12/Agosto/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Desenvolveuse hoxe, 12 de agosto, no Salón de Plenos do Concello, contando coa presenza de Demetrio Salgueiro , Alcalde de Xove; Dolores Meitín, Concelleira de Cultura; Cristina Iglesias, Concelleira de Deporte e Turismo; Andrés García, Comisión de Festas San Bartolo; José Carlos Cociña, Comisión de Festas San Bartolo; Benigno Canoura , Comisión de Festas San Bartolo e Luis Pico Rey, Comisión de Festas San Bartolo.
Entrega de Diplomas de Informática do Concello de Xove.
11/Agosto/2016
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 11, o alcalde, Demetrio Salgueiro e as Concelleiras de Xuventude e Deporte, Ana Abad e Cristina Iglesias, procederon a entrega de diplomas do curso de informática que se levou a cabo no centro xuvenil durante os meses de Xullo e Agosto. Este ano participaron neste curso un total de 72 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 6 e 16 anos. Neste curso de Informática foron impartidos de Informática para Peques, Windows, Excel, Novas Tecnoloxías e 3 D.-
Torneo de Padel San Bartolo '2016
10/Agosto/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe, na Pista Municipal de Padel de Xove, presentouse o V TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO 2016. Este cita deportiva, que cada ano organiza o Concello de Xove a través da súa concellería de deportes, coincidindo coas Festas Patronais de Xove, vaise desenvolver na pista municipal do 15 ao 19 de agosto.
Para realización deste evento o Concello conta coa gestión da empresa deportiva IG10. No torneo imos ter categorías masculina, feminina e mixta.O sorteo vaise desenvolver o vindeiro venres 12 de agosto, no Salón de Actos do Concello, ás 20:00 horas. A inscrición é de 18 € para 1 categoría e de 30 €uros para 2 categoría; a inscrición inclúe seguro de accidentes personal.En canto aos premios, vanse repartir nas distintas categorías 1.200 €uros en Material Deportivo.
Tamén haberá fase de consolación en todas las categorías do Torneo.Dado que se espera unha alta participación e para facilitar a presencia de xogadores/as no Torneo, a organización ten previsto ubicar un hinchable ao lado do terreo de xogo para que os máis peques, incluso os que acompañen aos xogadores/as, teñan un lugar onde entreterse mentras de desenvolve a competición.
Entrega do premio concurso cartel Festas Xove 2016
09/Agosto/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, ao obxecto de incentivar a participación cidadá no deseño de logos institucionais, decideu convocar un Concurso para confección do cartel das Festas do San Bartolo 2016. O prazo para presentar os deseños rematou o pasado 1 de xullo; pois ben, reunido o xurado, decideu conceder o premio de 150 € ao deseño presentado pola nena de cinco anos Sara Cancela Trastoy.
Hoxe pola mañá o alcalde Demetrio Salgueiro fíxolle entrega do premio á nena, que estivo acompañada pola súa nai e súa irmá, así como pola concelleira de cultura Dolores Meitín e un representante do xurado.
Oficina de Información Xuvenil: PaintBall ´2016
08/Agosto/2016
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 8 de agosto, ás 16:00 horas, as nenas e nenos de Xove desprazáronse a Galdo para disfrutar dunha tarde ao aire libre xogando ao paintball. Este ano tivemos 21 usuarios de idades comprendidas entre 12 e 18 ano, que xa por segunda vez se despraza a Galdo este verán, o 16 de xullo, foron os maiores de 18 anos. Estas viaxes están organizadas pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove, dentro do programa de actividades de verán.
Soporte a los problemas que el 4G ocasiona en la TDT
05/Agosto/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Conexiones móviles más veloces y mejor cobertura llegan a Xove con el nuevo 4G
COMUNICADO DE PRENSA.- Las operadoras de telefonía móvil, Telefónica, Vodafone y Orange, comenzarán a ofrecer en Xove servicios sobre la red 4G en la banda 800MHz, lo que permitirá a los vecinos disfrutar de conexiones móviles de alta velocidad sobre tecnología LTE (4G) con una mejor cobertura en el interior de los edificios y mayor extensión geográfica. Para garantizar la compatibilidad de la nueva tecnología con la Televisión Digital Terrestre (TDT), los operadores han puesto en marcha Llega800, entidad encargada de solucionar cualquier afectación en la recepción de la señal de televisión con la nueva web de atención a los usuarios de la TDT con problemas de cobertura www.llega800.es
Inscrición para o Curso 2016-17 na Escola Municipal de Ximnasia Ritmica de Xove.
04/Agosto/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
Aberto o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica para o Curso 2016-17: O departamento de deportes do Concello de Xove xa está a preparar o que vai ser o curso 2016-2017; así, a ESCOLA MUNICIPAL DE XIMNASIA RÍTMICA, abriu o prazo para matricularse dende o 1 ao 31 de agosto. A documentación a entregar é a seguinte:
-
- 1º.- Folla de Inscrición
- 2º.- Comprobante de ter feito o pago.
- 3º.- Fotocopia do DNI do alumno/a ou do pai/nai, titor/a
- 4º.- Autorización para a publicación de imaxes na páxina web do Concello
à Toda esta documentación poderase recoller nas Oficinas Municipais do Concello (planta baixa da Casa do Concello, en REXISTRO), de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas.
Para formalizar a MATRICULA, hai que rexistrar a Folla de inscrición (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello, xunto co resto da documentación anteriormente citada
à O prazo será durante todo o mes de Agosto do presente ano, en horario normal das Oficinas Municipais.
à As actividades do Curso 2016-2017 comezarán o XOVES, 1 DE SETEMBRO de 2016 no Pavillón Municipal de Deportes. Todas as ximnastas admitidas deberán presentarse ás 17:00h.
Exposición: Imaxes con Fondo
03/Agosto/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
Lugar: Sala de Exposicións do Centro Civico de Xove .-Datas: dende o 1ao 15 de agosto de 2016 .-Horario: de luns a domingo das 10 as 21 horas
Tamén o día 9 de agosto levarase a cabo un OBRADOIRO EN FOTOGRAFÍA SOCIAL a cargo de Felipe Carnoto no centro Xuvenil Municipal, para maiores de 12 anos. Inscripción no centro Xuvenil : 982 571816.-
Lista admitidos Escola Infantil 2016
02/Agosto/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, día 2 de agosto de 2016, faise pública a listaxe de nenos/as admitidos/as e excluidos/as na Escola Infantil para o curso 2016/2017. Poderase consultar na Escola Infantil e no taboleiro de Servizos Sociais.
Proxecto de Voluntariado “Xove Activo”
27/Xullo/2016
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 27, 25 nenos e nenas de idades comprendidas entre 10 e 16 anos, que participan no proxecto de voluntariado “Xove Activo- Cociñarte”, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil e a Concellería de Xuventude, desprazáronse ao Centro Social de Morás, para elaborar un xantar saudable, composto de primeiro, segundo prato e postre. Unha vez alí, aproveitan a tarde para facer distintas actividades ao aire libre.
Viaxe ó AquaPark de Cerceda '2016
23/Xullo/2016
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, 23 de xullo, un total de 40 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 13 e 35 anos, acompañados polas técnicas da Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove, María José Alonso e Mónica López, viaxaron ao Aquapark de Cerceda para disfrutar das diferentes piscinas e tobogáns.
Festa de Fin de Curso na Escola Infantil 2016
22/Xullo/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, a media mañá, tódolos nenos e nenas da Escola Infantil de Xove disfrutaron dun día especial xa que remataron o curso dunha maneira oficial. E que mellor maneira de finalizar que cunha festa, a que asistiron todos eles mailos seus pais. A festa foi temática, adicada aos piratas, estando amenizada polo grupo O RINCÓN DO TRASGO de Burela. Un desfile de piratas, actividades de globoflexia, música en vivo, etc., foron algunhas das actividades das que puideron disfrutar. Os máis maiores, como despedida da Escola, xa que para o ano incorporaranse na súa maioría ao Colexio Pedro Caselles, recibiron un diploma do alcalde Demetrio Salgueiro. Unha boa merendola con gusanitos e outras exquisiteces puxo fin á festa.
Homenaxe a Cristian Rodríguez Baño
21/Xullo/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
Esta homenaxe desenvolveuse hoxe no Salón de Plenos do Concello, onde o alcalde Demetrio Salgueiro lle fixo a Cristian entrega dunha placa conmemorativa o noso CAMPIÓN DE BOLOS. O alcalde estivo acompañado pola concelleira de deportes Cristina Iglesias e por varios membros do Club de Bolos Xove co fin de homenaxear a Cristian polos logros acadados nestes campionatos:
- Campionato Intercontinental durante os dias 18 e 19 de xuño nos campos de bolos dos concellos de Nigrán. Gondomar e Bayona. Neste campeonato participaron xogadores de Argentina, Utruguay, Chile, Portugal e España. Pois ben, o xogador do Club de Bolos Xove Cristian Rodriguez Baño consigueo o título de CAMPION INDIVIDUAL neste campeonato Intercontinental na modalidade de Bolo Celta.Cristian acadou este titulo tras ser o lanzador que consigueo unha mellor puntuacion despois de 12 tiradas e vencendo a un total de 140 xogadores (35 equipos de 4 xogadores cada equipo) .Cristian fixo un total de 548 puntos, sacándollle a Inocencio Valverde (actual campión galego) un total de 24 puntos.
- Rematado o Intercontinental, os dias 24, 25 e 26 de xullo desenvolveuse, tamén nos campos de Nigrán, Bayona e Gondomar, o Campioanto Mundial de Bolos. Neste campeonato mundial, formando parella co xogador Alberto González do Club de Bolos Xunqueira, Cristian conseguiu o Campionato Mundial de Bolo Celta, na modalidade de Parellas. Ainda que no clasificatorio para elixir as 8 parellas que disputarian a fase final no Campo de Bolos de Baiona estiveron a piques de quedar fora, no ultimo intre Cristian e Alberto conseguiron meterse como a octava parella. Sen embargo Cristian e Alberto foron mellorando o seo xogo ata facerse co Campeonato Mundial, sen ter moitos apuros en ningunha eliminatoria.
Festa Do Percebe En Xove 2016
19/Xullo/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde o vindeiro 23 de xullo vai ter lugar a Vª FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animounos a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada na Praza do Concello no Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente desta Festa. O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser loxicamente o rei.
As distintas especialidades que se van ofertar-+, son:
-
- Ración de percebes + prato conmemorativo....................... 12 €
- Ración de empanada de polbo............................................ 3 €
- Ración de empanada de zamburiñas.................................... 3 €
- Ración de empanada mixta de mariscos............................... 3 €
- Ración de empanada de bonito........................................... 3 €
Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 6 €uros a botella. Loxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación dun DISCOMOVIL, que van por o punto musical á mesma. Tamén van animar esta festa, alternándose coa Discomóvil, os gaiteiros de Saiñas, que sen dúbida lle van dar un sabor local á mesma. A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan. A organización conta coa colaboración do Concello de Xove, a Confraría de Pescadores de San Cibrao, a Asociación de Festexos a Medorra e a Asociación Cultural Saiñas de Xove. Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.
Campamento de Verán 2016 do Concello de Xove
15/Xullo/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
Dende onte está funcionando o campamento de verán con 24 nenos e nenas do Concello de entre 10 e 16 anos que comezou as 4 da tarde nas inmediacións do Centro Social de Morás e durará ata mañá, sábado día 16 as 13:30h realizándose distintas actividades coa axuda dos monitores da Empresa Roq Sport de Viveiro.
Nova Bandeira Azul para a Praia de Esteiro
08/Xullo/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe, ás 12:00 horas, tivo lugar o acto de IZADO DA BANDEIRA AZUL NA PRAIA DE ESTEIRO, no que o alcalde Demetrio Salgueiro estivo acompañado pola concelleira de turismo Cristina Iglesias e membros do equipo de salvamento e socorrismo da praia. Recordar que a Praia de Esteiro mantén o galardón da Bandeira Azul dende o ano 1.999.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|