Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
“XOVE CONCILIA “ E “MAÑÁS ACTIVAS”
17/Xullo/2015
Concellería de Deporte e Turismo
-
O Concello de Xove ven de poñer en marcha dous proxectos dirixidos a conciliar a vida familiar e laboral das familias deste municipio durante os meses de xullo e agosto.
Dende as Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais, organizouse o proxecto “ XOVE CONCILIA”, dirixido a nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º de Primaria. Un total de 46 menores participan nas diferentes actividades desenvolvidas en horario de 10:00 a 14:00 horas, xogos predeportivos, manualidades, educación para a saúde, ambiental...
O proxecto “MAÑÁS ACTIVAS”, organizado pola Oficina de Información Xuvenil e subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, conta coa participación de 5 voluntarias. Nesta edición os 20 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos, participarán en diferentes actividades: informática, cociña, actividades da natureza, manualidades, educación vial e obradoiros de integración e inclusión.
Con estes dous proxectos o Concello de Xove pretende ofertar actividades formativas, lúdicas e dinámicas, para que os/as 65 menores participantes ocupen o seu tempo de lecer e permitir ás súas familias a conciliación laboral.
Curso de Socorrismo 2015: Selección de Alumnado
16/Xullo/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
SELECCIÓN DE ALUMNADO PARA AS PERSOAS CONVOCADAS POLA OFICINA DE EMPREGO PARA O CURSO: (AFDP0209) SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
O día marcado na carta da Oficina de Emprego de Burela, as persoas convocadas acudirán á Aula de Formación onde cubrirán unha ficha cos seus datos e coñecerán os datos principais do curso. Posteriormente, na Piscina Municipal realizarase a selección de alumnado que consistirá nunha proba de natación en estilo libre de 200 metros.
Estímase un tempo máximo de realización de 4 minutos e 15 segundos. Unha vez realizada a proba, efectuarase unha listaxe cos tempos acadados por cada persoa, incluídas as persoas que a efectuaron superando o tempo establecido.
As prazas iranse asignando ás persoas que empregaron menos tempo en realizala, as demais persoas formarán parte da lista de espera. Nesta primeira convocatoria só poderán participar as persoas desempregadas que recibiron a correspondente carta da Oficina de Emprego.
PROGRAMA:“XOVE CONCILIA”
10/Xullo/2015
Concellería de Deporte e Turismo
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Xuventude, pon en marcha o programa “XOVE CONCILIA”, co obxectivo de fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Este programa consiste na realización de actividades lúdicas e deportivas dirixidas a nenos-as dende 4º de infantil ata 4º de primaria (incluídos).
O horario das actividades será de 10:00 a 14:00 de luns a venres dende o 15 de xullo ao 28 de agosto.É unha actividade totalmente gratuíta, as prazas serán limitadas. A inscrición poderá realizarse chamado ao teléfono 982592001, nas Oficinas Xerais do Concello de Xove en horario de 8:30 a 14:30 ou ben na Oficina de Información Xuvenil. ESTA ACTIVIDADE É GRATUITA. O prazo de inscrición será ata o 15 de xullo. Para mais información:Cristina Iglesias (Concellería de Xuventude) – 699328227 .-Ana Abad (Concellería de Xuventude) - 638016966.-
IVª FESTA DO PERCEBE EN XOVE
09/Xullo/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde o vindeiro 18 de xullo vai ter lugar a IVª FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animounos a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada na Praza do Concello no Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente destaFesta. O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei.
As distintas especialidades que se van ofertar son:
- RACIÓN DE PERCEBES + PLATO CONMEMORATIVO…..10 €
- RACIÓN DE EMPANADA DE POLBO..3 €
- RACIÓN DE EMPANADA DE ZAMBURIÑAS..3 €
- RACIÓN DE EMPANADA DE BONITO..3€
- RACIÓN DE EMPANADA MIXTA DE MARISCOS...3 €
Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 6 €uros a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.). Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación dun DISCOMOVIL, que van por o punto musical á mesma. Tamén van animar esta festa, alternándose coa Discomóvil, os gaiteiros de Saiñas, que sen dúbida lle van dar un sabor local á mesma. A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan. A organización conta coa colaboración do Concello de Xove, a Confraría de Pescadores de SanCibrao,a Asociación de Festexos a Medorra e a Asociación Cultural Saiñas de Xove. Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.
Bandeira Azul na Praia de Esteiro
08/Xullo/2015
Concellería de Deporte e Turismo
-
Izada hoxe día 8 de xullo a Bandeira Azul na Praia de Esteiro de Xove, nun acto no que estivo presente o Alcalde Demetrio Salgueiro, e a Concelleira de Turismo, Cristina Iglesias, acompañados polos socorristas da praia.
ACAMPADA DE VERÁN
08/Xullo/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Onte, día 7 de xuño, comenzou o ACAMPADA DE VERÁN, Cun total de 39 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos. Esta actividade forma parte do programa “VERÁN XUVENTUDE 2015”, organizado pola Delegación Municipal de Xuventude do Concello de Xove. O campamento situado na área do Centro Social de Morás estará montado ata mañá xoves, día 9.
A empresa Roqsport é a encargada de desenvolver as diferentes actividades: sendeirismo, tiro con arco, kayak, veladas, xogos de orientación …
FALAREDES – PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
03/Xullo/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
CONCERTO “ESTAMOS NO VERÁN” A CARGO DE XOAN CURIEL.- Mañá, sábado 4 de xullo, pola mañá ás 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, imos ter o CONCERTO “ESTAMOS NO VERÁN” A CARGO DE XOÁN CURIEL. O concerto vai dirixido a tódolos nenos/as, en especial aos que teñan entre 7 e 12 anos, os cales poden vir acompañados polos seus pais e familiares.
Esta actuación, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do denominado Programa FALAREDES. Por último, dende o Concello queremos invitar a tódolos nenos/as de Xove ou da Comarca a que veñan a este magnífico concerto, e si poden, que veñan acompañados dos seus pais e familiares. -------> DOSSIER XOAL CURIEL
IIº Concurso Fotográfico: XOVE A SÚA COSTA E O SEU MAR
01/Xullo/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IIº Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente. Dentro do concurso imos ter dúas categorías: Adultos, que teñan 18 anos ou máis e Xuvenil, para menores de 18 anos. En canto aos premios, imos ter tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.
Normas do concurso: A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.
A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte: Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto. Copia do NIF do concursante. Un CD que conteña as imaxes dixitais. O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 18 DE SETEMBRO DE 2.015, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite do día 18 DE SETEMBRO DE 2015.
Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura.
CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA
PROGRAMA BEN EMPREGADO 2
26/Xuño/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
PROGRAMA BEN EMPREGADO 2 DA DEPUTACIÓN DE LUGO ARREDOR DE 300 POSTOS DE TRABALLO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS DA PROVINCIA DE LUGO
Fase 2- Fase de selección dos Traballadores Desempregado .- ¿a quen vai dirixido? .- Desempregados ,calquera que sexa súa idade , que estén empadroados na provincia de Lugo.
¿Cómo será a selección dos traballadores desempregados? Unha vez resolta a selección das entidades beneficiarias na primeira fase e á vista dos perfís propostos a Deputación de Lugo realizará unha convocatoria pública aprobada pola Xunta de Goberno,que rexerá as condicións para a selección dos traballadores desempregados inscritos na provincia de Lugo.
- Deste segundo procedemento se obterá unha listaxe dos traballadores por perfil, orde decrecente e lista de reserva.
- Rematado este proceso a Deputación de Lugo realizará a asignación dos traballadores ás entidades beneficiarias, tendo estas que realizar a contratación dos mesmos mediante a modalidade contractual e pola xornada laboral establecida na solicitude de axuda, nos cinco días seguintes á comunicación por escrito de tal circunstancia.
- A concesión e gozo destas axudas non suporá, en ningún caso, relación contractual ou laboral coa Deputación de Lugo.
Para saber máis Contacte cun técnico especializado: Teléfono 982 260 222 .- 982 260 085 .-
---- ANEXOS FASE 2 ----- BASES FASE 2 -----LISTAXE DE PERFIS ----
Accións formativas da COGAMI
26/Xuño/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
A COGAMI informa que a CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR, veu a conceder 2 accións formativas da PROGRAMACIÓN AFD na rama administrativa, á asociación A MARIÑA COGAMI. Ambas teñen acceso a CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 1, e dispoñen de AXUDAS ECONÓMICAS para aquelas persoas que cumpran cos requisitos, e se EXPLICARÁN INDIVIDUALMENTE NO CASO DE SER SELECCIONAD@ PARA A REALIZACIÓN DALGUNHA. Ambas desenvolveránse no CRD DE PALMEIRO, situado na urbanización de Palmeiro en Xove.
Para poder acceder é preciso ESTAR ANOTADO COMA DEMANDANTE DE EMPREGO NUNHA OFICINA DO SPEG, E SOLICITAR OS CURSOS NA OFICINA DE EMPREGO CO CÓDIGO QUE FIGURA EN VERMELLO NO CUADRO DE ABAIXO.
Leer más:Accións formativas da COGAMI
Oferta de Emprego: profesores de socorrismo e primeiros auxilios
26/Xuño/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
OFERTA DE EMPREGO CONCELLO DE XOVE: PROFESORADO PARA IMPARTIR O CURSO AFD:
(AFDP0209) SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (RD 711/2011, de 20 de mayo, modificado por el RD 611/2013, de 2 de agosto)
As persoas aspirantes deberán presentar no Rexistro do Concello de Xove un Curriculum Vitae asinado e unha copia compulsada do DNI e de toda a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos e méritos relacionados antes das 14:00 horas do próximo venres 3 de xullo de 2015.
--> BASES DESTE PROCESO SELECTIVO --- > RESUMEN XERAL
Leer más:Oferta de Emprego: profesores de socorrismo e primeiros auxilios
Ofertas de Emprego Concello de Xove
24/Xuño/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Para a brigada de Prevención de Incendios da Xunta de Galicia o Concello de Xove vai formalizar as seguintes contratacións:
- 1 Capataz: requisito: técnico/a agrónomo/a; enxeñeiro/a técnico/a forestal ou estudos similares.
- 1 Peón forestal conductor/a: requisito: peón forestal con carné de conducir clase b.
- 4 Peóns forestais
Para acceder a estes postos de traballo é preciso anotarse na oficina pública de emprego de burela indicando estas ocupacións.
XORNADAS SOBRE “SEXTING” EN XOVE
23/Xuño/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Dende a Concellería de Servizos Sociais, a través da OMIX de Xove, organizáronse unhas Xornadas sobre SEXTING, dirixidas a tódolos xoves do noso Concello.
O Programa destas Xornadas é o seguinte:
- Martes, 23 de xuño, ás 11:00 horas na OMIX de Xove: CHARLA INFORMATIVA SOBRE SEXTING, a cargo do Plan Director da Garda Civil. Nesta conferencia explicarase en qué consiste o sexting, información sobre os seus riscos e pautas a seguir para a súa identificación e prevención e, no seu caso, denuncia ante as autoridades.
- Mércores, día 24 de xuño, ás 12:00 horas na Aula de Informática da OMIX: actividade didáctica “NAVEGACIÓN SEGURA”. Información sobre o uso das contrasinais e a privacidade nas redes sociais, a cargo da voluntaria de informática Jessica López. Posteriormente, participación no xogo tipo trivial multixogador para traballar a prevención de malware (troianos, gusanos, spyware e virus, ) o grooming e o ciberbullying, a cargo de Lucía Meitín, sexóloga do Departamento de Igualdade do Concello de Xove
- Xoves, día 25 de xuño, ás 16:00 na OMIX: proxección da película “SEXTING IN SUBURBIA” e posterior coloquio moderado por Lucía Meitín. 16:00 NA OMIX
Entrega de Diplomas da Escola de Maiores 2015
23/Xuño/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, 23 de xuño, no Salón de Plenos do Concello de Xove tivo lugar a entrega de diplomas a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira Ana Abad, ás 40 persoas participantes na Escola Municipal de Maiores.
O curso tivo unha duración de outubro de 2014 a xuño de 2015. As clases desenvolvéronse nunha aula da Oficina Municipal de Información Xuvenil, sempre en horarios de mañá. Dentro das materias didácticas impartidas, os alumnos/as accederon a coñecementos de matemáticas, xeografía, língua, literatura, historia, etc., cuns niveis adaptados ás posibilidades dos mesmos, e tamén, pero só nalgúns casos, escritura e lectura básicas.
Durante este período, ademáis das materias didácticas, realizáronse dúas viaxes culturais: a primeira a Lugo, o 19 de marzo do presente ano, visitando as Murallas, a Catedral, o Museo Provincial, as Termas, etc.; a segunda, o 3 de xuño a Pontevedra, visitando todo o casco vello, a Igrexa de San Bartolomé,, etc.
O obxectivo primordial da Escola de Maiores é a integración, relación social, comunicación, mellora da calidade de vida e envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.
COMEZA O OBRADOIRO DE MEMORIA
Como vimos, rematou o curso da Escola de Maiores, pero as actividades continúan dentro deste importante colectivo. Neste sentido, o vindeiro 6 de xullo de 2015 dará comezo o OBRADOIRO DE MEMORIA dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición xa están anotadas 35 persoas, rematando o prazo o 30 deste mes de xuño.
Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.
Encontro Vacacións con Traballo 2006-2015
22/Xuño/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Persoal de concellos das catro provincias galegas fixo unha reunión para reflexionar sobre a cooperación internacional no Encontro Vacacións con Traballo 2006-2015 que se fixo en Pontevedra con máis de vinte empregadas e empregados municipais participantes neste programa de voluntariado internacional en países empobrecidos. Un dos obxectivos da xornada é mellorar esta iniciativa de voluntariado en países empobrecidos que neste ano chega ao seu décimo aniversario.-
Vacacións con Traballo (VcT) é un programa de sensibilización e voluntariado dirixido ás/aos traballadoras/es da administración local galega asociada ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As/os participantes son seleccionadas/os por medio dunha convocatoria pública tras un proceso de observación dos seus CV e cartas de motivación, en función do perfil profesional que os nosos parceiros do Sur nos solicitan. As estancias duran un mes.
As/os traballadoras/es seleccionadas/os invisten/sacrifican o seu mes de vacacións en terreo apoiando tecnicamente aos parceiros do Fondo Galego, e de aí o nome do programa, no que o Fondo paga a viaxe das/os participantes e os nosos socios locais os aloxamentos e as manutencións. Entendémolo coma un programa de dobre dirección onde ambas as dúas partes aprenden, e onde a implicación das/os candidatas/os é imprescindible.
Ata hoxe viaxaron ao Sur para cooperar por medio de VcT 30 persoas, 21 mulleres e 9 homes. Desprazáronse aos proxectos onde o Fondo ten presenza estratéxica, incorporándose a grupos de traballo que, pese a brevidade da estancia, sempre deixan fluxos de coñecemento compartido, ideas e contactos enredados en algo máis ca unhas vacacións solidarias.
Leer más:Encontro Vacacións con Traballo 2006-2015
Oferta Emprego Concello de Xove
22/Xuño/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Dende o Departamento de Emprego do Concello fánse públicas as seguintes plazas laborais:
- --->10 peóns forestais.
- ---> 2 peóns de albanelería.
- ---> 2 recepcionistas oficina de información turística.
- Para acceder a estes postos, é preciso anotarse na Oficina de Emprego (Burela) con estas ocupacións.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|