Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Obradoiros Yoga 2025
08/Outubro/2025
Departamento de Servizos Sociais
-

Festa do Deporte en Xove 2025
08/Outubro/2025
Concellería de Deporte e Turismo
-
Este venres, día 10 de outubro celebramos en Xove a Festa do deporte a partir das 20:00 no pavillón Municipal.
A esta festa están convidados todos os deportistas do concello que practican algunha modalidade deportiva dentro dalgunha asociación. Será unha xornada de convivencia onde se fará entrega dunha medalla a todos os participantes como símbolo de recompensa ao esforzo, superación, traballo en equipo, respecto,compromiso, constancia... que nos transmite o deporte.
Tamén se fará unha mención especial a aqueles deportistas que lograron acadar un posto entre os tres primeiros clasificados nas diferentes competicións oficiais a nivel provincial,autónomico, nacional e como é o caso intercontinental.

ITV vehículos Agrícolas 2025
07/Outubro/2025
Delegación de Agricultura
-

Trastornos na adolescencia e prevención do suicidio.
05/Outubro/2025
Departamento de Servizos Sociais
-
Esta charla será impartida pola Educadora Social Rocío Rey. Rocío leva dezasete anos traballando con nenos e adolescentes. Este curso ten como finalidade ofrecer ferramentas ás familias, coidadoras e coidadores, así como mestres e mestras, para comprender os trastornos psicolóxicos máis comúns na infancia e na adolescencia, poder identificar sinais de alerta e previr condutas suicidas. Falaremos tamén dos pasos a seguir si nos atopamos ante un caso de ideación suicida, todo isto, baixo unha mirada de comprensión hacia o neno, nena, ou adolescente, pero tamén hacia as familias e persoas que os rodean.
 As incricións estarán abertas ata o xoves 9 de outubro, e deberán efectuarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello, ou ben chamando o Tfno: 982.59.20.01
Obras de mellora no Centro Social de as Gulpilleras, na Rigueira
03/Outubro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
A empresa Saiju SL foi a encargada de realizar unhas obras de acondicionamento e mellora dunha instalación municipal situada na parroquia de A Rigueira, no concello de Xove, que fai a función de Centro Social no lugar das Gulpilleiras.
Ata o momento a fachada principal da edificación presentaba abundantes patoloxías constructivas como desconchados, humidades e manchas permanentes, e polo tanto precisaba dunha renovación urxente do acabamento exterior das fachadas (paramentos cegos), posto que supoñía un impacto paisaxístico importante como consecuencia dun deficiente estado de conservación da tonalidade e da intensidade da actual cor da fachada, así como abundantes deficiencias no interior do local provocadas pola entrada de humidade.
Deste xeito foi necesario o tratamento da fachada da edificación destinado a Centro Sociocultural coas obras de pintado que se executaron, e que a súa vez fan de tratamento impermeabilizante, xa que se mellorou a estética xeral exterior da edificación e se melloraron as condicións da habitabilidade interior da mesma.
O importe das obras a executar foi de 24.805,00 €, sendo financiado da seguinte maneira: o 70% desa cantidade foron sufragados dentro dunha liña de subvencións da Xunta de Galicia para correcións de impactos paisaxísticos a través do Instituto de Estudos do Territorio e o 30% restante foron con aportación das arcas municipais.

Arranca o novo Curso de Música na Escola Municipal
02/Outubro/2025
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O pasado xoves 25 de setembro mestres da Escola Municipal de Música deleitaron ao alumnado e ao profesorado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón cunhas pequenas pezas musicais a modo de concerto didáctico nos ximnasios de ditos centros educativos de Xove co fin de amosarlles o traballo que día a día realizan nas clases da escola á vez que intentar conseguir novos alumnos para este curso que ven de empezar.
Ademáis este mércores tivo lugar a presentación do novo curso da Escola Municipal de Música nunha aula do Colexio de Palmeiro, instalacións que usan a diario para desenvolver a sua programación.

O Concello de Xove sustitue a caldeira de biomasa.
01/Outubro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O equipo de goberno municipal decidiu mellorar a eficiencia enerxética que surte o complexo do Centro Cívico propoñendo como melloras a sustitución da caldeira de astilla existente e o seu correspondente elevador por unha nova e máis moderna de 800 kW de potencia instalada e tamén a ampliación do silo de almacenamento da cachela.
 As obras a executar no complexo municipal para o cambio de caldera de astilla existente por unha nova e de maior potencia conlevou tamén a total adecuación da sala de máquinas ao novo RITE e centrouse tamén na sustitución integral dos equipos constituintes. Isto inclúe a sustitución da actual caldeira de astilla de 500 kW por una de 800 kW co seu respectivo axitador rotatorio en silo, tornillo sinfín dende silo a caldeira, ciclón e filtro electrostático, ademáis de elevador de astilla, un circulador electrónico, contador de enerxía eléctrica e térmica, dotación de desconector no enchido, mellorar a instrumentación da sala, un novo vaso de expansión, cadro de proteccións eléctricas reformado, ampliación de chimenea, revestimento de tubería con aluminio e en definitiva axustarse ao RITE 2019. Así mesmo, tamén inclúe un novo depósito de inercia vertical e o sistema de xestión integral do conxunto, tipo ESCADA. Ademáis todo este sitema conta con un control remoto que permite levar a cabo un seguimento telemático do funcionamento da caldeira en calquera fase do seu proceso, de xeito que en calquera dispositivo intelexente, sexa móbil ou ordenador, poderase comprobar en cada momento o funcionamento que está tendo a caldeira de biomasa e así poder detectar con celeridade calquera anomalía que poidese xurdir. As obras foron adxudicadas en 342.817,20 €. Desta cantidade a Xunta de Galicia a través de INEGA fixose cargo de 261.605,40 € e tamén a través dun convenio suscrito entre o Concello de Xove e Rede Eléctrica ésta aportou a cantidade de 46.502 €; co cal o Concello de Xove para esta gran obra de mellora tivo que aportar uns 34.700 €, conseguindo ademáis un aforro de costes no suministro da astilla, posto que ao ter maior volumen de almacenamento teranse que facer menos frecuencias de suministro. Toda esta obra de mellora vai redundar tamén nun importante aforro enerxético e polo tanto de costes para as arcas municipais. Con esta actuación preténdense alcanzar os seguintes obxectivos: - Empregar un sistema de calefacción de alto nivel técnico e excelente en termos de sostenibilidade. - Sustituir o combustible actualmente utilizado, que era o gasóleo e resultaba insuficiente para a potencia da caldeira, por un combustible de menor procesado e polo tanto menos contaminante, alcanzando unha reducción de emisións de CO2, xa que a biomasa está considerada como un combustible neutro en emisións de CO2, ao absorber a mesma cantidade de CO2 durante a fotosíntese para o crecemento das plantas, como na liberación posterior durante a sua combustión. - Alcanzar un aforro enerxético. -Utilizar un combustible local, repercutindo na xeración de emprego local e disminuindo o déficit exterior na mesma medida que sustitua aos combustibles fósiles, que son na sua totalidade importados.
Curso de alimentación e nutrición apícola en Xove
30/Setembro/2025
Delegación de Agricultura
-
Este pasado fin de semana ven de impartirse un curso de Alimentación e nutrición apícola en Xove.O curso levouse a cabo na aula de formación do concello de Xove, nas mañás do sábado 27 e domingo 28, da man do veterinario Javier Fontaiña, da Casa do Mel de Goente.
Durante 10 horas a programación combinou parte teórica e parte práctica. Na teoría trataron conceptos básicos, formación e materias primas en apicultura e fabricación de alimento e na parte práctica elaboraron in situ, cos ingredientes necesarios, alimento para as abellas. Con esta programación o obxectivo deste curso era amosarlle aos apicultores e aos afeccionados dunha maneira teórico-práctica a identificar os distintos tipos de alimentos que utilizar na alimentación das suas abellas así como a analizar os beneficios que poden conseguir no manexo da colmea grazas a unha correcta alimentación.
Este curso foi financiado pola Xunta de Galicia dentro dos plans de accións formativas cos que contan e cofinanciado pola Unión Europea.
Na presentación do curso estivo presente o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, que agradeceu a asistencia de todo o alumnado, a disponibilidade e atención da Casa do Mel e o financiamento das distintas institucións para que este curso se levase a cabo en Xove.


Festa do Ramo do Cruceiro (Xuances) 2025
29/Setembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O vindeiro fin de semana, primeiro de outubro, vaise celebrar no Cruceiro, na parroquia de Xuances –Xove- a festa do Ramo, coñecida tamén pola sua cita gastronómica onde ensalzan os callos. E así empeza a programación o venres 3 de outubro, coa XVII Festa dos Callos, acompañados pola Orquestra Capitol e Disco Móbil Conxuro. Continua a festa o sábado coa sesión vermú da man do Grupo JB Son e verbena pola noite co Grupo JB Son e Disco Móbil Conxuro e rematan o domingo con unha gran sesión vermú prolongada amenizada polo Dúo D’Caché. Na presentación do cartaz estiveron membros da comisión organizadora pertencentes á Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro: Alejandro Quintas e Rubén e Francisco Sánchez, acompañados polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e as concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín. A comisión agradece a colaboración de toda a veciñanza e tamén dos comercios, empresas e institución que dunha maneira ou doutra colaboraron para levar a cabo un ano máis estas festas do Ramo e aproveitan a ocasión para invitar a veciños e visitantes a vir desfrutar da boa gastronomía e da boa compañía este fin de semana no Cruceiro, onde contarán tamén con unha gran carpa cubrindo o campo da festa para que nin o mal tempo poida coa festa!


Campionato De España Feminino Iberdrola De Bolos Celta En Xove
18/Setembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Os vindeiros 20 e 21 de setembro de 2025, a Bolera Municipal de Sumoas acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas. Citaranse 25 xogadoras das diferentes Comunidades Autónomas que loitarán polo título nacional nun ambiente cheo de emoción e compañeirismo.
Lugar: Bolera Municipal de Sumoas, Xove ---->Datas: 20 e 21 de setembro de 2025 Na presentación do cartaz estiveron presentes o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, a concelleira de deportes Cristina Iglesias e Daniel Alonso polo Club de Bolos Xove, O Club de Bolos Xove anima a acudir a esa cita e apoiar ás deportistas nun evento que leva o nome de Xove por toda España!


XIV ENCONTRO DE PALILLEIRAS 2025
10/Setembro/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO VINDEIRO XIV ENCONTRO DE PALILLEIRAS DO CONCELLO DE XOVE.
O Concello de Xove xa está a organizar o XIV Encontro de Palilleiras para o 4 de outubro no pavillón municipal. Co ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, invitamos a todas as asociacións e vendedores artesanais a que nos acompañen neste día.

 As asociacións de palilleiras poden confirmar a súa asistencia ao Encontro coas seguintes persoas: Lucía ou Tamara (tfno Concello 982 59 20 01) ou enviando a súa solicitude ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. As persoas interesadas en vender os seus produtos poden facer a inscrición e a reserva do seu posto de venda (máximo 5 metros) enviando a debidamente cumprimentada a solicitude para postos de venda ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. Pódese dispor de postos formados por taboleiros de 2,50 x 0,80 m. Se así o desexa, no momento de efectuar a súa inscrición deben informar da reserva de un ou dous taboleiros. O coste será de balde. O prazo de inscrición ao Encontro estará aberto do 1 ao 30 de setembro de 2025.
SOLICITUDE ASOCIACIÓNS (PDF). SOLICITUDE POSTOS DE VENDA (PDF).
Curso de Pádel e Liga de Verán 2025
03/Setembro/2025
Concellería de Deporte e Turismo
-
Desde o 23 de xullo e ata o 29 de agosto un grupo de 30 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 6 e os 19 anos, participaron dous días á semana nun curso de pádel que se levou a cabo dentro da programación de verán ofertada polo noso Concello.
Por outra banda, durante os meses de verán, tamén se organizou por un grupo de xóvenes do noso Concello unha liga de pádel.
Estas actividades están organizadas polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.


Presentación do XI Concurso de Fotografía Medioambiental: “Xove, a súa costa e o seu mar”.
02/Setembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-


Bases
Ficha de Inscripción
Festas de Portocelo 2025
01/Setembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
A parroquia de Portocelo preparase para celebrar as suas festas dende o 5 ao 7 de setembro, organizada pola Asociación de Festexos A Medorra, cuxa dirección está formada por Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña. Nesta ocasión Jordi e Borja, acompañados pola concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, fixeron a presentación do cartaz das festas.
O venres día 5 arrancan a sua programación coa festa do langostino e do churrasco, amenizando pola noite a verbena o Duo Epo-k e o grupo Da Silva. O sábado terán sesión vermú, campionato de bolos pola tarde e festa rachada pola noite co grupo D Kris, El Combo Dominicano e a Disco Móbil Conxuro, con servizo de autobusés dende Viveiro, San Ciprián, Burela e Foz. E xa remataran as festas o domingo coa sesión vermú prolongada amenizada polo Trio Karma. A comisión invita á veciñanza e a aos visitantes a achegarse este fin de semana a Portocelo, a celebrar estas festas parroquiais nun ambiente festivo e acolledor. As inmediacións desta praia de Portocelo de areas finas e augas cristalinas será un entorno natural perfecto que invita a vir pasar unhas xornadas de confraternidade e diversión garantizadas. ***O CAMPO DA FESTA ESTARÁ CUBERTO CON CARPA***


|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|