Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
SAIÑAS ORGANIZA O VIIº FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA
27/Marzo/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
MAÑÁ sábado, 28 DE MARZO, ás 7 da tarde no Pavillón de Deportes do Centro Cívico, a Asociación Cultural Saiñas de Xove organiza o VIIº FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA. No mesmo van participar os seguintes grupos ou agrupacións: -“AMIGOS DA GAITA” DE RIBADEO. -“A SUBELA” DE FOZ E “SAIÑAS” DE XOVE.
Como dixemos, a organización corre a cargo da Asociación, contándose para este evento coa colaboración do Concello de Xove. Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñanos, así como a tódolos visitantes nesta Semana Santa.
XXVº CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA
25/Marzo/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL de 2015
CONCERTO DE CÁMARA: XOVES 2, ás 18.00h. .- CONCERTO FINAL: VENRES 3, ás 18.00h. Lugar: Salón de actos do Centro Cívico
O Concello coas víctimas do accidente aéreo
25/Marzo/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Obras de mellora nas aula da Escola Municipal de Música de Xove
24/Marzo/2015
Departamento de Obras
-
Esta Escola, ubicada no antigo Colexio de Palmeiro, acaba de ser obxecto de importantes reformas nas súas aulas. A dinámica diaria de funcionamento da Escola, xunto coa intensa actividade da mesma, fixo necesaria a reforma dunha parte importante das aulas da mesma. Básicamente, o que se fixo foi dividir algunhas das aulas co fin de ampliar o número de espazos da Escola. Con isto preténdese aproveitar e rendabilizar máis os espazos existentes, adecuando os distintos espazos ás actividades propias da Escola.
Agora a Escola dispón de dous tipos de espazos, uns máis grandes con aulas destinadas a grupos numerosos para música en movemento, linguaxe musical, coro, orquestra,..., e outros máis pequenos para traballar individualmente ou con pequenos grupos de cámara. En definitiva, con estas obras preténdese MELLORAR O FUNCIONAMENTO DIARIO DA ESCOLA coa conseguinte MELLORA NA CALIDADE DOS ESTUDIOS MUSICAIS. Estas obras de adecuación foron realizadas polo personal de obras do propio Concello, contando cun investimento cercano aos 12.000 €.-
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2015.
24/Marzo/2015
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2015. A participación na oferta da Campaña de verán 2015 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
- Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
- Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- O material necesario para a actividade.
- Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
- Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
Participantes: Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2015, cómpre destacar o seguinte: Os/as nacidos/as no ano 1997 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento. Os/as nacidos/as no ano 2006 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
Leer más:A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2015.
Entrega de Diplomas Cursos de Atención Sociosanitaria
24/Marzo/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Onte, ás 18:00 horas no Salón de Plenos do Concello, tivo lugar a entrega de Diplomas dos cursos de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS.
Esta entrega estivo presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola AEDL Rosa Lage, como coordinadora de Formación para o Emprego.No curso de Atención Sociosanitaria participaron 14 alumnos (12 mulleres e 2 homes) e desenvolveuse dende o 11 de agosto ao 15 de decembro pasados, e tivo dúas partes, unha práctica e outra teórica: -A teórica desenvolveuse na Aula de Formación do Concello, en horario de 16:00 a 21:00 horas, en canto á práctica, realizouse na Residencia de Maiores San Bartolomé de Xove, na Residencia Geriatros de Viveiro e na Residencia ao Enfermo Mental de Cervo. Dentro das actividades paralelas organizadas, os alumnos/as recibiron dúas charlas, unha sobre manipulación de alimentos e outra sobre axudas técnicas. Tamén se realizaron varias visitas didácticas ao exterior, a: Residencia Geriatros de Viveiro, Residencia San Bartolo de Xove, Centro de Día Aloumiños de Foz e Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo. O alcalde, na súa presentación, comunicou que varias das persoas que fixeron o Curso xa estaban a traballar no ámbito da atencións sociosanitaria, e ás restantes, animounas a seguir buscando emprego neste sector.
Charla Informativa PAC 2015
12/Marzo/2015
Delegación de Agricultura
-
CHARLA NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO DE XOVE cargo de Dª Remedios Soto Lorenzo (Xefa da Sección da Oficina Agraria Comarcal de Viveiro) sobre a Tramitación e reforma da PAC ( Política Agraria Comun) para este ano 2015.
MARTES 17 DE MARZO DE 2015 AS 20 HORAS (8 DA TARDE)
Final do Campeonato de Bolos 2014-2015
10/Marzo/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Última tirada desta vixésimosexta tempada. Campo en perfectas condicións e unha temperatura veraniega. Excelente participación con 40 inscritos. Como conclusión a esta temporada, destacaríamos dous aspectos, por un lado a alta participación cunha media duns 35 inscritos por tirada, e por outra a consolidación dun núcleo infantil/xuvenil de xogadores/as que durante os anos vindeiros deberán tomar o relevo e renovar o espectro social deste xogo. Estes dous feitos demóstranos que o xogo de bolos está consolidado no noso Concello e que este xogo ten futuro.
Lóxicamente, e tal como sinalou o alcalde Demetrio Salgueiro na clausura desta tempada, o traballo que se está a facer dende o Concello na organización deste campionato, así como o apoio do Concello ao Club de Bolos Xove, fai que Xove sexa unha referencia a nivel galego neste tan querido deporte noso.Rematada a competición, o alcalde, acompañado da concelleira de deportes Cristina Iglesias, fixeron entrega dos trofeos e premios aos vencedores.
Leer más:Final do Campeonato de Bolos 2014-2015
Presentación en Xove do Libro “Noui e o Bebedizo Máxico”
10/Marzo/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, dende as 10:30 ás 11:30 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, desenvolveuse o último acto da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER no noso Concello. No mesmo contouse coa presencia dos alumnos de 1º a 6º de Primaria do CEIP Pedro Caselles Rollán. Este acto consisteu na presentación do libro "Noui e o bebedizo máxico", contado polos propios nenos e nenas creadores, ao resto do alumnado e profesorado de Primaria. Ao finalizar, o Alcalde, Demetrio Salgueiro resaltou a importancia de traballar a igualdade de xénero no ámbito educativo e agradeceu ao profesorado do CEIP a súa implicación e interese. Xunto coa concelleira de Igualdade, Ana Abad, fixeron entrega dun libro e diploma a cada neno e nena creador do conto.
Durante os meses de outubro e novembro de 2014 (inicio deste curso escolar), os nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP "Caselles Rollán" de Xove, traballaron nun proxecto de igualdade, organizado polo Concello de Xove en colaboración co propio Colexio e subvencionado pola Secretaria Xeral da Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europaeo. Este proxecto consistiu na elaboración dun conto para a igualdade, basado nunha historia, persoaxes e escenario ideado polo propio alumnado de 6º. Pois ben, foi este conto, en forma de libro, o que se presentou hoxe aquí en Xove. En canto ao libro, que como dixemos inicialmente recibiron os de 6º de Primaria, será repartido tamén entre os restantes nenos/as do Colexio.
Obradoiro gratuíto: xestión de candidaturas a través de INTERNET
09/Marzo/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
A maneira e os métodos utilizados por empresas que buscan persoas empregadas cambiou nos últimos anos xa que se está tendendo ao uso xeneralizado de internet e portais de busca de emprego, son os métodos principais para o inicio dos procesos de selección incluso para as pequenas empresas da nosa comarca, as redes sociais son unha inestimable fonte de información no proceso de busca de emprego. Na actualidade, no Departamento de Emprego observase que moitas persoas non manexan esta sinxela ferramenta, dificultando e incluso evitando a participación en procesos de selección de persoal. É imprescindible aprender a buscar traballo por internet e ademais é moi doado.
Esta é a razón pola que o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local e a Oficina de Información Xuvenil (Aula de Informática) organizan un obradoiro gratuíto que impartirán conxuntamente Dani López (Formador da Aula de Informática Municipal) e Rosa Lage (Axente de Emprego e Desenvolvemento Local) os luns das 17:00 ás 18:00 horas. A data prevista de inicio é o próximo 16 de marzo, sempre que se reúnan 8 persoas interesadas e as seguintes sesións serán o luns 23 e o luns 30 de marzo.
Os contidos que se desenvolverán son os seguintes: Contidos básicos de funcionamento dun ordenador, Apertura de conta de correo electrónico., Envío de correos achegando Curriculum Vitae e Texto de Presentación así como o imprescible Manexo de buscadores de internet.
Día Internacional da Muller: Chocolatada
08/Marzo/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe continuaron as actividades do Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller: Deste xeito, partires das 17:30 horas no Salón de Actos, unhas 120 mulleres de tódalas idades participaron na VIII CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Tamén se aproveitou para inaugurar a EXPOSICIÓN “ROSTROS DA HISTORIA”, que permanecerá aberta ata o día 20 de marzo de 2015.
HOMENAXE A Dª AURORA QUELLE ABAD
07/Marzo/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Dentro dos actos programados polo noso Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, hoxe tivemos un dos máis emotivos. Como recoñecemento a toda unha vida adicada ao traballo e aos seus, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado das concelleiras de Servizos Sociais e Deporte, realizáronlle unha visita a Dª AURORA QUELLE ABAD, a persoa máis maior de Xove.
Aurora, quen aos seus 98 anos inda mantén unha presencia e unha prestancia moi elegante, estivo acompañada por membros de varias xeracións da súa familia. O alcalde, agradecéndolle o traballo de toda unha vida, aproveitou para facerlle entrega dun ramo de frores. Recordamos que as actividades do Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora continúan, e deste xeito temos:
ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Mañá, Domingo, 8 de marzo:
-
- a partires das 17:30 horas no Salón de Actos, VIII CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”.
- Inauguración da EXPOSICIÓN “ROSTROS DA HISTORIA”, que permanecerá aberta ata o día 20 de marzo de 2015.
Actividades na Escola Infantil “Día da Muller Traballadora”
07/Marzo/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Con motivo do “Día Internacional da Muller Traballadora” a Escola Infantil de Xove organizou as seguintes actividades:
- Durante a semana, os nenos e nenas da gardaría colaboraron na realización dun mural en forma de lazo, feito con bicos, co lema "TODAS AS MULLERES MERECEN UN BICO"
- Hoxe, venres, día 6 de marzo pola mañá, os nenos e nenas foron visitados por unha madre traballadora que lles contou o conto de “ROSA CARAMELO”, que transmite valores de igualdade, evitando os esteriotipos e os roles asociados a cada sexo.
XIVª Festa do “Polbo da Pedra” en Xove
06/Marzo/2015
Turismo, Investigación Social e Muller
-
- Somos un grupo de hosteleiros de Xove que queremos contribuir a promociona-lo noso Pobo, para o que pensamos en organizar unha festa gastronómica, xa que esa é a área na que mellor nos desenvolvemos. O mesmo que outros lugares da Comarca, cremos que temos productos que son merecentes de ser promocionados; coincidimos todos en que o “polbo da pedra”, denominación coa que coñecemos o polbo que se captura na nosa costa, é un producto de altísima calidade, tal como nolo amosan os numerosos viaxeiros e turistas que pasan polos nosos establecementos.
- Xoves 2 De Abril(Xoves Santo) XIVª Festa Do “Polbo Da Pedra”
- Sabemos que noutros lugares de Galicia se celebran festas do polbo, pero esta queremos que naza cun xeito diferenciador, e ese xeito está en que o polbo que se traballa na Costa de Lugo (especialmente no que atinxe ós nosos portos de Morás e Portocelo) é un polbo distinto do que se acostuma a tomar noutros lugares e feiras de Galicia; o noso é un polbo cunha cor máis escura, os raxos son máis longos e a cabeza máis pequena, e cremos tamén, inda que esta é unha opinión particular, que se trata dun polbo de máis calidade que ese outro que se colle sobre todo nas grandes rias.
Leer más:XIVª Festa do “Polbo da Pedra” en Xove
Tícket eléctrico social de Galicia
06/Marzo/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia
Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello poderánse tramitar as axudas para o Ticket Eléctrico Social de Galicia que pon en marcha a Consellería de Industria, ata o 30 de abril de 2015. Son 150 Euros por semestre para as familias numerosas e 90 Euros para ás demais que cumpran os requisitos esixidos.
Orde do 23 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia para o segundo semestre do 2014 e primeiro semestre do 2015, e se procede á súa convocatoria (código do procedemento IN414A). (DOG nº 43 do 4/03/2015)
Obxecto :Convocar axudas para a concesión do tícket eléctrico social para o segundo semestre do ano 2014 e primeiro semestre do ano 2015 a familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM. (9.585,19 €)
Para estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio.
Tipo de axuda: Consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais non superen 1,5 veces o IPREM.
Leer más:Tícket eléctrico social de Galicia
Actuacións na TDT en Xove
06/Marzo/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O vindeiro LUNS, 9 DE MARZO, ao longo da mañá, vaise proceder no Repetidor de A Medela ao APAGADO DO CANLE 63 (TVE1, TVE2, CLAN, 24H e TVE1 HD), polo cal será necesario SINTONIZAR ESTES PROGRAMAS NA CANLE 47 (DEFINITIVO).
Tamén van a proceder a instalar a CANLE 26, na que se emitirán BOING, GOL TV e ENERGY, aínda que estes programas seguirán a verse ata o 31 de marzo nos seus canles actuais.
Os veciños/as do Concello que reciben sinal dos reemisores de Veiga, Camba ou San Cristovo NON SE VERÁN AFECTADOS.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|