Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura
Exposición "Xove 360º. un Grado Máis" no Centro Social de Palmeiro
REGULAMENTOSEsta Exposición fotográfica, que durante o pasado ano primeiro estivo exposta no Centro Cívico e despois xirou polos distintos centros sociais municipais, pasando tamén este ano polo Centro Comarcal da Mariña Occidental en Viveiro, vai poder verse no Centro Social de Palmeiro na parroquia de A Rigueira  dende hoxe 21 de abril ata o vindeiro domingo 2 de maio.
En teoría esta exposición xa tería que haber estado o pasado ano no Centro Social de Palmeiro, pero, debido a unha serie de circunstancias, o Centro estivo pechado e non se pudo facer alí a expisición. Hai uns dias o Centro Social abreu de novo as súas portas, dahí que xurdeu a oportunidade de montala alí.
Os 13 fotógrafos que participan nesta Exposición, son: Felipe Abad, José Manuel Blanco, Míriam Bermúdez, Santos Cordovilla, Alberto Rapa, Juan Antonio Fernández, Mateo Guerreiro, María Elena Fernández, Andrea Castro, Ana Isabel Lage, Andrés García, Eduardo Basanta e Carlos Montero.
O horario da mesma vai ser o de apertura do Centro, de 10:00 a 23:00 horas, de martes a domingo, estando o luns pechada.
A temática da exposición é  libre, inda que o que predomina son paisaxes.
As fotografías están en formato 40X50, realizadas en papel fotográfico máis "foam" (unha especie de cartón pluma). O deseño do cartel da Exposición o realizou Ana Isabel Lage e o deseño da presentación das fotografías foi realizado por Miriam Bermúdez, ambas fotógrafas participantes na mesma.
Esta Exposición “Xove 360º” xurdiu no ano 2008 por unha iniciativa da Concelleira de Cultura, Dolores Meitín, polo que esta que se vai expor en Palmeiro correspondería á segunda edición, ousexa, á de 2.009.
Para rematar, decir que o Concello está a traballar na terceira edición de Xove 360º, edición deste ano 2010, a cal está previsto estrenar nas Festas Patronais de Xove.
Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo