Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xullo  
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Escola de Música

violin

Escola de Música de Xove

 

 

 

 

 

 

=======ACTIVIDADES ESTADO EMERXENCIA========

Dende o Concello de Xove conxuntamente coa Escola Municipal de Música, queremos adicar esta sección coma homenaxe ás familias que se implican ao máximo e aos rapaces que nestas semanas tan complicadas seguen a traballar día a día, sen desfalecer, aportando todo o seu entusiasmo e agarimo a esta longa carreira de fondo que é a educación.
Ánimo e dende aquí para todos vos recibide un forte aplauso de  Demetrio Salgueiro, Dolores Meitín, Xulia Nogueira e todo o equipo docente da Escola Municipal de Música.

 

* A LA ORILLA DEL AGUA ELENA iPods iPod U2

 

 

 

 

 

 


 

Coma en anos anteriores impartiranse distintas especialidades de corda coma violín, viola, chelo e contrabaixo, así como varias especialidades de vento coma saxo, frauta ou clarinete, xunto coas materias complementarias de linguaxe musical e coro. 
Xunto con isto, continuarase o traballo coa orquestra infantil e coa aula de educación musical para adultos.

  • Sede da Escola: antigo Colexio de Palmeiro.
  • Directora da escola Xulia Nogueira.

    

Un pouco de historia da Escola:

 Foi no 1.986 cando o Concello de Xove decidiu crear unha Escola Municipal de Música; dende os comezos fíxose cargo da mesma o Profesor Xan Carballal, tamén director inicial da Orquestra Municipal e persoa de amplo bagaxe e prestixio dentro do mundo da música clásica.

O plan de traballo  dos membros da Escola Municipal de Música encamiñouse á formación musical  máis completa posible; ademáis das materias  propias do Plan de Ensino, tratouse de potenciar aquelas ensinanzas propias da formación orquestral, sobor de todo ás especialidades instrumentais, prinicipalmente de corda, que son maioría no seo da Orquestra.

A partires dun traballo contínuo de varios anos, decidíuse crea-la Orquestra Municipal de Cámara de Xove con rapaces formados, na súa gran maioría, na propia Escola Municipal de Música.

 Debutou a Orquestra no Nadal de 1.989 interpretando unhas panxoliñas compostas polo seu propio Director, Xan Carballal. Realmente o seu debut como orquestra clásica foi o 5 de maio de 1.990 no Pavillón de Deportes de Xove co gallo da inauguración do Centro Cívico de Xove, interpretando  a Orquestra nesta ocasión a “Pequena Serenata Nocturna” de W. A. Mozart, que  acadou un grande éxito.

 


Dende os comezos a Orquestra participou en concertos polas catro provincias galegas (actuacións en Concellos, en Itinerarios Culturais, Circuitos Culturais, Galicia Terra Unica, etc.),  actuando tamén en televisión en varias ocasións. No 1.999 grava o seu primeiro CD coa compañía SONS Galiza, CD que leva por título Clásicos Galegos.

Coa consolidación da sección de vento, a Orquestra pasa a denominarse Orquestra Municipal de Xove, tendo que o número de compoñentes da mesma está entre 45 e 50, con idades que oscilan entre os 11  e os 24 anos.

Dentro da Orquestra  está incluida unha pequena formación orquestral de cámara, a ORQUESTRA MUNICIPAL DE CORDA DE XOVE que actúa en espacios escénicos máis reducidos, e que loxicamente ten un caxé menor; esta formación de cámara ten de 20 a 25 membros, todos instrumentistas de corda.

Como conclusión e resume, diremos que temos por un lado a ORQUESTRA MUNICIPAL DE XOVE formada por uns 45 membros  de corda e vento, e dentro desta está incluida a ORQUESTRA MUNICIPAL DE CAMARA DE XOVE formada por entre 20 e 25 membros  de corda.

 

 

  

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo