Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Punto Información SGC

Terminal do Servizo Galego de Colocación

Cartel anunciando un Punto de Información do S.G.CServizo Publico de Emprego de Galicia   http://emprego.xunta.es/ .- O Concello de Xove  é centro asociado ao Servizo Galego de Colocación.É por iso polo que ubicado na entrada do Departamento de Emprego do Concello  podes acceder ó terminal que instalou o Servicio Galego de Colocación con todos os servizos que che detallamos á continuación.

      • Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional.
      • Informar das ferramentas de búsqueda de emprego.
      • Actualizar e activa-lo currículum vitae de cada demandante.
      • Optimiza-la oferta formativa existente, informando sobre cursos de formación ocupacional e regrada.
      • Compatibiliza-la demanda da persoa coa oferta existente.
      • Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer ás persoas usuarias o seu nivel de cualificación e potencial laboral. 
      • Motivar e reforzar a súa implicación no proceso.
      • Dispoñemos dun punto de información do Servizo Galego de Colocación onde poden renovar as súas demandas de emprego evitando os desprazamentos á oficina de emprego

 

Tamén poden consultar as ofertas do Servizo Galego de Colocación e acceder ás páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de Emprego Nacionais e Autonómicos.

 Antes de utilizar o sistema


O primeiro paso é acudir á súa Oficina de Emprego para rexistrar a súa impresión dixital. 

Unha vez feito o rexistro poden utilizar este novo servizo instalado na primeira planta do Concello.

Para máis información poden acudir ás oficinas do Departamento de Emprego e Formación e do Servizo Galego de Colocación.

   

 

Plan de Emprego

planemprego

O Concello de Xove, ó obxecto de fomentar e promover o emprego no eido municipal e, polo tanto, contribuír á mellora na calidade laboral, no benestar social e no desenvolvemento económico de Xove e da súa bisbarra, formula un Plan de Emprego Municipal(PEM), no que se definen as accións principais coas que se pretende mellorar, entre outras, dúas vertentes de desemprego no municipio como son a colocación da muller e a creación de empresas autónomas. De forma xenérica estas son as súas caracteristicas máis importantes.   
<<<--CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PLAN DE EMPREGO ----->>>
 
    • Xestiona unha bolsa de emprego.
    • Regula unha subvención para a contratación de ata 6.300 € por posto.
    • Subvenciona a contratación indefinida e tamén a temporal.
    • Establece unha total compatibilidade con calquera outra axuda de outras entidades.
    • Dispón unha tramitación sinxela, rápida e doada que é desenvolvida integramente e de forma gratuíta polo persoal municipal responsable.

pem1

 
 
Documentación que deben aportar as persoas traballadoras para incluirse na bolsa de emprego:
-DNI
-TARXETA DA OFICINA DE EMPREGO
-INFORME DE VIDA LABORAL ACTUALIZADO (Pode solicitarse chamando ao 901502050)
Opcionalmente e no caso de querer que se che redacte un curriculum vitae, pódese traer unha fotografía.

AS BASES REGULADORAS E A CONVOCATORIA PARA O PRESENTE ANO 2014 ESTÁN DISPOÑIBLES NO APARTADO DE AXUDAS-SUBVENCIONS  

bases reguladoras 2012 para as contratacións que se rixen polas bases anteriores 

 

 

RESULTADOS DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL 2013

BENEFICIARIOS/AS DO PLAN DE EMPREGO 2013. CONTRATOS POR CONTA ALLEA

MULLERES

HOMES

33

11

TOTAL: 44

 

TIPOS DE CONTRATO SUBVENCIONADOS POLO PEM 2013

MULLERES

HOMES

TEMPORAL

INDEFINIDO

TEMPORAL

INDEFINIDO

11

22

5

6

TOTAL: 33

TOTAL: 11

TOTAL: 43

 

 

AUTÓNOM@S BENEFICIARIOS PEM 2013

MULLERES

HOMES

6

5

TOTAL: 11

 

EMPRESAS BENEFICIARIAS DO PEM 2013

EMPRESAS DO CONCELLO DE XOVE

EMPRESAS DE FÓRA DO CONCELLO

15

17

TOTAL: 32

 

 

 

 

Ligazóns

 
NOVO ENLACE PARA CONSULTAR AXUDAS E SUBVENCIÓNS:   http://app.igape.es/.axudas/

 

NOVO PORTAL DE BUSQUEDA DE EMPREGO

 

A continuación están algunhas das webs relacionadas dunha maneira ou otra co traballo.

#

O Servicio de Emprego e Desenvolvemento Local dedícase fundamentalmente a tarefas de intermediación e facilitación no apoio ó desenvolvemento  económico, a través de accións de asesoramento, información, formación, formulación de proxectos e tódalas actuacións que impulsen o desenvolvemento económico e a creación de emprego no municipio.

É propósito deste servicio mellora-las condicións de vida no concello, a partir de esquemas de concertación que posibiliten a movilización dos recursos locais e da cooperación para xerar emprego e dotar ó territorio de infraestructura básica para o desenvolvemento. 

-->  ANTIGUO blog do departamento con tódalas novas de emprego

NOVO BLOG!! http://emprego.xove.es/

 

 

 

 

O Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local que ten como obxectivos os seguintes: Contribuir á dinamización socio-económica da zona; Promover a xeración de emprego de calidade e Contribuir á implantación das Políticas Activas de Emprego. 

icono-trabajo

As funcións da ADL son as seguintes: Xestionar axudas para favorecer o emprego.- Informar ás empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade, así como facilitar o seu acceso a estes..- Promover a cultura emprendedora fomentando iniciativas empresariais e apoiando novos proxectos de autoemprego.-Comunicarlles ás empresas e persoas emprendedoras as subvencións para a formación e o emprego, así como facilitar o acceso a elas.-Facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego.-Observación estratégica do territorio e realización de estudos co fin de detectar necesidades formativas e educativas da población desempregada.-Contribuír ao desenvolvemento socioeconómico do territorio.-Servizo a asociacións :envío de información sobre liñas de axudas e subvencións existentes.-Envío de información sobre cursos e postos de traballo convocados polo Concello.

As accións que leva a cabo este departamento están deseñadas para cada unha das áreas ás que vai dirixida a súa labor, entre as que destacamos :

Emprendedores/as :

    • Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais, asesorando sobre a viabilidade técnica, económica e financieira.
    • Asesorar no proceso de constitución de empresas.
    • Informar, orientar e asesorar, e no seu caso, xestionar as axudad tanto do propio Concello coma doutros organismos.


Traballadores/as :

    • Orientar sobre a mellora da súa formaciónHint
    • Asesorar – de ser o caso- sobre a busca de mellora de emprego

Empresarios :

    •  Apoio ós promotores das empresas, unha vez constituidas, acompañándoos técnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento.
    • Información, Asesoramento e no seu caso Xestión.

Novas Áreas de Emprego:

    • Identificar novas actividades económicas con posibilidades de éxito no Concello.
    •  Identificar posibles emprendedores

Orienta as súas funcións e actividades cara catro áreas:

Persoas desempregadas: A través do seu Servizo de Orientación Laboral. Ofrecer información e realizar as xestións precisas con respecto a cursos de formación e postos de traballo:

    • Axudar a redactar un CV, unha carta de presentación e facer un directorio de empresas.
    • Informar sobre accións de formación.
    • Informar sobre ofertas de emprego.
    • Xestionar o PEM.

Persoas emprendedoras: Asesorar, informar e orientar sobre as axudas existentes e os pasos necesarios para por en marcha un negocio ou empresa:

    • Asesorar para unha avaliación inicial da idea empresarial.
    • Orientar na creación dun Plan de Empresa
    • Informar sobre accións de formación para emprendedores.
    • Informar sobre o proceso de constitución dunha empresa.
    • Informar e xestionando as axudas e subvencións existentes para a creación de empresas.

Xestionar o Plan de Emprego Municipal

    • Levar a cabo accións de formación no noso Concello, dirixidas a  persoas emprendedoras.
    • Traballadores/as e Empresari@s: Prestándolles a oportunidade de mellorar o seu traballo e/ou a súa empresa:
    • Informar sobre cursos de formación dirixidos a persoas en activo.
    • Informar e tramitar as axudas e subvencións dirixidas a empresas para a contratación de persoal e ampliacións e/ou melloras.

Novas Áreas de Emprego: Ademais, desde este Departamento, preténdese atopar novas áreas de emprego, identificando posibles actividades económicas e posibles emprendedores.

No primeiro piso da Casa do Concello e conta con profesionais técnicas que teñen como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial e emprego. 

 Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.">

    •  Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
    • emprego 2

 

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo