Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Oficina Municipal de Información Xuvenil.-OMIX

#
Informática
Carné xove

#

 
A Oficina de Información Xuvenil é un servizo público e gratuito que o Concello de Xove pon a disposición da xuventude; empezou co  obxectivo de dotar ós  xóvenes dun servizo capaz de responder a diversos temas como o seu tempo libre, estudos, emprego, bolsas, cursos, idiomas, etc. e dar resposta á mocidade, tanto de información como de asesoramento, tramitación de carné xove (Euro<30) e organización de actividades dirixidas e orientadas á xuventude.

Os temas que habitualmente trata esta oficina podemos resumilos da seguinte maneira:

    • Educativos (bolsas de estudo, cursos, matrículas,  información de diferentes carreiras e profesións).
    • Axudas e Subvencións.
    • Premios e Concursos.
    • Traballo (emprego público e privado, bolsas de traballo, oposicións).
    • Tempo libre (campamentos de verán, campos de traballo, viaxes, deportes, rutas).
    • Temas Culturais (exposicións, teatro, música, cine, concertos, charlas, congresos).
    • Ou calquera tema que interese  as persoas que acoden á Oficina.             www.xuventude.net

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

Informática

 Aula de Informática de Xove

Aula de Informática vén a ser un servizo que se oferta a todo o concello para facilitar e achegar ós veciños o mundo da informática xa que a súa función principal é servir de soporte a tódolos veciños do concello que queiran aproveitar os servizos que nela se ofrecen.
Consta dunha sala de consulta que oferta o acceso a información dispoñible en Internet.
 

PA030001


Servizos : Estarán asesorados e coordinados por un Técnico Informático  que en todo momento atenderá as demandas dos usuarios.

    • Uso dos equipos informáticos e asesoramento en caso necesario.
    • Uso de programas diversos (ofimática, deseño, cálculo…).
    • Acceso gratuíto a internet.
    • Información acerca dos sitios mais visitados na rede (emprego, prensa, cursos, correos electrónicos, chats…).

Cursos para adultos:

    • Iniciación e perfeccionamento do contorno windows.
    • Iniciación a Internet.
    • Deseño de páxinas web.
    • Ofimática (word, excel, access).
    • Multimedia.
    • Iniciación á Informática.                                                                                                                           

Cursos para nenos:

  • Iniciación e perfeccionamento do contorno windows.
  • Iniciación a Internet.
  • Deseño de páxinas web.
  • Habilidades e manexo do ordenador.
  • Xogos didácticos.
  • Multimedia.
  • Iniciación á Informática.

 

Situación: Rúa San Bartolo, SN   Tf.   982 57 18 16              Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Carné xove

Tramitación do Carné Xove

O carné Xove “Euro 25” é unha tarxeta persoal e intransferible que en España está promovida polo Instituto da Xuventude e polos organismos da xuventude de cada unha das Comunidades Autónomas. O carné permíteche acceder a unha ampla oferta de servizos dun modo máis asequible e económico. Ademais, polo feito de facer o carné tes un seguro de asistencia en viaxes.

  • ¿ ONDE PODES EMPREGAR O CARNE XOVE?.- En España en diferentes servizos e en todos os establecementos que exhiban o adhesivo“AQUI SI, CARNE XOVE”. Se viaxas ao estranxeiro, podes empregalo nos seguintes países: Andorra, Armenia, Austria, Bélxica, Bielorrusia, Bulgaria, Croacia, Chipre, Eslovenia, Finlandia, Holanda, Irlanda, Italia, Hungría, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Macedonia, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, República Eslovaca, Rusia, San Marino, Suecia, Suiza e Ucrania.carnexoven
  • ¿ COMO OBTER O CARNE XOVE? Deberás pagar 6 euros en calquera oficina bancaria adherida ao convenio coa Xunta de Galicia, e cubrir o impreso de solicitude que che proporcionamos na OMIX.Deberás adxuntar ademais unha fotografía tamaño carné e fotocopia do teu DNI.

Información de distintos programas ou actividades programadas pola Vicepresidencia da Iguladade e do Benestar e a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, dependendo da oferta como son:

  • Naturalmente Galiza : programa ambiental de saídas de fin de semana, que inclúe itinerarios de sendeirismo de dificultade media, rutas en kaiak e en bicicleta, actividades de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. O obxectivo é fomentar o coidado do ambiente e gozar da paisaxe e do contacto coa natureza.
  • Xuventudegaliza.net O evento informático máis grande de Galiza celebrase no Multiusos Fontes do Sar. Permitirá que este ano case o dobre de mozos ca o ano pasado poida gozar de 3 días ininterrompidos rodeados de cables, ordenadores e consolas.
  • Primavera activa en Turismo Rural :programa con actividades de lecer e tempo libre, para levar a cabo en diferentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e pola Dirección Xeral de Turismo - Turgalicia.
    Poderán participar no programa aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da súa participación. O programa desenvolverase durante as fins de semana dos meses de marzo abril e maio.

A campaña de verán ofrece a posibilidade de que a mocidade poida participar, individualmente ou en grupo, nalgún dos seguintes programas:

    • Programas de actividades que se realizarán en Galicia.
    • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
    • Campos de traballo en Galicia.
    • Campos de traballo noutras comunidades autónomas.

 

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo