Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Festas de Lago 2026
16/Xullo/2026
CONCELLO DE XOVE
-
Lago xa está preparado para vivir as súas festas patronais. Os días 17, 18 e 19 de xullo, no Campo da Festa de Lago será o punto de encontro para celebrar por todo o alto as festas na honra da Virxe do Carme e San Antón.


Axudas ó Estudo: Comedor, Estancia e Transporte 2026
15/Xullo/2026
Departamento de Servizos Sociais
-
Foi publicada no B.O.P. do 14 de xullo de 2026 a convocatoria das axudas do Concello de Xove na modalidade de comedor, estancia e transporte, polo que está aberto o prazo de presentación das solicitudes, ata o día 11 de agosto de 2026.
Os modelos estarán a disposición das persoas interesadas no Rexistro Municipal do Concello e no Departamento de Servizos Sociais.
EXTRACTO BASES PUBLICADAS NO BOP DE 14-7-2026

Avisos de velutina: 012
14/Xullo/2026
Delegación de Agricultura
-

CAFETEAR: un espazo para conectar, compartir e medrar
09/Xullo/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
CAFETEAR é unha iniciativa promovida polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove que nace coa finalidade de crear un punto de encontro entre persoas emprendedoras e empresarias do municipio. A proposta consiste en compartir un café mentres se fortalecen relacións profesionais, se intercambian experiencias e se xeran novas oportunidades de colaboración. As reunións celébranse, de maneira habitual, o primeiro luns de cada mes, entre as 8:00 e as 9:00 horas, nun ambiente distendido, próximo e participativo. Cada sesión ten lugar nun establecemento de hostalaría diferente do municipio, favorecendo tamén o coñecemento e a dinamización do comercio local. De forma excepcional, o CAFETEAR deste mes celebrarase o 13 de xullo, no Café Bar Pepe, mantendo o mesmo horario de 8:00 a 9:00 horas. Nesta ocasión, o encontro estará aberto non só ás persoas emprendedoras e empresarias de Xove, senón tamén a todas aquelas que desexen participar, aínda que desenvolvan o seu proxecto empresarial fóra do municipio. Falaremos das axudas e subvencións abertas en prazo de solicitude, en concreto explicaremos o PROGRAMA EMEGA.

Durante o encontro, as persoas participantes teñen a oportunidade de presentar a súa actividade, compartir as súas inquedanzas, necesidades e proxectos, así como coñecer outras iniciativas empresariais e explorar posibles vías de colaboración. Os principais obxectivos do CAFETEAR son:
- Tecer redes de colaboración entre as empresas participantes e o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
- Dar a coñecer os produtos e servizos das empresas asistentes, favorecendo o coñecemento mutuo.
- Identificar necesidades formativas e de apoio para planificar accións e servizos adaptados á realidade empresarial.
- Promover campañas e iniciativas conxuntas de difusión, promoción e publicidade.
- Compartir información de interese sobre formación, subvencións, axudas, recursos e outras oportunidades para o tecido empresarial.
CAFETEAR é, en definitiva, un espazo pensado para impulsar a cooperación, fortalecer o tecido empresarial e fomentar o emprendemento a través do diálogo, o intercambio de experiencias e a creación de sinerxías.
XIII FESTA DO PERCEBE EN XOVE
08/Xullo/2026
CONCELLO DE XOVE
-
A XIII Festa do Percebe celebraráse o vindeiro 18 de xullo en Xove cunha completa xornada gastronómica e festiva.
A Asociación de Festexos A Medorra organiza un ano máis a XIII Festa do Percebe, unha cita xa consolidada no calendario estival do municipio e que terá lugar o vindeiro sábado 18 de xullo na praza do Centro Cívico de Xove.

A xornada dará comezo ás 12.00 horas co acto inaugural e o pregón, que nesta edición correrá a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde, quen será a encargada de abrir oficialmente unha festa dedicada á exaltación dun dos produtos máis apreciados da nosa costa.
Ao longo de toda a xornada, veciños e visitantes poderán degustar percebe de excelente calidade, procedente das nosas costas, recoñecido polo seu extraordinario sabor e pola súa frescura, converténdose nun dos grandes protagonistas gastronómicos do verán mariñán.
O ambiente festivo estará garantido coa animación musical de Os Charangos de Neda e do grupo de cantos de taberna Espera que vou mexar, que percorrerán o recinto enchendo a xornada de música, alegría e bo ambiente.
A comisión organizadora pretende poñer en valor un produto tan emblemático como o percebe e convida a toda a veciñanza e aos visitantes que se acheguen a Xove durante esa fin de semana a participar nesta celebración, degustar un dos mellores percebes das nosas costas e desfrutar dunha xornada marcada pola boa gastronomía, a música e a convivencia.

A XIII Festa do Percebe será, unha vez máis, unha excelente oportunidade para promocionar a riqueza mariñeira e gastronómica do noso litoral e para vivir unha xornada festiva na que Xove volverá ser punto de encontro para todos os amantes da boa mesa e das tradicións.
Rutas gratuitas no Concello de Xove
08/Xullo/2026
Concellería de Medio Ambiente
-
O Concello de Xove presenta o programa de rutas guiadas gratuítas para descubrir o patrimonio natural e cultural do municipio este verán.
A Concellería de Turismo e Medio Ambiente organiza, en colaboración coa empresa Rutas Galicia Norte, catro percorridos que se desenvolverán entre os meses de xullo e agosto.

O Concello de Xove, a través da Concellería de Turismo e Medio Ambiente, presenta o cartel das rutas guiadas que se levarán a cabo durante este verán co obxectivo de dar a coñecer a riqueza natural, xeolóxica, histórica e patrimonial do municipio. A iniciativa, organizada en colaboración coa empresa Rutas Galicia Norte, inclúe catro percorridos gratuítos que permitirán aos participantes descubrir algúns dos espazos máis singulares de Xove dende unha perspectiva divulgativa e sostible.
O programa desenvolverase entre os meses de xullo e agosto e inclúe as seguintes rutas:
-
16 de xullo – Ruta dos Muíños da A Rigueira.
-
30 de xullo – Os Acantilados de Papel, costa con narrativa.
-
7 de agosto – San Tirso de Portocelo, un enclave único.
-
21 de agosto – Esteiro de Xove, unha xeoloxía singular.
Ao longo destes catro itinerarios, os participantes poderán descubrir antigos muíños, acantilados de gran valor paisaxístico, praias, miradoiros, patrimonio arqueolóxico e a singular xeoloxía da costa xovense, ademais de coñecer espazos tan especiais como a coñecida ruta das fadas.
Todas as rutas comezarán ás 10:00 horas, terán unha duración aproximada de entre tres e tres horas e media e presentan un nivel de dificultade baixo ou medio, polo que están pensadas para un amplo abano de participantes.
A actividade é totalmente gratuíta, aínda que será necesaria a inscrición previa debido ao número limitado de prazas. As persoas interesadas poden formalizar a súa participación a través do correo electrónico mailto:Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Con esta iniciativa, o Concello de Xove continúa apostando pola promoción dun turismo sostible e de calidade, poñendo en valor o patrimonio natural e cultural do municipio e fomentando o coñecemento e respecto pola contorna entre veciñanza e visitantes.

Dende a Concellería de Turismo e Medio Ambiente anímase a toda a cidadanía e ás persoas que visiten Xove durante os meses de verán a participar nestas rutas e descubrir o municipio dende unha nova perspectiva, combinando natureza, historia, patrimonio e divulgación ambiental.
Xornada de Concienciación Cidadá e Monitorización da Contaminación Plástica Mariña
02/Xullo/2026
Concellería de Medio Ambiente
-
XOVE IMPULSA A INNOVACIÓN PARA PROTEXER O SEU LITORAL CUNHA XORNADA DE CONCIENCIACIÓN CIDADÁ E MONITORIZACIÓN DA CONTAMINACIÓN PLÁSTICA MARIÑA
A praia de Esteiro acollerá este sábado unha acción promovida por Resurrection Fest e Universal Plastic para xerar datos científicos que contribúan a millorar a xestión e o atractivo turístico do litoral. En Xove, este sábado 4 de xullo ás 12:00h, a Praia de Esteiro será o escenario dunha xornada de limpeza e monitorización de contaminacion plástica mariña organizada por Universal Plastic dentro da estrateia de sostenibilidade e innovación de Resurrection Fest, que continúa reforzando o seu compromiso co territorio máis aló do ámbito musical.

Durante a actividade, voluntarios e técnicos rexistrarán informacion sobre os residuos encontrados seguindo protocolos científicos, xerando datos ambientais que posteriormente serán integrados no espacio de datos ONDAS, unha infraestructura dixital desarrollada por Universal Plastic para transformar informacion dispersa en intelixencia útil para a toma de decisións públicas.
A iniciativa enmárcase dentro dos obxetivos do ODS 14 DE NACIONES UNIDAS (VIDA SUBMARINA) e contribúe ao desarrollo de novas ferramentas para mellorar a xestión das costas, fortalecer a resilencia dos ecosistemas mariños e apoiar políticas públicas basadas en datos.
“Cada limpeza non só retira plástico do medio natural. Tamén xera información que permite comprender millor cómo chega a contaminacion, cómo evoluciona e qué medidas poden aplicarse para prevenila”
A tecnoloxía utilizada durante a xornada forma parte dun proxecto financiado pola Secretaría do Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA) para o desarrolo dun espacio de datos especializado en contamiación plástica mariña, conectado con ODIS, o sistema internacional coordinado pola Comisión Oceanográfica Intergubernamental da UNESCO (UNESCO-IOC).
TURISMO, CIENCIA E INNOVACIÓN EN XOVE
A xornada contará coa participación do Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Medio Ambiente e Turismo Cecilia Duarte, poñendo en valor o papel que poden desempeñar as administracións locais na incorporacion da innovación tecnolóxica e a xestión dos seus recursos naturais.
Os datos obtidos permitirán identificar patróns de acumulación de residuos e apoiar futuras estratexias de conservación e mantemento da Praia de Esteiro, contribuíndo a preservar un dos principais activos turísticos do municipio.
O obxetivo é que esa información xerada axuda a desarrollar solucións cada vez máis eficaces para manter as praias en mellores condicións durante todo o ano, reforzando a imaxe de Xove como un destino comprometido coa sostenibiliade e a calidade ambiental.
RESURRECTION FEST: SOSTENIBILIDADE BASADA EN DATOS
Con esta iniciativa, Resurrection Fest da un paso máis na súa estratexia de responsabilidade corporativa, incorporando a xeracion de datos ambientais como parte do seu compromiso co territorio onde se celebra o festival.
A colaboración con Universal Plastic permite que as accións ambientais non se limiten a unha limpeza puntual, senon que contribúan a creación do coñecemento ciéntifico e ferramentas dixitais que poderán ser utilizadas por administracións públicas, investigadores e entidades ambientais para mellorar a xestión do litoral.
GALP A Mariña Ortegal: Foro de Avaliación EDLP
25/Xuño/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Concello de Xove quere convidar, no nome do GALP A Mariña Ortegal a participar no Foro de Avaliación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), que terá lugar hoxe, xoves 25 de xuño ás 18:00 horas no Salón de Actos do Concello de Xove.

Este encontro constitúe un momento especialmente relevante para o Grupo, xa que supón a presentación pública dos resultados do proceso participativo desenvolvido para a avaliación intermedia da Estratexia, un traballo que contou coa implicación de confrarías, concellos, asociacións de redeiras e outros axentes representativos do territorio. Grazas ás súas achegas foi posible realizar unha análise compartida sobre o traballo desenvolvido ata o momento e sobre os retos que debemos afrontar de cara aos próximos anos.
Durante o Foro presentaranse os principais resultados acadados polo GALP desde o inicio do actual período de programación do FEMPA. Tras tres anos de traballo, o Grupo conseguiu activar de maneira progresiva os mecanismos de execución da Estratexia, acadando un volume de execución financeira do 37,06 % do total da EDLP. Neste período concedéronse máis dun millón de euros en axudas destinadas ao sector pesqueiro, contribuíndo ao desenvolvemento de proxectos que reforzan a competitividade do sector, favorecen a diversificación económica e impulsan o desenvolvemento sostible das nosas comunidades costeiras.
Así mesmo, abordarase o importante impulso que supuxo a última convocatoria de axudas correspondente ao ano 2026, na que se aprobaron un total de 27 proxectos. O investimento subvencionable destas iniciativas alcanzou case os 4,5 millóns de euros, mobilizando unha axuda pública superior aos 2 millóns de euros. Estes datos reflicten a crecente capacidade de dinamización do GALP e o interese do territorio por aproveitar as oportunidades que ofrece o programa FEMPA.
O Foro permitirá tamén compartir as principais conclusións extraídas do proceso de avaliación. Entre elas, destaca a necesidade de seguir reforzando o apoio ás confrarías e ás entidades do sector pesqueiro, así como continuar impulsando iniciativas vinculadas á economía azul que contribúan á creación de actividade económica, emprego e oportunidades para o futuro da Mariña e Ortegal.
O Foro está concibido como un espazo aberto de reflexión e diálogo no que poder intercambiar opinións, formular propostas e contribuír á definición das prioridades que deben orientar a actuación do GALP nos vindeiros anos. A súa experiencia e coñecemento do territorio son imprescindibles para seguir construíndo unha estratexia útil, participativa e adaptada ás necesidades reais das nosas comunidades costeiras.
Festas de San Pedro de Xuances (Sábado, 27-Xuño-2026)
25/Xuño/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, a concelleira de Servizos Sociais Tamara Soto e a primeira tenente de alcalde Mª Dolores Meitín, acompañados por membros da directiva da Asociación de Festexos Alto do Cruceiro: Rubén Sánchez e Alex Quintas, presentaron o cartel da festa de San Pedro, que se celebrará este sábado 27 de xuño no campo da festa do Cruceiro.

Esta celebración supón a recuperación dunha verbena moi querida pola veciñanza da parroquia de Xuances, que levaba case 30 anos sen celebrarse. A iniciativa da Asociación de Festexos Alto do Cruceiro foi recibida con gran satisfacción polos veciños e veciñas, que ven nesta recuperación unha oportunidade para volver compartir unha das citas festivas máis tradicionais da parroquia.
A programación dará comezo o sábado na igrexa de Xuances cunha misa solemne e a posterior procesión na honra de San Pedro. A continuación celebrarase a sesión vermú, que servirá de punto de encontro para os asistentes nun ambiente festivo e familiar.
Xa pola tarde, os actos continuarán cunha festa da cervexa e unha pancetada popular, con prezos populares para facilitar a participación de toda a veciñanza e visitantes.
A xornada rematará cunha gran verbena nocturna amenizada polo Dúo Belinda e por DJ Tomás, que serán os encargados de poñer a música e o baile ata ben entrada a noite.
Desde a comisión organizadora quixeron destacar o esforzo realizado para recuperar esta festa e agradecer a colaboración de todas as persoas e empresas que fixeron posible a súa volta. Así mesmo, convidan a toda a veciñanza de Xove e aos visitantes da comarca a achegarse ao Cruceiro para gozar dunha xornada de celebración, convivencia e compañeirismo nun ambiente agradable e festivo.

OMIX: Mañás Activas Xuventude
19/Xuño/2026
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-


Festa de Interese turístico de Galicia “San Antonio da Rigueira”
08/Xuño/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove presenta unha nova edición da Festa de San Antonio da Rigueira e amosa a súa satisfacción e ilusión ante a chegada dunha nova edición da Festa de San Antonio da Rigueira, unha celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2023 e que constitúe un dos grandes referentes festivos e culturais da comarca.
O vindeiro sábado, 13 de xuño, veciños, veciñas e visitantes volverán reunirse nunha xornada na que se mesturan tradición, devoción, música, gastronomía e, sobre todo, o espírito de convivencia que caracteriza esta romaría.
Na presentación oficial do cartel participaron o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín; a concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte; así como representantes da comisión de festas, José Antonio García Fernández e Juan José García Sánchez.

O San Antonio da Rigueira é unha festa con fondas raíces históricas e cun enorme valor sentimental para os veciños e veciñas da parroquia e de todo o municipio. Cada ano son centos as persoas que se achegan para participar na celebración, tanto da comarca como doutros puntos de Galicia e Asturias, atraídas pola singularidade desta tradición.
O Concello quere convidar a toda a cidadanía a achegarse ese día á Rigueira para vivir o ambiente festivo, desfrutar das actividades programadas e contribuír a manter viva unha celebración que forma parte esencial da identidade e do patrimonio cultural de Xove.
O desexo da organización é que o bo tempo acompañe e que esta edición volva converterse nunha xornada inesquecible.

A romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira foi durante décadas unha das celebracións máis coñecidas de Galicia, ata o punto de que moitas persoas de Galicia e Asturias identificaban o municipio de Xove con esta festa. Consciente da súa importancia cultural e social, o Concello iniciou no ano 2009 un proxecto de recuperación da romaría, devolvéndolle o protagonismo que tradicionalmente tivera en todas as parroquias do concello, consolidándose como unha das celebracións máis representativas do municipio.
Fogueiras de San Xoán e San Pedro 2026.
29/Maio/2026
Delegación de Agricultura
-
O CONCELLO DE XOVE ABRE O PRAZO PARA AS COMUNICACIÓNS DAS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2026
O Departamento de Agricultura, Gandería e Montes do Concello de Xove informa da apertura do prazo para a comunicación das tradicionais fogueiras de San Xoán e San Pedro. No caso das fogueiras de San Xoán, o prazo permanecerá aberto dende o 1 ata o 19 de xuño, mentres que para as fogueiras de San Pedro o período de comunicación será dende o 1 ata o 25 de xuño.
Dende o Concello quérese contribuír a manter viva unha das tradicións máis arraigadas da nosa cultura popular, unhas celebracións nas que o lume cobra especial protagonismo. Pero ao mesmo tempo, recórdase á veciñanza que nesta época do ano os permisos ordinarios de queima atópanse suspendidos e que a situación climatolóxica actual supón un risco elevado de incendios forestais. Por este motivo, faise un chamamento á responsabilidade e ao cumprimento das medidas de seguridade establecidas para evitar calquera incidente.
O Concello de Xove agradece a colaboración da cidadanía para poder compatibilizar a celebración destas festas tradicionais coa seguridade, a prevención de lumes e a protección do noso medio natural.

Proxecto de formación e sensibilización en novas masculinidades para adolescentes.
29/Maio/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-
O Concello de Xove, a través da área de Igualdade, rematou o 18 de maio unha serie de catro charlas-obradoiro en coordinación co IES Illa de Sarón, para a rapazada de 14 a 16 anos, sobre a formación e sensibilización para impulsar novos modelos de masculinidades máis igualitarias, e o desenvolvemento da intelixencia emocional para conseguilo. Estes son algúns dos contidos das catro sesións, que foron principalmente prácticas e de debate, e que se levaron a cabo en horario de titorías no centro de ensinanza secundaria de Xove. Estas accións formativas están cofinanciadas pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade:

Premiados no Concurso das Letras Galegas 2026.
28/Maio/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Biblioteca Municipal de Xove vén de facer público o fallo do xurado do Concurso das Letras Galegas 2026, certame que organiza anualmente con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e que nesta edición estivo dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño.
O concurso contou con participación de alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón, que presentaron traballos inspirados na vida, obra e legado dunha das voces máis destacadas da literatura galega contemporánea. O xurado, formado por membros de asociacións rexistradas no concello abalou a creatividade e o compromiso coa lingua e cultura galegas amosados polas persoas participantes.
Os premiados son:
Categoría Educación Infantil:-Xare González Celaya .-Enzo Santos Soto.-Elsa Baño Bouza
Categoría 1º e 2º Educación Primaria: -Carmela Miguez Varela.-Isabella Lozada Salinas
Categoría 3º e 4º Educación Primaria:-Valeria Vilasa Posada
Categoría 5º e 6º Educación Infantil:-Ainara Sánchez Lage.-Alba Maseda Franco.-Lía Casabella Gacio
Categoría de 1º a 4º ESO.-Marcos Mariño Ferrería
As persoas premiadas recibirán os seus galardóns nun acto público que terá lugar proximamente nas instalacións do CEIP Pedro Caselles de Xove, nunha xornada de homenaxe á autora e de celebración das nosas letras.
Desde a organización quérese agradecer a participación de todos os centros educativos, familias e persoas colaboradoras que fan posible que este certame continúe consolidándose ano tras ano como unha referencia cultural no municipio á vez que agradecer tamén o traballo do xurado.
Romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira 2026
26/Maio/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Xa podes inscribirte para facer a Romaría ao San Antonio Ventureiro o próximo 13 de xuño e recibir a Ventura e o lirio branco cando chegues á igrexa da Rigueira. O prazo de inscrición remata o xoves 11 de xuño, ás 13:00 h (para que nos dea tempo a encargar as flores). Anímate a facela cos teus animais de compañía!

Oferta emprego (Socorrista)
26/Maio/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-

|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|