Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
XXVIII EDICIÓN DA FEIRA CABALAR DE LAGO
12/Maio/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O VINDEIRO DOMINGO 17 DE MAIO TERÁ LUGAR A XXVIII EDICIÓN DA FEIRA CABALAR DE LAGO.
 A Asociación Equina A Medela celebrará o vindeiro domingo 17 de maio a XXVIII edición da súa tradicional Feira de Gando Cabalar, unha cita xa consolidada no calendario festivo e ecuestre da comarca e que cada ano reúne a numerosos criadores, afeccionados ao mundo do cabalo e visitantes chegados de distintos puntos da provincia. A feira desenvolverase ao longo de toda a xornada nunha pista especialmente acondicionada polo Concello de Xove nas inmediacións do Centro Social de Lago, espazo que volverá converterse no centro da actividade cabalar durante este importante encontro. Entre as 9:30 e as 10:45 horas terá lugar a apertura do recinto feiral para a presentación dos participantes e as correspondentes medicións dos cabalos inscritos. Ao longo da mañá e tamén durante a tarde celebraranse distintos concursos e exhibicións, nos que os asistentes poderán desfrutar da beleza e calidade dos exemplares participantes, así como do ambiente festivo e tradicional que caracteriza esta feira. Ademais, ao mediodía, as persoas afeccionadas ao mundo do cabalo poderán compartir unha animada sesión vermú que contribuirá a amenizar a xornada e favorecer a convivencia entre participantes, visitantes e organización.
 Desde a Asociación Equina A Medela destacan a importancia de manter viva esta tradición, que serve non só para promover o sector equino, senón tamén para dinamizar a vida social e cultural da contorna. A entidade organizadora agradece igualmente a colaboración do Concello de Xove e o apoio de todas as persoas e colectivos que fan posible a celebración desta XXVIII edición. A organización anima a toda a veciñanza e ao público en xeral a achegarse ata Lago para desfrutar dunha xornada dedicada ao mundo do cabalo, á tradición e á convivencia.
Biblioteca Municipal: Club de Lectura
12/Maio/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE XOVE PON EN MARCHA POR PRIMEIRA VEZ O SEU CLUB DE LECTURA “CANTÍS DE PAPEL”.
A Biblioteca Municipal de Xove inicia unha nova etapa coa posta en marcha por primeira vez dende a súa apertura no ano 1990, dun club de lectura dirixido a todas as persoas afeccionadas aos libros e a literatura. Baixo o nome de “Cantís de Papel”, este novo proxecto cultural nace como unha metáfora inspirada na paisaxe máis característica do concello: os cantís de Morás. Igual que o mar Cantábrico vai moldeando coa sua oleaxe as pedras dos acantilados ao longo do tempo, tamén a lectura deixa pegada nas persoas, conformando pensamentos, emocións e novas maneiras de mirar o mundo a través das páxinas dos libros. Con este simbolismo e esta vocación de encontro arredor da cultura, arranca o primeiro club de lectura promovido pola Biblioteca Municipal de Xove, unha iniciativa que xa reune a máis dunha vintena de veciños e veciñas do concello unidos pola paixón pola lectura. “Cantís de papel” contará coa participación de persoas de diferentes idades, desde rapaces e rapazas ata xente maior, convertendose nun espazo aberto de convivencia interxeracional no que compartir experiencias, recomendacións e reflexións literarias. As reunións celebraranse o último venres de cada mes, momento no que os participantes poderán intercambiar opinións e ideas sobre o libro previamente seleccionado para a súa lectura. Dende a Biblioteca Municipal de Xove destácase a boa acollida que tivo esta iniciativa e o interese mostrado pola veciñanza, consolidando así un novo espazo de participación cultural e social no municipio.

Festa das Fillas de María ' 2026
05/Maio/2026
CONCELLO DE XOVE
-
XOVE CELEBRA O 16 DE MAIO A TRADICIONAL FESTA DAS FILLAS DE MARÍA, TAMÉN COÑECIDA COMO FESTA DAS FLORES
O Concello de Xove, da man da Asociación de Festexos Montevelle, acollerán o vindeiro sábado 16 de maio unha nova edición da Festa das Fillas de María, coñecida popularmente como Festa das Flores, unha cita xa consolidada no calendario festivo local que encherá de vida, tradición e cor a zona vella da vila, nas inmediacións da igrexa parroquial. A programación dará comezo ás 10:30 horas coa apertura de diferentes postos que conformarán un mercado tradicional ao longo da rúa Nosa Señora do Carme. Ademais, o público poderá gozar de demostracións de oficios tradicionais, poñendo en valor o saber facer artesanal. Durante a mañá, a Asociación Cultural Saiñas e a charanga NBA animarán Xove cos seus pasarrúas, creando un ambiente festivo e participativo. Ás 13:00 horas celebrarase a misa con ofrenda floral á Virxe, un dos actos centrais da xornada, que dará paso a unha sesión vermú amenizada polo grupo D-Kris.
 Xa pola tarde, a festa continuará con propostas pensadas especialmente para a infancia, entre as que destacan inchables, un obradoiro de cerámica e o contacontos teatralizado “Divers@s”, a cargo de Bátega Teatro.A xornada festiva culminará pola noite cunha verbena animada novamente polo grupo D-Kris e a Disco Móbil Conxuro. Como peche, terá lugar unha queimada popular para todas as persoas asistentes. Cómpre salientar tamén a coidada decoración floral, un dos sinais de identidade desta celebración, que cada ano engalana espazos como a rúa da Igrexa e a rúa Doutor José Baamonde Illade, ofrecendo un atractivo visual destacado para veciñanza e visitantes.Ademais, nesta edición a festa tamén incorpora un elemento especial de carácter cultural, sumándose á celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Begoña Caamaño. Así, a decoración contará con frases da autora, integrando literatura e tradición nun mesmo espazo festivo. Dende o Concello e a Asociación de Festexos Montevelle tamén se convoca aos establecementos locais a ser partícipes desta festa coa proposta de incluir nos seus locais elementos e produtos relacionados coas flores, coa vestimenta indicada para esta festa (roupas de cor branca con complementos azuis) e coas Letras Galegas pola cercanía da data. Desde a organización convídase a toda a veciñanza a participar e gozar dunha xornada única que combina cultura, tradición, música e identidade local.

V Concurso Fotográfico do Día Mundial do Medio Ambiente
30/Abril/2026
CONCELLO DE XOVE
-
V Concurso Fotográfico do Día Mundial do Medio Ambiente. “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”
Prazo de participación no concurso do 1 ao 22 de maio
Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xove animamos a nenos/as, adolescentes e persoas adultas a participar nesta nova edición dun concurso que pon en valor a beleza do noso entorno
Participar é moi sinxelo : Saca unha foto no teu espazo preferido do Concello de Xove.- Amosa a túa mirada sobre o noso medio natural e comparte o que fai especial Xove .- Anímate a participar e non perdas esta oportunidade!
FOLLA DE INSCRIPCIÓN
BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA 2026

PRESENTACIÓN DO CONCURSO:

Día Provincial das Amas de Casa 2026
26/Abril/2026
Concellería de Medio Ambiente
-
Xove acolle o Día Provincial das Amas de Casa cunha xornada de convivencia e recoñecemento ao labor asociativo feminino
O Concello de Xove foi escenario do Día Provincial das Amas de Casa, un encontro que este ano estivo organizado pola Asociación de Mulleres Bolboretas de Palmeiro, que preparou con gran agarimo unha completa xornada de actividades.

A programación comezou cun delicioso desaiuno elaborado polas propias integrantes da asociación, seguido dunha exposición na que se amosaron os traballos realizados ao longo dos anos de existencia da asociación, reflexo do esforzo, da creatividade e do compromiso destas mulleres co movemento asociativo.
Durante a mañá tamén se proxectou un audiovisual para dar a coñecer a historia da antiga baleeira do porto de Morás, recuperando así unha parte importante da memoria local, ao remate do video desplazáronse ata a zona etnográfica da baleeira onde Lucía Sánchez, socióloga do Concello e Brais Vilar de Rutas Galicia Norte, lles contaron in situ a evolución da historia industrial do municipio.
A xornada continuou cunha comida de confraternidade, na que se fixo entrega dun detalle a cada unha das asociacións participantes, como mostra de agradecemento pola súa presenza e implicación.
No encontro participaron un total de 12 asociacións da provincia, reunindo arredor de 140 mulleres chegadas de distintos puntos:
- Asociación Angueiras de Chavín (Viveiro)
- Asociación de Amas de Casa Beiromar de San Cosme de Barreiros
- Asociación Parroquial de Amas de Casa e Consumidores de Santa María de Bretoña
- Asociación de Amas de Casa Río Miño de Meira
- Asociación de Amas de Casa e Consumidores Alborada de San Cibrao (Cervo)
- Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumidores Lugo Lucus
- Asociación de Amas de Casa de Ribadeo
- Asociación de Amas de Casa Praia da Marosa de Burela
- Asociación de Amas de Casa Virxe do Carme de Foz
- Asociación de Amas de Casa de Mondoñedo
- Asociación de Amas de Casa e Consumidores Bruma de Lagostelle (Guitiriz)
Dende o Concello de Xove, o alcalde, Demetrio Salgueiro quere agradecer a directiva da Asociación de Mulleres Bolboretas de Palmeiro o seu excelente traballo organizativo, así como recoñecer o papel fundamental que desempeñan todas estas entidades na dinamización social, cultural e comunitaria dos nosos concellos.
Unha xornada marcada pola convivencia, a participación e o orgullo de compartir tradicións e experiencias entre mulleres de toda a provincia.
3ª Charla para familias e docentes, celebrada o 8 de abril
16/Abril/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-
3ª Charla para familias e docentes, celebrada o 8 de abril: Corresponsabilidade na Educación sobre o Uso das Tecnoloxías.
Sesión en diferido da terceira charla en corresponsabilidade da programación do Concello de Xove para o 8M. Unha sesión dinámica onde compartimos e aprendimos ferramentas para mellorar a convivencia e a corresponsabilidade na educación.
Reencontro´s Fest 2026
10/Abril/2026
CONCELLO DE XOVE
-
A Asociación de Festexos O Alto do Cruceiro celebra o seu 20 aniversario cunha cea-baile.
A Asociación de Festexos O Alto do Cruceiro conmemora o seu 20 aniversario coa organización dunha cea-baile que terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril, a partir das 22:00 horas, no pavillón municipal de deportes do Centro Cívico de Xove. Co obxectivo de revivir vivencias e anécdotas, así como lembrar momentos inesquecibles, a entidade promove este encontro para conectar diferentes xeracións, unindo familias e amizades nun ambiente de alegría e nostalxia. O menú será elaborado pola Pulpería Mario de Viveiro e estará composto por empanada, polbo á feira, carrilleiras de porco ibérico ao mencía, carrot cake, café e chupito, cun prezo de 40 euros por persoa e pódense anotar ata o 20 de abril.

A velada estará amenizada pola Disco Móbil Conxuro, garantindo música e diversión durante toda a noite. Os membros da asociación, que tamén integran a comisión de festas encargada da tradicional Festa dos Callos no Alto do Cruceiro, queren facer partícipes deste evento, en primeiro lugar, a todos os veciños e veciñas da parroquia de Xuances, así como á veciñanza de Xove en xeral e a todas aquelas persoas que manteñan algún vínculo coa zona ou que desexen gozar dunha noite especial de boa compañía, recordos e emocións compartidas.

Novo programa de colonias felinas
08/Abril/2026
Concellería de Medio Ambiente
-
O Concello de Xove convoca unha reunión informativa sobre o novo programa de colonias felinas.
Dende o Concello convócase a todas as persoas que habitualmente alimentan gatos na rúa, en Xove Pobo e Palmeiro, a unha reunión informativa, coa finalidade de dar a coñecer a nova ordenanza municipal en materia de xestión de colonias felinas.
Esta normativa foi elaborada conforme a Lei, 4/2017 de Protección e Benestar dos animais de Galicia, e ten como obxectivo garantir unha convivencia adecuada, así como o benestar dos animais e a correcta xestión das colonias felinas no municipìo. Durante a reunión explicaranse os principais aspectos do programa, así como os requisitos e procedementos para a obtención do carnet de coidador/a de colonias felinas.
Así mesmo, infórmase de que unha vez celebrada esta reunión non estará permitido alimentar gatos na vía pública as persoas que non dispoñan do devandito carnet.
Dende o concello faise un chamamento a colaboración cidadá, destacando a importancia da implicación das persoas alimentadoras para unha xestión responsable, coordinada e respetuosa das colonias felinas. Para máis información: Cecilia Duarte, Concelleira de Medio Ambiente, teléfono 647472051

As festas de san Isidoro de Monte abren a primavera en Xove
07/Abril/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove continúa a amosar o seu compromiso co tecido asociativo local colaborando coas distintas comisións de festas do municipio. Un ano máis, e con moita ilusión, a Asociación Cruz de Loureiro organiza a tradicional Festa de San Isidoro de Monte 2026, que terá lugar en Penas Agudas os vindeiros días 11 e 12 de abril.

O sábado 11 celebrarase unha misa solemne, seguida dun xantar popular que estará amenizado polo Dúo Belinda e o Grupo Fénix. Ao longo da tarde desenvolverase un concurso de pasodobre e bachata. Para anotarse a este xantar está aberto o prazo de inscrición ata o día 8 de abril.
O domingo 12, a xornada comezará ás 10:00 horas cunha ruta de sendeirismo aberta a todas as persoas participantes, que poderá realizarse a pé, a cabalo ou en bicicleta, tal e como sinala a organización. Ao remate, haberá sesión vermú e un xantar acompañado de música, creando un ambiente ideal para gozar dunha tarde de lecer e descanso tras a andaina.
Cómpre destacar que, durante ambos días, a festa contará cunha carpa acondicionada para garantir o seu desenvolvemento ante posibles inclemencias meteorolóxicas.
A organización convida a veciños e visitantes a achegarse a Penas Agudas para desfrutar dunhas xornadas cheas de festa, convivencia e moi bo ambiente.
Na presentación do cartaz Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove, e Dolores Meitín, concelleira de cultura, acompañaban a unha parte dos membros da comisión de festas: Antonio Paleo, Miguel Otero, Lorena Pérez e Antonio Liborio.

Obradoiros Nenos e Nenas 2026
31/Marzo/2026
Departamento de Servizos Sociais
-

III Faladoiro de corresponsabilidade 2026
31/Marzo/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-

FICHA DE INSCRIPCIÓN
2ª Charla para familias e docentes, celebrada o 25 de marzo: Organización, Estudos e Responsabilidade Compartida.
27/Marzo/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Sesión en diferido da segunda charla en corresponsabilidade da programación do Concello de Xove para o 8M. Unha sesión dinámica onde compartimos e aprendimos ferramentas para mellorar a convivencia e a corresponsabilidade. As última charla será: o 8 de abril (Corresponsabilidade na educación sobre o uso das tecnoloxías). Para participar debe cubrirse a ficha de inscrición dispoñible no Concello de Xove.
Premios do Concurso de Escaparates de Nadal 2025-2026
26/Marzo/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa entregou unha placa en conmemoración do Concurso de Escaparates de Nadal 2025-2026 organizado polo Concello de Xove ao establecemento gañador Catycris Fashion que recolleu Catia López Soto, que foi a encargada da idea e execución da escena de Nadal reflectida no seu escaparate.

O premio outorgado por un xurado composto por Jesús Atadel (escaparatista), Xoan Guerreiro (artista) e Dolores Mon (presidenta de Mulleres Bolboretas) consistíu nunha placa conmemorativa e 250 € en efectivo.
Desde o Concello damos os nosos parabéns a Catycris Fashion e aos demais establecementos participantes animándoos a seguir participando das actividades que se artellan para promocionar o comercio local.

Saiñas presenta o XV Festival Infantil
24/Marzo/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove informa de que a Asociación Cultural Saiñas vén de organizar o XV Festival Infantil, que terá lugar este vindeiro sábado 28 de marzo ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico de Xove.Nesta nova edición, o festival contará, ademais dos grupos infantís de Saíñas, Xoaniña e Candís coa participación de destacados grupos convidados, a Asociación Folclórica e Cultural Orballo de Pontedeume e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá, que achegarán o mellor do folclore tradicional galego.

A organización convida a veciños, visitantes e a todas as persoas afeccionadas á cultura popular a achegarse a Xove para gozar dunha tarde de baile e música tradicional, nun ambiente festivo e familiar.
Desde o Concello anímase á asistencia a este evento que contribúe á posta en valor das nosas tradicións e ao fomento da cultura galega entre as novas xeracións.
Na presentación do cartaz estaba presente o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín acompañando a Jairo Miguez e Pepe Casariego, presidente e secretario respectivamente da Asociación Cultural Saíñas
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|