Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Éxito da I Xornada Micolóxica en Xove.
13/Outubro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove levou a cabo este sábado a I Xornada Micolóxica de Xove, unha iniciativa que reuniu 50 participantes procedentes de distintos lugares da Mariña, nunha xornada marcada polo compañeirismo, a aprendizaxe e a paixón polo mundo dos cogomelos.

A actividade comezou cunha introdución no salón de actos, na que os asistentes puideron coñecer os aspectos básicos da xornada e prepararse para a saída ao campo. A continuación, os participantes desprazáronse ata a parroquia de Monte, onde realizaron unha saída micolóxica para localizar e identificar diferentes especies de cogomelos.
Despois do xantar, a actividade continuou cunha posta en común das especies atopadas, que permitiu comentar e analizar os exemplares recollidos, así como resolver todas as dúbidas e cuestións que foron xurdindo entre os participantes.
A xornada converteuse nunha oportunidade para compartir coñecementos, intercambiar experiencias e gozar dunha afección común nun ambiente de convivencia e compañeirismo, achegándose ao mesmo tempo á riqueza natural do municipio de Xove.
Desde o Concello de Xove faise unha valoración moi positiva desta primeira edición, tanto pola participación rexistrada como polo interese e a implicación das persoas asistentes.
O éxito desta I Xornada Micolóxica anima a seguir promovendo actividades que fomenten o coñecemento do medio natural, a divulgación e a convivencia entre a veciñanza e as persoas afeccionadas á micoloxía.
Linea Verde (Avisos de incidencias varias)
09/Outubro/2026
Concellería de Medio Ambiente
-
CASE 500 INCIENCIAS SOLUCIONADAS A TRAVÉS DO SERVIZO LÍNEA VERDE NO CONCELLO DE XOVE
Grazas a implantación deste servizo, os veciños dispoñen dun canal directo de comunicación co Concello de Xove, para infformar sobre os desperfectos localizados no municipio. Líne Verde favorece o uso das “boas prácticas” medioambientais e, en consecuencia, no desarrollo do municipio sostible.
App Línea Verde Concello de Xove - Avisa da túa incidencia online
OUTUBRO 2026 – O servizo Línea Verde implantouse en Xove no ano 2021. Os veciños desta localidade demostraron moi boa acollida e proba delo, é o uso continuo que fan do mesmo.
O tipo de incidencias que máis se comunicaron son aquelas que fan referencia a “aceras e calzadas” (20%), seguido do “alumbrado” (17%), “parques e xardíns” (11%), “basuras” (10%) e “puntos de auga” (10%). A día de hoxe puxéronse solución a todas as incidencias comunicadas a través deste servizo.
Para poder utilizar este servio é necesario proceder a descargar a APP LÍNEA VERDE. Para elo, o usuario accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empleada no seu Smartphone (Android/iOS). Unha vez localizada, lévase a cabo a descarga de forma gratuita. A partir deste momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O precedemento é moi rápido e sinxelo.
Para comunicar unha incidencia, basta con pinchar sobre o botón “Nova incidencia”. Un despeglabe coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece na pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma autómatica, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se ubica o desperfecto. O seguinte paso é adxuntar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do concello recibe notificación do desperfecto comunicado. A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución a incidencia detectada. O cidadán, a súa vez, recibe notificación no seu teléfono móvil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

imaxe da presentación

Peón Forestal para acondicionamiento de espazos municipais
06/Outubro/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Subvención para Entidades Locais que contraten persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
O Concello de Xove acaba de formalizar un contrato laboral dun peón forestal polo período de 9 meses cun mozo inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil grazas á subvención recibida pola Xunta de Galicia para esta actuación. A axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración consiste en 16.902,64 euros, o Concello de Xove aportará a diferencia dos custes laborais do peón forestal que prestará os seus servizos no proxecto denominado ACONDICIONAMENTO DE ESPAZOS MUNICIPAIS.
Esta axuda esta cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021 – 2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1. “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02. “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”.

Escola Municipal de Música de Xove presenta o novo curso 2026-27
05/Outubro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
Este sábado tivo lugar nas instalacións do antigo colexio de Palmeiro a presentación do novo curso escolar 2026-2027, nun encontro no que as familias tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento da escola e as principais novidades de cara ao novo curso.

Durante a xornada, o equipo da escola presentou ás familias os horarios, a organización e o funcionamento do centro, así como os diferentes aspectos relacionados co día a día do alumnado. O encontro permitiu tamén resolver dúbidas e compartir información de interese para afrontar o inicio do curso con claridade e confianza.
A presentación serviu, ademais, como punto de encontro entre as familias e o equipo da escola, reforzando a importancia da comunicación e da colaboración entre a comunidade educativa.
Desde a escola agradecen a participación das familias nesta xornada e a súa disposición para iniciar, xuntos, este novo curso 2026-2027 con ilusión e compromiso.
Recepción da obra de Ancheamento da Curva das Gulpilleiras, na Rigueira.
24/Setembro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove ven de recepcionar as obras de mellora e ancheamento da curva das Gulpilleiras, na parroquia de A Rigueira. Esta actuación, executada pola empresa Carferlo, S.L., permitiu transformar de maneira notable este tramo e mellorar as condicións de seguridade e circulación para os usuarios da LU-P-2604 Xove-Monte-Valcarría neste punto concreto da zona da curva.
Esta mellora foi incluida dentro do Plan Único da Diputación, onde ésta colaborou cunha achega de 206.000 euros e o restantes 165.000 euros foron con fondos das arcas municipais para sumar unha inversión total na obra de máis de 370.000 euros.

Para facer posible esta ampliación os propietarios de parcelas colindantes fixeron unha donación gratuita porque foi necesario executar tamén un reforzo do terreo mediante a construción dun muro de contención, garantindo así a estabilidade da plataforma viaria.
Ademáis da mellora da sección da estrada, a intervención incluíu unha nova sinalización horizontal e vertical, coa finalidade de ordenar a circulación e incrementar a seguridade neste punto da vía. Un dos elementos máis destacados da actuación foi a configuración dun triple carril, que permite organizar de maneira máis eficiente os movementos dos vehículos. Por unha banda, dous carrís facilitan a continuidade da circulación polo vial principal, mentres que o terceiro permite o desvío cara aos lugares de Soutorredondo e Vila.
A maiores aproveitouse esta obra para facer traballos de mellora na rede principal de abastecemento de auga que consistiron en susituir por unha nova a antiga rede procedente do Torrillón e que comunica co depósito de Montevelle.
Desde o concello de Xove salientan a importancia deste tipo de actuacións destinadas á mellora e conservación da rede viaria provincial, especialmente en puntos nos que o incremento da sección da estrada e a reorganización da circulación contribúen a facer máis seguros e funcionais os desprazamentos da veciñanza.
A recepción das obras pon así o punto final a unha actuación que supón unha mellora significativa das condicións deste tramo da vía LU-P-2604, tanto para o tráfico que continúa polo itinerario principal como para os vehículos que se dirixen cara a outros núcleos de población.
Concertos didácticos da Escola de Música
22/Setembro/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Escola Municipal de Música de Xove leva a música aos centros educativos do municipio con concertos didácticos
Xove, 22 de setembro de 2026. A Escola Municipal de Música de Xove desenvolveu durante a xornada de hoxe, martes 22 de setembro, unha actividade de divulgación musical nos centros educativos do municipio, desprazándose ata o IES Illa de Sarón e o CEIP Pedro Caselles Rollán para ofrecer unha serie de concertos didácticos dirixidos ao alumnado.
Mestres e alumnos da Escola participaron nestas actuacións, nas que interpretaron diferentes pezas musicais ao tempo que explicaban diversos recursos, elementos e formas musicais. A iniciativa permitiu achegar a música ao alumnado dunha maneira dinámica e participativa, combinando a interpretación en directo coa vertente educativa e formativa.

Esta actividade enmárcase nas accións de promoción e difusión que a Escola Municipal de Música de Xove realiza ao longo do curso para fomentar o interese pola práctica musical entre os máis novos e dar a coñecer a súa oferta educativa.
De cara ao curso 2026-2027, a Escola manterá as súas materias e actividades habituais, incorporando ademais un reforzo especial da educación vocal. Esta nova aposta estará dirixida non só ao alumnado infantil, senón tamén ao público adulto, coa finalidade de favorecer a creación e consolidación dunha actividade coral aberta á participación da veciñanza.
Deste xeito, todas aquelas persoas que gocen do canto e desexen desenvolver esta afección terán a oportunidade de facelo a través da Escola Municipal de Música, participando nun proxecto coral colectivo que pretende converterse nun novo espazo de encontro e convivencia arredor da música.
As clases do novo curso darán comezo o vindeiro 3 de outubro. Como en anos anteriores, as persoas interesadas en matricularse poderán formalizar a súa inscrición ata o 30 de setembro nas oficinas municipais.
XII Concurso de fotografía medioambiental
22/Setembro/2026
Concellería de Medio Ambiente
-
O alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte, presentaron esta mañá unha nova edición do concurso, que invita a descubrir e poñer en valor a riqueza natural do municipio a través da fotografía.O Concello de Xove presentou o XII Concurso de Fotografía Medioambiental, unha iniciativa promovida polo Departamento de Medio Ambiente que ten como obxectivo fomentar o interese pola contorna natural do municipio e contribuír á súa divulgación e posta en valor a través da fotografía.O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte, foron os encargados de presentar esta duodécima edición, que volve poñer o foco na natureza, a costa e o mar de Xove, elementos que forman parte esencial da identidade e do patrimonio ambiental do municipio.

FOTOTOGRAFÍA DA PRESENTACIÓN DO CARTAZ
Durante a presentación, a concelleira Cecilia Duarte destacou que o concurso pretende animar á veciñanza e a todas as persoas afeccionadas á fotografía a mirar Xove desde diferentes perspectivas e captar, a través das súas imaxes, a beleza, singularidade e riqueza medioambiental do territorio.Pola súa banda, o alcalde Demetrio Salgueiro salientou a importancia de iniciativas deste tipo para promover o coñecemento e o respecto pola contorna natural de Xove, así como para dar visibilidade aos seus paisaxes, espazos naturais e patrimonio ambiental.
CINCO PREMIOS NUNHA CATEGORÍA ÚNICA O concurso contará cunha categoría única e estará dotado con cinco premios: 1º premio: 120 € 2º premio: 100 € 3º premio: 90 € 4º premio: 75 € 5º premio: 65 € As fotografías deberán estar relacionadas coa contorna medioambiental do municipio de Xove, ofrecendo unha visión persoal e creativa da súa natureza, costa e mar. PRAZO ATA O 30 DE OUTUBRO
As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas fotografías ata o 30 de outubro de 2026. As obras poderán entregarse no Rexistro de Entrada do Concello de Xove ou enviarse por correo postal ordinario, facendo constar no sobre a data de presentación. As bases completas e a convocatoria poden consultarse ó final deste artigo.Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Medio Ambiente do Concello de Xove, no teléfono 982 592 001.
Desde o Concello de Xove anímase á participación nesta nova edición e a compartir, a través da fotografía, diferentes miradas sobre un territorio no que a natureza, a costa e o mar son grandes protagonistas.

BASES REGULADORAS
FICHA DE INSCRIPCIÓN
I Xornadas Micolóxicas
18/Setembro/2026
Delegación de Agricultura
-
O Departamento de Agricultura do Concello de Xove organiza as súas I Xornadas Micolóxicas, unha nova iniciativa que abre un novo espazo de aprendizaxe, divulgación e contacto directo coa natureza. Esta primeira edición celebrarase o sábado 10 de outubro, cun programa que combina charla divulgativa, saída de campo e obradoiro práctico de identificación de cogomelos.
A actividade comezará ás 10:00 da mañá no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove e logo dunha pequena parte teórica, os participantes desplazaranse polos seus propios medios a un punto do noso concello na procura de atopar os mellores cogomelos. Na saída de campo explorarase a diversidade micolóxica da contorna, e logo polo tarde terá lugar un obradoiro de identificación e traballarase tratando as características morfolóxicas e boas prácticas de recoñecemento seguro destes cogomelos.
A participación nestas xornadas é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas.
As persoas interesadas deberán realizar a preinscrición antes do 3 de outubro a través da seguinte ligazón: http://bit.ly/micoloxia-xove
O Concello de Xove lembra que a realización da preinscrición non implica a reserva da praza, senon que se confirmará posteriormente, coa recomendación de traer roupa axeitada, cesta e navalla para a saída de campo.
Con esta iniciativa, o Concello aposta pola divulgación do coñecemento do medio natural e por ofrecer á veciñanza actividades formativas e prácticas relacionadas coa biodiversidade e o patrimonio natural de Xove.

ITV de vehículos agrícolas 2026
18/Setembro/2026
CONCELLO DE XOVE
-

O Concello de Xove informa de que os vindeiros 20 e 21 de outubro de 2026 terá lugar en Xove a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) de vehículos agrícolas. As inspeccións realizaranse no aparcadoiro do Centro de Saúde, diante do Cuartel da Garda Civil de Xove, facilitando así ás persoas propietarias de vehículos agrícolas da zona o cumprimento das correspondentes revisións.
O horario será o seguinte:
- Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.
- Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas.
As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web www.sycitv.com, no apartado de Cita previa.
Desde o Concello de Xove lémbrase a importancia de aproveitar esta convocatoria para realizar a inspección dos vehículos agrícolas dentro dos prazos establecidos.
Casting pelicula ....
16/Setembro/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-

AVISO | CORTES DE ESTRADA POR OBRAS
16/Setembro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
Como consecuencia do avance dos traballos de extensión de mestura bituminosa na estrada provincial LU-P-2604 “Xove (LU-862) – Monte – Valcarria (LU-P-6607)”, será necesario realizar un corte de estrada no tramo comprendido entre os PK 0+900 e PK 3+140.
 O corte terá lugar do 17 ao 22 de setembro, ambos os días incluídos.
 Posteriormente, será necesario realizar outro corte na estrada provincial LU-P-2605 “A Tronca (LU-862A) – Vila – Tarolo (LU-P-2604)”, no tramo comprendido entre os PK 0+000 e PK 2+700.
 Neste caso, o corte será do 23 ao 25 de setembro.
 Recoméndase prestar atención á sinalización e utilizar os desvíos provisionais establecidos.
 Nas imaxes que acompañan esta publicación poden consultarse os desvíos provisionais propostos.
 Desde o Concello de Xove agradecemos a comprensión e as molestias que estas obras poidan ocasionar.
Actividades de ocio e tempo libre 2026
12/Setembro/2026
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O vindeiro martes, 15 de setembro, abrimos prazo de inscrición para as actividades de Ocio e Tempo libre da nova tempada que comezará no mes de outubro. A inscrición pode facerse a través da sede electrónica do Concello de Xove ou de forma presencial por rexistro na OMIX. Máis información das actividades e horarios no folleto que vos adxuntamos ou na OMIX chamando ao 982571816 .
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ‘MISIÓN AFGANISTÁN’
10/Setembro/2026
Concellería de Deporte e Turismo
-
O vindeiro luns 14 de setembro, ás 12:00 horas, inauguraremos no Salón de Actos do Concello de Xove a exposición fotográfica ‘Misión Afganistán’, organizada pola Subdelegación de Defensa en Lugo en colaboración co Concello de Xove.
A mostra reúne 30 imaxes, paneis informativos, uniformes e diverso material que permiten coñecer a realidade de Afganistán e o labor desenvolvido polas Forzas Armadas españolas durante a súa presenza no país, entre 2001 e finais de 2014.
Unha exposición que pon en valor o traballo realizado en materia de asistencia sanitaria, seguridade, loxística, vixilancia e cooperación coa poboación afgá, así como a importancia da paz e da seguridade.
Do 14 ao 27 de setembro. En horario todos os días de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h. Salón de Actos do Concello de Xove.
Entrada aberta ao público.
Animámosvos a achegarvos e coñecer de primeira man esta interesante exposición.
Obradoiro de Emprego 2026
08/Setembro/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
A Xunta de Galicia acaba de aprobar o proxecto de obradoiro dual de emprego denominado SENDAS DE BURELA, CERVO E XOVE XII solicitado polo Concello de Cervo para desenvolver nos tres municipios.
A resolución de concesión indica os seguintes datos: -Data límite de inicio: 15/10/2026 -Data límite de remate: 14/07/2027 -Nº de alumnado: 20 -Horas: 1440 -Especialidade: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría (AGO0108)
No Concello de Xove contaremos con 6 persoas alumnas-traballadoras que aprenderán a profesión de auxiliar de xardinaría desenvolvendo os seguintes traballos: Saneamento, preparación de terreo e plantación de árbores autóctonas en zonas verdes. Actuacións en xardíns municipais. Acondicionamentos e mantemento de espazos municipais. Actividades de mellora medioambiental. Mantemento de rutas de sendeirismo.
As persoas interesadas en formar parte do alumnado-traballador que cumpran os requisitos para acceder ao obradoiro de emprego, deberán acudir inmediatamente (con cita previa) á oficina de emprego de Burela e cubrir a súa solicitude.
O Concello de Cervo será o encargado da selección, tanto do persoal alumno-traballador coma de dirección, docencia e xestión do Obradoiro SENDAS DE BURELA, CERVO E XOVE XII, polo que para máis información as persoas interesadas poderán contactar directamente.

Rehabilitación da Pista Polideportiva
07/Setembro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello culmina a rehabilitación e mellora da pista polideportiva do parque de Xove cun investimento de 18.000 euros.
O Concello vén de rematar os traballos de rehabilitación e mellora da pista polideportiva do parque de Xove, unha actuación moi necesaria debido ao desgaste que experimentaba polo uso intensivo da mesma e do paso do tempo.
A intervención consistiu nunha reparación integral do peche perimetral e da estrutura soporte da pista multideportiva 3x3, así como na renovación completa do pavimento deportivo de céspede sintético, a colocación de canastas novas e a mellora na rede de protección.
Optouse por unha reparación integral da instalación debido a que o uso constante da infraestrutura representaba un risco significativo para os usuarios e facía inviable a práctica deportiva de maneira segura e adecuada, o que obrigou a acometer unha actuación completa en lugar dun simple tratamento superficial.
A valoración económica deste proxecto ascende a 18.000 euros e a actuación está financiada ao abeiro dun convenio para subvención directa polos ingresos percibidos pola Xunta de Galicia derivados do Imposto de Compensación Ambiental.
Con esta obra, o Concello reforza o seu compromiso coa mellora das infraestruturas deportivas municipais e coa creación de espazos seguros, accesibles e de calidade para a práctica do deporte e o lecer da cidadanía, especialmente da mocidade que fai un uso habitual desta instalación do parque de Xove.
Xove clausura o programa Xove Concilia Verán 2026
03/Setembro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
Xove clausura mañá venres, 4 de setembro, o programa Xove Concilia Verán. Este servizo municipal ofreceu desde o primeiro día das vacacións escolares, 22 de xuño, apoio ás familias con necesidades de conciliar a vida laboral e familiar.
No Xove Concilia Verán participaron máis de 60 nenas e nenos de entre 3 a 10 anos, en horario de 8:45 a 14:00 horas, e atendéronse ás necesidades de 57 familias que precisaron de axuda para conciliar a súa vida laboral coa atención á familia, ó longo de todo o período estival de vacacións escolares.
O servizo está a cargo da empresa Sonaga Gestión S.L. e é cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Plan Corresponsables. Ministerio de Igualdad. Gobierno de España.
Onte, 2 de setembro, o Alcalde e a Concelleira de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove, reuníronse cos participantes de Xove Concilia Verán para agradecerlles a súa participación e facerlles entrega dun agasallo de despedida.
Desde o Concello de Xove agradecen a participación e a confianza das familias no Xove Concilia Verán 2026, así como o labor da coordinadora e das monitoras encargadas de facer posible a programación estival.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|