Estado de Emerxencia=>Entrega de Mascarillas

profesional sanitaria con mascarilla foto freepikNOTA DE ÚLTIMA HORA: O Concello fixo durante o día de hoxe,  15 de abril de 2020 o reparto de 1.260 coronavirus-línea-icono-muestra-del-virus-del-esquema-88703171mascarillas a veciños de Xove.

Debido á gran cantidade entregada que superou as previsións iniciais para o primeiro día, agotáronse as mascarillas tanto artesanais como quirúrxicas, polo que non será posible continuar co reparto ata o próximo   MARTES 21 de Abril   día no que disporemos de cantidade dabondo para continuar e que ninguén quede sin elas. 

Pacencia e comprensión. Gracias!facerr


 

-->Mañá, mércores 15 de abril, o Concello de Xove vai comezar a  entrega  de mascarillas aos seus  veciños coas cales mellorar a súa seguridade e prevenir o contaxio  do coronavirus. O reparto de mascarillas vaise facer  dende o propio Concello, podendo recollerse nas oficinas xerais, diariamente en horario de 10:00 a 13:30 horas. Estas mascarillas  están sendo elaboradas por persoas voluntarias de todo o Concello e actualmente xa temos un bo stock delas; as mesmas serán repartidas ata agotar existencias e,  segundo se vaian recibindo,  seguiranse repartindo.
Dende o Concello queremos dar as grazas a tódalas persoas que están colaborando na realización da mascarillas e tamén a Alcoa, empresa que facilitou a tela especial coa que se están elaborando.
 
PERSOA DE CONTACTO:  José Demetrio Salgueiro Rapa. Alcalde do Concello de Xove (Teléfono de contacto: 690 65 17 14)