Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
XXX Aniversario da Asociación de Mulleres Bolboretas 1990 - 2020
-
En maio de 1990 foi o mes no que se fundou oficialmente a Asociación de Mulleres Bolboretas. Esta Asociación ten as súas raíces na Urbanización de Palmeiro na localidade de Xove, onde hai 40 anos chegaron vivir moitas familias novas, procedentes de distintos puntos da xeografía española. A empresa, naqueles intres Alúmina/Aluminio, hoxe Alcoa, encargou construir vivendas cerca da factoría, para que puideran vivir os empregados e as súas familias. Contan que comezaron as súas andaduras nun entorno novo, descoñecido, con extraños...pero pouco a pouco, aproveitando todo o que esta nova situación lles proporcionaba, colexio, instalacións deportivas e clube social, foron organizando e participando en diferentes actividades escolares e extraescolares, eventos como campionatos de fútbol sala, tenis, baloncesto, e tamén actividades teatrais, desfiles, festas do Magosto, San Xoán..... Aquí naceu a primeira Cabalgata de Reis do Concello, o primeiro grupo de Baile Rexional (raíces do actual "Saíñas") e catro edicións do festival da Canción Galega (precursora do Festival do Landro). Así foi formándose a idea de crear oficialmente, dez anos máis tarde, a Asociación de Mulleres Bolboretas, como elas din, a primeira Asociación da Provincia que englobaba todo tipo de mulleres, sen excepción, mulleres do rural, mulleres urbanas, mulleres amas de casa, mulleres traballadoras...; outro punto a destacar é que estaba aberta a toda a Comarca, non só a Urbanización, nin ao Concello, xa que dende os seus comezos conta con afiliadas de toda a Mariña. Actualmente sobre medio cento. Estos trinta anos da asociación deron lugar a un amplo currículum de diferentes actividades, que continúan na actualidade. As Bolboretas poñen ao alcance das súas socias diferentes actividades de entretenemento e ocio, viaxes culturais, cursos formativos, charlas sobre saúde, consumo, violencia de xénero, nutrición. Todo isto ademáis de realizar actividades sociais para a comunidade. O Concello de Xove aproveita este Aniversario para facer esta pequena homenaxe e comunicar públicamente que está profundamente agradecido coas Mulleres Bolboretas que, desinteresadamente, levan cosendo mascarillas dende o comezo do Estado de Alarma xerado pola alerta sanitaria do Covid-19.
GRAZAS a cada unha de vós: Ángeles, Fina, Celia, Pilar, María Carmen, Violeta, María Jesús C., María Jesús e Carmen.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|