Tarxeta Xente Nova

xentenova2
Xa podedes solicitar a Tarxeta Xente Nova nas oficinas de Abanca de Burela e Viveiro.
Tedes que pedir cita no seguinte enlace: https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn

Documentación: Á oficina de ABANCA seleccionada só deberás levar o teu DNI. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.


A tarxeta entrará en vigor o próximo día 21 de maio.  Máis INFO --->

A TARXETA XENTE NOVA é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.