PREMIO MEJOR VIDEOCLIP 2021: VELENO
O realizador burelense Adrián Canoura vén de gañar un premio importante ao mellor videoclip, un festival alternativo pero que se consolidou plenamente nestes anos.
O videoclip musical leva por título «Veleno», e pertence a Baiuca, que precisamente ofrecía un concerto en Viveiro o pasado mércores. Baiuca, nome baixo o que está o intérprete Alejandro Guillán, mestura
música tradicional con electropop.
O videoclip realizado e dirixido por Adrián Canoura foi gravado en San Tirso de Portocelo, en Xove, onde están as ruínas do antigo asentamento celta, que agora se intenta recuperar, co Cantábrico ao fondo. O videoclip conta coa colaboración ademais do popular músico asturiano Rodrigo Cuevas , innovador e «rompedor» de clixés. Parabén ao novo realizador burelense, ao que desexamos éxitos.