Convocatoria e Proceso de Selección dunha praza de Técnico de Administración Especial

Por Resolución de Alcaldía de 22 de marzo de 2022 aprobáronse a BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, COMO PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO, DE UNHA (1) PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL (TAE), POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE que a seguir se transcriben na súa integridade:FIRMA

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter de interinidade de unha praza de Técnico de Administración Especial, polo sistema de Oposición Libre; atopándose vacante dita praza no Cadro de Persoal e non resultando posible a súa cobertura como funcionario de carreira.

2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA. GRUPO: A1 NÚM. DE VACANTES: 1 DENOMINACIÓN: TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL.

A praza atópase encadrada no Grupo A, Subgrupo A1 (art. 76 RDL 5/2015, de 30 de outubro), Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnico Superior (Art. 167 e seguintes do RDL 781/1986, de 18 de abril). A mencionada praza atópase dotada no Orzamento vixente.

COMETIDO FUNCIONAL: realización de tarefas técnico-xurídicas e de apoio a Intervención e Secretaría.

 

  1. BASES REGULADORAS (Publicadas no BOP-LUGO nº 70 de 26 de marzo de 2022)
  2. INSTANCIA PARTICIPACIÓN
  3. LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
  4. O Primeiro Exercicio celebraráse o vindeiro xoves día 15 de setembro de 2022 ás 10:00 horas na Aula de Formación do Concello de Xove (Casa Consistorial) 
  5. O Segundo Exercicio celebraráse o luns día 26 de setembro de 2022 ás 10:00 horas na Aula de Formación do Concello de Xove (Casa Consistorial)

 

 SITUACIÓN DA AULA DE FORMACIóN