Un grupo da Asociación Saúde Mental da Mariña fixo hoxe entrega ao noso Concello dun lote de libros de “a Super_Acción de Mauricio”, nun entrañable acto no que participaron uns 25 membros da Asociación acompañados por varios tecnicos.
O citado libro, que ten unha preciosa factura, foi elaborado coa participación dos membros da Asociación, a quens dende o Concello lles damos as nosas máis cariñosas grazas por ese precioso presente que nos ofrecen.
Destacamos tamén a extraordinaria laboura que fai a Asociación no seu traballo diario con este marabilloso grupo de persoas, potenciando a creatividade de todos eles.