Aberta a Preinscrición para a escola Municipal de Música de Xove – Curso 2022/2023

Dende o xoves 1 ata o venres 30 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2022-2023 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición.

Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro OU CUMPLIMENTAR --->SOLICITUDE PRE-INSCRIPCIÓN <----
Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.022/23. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos email Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla., a seguinte documentación: o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26-0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Santander ATA O 14 DE OUTUBRO (INCLUÍDO) de 2022. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.
Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2021/2022 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.