Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Presentación de Rutas Galicia Norte

CARTELXOVE

foto presentación rutas

Bandeira Azul da praia de Esteiro 2024

 Dende este martes ondean a Bandeira Azul e a Bandeira de Praias sen Fume, na Praia de Esteiro en Xove. Fixeron izado da bandeira o alcalde Demetrio Salgueiro Rapa, a concelleira de Turismo e Medio Ambiente Cecilia Duarte Fernández e a concelleira de Deportes e Xuventude Cristina Iglesias Guerreiro. Acompañados neste acto por Nacho de Esteiro Surfing e o socorrista José Ramón.

O Delegado Teritorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, Javier Arias Fouz fixo entrega da Bandeira Azul para a Praia de Esteiro, ao Alcalde Demetrio Salgueiro Rapa e a Concelleira de Turismo e Medio Ambiente Cecilia Duarte Fernández, na praza do Concello de Xove.

bandeirazaul

Concilia Verán 2024

Screenshot 20240628 201726 WhatsApp

Remate da Escola de Maiores 2024

O venres día 21 de xuño, fixose entrega dos diplomas aos alumnos e alumnas que este ano participaron na Escola de Maiores, que imparte a Educadora Familiar do Concello de Xove Angélica Casabella Quelle dende fai máis de 20 anos. A entrega tivo lugar ás 13:00 horas no salón de plenos do Concello da man de Tamara Soto, concelleira de Servizos Sociais e de Dolores Meitín, 1ª Tte de Alcalde, nun acto moi emotivo e de agradecemento á profesora.

Logo da entrega de diplomas tivo lugar unha comida de confraternidade entre todos os alumnos e a profesora, e tamén coa asistencia do alcalde Demetrio Salgueiro, que agradeceu enormemente a adicación e profesionalidade de Angélica durante todos estes anos dirixindo esta Escola. A Escola de Maiores do Concello de Xove empezou a marchar no ano 2002 e seguiu funcionando de forma ininterrumpida cada ano e sempre con moita afluencia de alumnos e alumnas; sendo, ademáis, a pioneira de todas as Escolas de Maiores de Galicia e a partir da cal xurdiron a posteriori todas as demáis.

O curso iniciase cada ano en outubro e dura ata xuño, coas suas pertinentes vacacións (nadal, entroido, Semana Santa…). Ten 8 sesións ao mes, repartidas en 2 cada semana dunha duración de hora e media cada sesión. Este ano foron 25 alumnos os inscritos. Angélica Casabella encárgase de impartirlles todas as materias, que a maiores compleméntanse con un taller de memoria que se realiza durante todo o mes de xullo a razón de 3 horas semanais. Tamén nesta Escola de Maiores levanse a cabo ao longo do curso dúas viaxes de tipo cultural para coñecer Galicia ou mesmo algunha localidade límitrofe. Para estes alumnos tamén se organizan charlas que poden ser do seu interese como por exemplo seguridade cidadá, educación vial etc…

remate2

Apagón Ambiental

APAGÓN AMBIENTAL

XXIX Torneo de Ximnasia Rítmica

cartel albano

Concurso das Letras Galegas ' 2024

CARTEL CONCURSO LETRAS GALEGAS 2024

 

 

 

Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte 2024

Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 6 e 7 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:

SÁBADO, 6 DE ABRIL:

   -13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.

   -14:00 horas.- Sesión Vermú co “Duo Belinda”.

   -15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.

   -17:00 horas.- Verbena con: “DUO BELINDA” e GRUPO FENIX”. Para esta verbena a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de pasodoble, 1 trofeo para mellor parella de bachata.

DOMINGO, 7 DE ABRIL:

   -10:00 horas.- Xuntanza Cabalar e Paseo Sendeirismo (A PÉ OU A CABALO), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 646 647 619.

   *Nota importante sobre a ruta a cabalo.- “Cada xinete participante na Xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos que poida producir xunto co seu cabalo tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a sí mesmo e ao seu cabalo.

   -14:00 horas.- Sesión Vermú cunha ACTUACIÓN ESTELAR

   -17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena cunha ACTUACIÓN ESTELAR.

   A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.

   A Comisión tamén quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.

CARTEL

Por unha espalda sana

CARTEL OBRADOIRO 1

XX Festa do Polbo 2024

CARTEL FESTA 2024

 

polbo24

Curso de Apicultura 2024

Organiza: Concellería de Agricultura e Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local

Solicitudes: No Rexistro Xeral de Entrada e Saída (Oficinas Xerais-planta baixa)

CARTEL CURSO APICULTURA

 

-----> BASES


----->  FICHA DE INSCRIPCIÓN

 

ANULADA A XORNADA DE FACTURACIÓN ELECTRÓNICA

ANULADO

Conto Musical Infantil

Imagen de WhatsApp 2024-03-11 a las 12.53.31 3ad8d111

Entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal 2023-2024

 O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de novembro do pasado ano unha nova edición do Concurso de Postais de Nadal. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove de Primaria e de ESO, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

ENTREGA PREMIOS CONCURSO POSTAIS

   Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.

Leer más:Entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal 2023-2024

Adecuación da seguridade vial en aparcadoiros do Centro Cívico e Xardín Municipal

 ANUNCIO

Xa funciona o Punto de Recarga para Vehículos Eléctricos de Xove

Onte, 13 de novembro, púxose en marcha o PUNTO DE RECARGA PARA VEHÍCULOS ELÉCTRICOS instalado no entorno do Centro Cívico, concretamente no aparcamento lateral do Salón de Actos. Para instalación deste Punto de Recarga abriuse por parte do Concello un Concurso ao cal só se presentou a empresa Cargacoches S.L. Dentro deste Concurso a empresa realizou unha serie de propostas de mellora sobre as cláusulas dictadas polo Concello:Instalación dun único poste de recarga de 100 Kv con dous conectores. Período inicial de utilización gratuita dos puntos de recarga por parte dos usuarios durante TRES MESES a contar dende a formalización da correspondente Acta de Inicio. Ousexa, os usuarios poden recargar gratuitamente neste punto os seus vehículos eléctricos durante tres meses contados a partir do 13 de novembro.

Por parte do Concello concedeuse á empresa a CONCESIÓN DEMANIAL DE USO PRIVATIVO DE ESPAZOS DE DOMINIO PÚBLICO PARA A INSTALACIÓN DE PUNTOS DE RECARGA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE. Pola súa parte, a empresa Cargacoches comprométese a aboar ao Concello de Xove como canon da concesión e de acordo coa oferta presentada o 11% da facturación dos puntos de recarga.

recargar

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo