Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE   2025 

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)

---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

VII Rally da Mariña 2025

 

TC-D XOVE resized 20250506 102627401

 

IMG-20250505-WA0024

Comida de confraternidade veciños de Xuances 2025

 

Concurso Letras Galegas 2025

cartel letras2025

    1BASES REGULADORAS       1 FICHA DE INSCRIPCIÓN

 

 

Día Internacional do Libro 2025

O Concello de Xove celebra o Día Internacional do Libro desde a súa Biblioteca Pública Municipal.

Hoxe, 23 de abril, Día Internacional do Libro, o Concello de Xove celebra o Día Internacional do Libro co fomento da lectura desde a súa Biblioteca Pública Municipal, agasallando a tódolos usuarios/as que fagan uso da mesma durante toda a xornada con marcapáxinas especiais deseñados para a propia Biblioteca Pública Municipal de Xove, co lema: “Na lectura está a verdadeira riqueza”.

A Concellería de Cultura do Concello de Xove pretende con esta iniciativa, ademais de conmemorar unha data tan sinalada no calendario, fomentar a lectura entre a veciñanza, salientando a importancia de contar desde fai máis de tres décadas cunha Biblioteca Pública Municipal con case 12.000 títulos informatizados e actualizados. Pois as novidades editoriais son adquiridas para a Biblioteca semanalmente, facendo especial fincapé en manterse ó día coas publicacións realizadas na nosa lingua. As suxestións das persoas usuarias son sempre tidas en conta á hora de adquirir novos títulos, así como as lecturas recomendadas para o alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove.

Desde a Concellería de Cultura sinalan o orgullo que é para todo o municipio de Xove contar cunha casa para os libros tan acolledora e activa como a Biblioteca Pública Municipal, e tamén a ledicia de que as súas sexan das instalacións máis visitadas e valoradas pola veciñanza: desde as persoas que acoden diariamente á súa sala de lectura de prensa, á sala de lectura infantil insonorizada, ambas na primeira planta; como as persoas usuarias que fan uso da área de consulta e traballo no segundo piso.

Celebración do Día Internacffional do Libro Concello de Xove. Concelleria de Cultura e Bibliotecaria Municipal

Celebración do Día Internacional do Libro Concello de Xove3

XXI Edición da Festa do Polbo en Xove

Presentación do Cartel da Festa do Polbo de Xove 2025 a cargo do grupo de hostaleiras e hostaleiros organizadores, do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e da concelleira de Cultura, Dolores Meitín. A XXI edición da popular Festa do Polbo de Xove será o vindeiro Xoves Santo, 17 de abril, a partir das 19:00 h nos locais organizadores de Xove: Bar Pepe, Cafetería A Roda, O Refuxio, A Fuga, La Cívica, Os Faroles, O Cabaliño, Antoxo e Pulpería-Bar Cociña.

A partir de 15 euros poderase degustar unha rica ración de polbo, un dos produtos máis populares da nosa gastronomía. A cea estará animada pola percusión da comparsa Habelas Hainas de Barreiros, por tódolos locais participantes”.

O Concello de Xove anima á veciñanza e aos visitantes de toda A Mariña a participar nesta festa gastronómica.

Presentación_Cartel_Festa_do_Polbo_2025.jpg

Festa do Polbo en Xove 2025

 

 

XIV FESTIVAL INFANTIL (SAIÑAS)

 

IMG-20250410-WA0016

 

XIV FESTIVAL INFANTIL page-0001

 

festas de San Isidoro de Monte 2025

cartel festa 2

IMG-20250403-WA0023

XXXIV Curso de Formación Orquestral de Semana Santa 2025

Na presentación estaban presentes Demetrio Salgueiro  (alcalde de Xove), Mª Dolores Meitín (concelleira de cultura), Xan Carballal (presidente da Asociación Prestoxove) e Xulia Nogueira (tesoreira da Asociación Prestoxove).

CARTEL semana santa 2025 page-0001

20250328 114508

Xove Concilia Semana Santa

Xove Concilia Semana Santa. Correcto

XXI Campeonato de Tute

Entrega de premios do XXI Campeonato de Tute que organiza cada ano o Centro Social de Monte (Xove)

Este pasado sábado 8 de marzo, despois dunha cea de confraternidade entre todos os participantes, tivo lugar a entrega de premios do XXI Campeonato de Tute que ven organizando cada ano o Centro Social de Monte (Penas Agudas-Xove) coa colaboración do Concello de Xove.

Este ano foron 15 as parellas participantes e os premios quedaron da seguinte maneira:

    • Primeiros clasificados: Abelardo Lestegás-Jesús Pérez
    • Segundos clasificados: José Montenegro- José Aparicio
    • Terceiros clasificados: Jesús Galdo- Eduardo Sánchez

Tamén houbo agasallos especiais para as tres mulleres participantes (Isabel Pérez, Ana Sánchez e Sara Gómez), para o participante máis novo (Gabriel Valadares Pérez) e para os colistas (Pablo Balsa - Antonio Fernández).

IMG-20250310-WA0017

 

IMG-20250310-WA0018

Actividades do 8M

CARTEL 8 DE MARZO

Plan de Mellora de Camiños.- San Cristovo

1 cartel victor San cristobo

5 Carteles Plan camiños 2425 Page4

 

Plan de Mellora de Camiños.- Rega e Vilar

1b cartel victor - Rega

2  Carteles Plan camiños 2425 Page1REGA

Concurso de Elaboración de Caretas de Entroido 2025

 

 

Cartel Concuro Caretas Entroido 2025

  DEFINICIÓN DO OBXECTO

Constitúe   o   obxecto   das   presentes   bases   a   regulación   do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do concurso de confección de caretas de Entroido organizado polo Concello de Xove.

REQUISITOS DOS PARTICIPANTES 

Poderá   participar   no   concurso   e   ser   beneficiario   destas   axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde 4º de Infantil ata 4º de ESO)                                                                                          

A documentación a presentar será a seguinte:                                                                                    

-Ficha de inscrición establecida ao efecto  .- A   ficha   de   inscrición   deberá   presentarse,   xunto   coa   careta   a  concursar na Biblioteca Municipal con data límite 21 de febreiro de 2025.                                                                    

NORMAS DE ELABORACIÓN DAS CARETAS                                                                                    

As caretas deberán estar relacionadas con motivos de entroido.                                                                

Realizaranse en cartulina, folio ou calquera outro material que se  axeite ao tamaño dun folio

A técnica a empregar será libre: debuxo a lápis, rotuladores, ceras, collage,   etc.   Non   se   admitirán   caretas   prefabricadas   que   só   requiran  colorearse

Con   este   Concurso,   dende   o   Concello,   preténdese   estimular   a creatividade dos/as nosos/as nenos/as e rapaces/as; neste sentido, os/as inscritos/as   no   Concurso   poderán   participar  cunha   ou   varias   caretas   no

mesmo. A careta non incluirá ningún dato persoal do/a concursante.

 

 

 

 BASES REGULADORAS 

 FICHA DE INSCRIPCIÓN

 

XVI Festa do Lacón

Informamos de que Asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a XVI Festa do Lacón, o vindeiro sábado 8 de febreiro, a partir das 20:30 h no Pavillón Municipal de Deportes. Hoxe, martes 4 de febreiro, na praza do Concello, o presidente da asociación D. Jairo Míguez, xunto á concelleira de Cultura de Xove, D.ª Dolores Meitín, e o alcalde de Xove, D. Demetrio Salgueiro, presentaron o cartel do evento.

 

LacónSaíñas

Presentación Festa do Lacón

Programación de Nadal e Aninovo

 Reserva as datas na túa axenda e vén vivir o nadal connosco 

DIPTICO xove nadal

 

DIPTICO xove nadal2

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo