Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Xove clausura o programa Xove Concilia Verán 2026
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Jueves, 03 Setembro 2026 13:46
-
Última actualización en Jueves, 03 Setembro 2026 13:47
-
Publicado el Jueves, 03 Setembro 2026 13:46
Xove clausura mañá venres, 4 de setembro, o programa Xove Concilia Verán. Este servizo municipal ofreceu desde o primeiro día das vacacións escolares, 22 de xuño, apoio ás familias con necesidades de conciliar a vida laboral e familiar.
No Xove Concilia Verán participaron máis de 60 nenas e nenos de entre 3 a 10 anos, en horario de 8:45 a 14:00 horas, e atendéronse ás necesidades de 57 familias que precisaron de axuda para conciliar a súa vida laboral coa atención á familia, ó longo de todo o período estival de vacacións escolares.
O servizo está a cargo da empresa Sonaga Gestión S.L. e é cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Plan Corresponsables. Ministerio de Igualdad. Gobierno de España.
Onte, 2 de setembro, o Alcalde e a Concelleira de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove, reuníronse cos participantes de Xove Concilia Verán para agradecerlles a súa participación e facerlles entrega dun agasallo de despedida.
Desde o Concello de Xove agradecen a participación e a confianza das familias no Xove Concilia Verán 2026, así como o labor da coordinadora e das monitoras encargadas de facer posible a programación estival.
Festas Patronais de Portocelo 2026
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Miércoles, 02 Setembro 2026 13:45
-
Última actualización en Miércoles, 02 Setembro 2026 13:46
-
Publicado el Miércoles, 02 Setembro 2026 13:45
Portocelo toma o relevo das Festas de Xove con tres días de celebración na honra de Nosa Señora.
Unha vez rematadas as festas patronais de Xove, a celebración continúa esta fin de semana na parroquia de Portocelo, que se prepara para vivir tres intensas xornadas festivas na honra da Nosa Señora. Os días 4, 5 e 6 de setembro, a música, a gastronomía e a tradición volverán ser protagonistas nun programa pensado para tódolos públicos.
As festas darán comezo o venres 4 de setembro ás 21.00 horas coa celebración da Festa da Paella de Marisco ao estilo Portocelo. Nesta ocasión, o encargado de cociñar e servir a paella será o famoso tiktoker zamorano El Papi, que achegará o seu particular estilo a esta proposta gastronómica, que á vez estará amenizada pola Asociación Cultural Saíñas.

A música empezará ás 23.00 horas cunha gran verbena, que contará coa actuación do Dúo Musical La Hora Bruja e do Grupo Lecer.
O sábado 5 de setembro, as bombas de palenque, ás 10.00 horas, anunciarán o comezo dunha nova xornada de festa.
Os actos relixiosos terán lugar ás 13.00 horas, cunha misa solemne na igrexa de Vilachá, seguida dunha sesión vermú a cargo do Dúo Crazy no campo da festa de Portocelo.
Xa pola noite, a música volverá ser a gran protagonista cunha verbena que contará coas actuacións das Orquestras Charleston Big Band e Cinema. A xornada festiva do sábado rematará coa música da Disco Móbil Conxuro.
Servizo especial de autobuses.
Co obxectivo de facilitar os desprazamentos e favorecer que todas as persoas poidan gozar da festa con seguridade no desplazamento, o sábado haberá servizo especial de autobuses desde Viveiro, Xove, San Cibrao e Burela.
O programa festivo pecharase o domingo 6 de setembro cunha gran sesión vermú prolongada, que dará comezo ás 13.30 horas e que estará amenizada polo Dúo Primera Línea.
A organización destas festas corre a cargo da Asociación de Festexos A Medorra, que traballa incansablemente ao longo de todo o ano na organización de outros eventos para facer que todos os veciños e veciñas da parroquia e visitantes poidan desfrutar destas festas á Nosa Señora e como non, agradecen a toda a veciñanza e empresas a súa colaboración.
O Concello de Xove, como colaborador nestas grandes festas, convida a toda a veciñanza e ás persoas que se acheguen desde outros municipios a participar nestas festas de Portocelo e a gozar dunha fin de semana na que a tradición, a gastronomía e a música volverán encher de ambiente a parroquia.

As festas de Portocelo supoñen así a continuidade do calendario festivo do municipio despois das celebracións patronais de Xove, mantendo vivo o espírito festivo durante este primeiro fin de semana de setembro e dando un remate forte a un verán intenso e cheo de festas por todo o concello.
Actuacións da Xunta de Galicia para a evolución tecnolóxica da Tdt en Xove
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Martes, 01 Setembro 2026 08:52
-
Última actualización en Martes, 01 Setembro 2026 08:59
-
Publicado el Martes, 01 Setembro 2026 08:52
A Xunta de Galicia puxo en marcha unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios e cumprir coa Fase 1 do proceso de evolución tecnolóxica da TDT nos centros de extensión de cobertura do sinal de televisión dixital terrestre.
No Concello de Xove, hoxe realizáronse actuacións nos seguintes lugares:
- A RIGUEIRA (SAN MIGUEL):• A Abelá • A Ponte do Carro• Ferrol• Labradela• Lamas• O Canaledo• O Pazo• O Prado Vello• San Vicente• O Torrillón• Soutorredondo• Vila
- O MONTE (SANTO ISIDORO):• As Cancelas
- XUANCES (SAN PEDRO)* Camba* Campo Susao* O Cruceiro* Pereiraboa
- PORTOCELO (SAN TIRSO)* Canelas* Portocelo* Villalpol
Estas actuacións forman parte do proceso de adaptación e evolución tecnolóxica da rede de TDT.

Corte do tráfico en Lago
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Viernes, 28 Agosto 2026 13:26
-
Última actualización en Viernes, 28 Agosto 2026 13:26
-
Publicado el Viernes, 28 Agosto 2026 13:26
AVISO PARA TODOS OS USUARIOS E USUARIAS DA VÍA QUE VAI DENDE O CRUCE DO CENTRO SOCIAL DE LAGO ATA O BURGO DA BARXA, NA MESMA PARROQUIA DE LAGO
Os vindeiros días 31 de agosto, 1 e 2 de setembro, esta estrada permanecerá cortada ao tráfico con motivo dos traballos de mellora da ponte da Barxa.Durante estes días levaranse a cabo estudos xeotécnicos necesarios para obter información que permita planificar e executar adecuadamente as actuacións de mellora desta infraestrutura. Para realizar estes traballos é imprescindible que a maquinaria e o equipo humano poidan traballar in situ na propia ponte, polo que non será posible manter o tráfico rodado pola vía.
Por este motivo, recoméndase aos usuarios e usuarias que utilizan habitualmente esta ruta que empreguen outras vías alternativas e paralelas durante os días indicados. Só se permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. Desculpen as molestias que este corte poida ocasionar e agradecemos a súa comprensión e colaboración.

Festas de Xove 2026: Contos de igualdade
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Viernes, 28 Agosto 2026 08:58
-
Última actualización en Viernes, 28 Agosto 2026 08:59
-
Publicado el Viernes, 28 Agosto 2026 08:58
As festas patronais de Xove deron comezo este xoves cunha actividade especialmente pensada para os máis pequenos da casa.

Ás 12.00 horas tivo lugar a actuación de Caxoto, que presentou o espectáculo Moito que limpar (contos de igualdade), unha proposta de contacontos que achega aos nenos e nenas, dun xeito divertido e próximo, historias e reflexións arredor da igualdade.
Ante a previsión de chuvia, a actividade, que estaba dentro do Programa Ler Conta Moito, tivo que cambiar a súa localización inicialmente prevista na praza anexa á biblioteca e trasladouse ao salón de actos do Centro Cívico de Xove, onde finalmente se desenvolveu con total normalidade.
Foron moitos os nenos e nenas, acompañados tamén por familiares e maiores, que se achegaron ata o Centro Cívico para desfrutar dos contos de Caxoto. A actuación permitiu aos máis pequenos vivir un momento de diversión e, ao mesmo tempo, achegarse a valores como a igualdade e a convivencia.
Deste xeito, as festas patronais de Xove comezan cunha actividade familiar que pon aos máis pequenos no centro da programación e que dá o pistoletazo de saída a varios días de celebracións na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme.
XL Festival de San Bartolo
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Lunes, 24 Agosto 2026 13:03
-
Última actualización en Lunes, 24 Agosto 2026 13:05
-
Publicado el Lunes, 24 Agosto 2026 13:03
O Concello de Xove anima a participar no XL Festival de San Bartolo, unha das grandes citas co folclore das festas patronais.
O Concello de Xove anima á veciñanza e ás persoas que nos visiten a gozar da XL edición do Festival de San Bartolo, unha das citas máis esperadas dentro do programa das festas patronais na honra de San Bartolo e a Virxe do Carme.
O festival, organizado un ano máis pola Asociación Cultural Saíñas de Xove, terá lugar o sábado, 29 de agosto, ás 19:30 horas, no Pavillón de Deportes de Xove e ofrecerá ao público unha tarde de música, baile tradicional, festa e diversión.
Nesta edición, o programa contará coa actuación do grupo Xoaniña da A. C. Saíñas, que volverá amosar o traballo que desenvolve a asociación a prol da conservación e difusión da nosa cultura e do noso folclore.
Como grupo convidado, o festival contará coa presenza da Asociación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, unha formación que achegará a Xove a súa música, os seus bailes e o seu saber facer, contribuíndo a crear ese ambiente festivo que caracteriza esta celebración e que, de seguro, fará as delicias do público asistente.
Desde o Concello de Xove queremos agradecer á Asociación Cultural Saíñas o seu traballo constante e incansable ao longo de todo o ano, así como o seu importante labor social e cultural. Grazas á súa dedicación, o noso folclore mantense vivo, transmítese entre xeracións e o nome de Xove viaxa por outros lugares, levando con orgullo a nosa identidade e a nosa cultura.

O XL Festival de San Bartolo convértese así na guinda das festas patronais, nun encontro para gozar da música e do baile tradicional e, sobre todo, para compartir unha xornada de festa coa veciñanza e con todas as persoas que se acheguen ata Xove.
Desde o Concello convidamos a toda a veciñanza e a quen nos visite a acompañarnos o sábado, 29 de agosto, ás 19:30 horas, no Pavillón de Deportes, para gozar desta gran festa do folclore.
Boas festas a todos e todas e vémonos no XL Festival de San Bartolo!

Festas de Xove 2026
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Viernes, 21 Agosto 2026 12:56
-
Última actualización en Viernes, 21 Agosto 2026 13:02
-
Publicado el Viernes, 21 Agosto 2026 12:56
Xove prepárase para vivir as súas Festas Patronais na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme do 27 ao 31 de agosto.
O Concello de Xove e a Asociación de Festexos Montevelle presentan a programación das Festas Patronais 2026, que se celebrarán do 27 ao 31 de agosto, cun amplo programa de actividades pensado para todos os públicos e que combina tradición, cultura, música, gastronomía e lecer.

As celebracións darán comezo o xoves 27 de agosto ás 12 da mañá cunha actividade infantil na praza anexa á biblioteca a cargo de Caxoto, dentro do programa Ler Conta Moito. Pola tarde, o Salón de Actos do Centro Cívico acollerá o pregón das festas, que será pronunciado por D. Oliver Escobar, veciño de Xove e catedrático na Universidade de Edimburgo. A xornada rematará coa representación da ópera rock "O camiño do amor", do Grupo Claxxon, incluída no programa Concertos do Xacobeo.
O venres 28 de agosto continuará a programación coa actuación da Maga Fani para o público familiar ás 12 da mañá. Ás 20:00 horas celebrarase a tradicional Sardiñada Popular, amenizada pola Charanga NBA, e seguida dunha gran verbena coas orquestras Ritmo Joven e Grupo América.

O sábado 29 de agosto, día grande na honra a San Bartolo, comezará cos pasarrúas da Banda Naval de Viveiro e os cabezudos da A.C. Saíñas. Ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e a procesión, seguidas da sesión vermú coa Orquestra Principal. Pola tarde terá lugar o XL Festival de San Bartolo da man da A.C. Saíñas no pavillón de deportes para deleitar a todo o público asistente do mellor folklore popular. A noite culminará cun espectáculo de fogos de artificio e unha verbena amenizada polas orquestras Principal e Gran Parada, e rematando coa Disco Móbil Conxuro.
O domingo 30 de agosto, dedicado á Virxe do Carme, celebrarase a misa solemne e procesión acompañadas pola Banda CC.TT. Ntra. Sra. de la Misericordia. A continuación desenvolverase a sesión vermú co Grupo Nueva Fuerza e pola tarde. Ás 19:00 h levarase a cabo no Campo Municipal de fútbol de Xove o XXXVI TORNEO “CONCELLO DE XOVE” de Fútbol, que enfontará a U.D. Xove- Lago vs C.D. As Pontes. E xa pola noite, a verbena contará coa actuación da recoñecida Orquestra El Combo Dominicano.
As festas pecharanse o luns 31 de agosto, festivo local en Xove e que aproveitamos para conmemorar o Día da Infancia, cunha tarde de inchables na praza do Concello para o desfrute dos máis pequenos.
Desde a organización convídase a toda a veciñanza e ás persoas visitantes a participar nunhas festas que volverán converter Xove nun punto de encontro para a convivencia, a música, a tradición e a diversión, grazas á colaboración da veciñanza, do tecido asociativo, empresas locais, e das distintas entidades que fan posible esta celebración.


Feira de Gando de San Bartolo 2026
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Viernes, 14 Agosto 2026 16:22
-
Última actualización en Viernes, 14 Agosto 2026 16:24
-
Publicado el Viernes, 14 Agosto 2026 16:22
A Feira de Gando do San Bartolo volverá reunir a tradición gandeira en Penas Agudas o luns 24 de agosto.
Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais, o recinto feiral de Penas Agudas, na parroquia de Monte (Xove), acollerá a tradicional Feira de Gando do San Bartolo, unha cita xa consolidada no calendario festivo e gandeiro da Mariña lucense. A xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recepción do gando no campo da feira. Durante a mañá desenvolveranse os tradicionais concursos gandeiros, nos que se premiará ao gandeiro ou gandeira que presente o maior número de reses cabalares e tamén ao que achegue o maior número de reses vacunas, recoñecendo así o esforzo e a implicación dos profesionais do sector.
Xa pola tarde celebrarase o agardado concurso de marcha, no que os cabalos participarán tras seren medidos por un xuíz, establecéndose dúas categorías: exemplares de menos de 1,50 metros e exemplares de máis de 1,50 metros de alzada.

O programa completarase cunha misa solemne ás 11.00 horas na igrexa parroquial de Monte. Ao remate terá lugar unha sesión vermú con animación musical, que continuará durante a tarde para crear un ambiente festivo en todo o recinto e ofrecer unha xornada de convivencia para a veciñanza e visitantes.
A organización, a cargo da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Costa de Laxamoura, anima á cidadanía e aos visitantes a achegarse ata Penas Agudas para gozar dunha feira que representa unha parte fundamental da historia e da identidade da parroquia de Monte. Ademais de poñer en valor a riqueza do sector gandeiro, a Feira do San Bartolo constitúe un punto de encontro para compartir tradicións, impulsar o mundo rural e desfrutar dunha xornada festiva en contacto coa natureza e cos animais.

Desde o Concello de Xove, como ente colaborador, convídase tamén a todas as persoas a visitar a feira e a desfrutar desta cita única, onde a paixón polos animais, a tradición gandeira e a hospitalidade da parroquia de Monte convértense, un ano máis, nos grandes protagonistas.
Cardioprotección no Concello de Xove
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Viernes, 07 Agosto 2026 08:30
-
Última actualización en Viernes, 07 Agosto 2026 08:31
-
Publicado el Viernes, 07 Agosto 2026 08:30
Xove convértese nun dos concellos máis cardioprotexidos de Galicia coa incorporación de tres novos desfibriladores de última xeración O Concello de Xove vén de reforzar de maneira significativa a súa rede de cardioprotección coa adquisición de tres novos desfibriladores automáticos Mindray de última xeración, nun investimento de arredor de 4.000 euros. O material foi entregado por Camilo, de Emergal Ensino, S.L de Mondoñedo. Na entrega estiveron o alcalde Demetrio Salgueiro e as concelleiras Dolores Meitín, Cristina Iglesias e Cecilia Duarte. A adquisición a parte dos tres desfibriladores, inclúe tamén dúas bolsas de intervención equipadas con parches e mascarillas para actuacións de emerxencia. Con esta incorporación, o Concello completa a cobertura existente, que xa contaba con dous desfibriladores: un situado na Piscina Municipal e outro no vehículo dos vixiantes municipais, co obxectivo de poder desprazalo rapidamente a calquera punto onde sexa necesario.

Os tres novos equipos distribuiranse do seguinte xeito: Un desfibrilador fixo no Salón de Actos Municipal, un espazo que acolle numerosos eventos con gran afluencia de público. Outro desfibrilador fixo no Pavillón Municipal, onde se desenvolve unha intensa actividade deportiva e social durante todo o ano. Un terceiro equipo irá nunha mochila portátil de emerxencias, para dar cobertura ás festas, eventos culturais, deportivos e demais actividades que se celebren nas diferentes parroquias do municipio. Estes desfibriladores destacan por ser dos máis modernos do mercado. Son totalmente automáticos e capaces de detectar de maneira automática se o paciente é adulto ou infantil, sen necesidade de cambiar os parches, o que permite unha actuación máis rápida, sinxela e eficaz en situacións de emerxencia. O Concello de Xove conta xa con persoal formado para o manexo destes dispositivos e, ademais, impulsará novos cursos de formación dirixidos a asociacións, clubs e colectivos do municipio, co propósito de que cada vez máis persoas saiban actuar correctamente ante unha parada cardiorrespiratoria. Con este novo investimento, Xove reforza o seu compromiso coa seguridade e coa saúde pública, consolidándose como un referente en cardioprotección e garantindo unha maior cobertura en todo o territorio municipal, tanto nas instalacións municipais como nas festas e eventos que se desenvolven ao longo do ano.
Festas de San Pedro Fiz (Xuances) 2026
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Lunes, 03 Agosto 2026 10:25
-
Última actualización en Lunes, 03 Agosto 2026 10:26
-
Publicado el Lunes, 03 Agosto 2026 10:25
As festas patronais de San Pedro Fiz en Esteiro celebraranse os días 8 e 9 de agosto cun completo programa de actividades para tódolos públicos.
 O Concello de Xove anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nas festas patronais na honra a San Pedro Fiz, que se celebrarán os días 8 e 9 de agosto no campo da festa situado nas inmediacións da praia de Esteiro, un dos areais máis fermosos e concorridos do municipio, distinguido ademáis coa Bandeira Azul pola calidade das súas augas. A programación dará comezo o sábado, 8 de agosto, ás 10:00 horas, co tradicional lanzamento de bombas de palenque, anunciando que Esteiro está de festa. Ás 14:00 horas celebrarase a sesión vermú, amenizada polo Grupo Lecer.
 Xa pola tarde, ás 20:00 horas, terá lugar a tradicional Festa da Empanada e do Bolo Preñado, unha cita gastronómica que estará acompañada pola música dos gaiteiros da Asociación Cultural Saíñas de Xove. A partir da noite, a música será a gran protagonista cunha verbena amenizada polo Grupo Lecer e a Orquestra Sinfonía, garantindo unha noite de festa e diversión para tódolos públicos. Como broche á xornada, á medianoite celebrarase o tradicional Conxuro da Queimada, seguido dunha degustación gratuíta para tódalas persoas asistentes. As celebracións continuarán o domingo, 9 de agosto, cunha misa solemne ás 13:00 horas na capela de San Pedro Fiz (Ceranzos), que contará coa participación do Coro de Valdeflores. A continuación terá lugar a tradicional procesión, acompañada musicalmente polos gaiteiros da A.C. Saíñas de Xove. A festa trasladarase de novo ao campo da festa, fronte á praia de Esteiro, onde ás 14:30 horas dará comezo unha gran sesión vermú amenizada polo Dúo Son de Festa, poñendo o punto e final a unha fin de semana marcada pola música, a gastronomía, a tradición e a convivencia. Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños San Pedro de Xuances, cuxos integrantes levan semanas traballando con ilusión e dedicación para que todo se desenvolva á perfección. A entidade quere agradecer expresamente a colaboración da veciñanza, dos comerciantes e de todas aquelas persoas que contribúen ao bo desenvolvemento desta celebración na parroquia. Pola súa banda, o Concello de Xove, como entidade colaboradora, quere recoñecer o importante labor que realiza a Asociación de Veciños San Pedro de Xuances na conservación e recuperación desta festa tradicional, exemplo do compromiso co patrimonio cultural e co dinamismo do rural. O Concello convida á veciñanza e ás persoas que visiten a comarca durante esas datas a achegarse a Esteiro para gozar dunhas xornadas de boa gastronomía, excelente ambiente e música, nun enclave paisaxístico privilexiado, onde a harmonía, a convivencia e a hospitalidade volven converter esta celebración nunha das citas festivas máis especiais do verán no municipio.
Festas de Sumoas 2026
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Lunes, 27 Xullo 2026 10:44
-
Última actualización en Sábado, 01 Agosto 2026 14:52
-
Publicado el Lunes, 27 Xullo 2026 10:44
Sumoas celebrará do 31 de xullo ao 2 de agosto as súas festas parroquiais na honra a San Antonio.
A parroquia de Sumoas, no concello de Xove, celebrará os vindeiros 31 de xullo, 1 e 2 de agosto as súas tradicionais festas na honra a San Antonio, cun amplo programa de actividades relixiosas, gastronómicas e musicais pensado para reunir á veciñanza e aos numerosos visitantes que cada ano se achegan a esta cita festiva.
As celebracións darán comezo o venres, 31 de xullo, cunha gran churrascada popular a partir das 20.30 horas no campo da festa, situado nas inmediacións da igrexa de Sumoas. A continuación celebrarase a verbena, amenizada polo Dúo Belinda e o Grupo Los Adrianos.
O sábado, 1 de agosto, será a xornada central das festas. Ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne e a tradicional procesión na honra ao santo patrón. Ao remate dos actos relixiosos celebrarase a sesión vermú co Grupo Folixa, que tamén será o encargado de animar a verbena da noite xunto ao DJ Conxuro, nunha noite de música e diversión.
As festas concluirán o domingo, 2 de agosto, cunha gran sesión vermú amenizada polo Dúo Epok, poñendo o broche final a tres días de celebración.
A organización destas festas corre a cargo da Asociación de Festexos Rodraguel, que quere agradecer expresamente a colaboración de toda a veciñanza, dos comerciantes de Xove e de todas aquelas persoas que fan posible a celebración destas patronais ano tras ano. Así mesmo, a asociación convida a veciños e visitantes a achegarse a Sumoas para compartir un ambiente festivo, familiar e de convivencia.
Pola súa banda, o Concello de Xove, colaborador na organización das festas, quere felicitar á comisión de festas polo traballo e esforzo realizado para sacar adiante esta celebración e anima a toda a cidadanía e aos visitantes a participar e desfrutar dunhas festas que forman parte do patrimonio cultural e social do municipio.
As festas de Sumoas volverán converterse, un ano máis, nun punto de encontro para familias e amigos, mantendo viva unha celebración con fonda tradición na parroquia e contribuíndo á dinamización social e cultural do municipio de Xove.

Festas de Lago 2026
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Jueves, 16 Xullo 2026 13:22
-
Última actualización en Jueves, 16 Xullo 2026 13:23
-
Publicado el Jueves, 16 Xullo 2026 13:22
Lago xa está preparado para vivir as súas festas patronais. Os días 17, 18 e 19 de xullo, no Campo da Festa de Lago será o punto de encontro para celebrar por todo o alto as festas na honra da Virxe do Carme e San Antón.


XIII FESTA DO PERCEBE EN XOVE
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Miércoles, 08 Xullo 2026 11:26
-
Última actualización en Miércoles, 08 Xullo 2026 11:27
-
Publicado el Miércoles, 08 Xullo 2026 11:26
A XIII Festa do Percebe celebraráse o vindeiro 18 de xullo en Xove cunha completa xornada gastronómica e festiva.
A Asociación de Festexos A Medorra organiza un ano máis a XIII Festa do Percebe, unha cita xa consolidada no calendario estival do municipio e que terá lugar o vindeiro sábado 18 de xullo na praza do Centro Cívico de Xove.

A xornada dará comezo ás 12.00 horas co acto inaugural e o pregón, que nesta edición correrá a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde, quen será a encargada de abrir oficialmente unha festa dedicada á exaltación dun dos produtos máis apreciados da nosa costa.
Ao longo de toda a xornada, veciños e visitantes poderán degustar percebe de excelente calidade, procedente das nosas costas, recoñecido polo seu extraordinario sabor e pola súa frescura, converténdose nun dos grandes protagonistas gastronómicos do verán mariñán.
O ambiente festivo estará garantido coa animación musical de Os Charangos de Neda e do grupo de cantos de taberna Espera que vou mexar, que percorrerán o recinto enchendo a xornada de música, alegría e bo ambiente.
A comisión organizadora pretende poñer en valor un produto tan emblemático como o percebe e convida a toda a veciñanza e aos visitantes que se acheguen a Xove durante esa fin de semana a participar nesta celebración, degustar un dos mellores percebes das nosas costas e desfrutar dunha xornada marcada pola boa gastronomía, a música e a convivencia.

A XIII Festa do Percebe será, unha vez máis, unha excelente oportunidade para promocionar a riqueza mariñeira e gastronómica do noso litoral e para vivir unha xornada festiva na que Xove volverá ser punto de encontro para todos os amantes da boa mesa e das tradicións.
Festas de San Pedro de Xuances (Sábado, 27-Xuño-2026)
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Jueves, 25 Xuño 2026 08:46
-
Última actualización en Jueves, 25 Xuño 2026 08:47
-
Publicado el Jueves, 25 Xuño 2026 08:46
O alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, a concelleira de Servizos Sociais Tamara Soto e a primeira tenente de alcalde Mª Dolores Meitín, acompañados por membros da directiva da Asociación de Festexos Alto do Cruceiro: Rubén Sánchez e Alex Quintas, presentaron o cartel da festa de San Pedro, que se celebrará este sábado 27 de xuño no campo da festa do Cruceiro.

Esta celebración supón a recuperación dunha verbena moi querida pola veciñanza da parroquia de Xuances, que levaba case 30 anos sen celebrarse. A iniciativa da Asociación de Festexos Alto do Cruceiro foi recibida con gran satisfacción polos veciños e veciñas, que ven nesta recuperación unha oportunidade para volver compartir unha das citas festivas máis tradicionais da parroquia.
A programación dará comezo o sábado na igrexa de Xuances cunha misa solemne e a posterior procesión na honra de San Pedro. A continuación celebrarase a sesión vermú, que servirá de punto de encontro para os asistentes nun ambiente festivo e familiar.
Xa pola tarde, os actos continuarán cunha festa da cervexa e unha pancetada popular, con prezos populares para facilitar a participación de toda a veciñanza e visitantes.
A xornada rematará cunha gran verbena nocturna amenizada polo Dúo Belinda e por DJ Tomás, que serán os encargados de poñer a música e o baile ata ben entrada a noite.
Desde a comisión organizadora quixeron destacar o esforzo realizado para recuperar esta festa e agradecer a colaboración de todas as persoas e empresas que fixeron posible a súa volta. Así mesmo, convidan a toda a veciñanza de Xove e aos visitantes da comarca a achegarse ao Cruceiro para gozar dunha xornada de celebración, convivencia e compañeirismo nun ambiente agradable e festivo.

Festa de Interese turístico de Galicia “San Antonio da Rigueira”
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Lunes, 08 Xuño 2026 08:21
-
Última actualización en Lunes, 08 Xuño 2026 08:23
-
Publicado el Lunes, 08 Xuño 2026 08:21
O Concello de Xove presenta unha nova edición da Festa de San Antonio da Rigueira e amosa a súa satisfacción e ilusión ante a chegada dunha nova edición da Festa de San Antonio da Rigueira, unha celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2023 e que constitúe un dos grandes referentes festivos e culturais da comarca.
O vindeiro sábado, 13 de xuño, veciños, veciñas e visitantes volverán reunirse nunha xornada na que se mesturan tradición, devoción, música, gastronomía e, sobre todo, o espírito de convivencia que caracteriza esta romaría.
Na presentación oficial do cartel participaron o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín; a concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte; así como representantes da comisión de festas, José Antonio García Fernández e Juan José García Sánchez.

O San Antonio da Rigueira é unha festa con fondas raíces históricas e cun enorme valor sentimental para os veciños e veciñas da parroquia e de todo o municipio. Cada ano son centos as persoas que se achegan para participar na celebración, tanto da comarca como doutros puntos de Galicia e Asturias, atraídas pola singularidade desta tradición.
O Concello quere convidar a toda a cidadanía a achegarse ese día á Rigueira para vivir o ambiente festivo, desfrutar das actividades programadas e contribuír a manter viva unha celebración que forma parte esencial da identidade e do patrimonio cultural de Xove.
O desexo da organización é que o bo tempo acompañe e que esta edición volva converterse nunha xornada inesquecible.

A romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira foi durante décadas unha das celebracións máis coñecidas de Galicia, ata o punto de que moitas persoas de Galicia e Asturias identificaban o municipio de Xove con esta festa. Consciente da súa importancia cultural e social, o Concello iniciou no ano 2009 un proxecto de recuperación da romaría, devolvéndolle o protagonismo que tradicionalmente tivera en todas as parroquias do concello, consolidándose como unha das celebracións máis representativas do municipio.
XXVIII EDICIÓN DA FEIRA CABALAR DE LAGO
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Martes, 12 Maio 2026 08:36
-
Última actualización en Martes, 12 Maio 2026 08:36
-
Publicado el Martes, 12 Maio 2026 08:36
O VINDEIRO DOMINGO 17 DE MAIO TERÁ LUGAR A XXVIII EDICIÓN DA FEIRA CABALAR DE LAGO.
 A Asociación Equina A Medela celebrará o vindeiro domingo 17 de maio a XXVIII edición da súa tradicional Feira de Gando Cabalar, unha cita xa consolidada no calendario festivo e ecuestre da comarca e que cada ano reúne a numerosos criadores, afeccionados ao mundo do cabalo e visitantes chegados de distintos puntos da provincia. A feira desenvolverase ao longo de toda a xornada nunha pista especialmente acondicionada polo Concello de Xove nas inmediacións do Centro Social de Lago, espazo que volverá converterse no centro da actividade cabalar durante este importante encontro. Entre as 9:30 e as 10:45 horas terá lugar a apertura do recinto feiral para a presentación dos participantes e as correspondentes medicións dos cabalos inscritos. Ao longo da mañá e tamén durante a tarde celebraranse distintos concursos e exhibicións, nos que os asistentes poderán desfrutar da beleza e calidade dos exemplares participantes, así como do ambiente festivo e tradicional que caracteriza esta feira. Ademais, ao mediodía, as persoas afeccionadas ao mundo do cabalo poderán compartir unha animada sesión vermú que contribuirá a amenizar a xornada e favorecer a convivencia entre participantes, visitantes e organización.
 Desde a Asociación Equina A Medela destacan a importancia de manter viva esta tradición, que serve non só para promover o sector equino, senón tamén para dinamizar a vida social e cultural da contorna. A entidade organizadora agradece igualmente a colaboración do Concello de Xove e o apoio de todas as persoas e colectivos que fan posible a celebración desta XXVIII edición. A organización anima a toda a veciñanza e ao público en xeral a achegarse ata Lago para desfrutar dunha xornada dedicada ao mundo do cabalo, á tradición e á convivencia.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|