Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
XXXI CURSO DE MÚSICA DE SEMANA SANTA
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Miércoles, 13 Abril 2022 11:02
-
Última actualización en Miércoles, 13 Abril 2022 11:08
-
Publicado el Miércoles, 13 Abril 2022 11:02
O Curso, que na súa XXXI edición comezou este pasado sábado 9 de abril nas instalacións do antigo Colexio Público de Palmeiro, celebrou hoxe o seu primeiro concerto, concretamente o CONCERTO DE CÁMARA que foi maioritariamente protagonizado polos alumnos máis pequeniños. Mañá terá lugar o CONCERTO DE CLAUSURA a partires das 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
O Curso está sendo todo un éxito, cunha participación de algo máis de 60 alumnos. O Curso está organizado pola Asociación Prestoxove e conta coa colaboración e patrocinio do Concello de Xove.

Éxito do Programa “Coidados Porta a Porta” en Xove
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Miércoles, 06 Abril 2022 14:52
-
Última actualización en Miércoles, 06 Abril 2022 14:52
-
Publicado el Miércoles, 06 Abril 2022 14:52
Gran acollida en Xove do programa Coidados Porta a Porta impulsado pola Consellería de Política Social.
Durante os días 4, 5, e 6 de abril estivo instalado na praza do Concello unha unidade móbil que ofrecía servizos gratuitos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria para maiores de 55 anos:
- Servizo de Audioloxía , consistente nunha revisión e valoración auditiva.
-Servizo de Podoloxía para prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés.
-Servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, consistente na realización de probas de valoración cognitiva.
A valoración que se fai dende o Concello é totalmente positiva, posto que os tres días de consultas tiveron un cheo absoluto, non quedando ningún oco sin cubrir nas tres especialidades ofertadas, nunha xornada contínua amplísima dende as 9:00 horas pola mañá ata as 20:00 horas pola tarde cada día.

Campaña Anti-Velutina en Xove
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Miércoles, 16 Marzo 2022 14:46
-
Última actualización en Miércoles, 16 Marzo 2022 14:48
-
Publicado el Miércoles, 16 Marzo 2022 14:46
A empresa SERPAS (Servicios Privados Antivelutinas) comezou hoxe a terceira campaña antivelutina en Xove. Trátase de trampeo profesional de captura de RAIÑAS VELUTINAS FUNDADORAS, que son as velutinas que crean os niños e son as que hai que erradicar como medida para, senón acabar coa plaga, feito moi difícil, si para diminuir a súa presenza no territorio.
Na primeira campaña, ano 2020, rebaixouse a presenza da velutina a un 50%, na de 2021 a rebaixa chegou ao 80%. Os obxectivos para campaña deste ano sería chegar orredor do 90%, e en todo caso evitar o aumento da mesma, ousexa, traballar para unha estabilización da velutina e que a presenza da mesma sexa mínima.
Lóxicamente, a campaña vai incidir nos lugares onde se ten constancia de que inda hai velutina, e especialmente nos entornos poboacionais e nos lugares de ubicación de frutais. Neste sentido, dende o Concello animamos a toda a poboación a sumarse a esta campaña, o cal axuda moito. Todas as persoas que queiran colabourar poden colocar autotrampas naqueles lugares que consideren, como entornos de vivendas, ubicación de trobos de abellas autóctonas ou plantacións frutais. O Concello reparteu hai tempo entre todos os veciños que o pediron unhas botellas autotrampas, as cales incluían un folleto explicativo de como facelas, o cal é moi sencillo.
A campaña de SERPAS comezou hoxe e vaise extender ao longo da primaveira, ata entrado xullo. Lóxicamente, agora é o momento der facer a campaña, xa que é cando as velutinas comezan a instalar os seus niños.
Celebrando o Día Internacional da Muller
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Martes, 15 Marzo 2022 14:48
-
Última actualización en Jueves, 17 Marzo 2022 13:46
-
Publicado el Martes, 15 Marzo 2022 14:48
O pasado domingo 13 de marzo o Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais que preside Ana Abad, celebrou o Día Internacional da Muller cunha actividade desenvolvida no Salón de Actos do Centro Cívico e nA que participaron unhas 50 mulleres.
Dentro das actividades realizadas, gardouse un minuto de silencio en solidaridade co pobo ucraíno, rematando a velada cunha chocolatada.
Presentación do Xove Costa Trail 2022
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Jueves, 10 Marzo 2022 13:14
-
Última actualización en Jueves, 10 Marzo 2022 13:29
-
Publicado el Jueves, 10 Marzo 2022 13:14
Hoxe presentouse esta importante cita deportiva que este ano acada a súa terceira edición. Nesta presentación contouse, ademáis dos organizadores, cos alumnos e profesores do CEIP Pedro Caselles, os cales se desprazaron ata Vilachá, na Parroquia de Portocelo, e despois, todos xuntos fixeron unha camiñata ata o Faro de Roncadoiro. Nesta presentación, os nenos participantes mostraron, en solidaridade co pobo de Ucraína, unha gran pancarta cun “NON Á GUERRA”.
A organización desta edición corre a cargo da ACD Xove e co patrocinio do Concello de Xove, hoxe representado pola concelleira Dolores Meitín, e da Secretaría Xeral para o Deporte / Fundación Deporte Galego, e a colaboración de RoqSport, Asociación Komando Xoviético e comerciantes de Xove.
XOVE COSTA TRAIL, que se vai celebrar o sábado 19 e o domingo 20 de marzo de 2022, é unha carreira de montaña, que transcorre na súa maioría do percorrido, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, o seu paso pola costa do Concello, dende a Praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Morás, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público. A carreira XCT 35 Km , ten un desnivel + acumulado de 1300 mtos aprox. e a carreira XCT 18Km , terá un desnivel + acumulado de 700 mtos aprox.
Inscricions:
1.- O primeiro tramo de inscrición será do 14 de Xaneiro as 22:00h. ao 4 de Marzo as 24:00h.
2.- O segundo tramo de inscrición será do 5 de Marzo as 00:00h. ao 15 de Marzo as 00:00h.
3.- Ata o día 28 de Febreiro será devolto o importe da inscrición de xeito integro.
4.- Entre os días 1 e 15 de Marzo, será devolto o 75 %.
5.- Para cancelación de inscrición con devolución , serán aceptadas ata o día 15 de marzo, despois desa data no se tramitará ningunha devolución.

LINEA VERDE: COMUNICACION DE INCIDENCIAS
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Miércoles, 09 Febreiro 2022 09:09
-
Última actualización en Miércoles, 09 Febreiro 2022 09:32
-
Publicado el Miércoles, 09 Febreiro 2022 09:09
O CONCELLO DE XOVE IMPLANTA UN SERVIZO DE COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS A TRAVÉS DE APP MÓVIL, WEB E CONTACTO

Grazas a esta iniciativa, os veciños do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece LÍNEA VERDE . Este servizo sirve como canal directo de comunicació n dos desperfectos que se detecten no equipamento urbano do municipio.
Durante este mes, o Concello de Xove únese aos máis de 500 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo LÍNEA VERDE. A través deste canal de comunicación directo, os veciños poden poñer en coñecemento do concello aqueles desperfectos que detecten na súa localidade.

Grazas a esta ferramenta de participación cidadán, o concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución as cuestións comunicadas.
Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder a descarga da APP Línea Verde. Para elo, o usuario accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android/Ios). Unha vez localizada, lévase a cabo a descarga de forma gratuíta . A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.
Para comunicar unha incidencia, basta con pinchar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un desplegable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece na pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se ubica o desperfecto. O seguinte paso é adxuntar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do desperfecto comunicado. A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución a incidencia detectada. O cidadán a súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.
Ao servizo Línea Verde tamén se pode acceder a través do dominio http://www.lineaverdedexove.es , ou ben a través de contacto telefónico no número 902 193 768 no horario de 8:00h a 17:00h (custo da chamada 0.07€/
O Concello de Xove anima aos veciños da súa localidade a utilizar o servizo Línea Verde. A través da implantación deste servizo e grazas a unha importante participación cidadán, pretende lograr un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños.
Xornada informativa : Transtorno do autismo
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Martes, 01 Febreiro 2022 13:08
-
Última actualización en Martes, 01 Febreiro 2022 13:13
-
Publicado el Martes, 01 Febreiro 2022 13:08
Coñecendo e acompañando ás persoas con TEA

- Data: 21 de Febreiro 2022 de 16 horas a 20 horas.
- Lugar: Salón de actos. Concello de Xove
- Destinatarios: Familias de persoas con TEA e outras familias.
- Docentes: Federación Autismo Galicia: Cristina Couto Pena, psicóloga e Celia González Caamiña educadora social.
- Obxectivos:
- Difundir información co obxectivo de sensibilizar e derribar mitos, xerar conciencia para que a comunidade poida dar apoio e brindar espazos de participación.
- Dar apoio ás familias a través de ferramentas de axuda nas necesidades cotiás das persoas con TEA.
Inscricións e información no correo: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán
Bloque 1: Contamos contigo. 16 h - 17:45 horas
- -Abordaxe do trastorno do espectro do autismo:
- -Detección de signos do TEA
- -A comprensión do autismo. Características.
- -Prevalencia e causa.
- -Mitos
- -Rompendo barreiras polo autismo. Contornas amigables.
- -Accesibilidade cognitiva. Medidas para comprender e usar a información por todos e todas.
-Apoio e participación na sociedade.
Bloque 2: Camiñando en familia. 18.0 h - 20 horas
- •Apoio no fogar: Apoios funcionais nas necesidades máis frecuentes.
- •A importancia do autocoidado.
- •Recursos asistenciais e axudas socio-económicas.
Organizada por : Departamento de Orientación do Colexio Plurilingüe Pedro Caselles Rollán .- Colabora : Concello de Xove .- Imparte: Federación Autismo Galicia
LAS RUTAS D’AMBROSIO EN A MARIÑA LUCENSE
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Miércoles, 05 Xaneiro 2022 12:49
-
Última actualización en Miércoles, 05 Xaneiro 2022 12:53
-
Publicado el Miércoles, 05 Xaneiro 2022 12:49
El chef Gonzalo D’Ambrosio llega hasta la comarca de A Mariña Lucense, en la provincia de Lugo, para conocer una gastronomía a medio camino entre el litoral cantábrico y los valles del interior. El programa se emite este próximo sábado 8 de enero en La2 de RTVE a las 18.30 horas.
La primera parada de esta ruta es Burela, una localidad que cuenta con uno de los puertos pesqueros más importantes de toda España. En ese marco, el presentador de “Las Rutas D’Ambrosio” aprenderá a diferenciar una buena merluza de pincho, revivirá la denominada “guerra del bonito” y probará una receta elaborada con el exquisito bonito de Burela.
En Ribadeo, el chef argentino conocerá el funcionamiento de una cetárea antes de degustar un arroz con bogavante. Pero Lugo es mucho más que gastronomía marina, por lo que el siguiente destino de “Las Rutas D’Ambrosio” será el Valle de Lourenzá para conocer de cerca los diferentes tipos de fabas que se cultivan, con especial atención para la verdina.
De vuelta a la costa, Gonzalo D’Ambrosio se detendrá en San Cibrao para mostrar el buen hacer del último astillero de ribera que todavía elabora barcos de un modo artesanal, con quien compartirá una empanada y un vino mientras descubre más acerca de los seres mitológicos del imaginario popular marino.
Este nuevo programa de “Las Rutas D’Ambrosio” por A Mariña Lucense tiene su punto final en el puerto de Morás, cuyas aguas esconden un tesoro gastronómico tan preciado como desconocido: las anémonas. Este es el producto que tiene como base la receta del chef argentino con que finaliza este primer programa de la séptima temporada de “Las Rutas”.
Suspensión actividades: Dia dos nenos e cabalgata de Reis.
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Lunes, 03 Xaneiro 2022 12:56
-
Última actualización en Lunes, 03 Xaneiro 2022 13:01
-
Publicado el Lunes, 03 Xaneiro 2022 12:56
AVISO IMPORTANTE
Debido a razóns sanitarias, cos contaxios por Covid-19 aumentando en forma exponencial, dendo o Concello de Xove considérase que o mellor, e para protexer a saúde de todos nós, é suspender as actividades do Programa de Nadal previstas para os próximos días. Debido a isto:
-SUSPÉNDESE o Día dos Nenos que estaba previsto para mañá martes 4 con inchables na Piscina e no Pavillón.
-SUSPÉNDESE a Cabalgata de Reis e todas as demáis actividades previstas para o mércores 5 de xaneiro.
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos nosos veciños, desexándolles que poidan disfrutar igualmente dos Reis Magos, doutro xeito distinto pero máis seguro.
Xove, 3 de xaneiro de 2021
Festa Infantil Fin de Ano 2021
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Sábado, 01 Xaneiro 2022 11:35
-
Última actualización en Sábado, 01 Xaneiro 2022 11:44
-
Publicado el Sábado, 01 Xaneiro 2022 11:35
Concello de Xove continúa coa súa programación de Nadal. Hoxe, as 11:00 h. no Pavillón Municipal de Deportes de Xove tivemos unha FESTA INFANTIL FIN DE ANO para que todos os nenos reciban o novo ano; ás 12:00 h. os nenos, sentados na Praza do Centro Cívico, tomaron as uvas para celebrar o cambio de ano. (ADXUNTO FOTOGRAFÍAS DO CONCERTO) Organizado pola Concellería de Cultura.
A vindeira actividade dentro do Programa de Nadal, e primeira do ano 2022:
- DOMINGO, 2 DE XANEIRO:
-Ás 19:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, actuación do grupo de teatro PICO DO CASTRO que porá en escea a comedia "O TERAPEUTA" . Organizado pola Concellería de Cultura.
Acta do Xurado do Concurso de Postais 2021-2022
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Jueves, 23 Decembro 2021 12:51
-
Última actualización en Lunes, 27 Decembro 2021 11:43
-
Publicado el Jueves, 23 Decembro 2021 12:51
En Xove, a 23 de decembro de 2021, sendo as 11:00 horas, reúnese o Xurado do Concurso de Postais de Nadal 2021-2022 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, Xurado formado por Dº Antonio Rey Pardiño en representación da S.D. Fútbol Sala Xove, Dª Luz María Rego Araújo, en representación da ANPA Xove e Dª Élida Álvarez Rodríguez en representación do Concello de Xove, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Dº Mario Eijo Barro, acordando o seguinte:
1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º : (Nº 37) ALMA RODRÍGUEZ FRA.
2º : (Nº 8) RAÚL FERNÁNDEZ DUARTE.
3º : (Nº 1) ANAIS ROMERO SUÁREZ.
2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º : (Nº 9) FELIPE BASANTA DOMÍNGUEZ.
2º : (Nº 31) ADRIÁN REGO GARCÍA.
3º : (Nº 51) GABRIEL MIRAMONTES ATANES.
3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º : (Nº 27) ÓSCAR BERTOLO CASABELLA.
2º : (Nº 11) PAULA PÉREZ TEIJEIRA.
3º : (Nº 10) LUKA PURRIÑOS GARCÍA.
4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º : (Nº 29) INÉS RODRÍGUEZ BERMEJO.
2º : (Nº 57) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
3º : (Nº 12) CARLOTA EIJO RODRÍGUEZ.
5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º : (Nº 52) ALICIA FERNÁNDEZ VICENTE.
2º : (Nº 18) CARLA CASABELLA PUÑAL.
3º : (Nº 41) UXÍA GRADAILLE DURÁN
E para que conste aos efectos oportunos, unha vez rematado o traballo de selección dos premios, asinamos a presente Acta en Xove, sendo as 12:00 horas do vintetrés de decembro de dous mil vinteún.
UN CONTO DE NADAL_XOVE
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Sábado, 18 Decembro 2021 17:15
-
Última actualización en Sábado, 18 Decembro 2021 17:18
-
Publicado el Sábado, 18 Decembro 2021 17:15
Hoxe sábado 18 de decembro, as 8 da noite empezará a emisión dende o Centro Cívico. Para velo EN DIRECTO simplemente pulsar no enlace
Gala musical "un Conto de Nadal"
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Sábado, 18 Decembro 2021 11:03
-
Última actualización en Sábado, 18 Decembro 2021 20:52
-
Publicado el Sábado, 18 Decembro 2021 11:03
Para velo EN DIRECTO simplemente pulsar no enlace
A gala musical un Conto de Nadal chega a Xove o vindeiro 18 de decembro, patrocinada polo Concello de Xove.
A banda do musical, La Ocaband, a mesma do programa da TVG 100 anos de verbena galega, estará acompañada de 6 artistas convidados, que actuarán este nadal noutras 4 localizacions galegas, en Xove estarán con nos Marta Valiño ex de Costa Oeste e Olympus entre outras, e Noelia Solleiro que participou en varias orquestras galegas e ven de gañar o premio cancion do veran da TVG, Enzo Fernando ex- Charleston Big Band, David Balboa, Paris de Noia entre outras, Carlos Mariano de suavecito, Ruth Nuñez que ven de ser finalista no pgm a liga dos extraordinarios,..
A gala de duas horas de duración navegará por distintos ritmos e cancions de nadal. sen esquecer o rock e temas de toda a vida, e será a partir das 19:30 h.
Serán dous os momentos claves, cando o musical fara as delicias do público. no momento alxido co tema tamborilero , gaiteiros de Xove participarán en directo coa banda., e cara o final do musical co tema pero a tu lado serán nenos de Xove os que formarán o coro que actuará coa banda.-
Orquesta La Ocaband | Facebook
XORNADAS DE PROMOCIÓN DOS BOLOS EN XOVE
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Viernes, 17 Decembro 2021 08:59
-
Última actualización en Viernes, 17 Decembro 2021 09:29
-
Publicado el Viernes, 17 Decembro 2021 08:59
Un ano máis, e xa coa XXXIII Tirada de Bolos Concello de Xove en marcha, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos para os alumnos/as do colexio.
Polas Xornadas deste ano pasaron 16 alumnos/as de 5º de Primaria o martes 14 de decembro e 18 alumnos/as de 3º de Primaria e 23 de 4º o mércores 15. Quedan por participar os alumnos/as de 6º curso, que o farán nunha xornada por determinar en xaneiro do 2022.
As xornadas teñen unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 21 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.

Lóxicamente, por idade, os mellores sitios onde se poderían atopar novos xogadores serían os centros educativos, neste caso o CEIP Pedro Caselles.
Estas Xornadas, que como dixemos, véñense celebrando dende hai varios anos, contan coa colaboración do Departamento de Educación Física do Colexio Pedro Caselles, neste caso co profesor Jacobo Varela, a quen lle damos as grazas pola colaboración prestada para organización destas actividades.
Programa de Nadal 2021-2021
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Jueves, 09 Decembro 2021 13:52
-
Última actualización en Jueves, 09 Decembro 2021 13:52
-
Publicado el Jueves, 09 Decembro 2021 13:52

Parque Eólico Fonte Barreiros: Información pública
- Detalles
-
CONCELLO DE XOVE
-
Creado en Martes, 30 Novembro 2021 08:54
-
Última actualización en Miércoles, 01 Decembro 2021 09:28
-
Publicado el Martes, 30 Novembro 2021 08:54
Anuncio del Área de Industria y Energía de la Delegación del Gobierno en Galicia, por el que se somete a información pública el Estudio de Impacto Ambiental y la solicitud de Autorización Administrativa Previa del Parque Eólico Fonte Barreiros de 96 MW y su infraestructura de evacuación, en la provincia de Lugo.
ANUNCIO PARQUE EÓLICO FONTE BARREIROS
El proyecto de las instalaciones y el estudio de impacto ambiental también podrán ser consultados a través del siguiente enlace:
FONTE BARREIROS 96 MW
También se puede consultar en la sede electrónica de la Delegación del Gobierno en Galicia en “Procedimientos de información pública” dentro del apartado “Proyectos, Campañas e Información”.
TRÁMITES DE INFORMACIÓN PÚBLICA
La documentación anterior también ha sido puesta a disposición de cada uno de los Ayuntamientos afectados.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|