Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte- Xove 2019

Mañá sábado, 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DO SAN BARTOLO en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.

A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

   O Programa da Feira é o seguinte:

-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.

-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.

-13:30 horas: Sesión Vermú con JOSÉ ANIDO.

-17:30 horas: Verbena co grupo JOSÉ ANIDO.

No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, vai haber dúas modalidades cos seguintes premios:

Concurso de “Maior número de reses vacunas na Feira”:

   1º premio: 90 €

   2º premio: 70 €.

   3º premio: 50 €.

   4º premio: 40 €.

   5º premio: 30 €.

   6º premio: 20 €.

b) Concurso de “Maior número de reses cabalares na Feira”:

   1º premio: 90 €

   2º premio: 70 €.

   3º premio: 50 €.

   4º premio: 40 €.

   5º premio: 30 €.

   6º premio: 20 €.

TÓDOLOS PARTICIPANTES NO CONCURSO GANDEIRO (MAIOR NÚMERO DE RESES E MELLORES EXEMPLARES) DEBERÁN TRAER: CARTA DE SANEAMENTO NO CASO DE GANDO VACUNO E MICROCHIP E LIBRO NO CASO DE GANDO CABALAR.

   Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na Feira vai haber varios chiringuitos con comida (pulpo, churrasco, panadería, etc.).

Xa pola tarde, haberá CONCURSO DE MARCHA a partires das 17:30 horas, cos seguintes premios en cada unha das dúas modalidades, Cruzados e Trotós:

   1º premio: 90 €

   2º premio: 70 €.

   3º premio: 50 €.

   4º premio: 30 €.

PARA PODER PARTICIPAR NO CONCURSO DE MARCHA, OS CABALOS PARTICIPANTES DEBERÁN ESTAR ASEGURADOS CON SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E AUTORIZADOS PARA PARTICIPAR NESTE TIPO DE PROBAS

   Tfno de Conctacto para unha maior información sobre a Feira:

   MARÍA JESÚS - 686 586 243

   ISABEL – 982 59 21 12