Solicitude de Árbores e Plantas 2020

Ábrese en Xove o prazo para Solicitude 

cirueloA Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes do noso Concello abre o prazo para solicitar ÁRBORES FROITEIRAS, ÁRBORES FORESTAIS AUTÓCTONAS E PLANTAS ORNAMENTAIS. Trátase dunha iniciativa que a Concellería ven desenvolvendo dende hai anos co fin de mellorar o medio natural do Concello e o entorno das nosas vivendas. A esta iniciativa poden acudir todas as persoas que estén censadas no noso Concello.

   Como novidade este ano, tamén se abre esta solicitude a tódolos propietarios de parcelas ubicadas no noso término municipal que non estén censados en Xove, cuxas parcelas estén afectadas pola faixa de protección de incendios de núcleos rurais, vivendas, etc. Neste caso, estes propietarios só poderán solicitar ÁRBORES FORESTAIS AUTÓCTONAS

O prazo para solicitar é dende o 3 de novembro ao 30 de decembro, ámbolos dous días incluídos. As solicitudes haberá que facelas nas oficinas do Departamento de Agricultura en horario de oficina, de 9:00 a 14:00 horas.