O concello participa nun spot contra a Violencia de Xénero

O Concello de Xove  participou e colaborou na gravación dun spot publicitario contra a Violencia de Xénero, organizado pola Asoc. Mujeres en Igualdade Provincial de Lugo (BUMEI), que será emitido en diferentes bloques na TVG, entre os días 21 e 25 de novembro. No spot está representado o Concello de Xove, xunto coa Asoc. de Mulleres “Bolboretas”, e a asociación organizadora BUMEI.

 A maiores, durante esos días, tamén se emitirán diferentes cuñas radiofónicas reivindicativas. Nesta campaña tamén participan outros concellos da Mariña.