Charla Informativa sobre a PAC (politica agraria común)

O XOVES, 10 de marzo ás 20:00 h. (8 da tarde), terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, unha charla informativa para informar da tramitación e das novidades da PAC (Política Agraria Común), para este ano 2011. Remedios Soto Lorenzo, xefa de  sección da Oficina Agraria Comarcal de Viveiro, será a encargada da ponencia.