Aberto o plazo para solicitar prestación ecónomica por fillos menores de 3 anos.
-
Dirixido as persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2015 (nados entre o 2.1.2012 e o 1.1.2015, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2013 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF. No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2013 e o 31 de decembro de 2014, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio. En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.
Prazo de presentación: Ata o 14 de marzo de 2015. MÁIS INFORMACION NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO. 982 592001
Normativa: Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.(DOG nº 21/02/2015)
Requisitos: Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
Contía da axuda: A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros..- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros..- Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
Documentación:
- Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
- Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
- Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare (só no suposto de que a formalización se realizase noutra comunidade autónoma).
- Autorización do cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario.(anexo II)
- Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2014, só terá que presentar canda a solicitude a documentación sinalada nas letras a) e b).
- As solicitudes que se presenten eliminando delas algún do proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental:
- En caso de separación, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
- No caso de que non houbese matrimonio entre as persoas proxenitoras: convenio regulador ratificado polo xulgado, que poderá substituírse por un informe dos servizos sociais do concello ou da policía local.
- En caso de falecemento, certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.
Solicitude e anexos | Presentación electrónica na sede