Convocatoria Becas Transporte Estancia e Comedor 2020-2021

As bolsas e axudas ao estudo da presente convocatoria teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de:

A) Gastos de comedor para: Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove

B) Gastos de estancia para:

1. Estudantes universitarios en universidades españolas.

2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.

3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.

becaste1-620x400

C) Gastos de desprazamento para:

 1.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.Ademáis, poderanse beneficiar desta axuda os/as estudantes afectados polo retraaso na posta en marcha da “TMG Tarxeta Xente Nova” da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia (antes bus municipal) unha vez iniciado o curso escolar e ata a entrada en vigor desta tarxeta de transporte.

 2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.

3.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.

4.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.

5.- Estudantes universitarios en universidades españolas.

 No caso dos/as estudantes afectados polo retraso na posta en marcha da “TMG Tarxeta Xente Nova”, deberán presentar os tickets do desprazamento aboados antes do inicio da posta en marcha de dita tarxeta, ou xustificación das viaxes efectivamente realizadas a través da empresa de transporte.

 

OPCIÓNS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

 

DESCARGA DE ARCHIVOS 

 

pdf-icon-png-2074

                  PRAZO PARA SOLICITAR: DO 08 DE XULLO AO 02 DE AGOSTO DE 2021