XVIIª edición da comida da 3ª Idade en Xove
Forum
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, acaba de por en marcha a XVIIª EDICIÓN DA COMIDA DA 3ª IDADE, a cal vai ter lugar o venres 30 de outubro.

Para participar neste tradicional xantar, hai que inscribirse no Departamento Municipal de Servizos Sociais, debendo cumprir os seguintes requisitos:
O Programa, básicamente,  vai ser o seguinte:
-12:30 horas.- Misa no solemne no Salón de Actos do Centro Cívico.
-14:00 horas.- Xantar no Restaurante Louzao de Area.
-Baile cunha orquestra para rematar a Xornada.

O Concello, como en anos anteriores, vai por autobuses por tódalas parroquias para transportar ás persoas que acudan á Comida e non desexen levar o seu coche.