Xove celebra o Samaín

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais,  vai celebrar por todo o alto o SAMAÍN. Concretamente  os dias escollidos para as actividades desta celebración son os dias 30 e 31 de outubro. O Programa, é o seguinte:

- VENRES, 30 DE OUTUBRO.- as actividades este día vanse celebrar o na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) a partires das 17:00 horas, e nas cales os rapaces/as poderán elaborar calabazas do Samaín (baciado e decorada) e ademáis, como xa é habitual, participar en xogos de medo.
- SÁBADO, 31 DE OUTUBRO.- o Salón de Actos do Centro Cívico vai ser o lugar das actividades que se van celebrar este día, as cales comezarán ás 18:30 horas  cun CONTACONTOS DE MEDO, para continuar  cunha FESTA que contará cunha DISCOTECA MÓBIL no propio Salón.

As actividades deste Programa son de carácter totalmente gratuito, estando dirixidas a rapaces/as maiores de 9 anos. Dende a Concellería de Servizos Sociais invítase a tódolos rapaces/as a participar neste interesante programa de actividades.