Programa "Encontros" adicado ó mundo do Mar
Este proxecto ten un doble obxectivo, crear espazos nos que os rapaces e rapazas coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.
A última actividade que se desenvolveu dentro deste Programa tivo lugar onte 16 de xuño no Portiño de Portocelo, e estivo adicado á pesca de baixura, tanto a pé como en lancha.Na actividade participaron 19 alumnos/as do IES Illa de Sarón, que actuaron lóxicamente como alumnos, e 15 adultos da Escola de Maiores, que fixeron, tamén lóxicamente, de profesores, dado que, ao fin e ao cabo, do que se trataba era de que estes últimos explicaran aos máis xoves o oficio de pescador, tanto a pé como en lancha, oficio este, dos de máis tradición nun Concello tan costeiro coma o noso. Na xornada tamén estiveron presentes a Concelleira de Igualdade Ana Abad, coordinando a actividade, e tamén o Inspector do Gardacostas de Galicia Gabriel López, o cal lles explicou aos rapaces todo o tema de licencias para poder exercer o oficio da pesca.Unha das cuestións nas que máis se lles incideu foi no tema dos plásticos, auténtico veleno para o mar, dado que tarda centos de anos en degradarse, dahí a súa perigosidade.Dentro xa das prácticas realizadas, estiveron recollendo miñocas como cebo para poder pescar, pasando despois a unhas pequenas prácticas de remo co fin de aprender a mover e maniobrar nunha lancha pequena (chalano). Tamén tiveron oportunidade de coñecer varias artes de pesca como aparellos, nasas, etc, así como artiluxios tales como zalabardos, raños, etc.
Por último, os alumnos recibiron unha ampla información sobre a incorporación da muller ao traballo do mar, tanto pola costa recollendo percebe, ou ben, polo mar embarcadas en lanchas de baixura. De ámbolos dous casos hai exemplos tanto en
Portocelo como en Morás.
Tamén a nivel directivo se está producindo esa incorporación; así temos, por poñer un exemplo, un grupo de mulleres ocupando altos cargos na Xunta en temas marítimos.