Iº ENCONTRO DE PALILLEIRAS EN XOVE

ROLDA DE PRENSA  celebrada hoxe 27 de agosto de 2010, nos Salón de Plenos do Concello de Xove,  co fin de presentar o CARTEL do Iº ENCONTRO DE PALILLEIRAS en Xove e que contou coa participación de:

PALILLEIRAS

Presentación realizada polo Alcalde Demetrio Salgueiro

Dende fai unha década aproximadamente o Concello de Xove ven organizando obradoiros de tempo libre dirixidos a mulleres. Entre eles, os talleres de bordado e bolillos contaron sempre con moita aceptación. Sendo espazos de aprendizaxe, intercambio de coñecementos, pero tamén de encontros e de relación.

Como unha forma de recoñecer a labor feminina, o Concello de Xove organiza dende fai varios anos exposicións onde se poden contemplar os traballos realizados polas propias alumnas. Este ano, “Coas Nosas Mans III” mostra as labores realizadas durante o curso 2009-2010.

Ante o interese amosado en seguir mantendo viva as labores artesanais, que se reflicte pola asistencia por parte de moitas alumnas do noso concello a encontros tanto da zona (Burela, San Cibrao), de Galicia (Cedeira, Camariñas, Betanzos),  coma encontros noutras localidades de  España (Aguilar de Campó, Toledo, Candás en Asturias), o Concello de Xove, xunto coas profesoras de bolillos  Mercedes Barro e de bordado Carmen García,  organiza o I ENCONTRO DE PALILLEIRAS, que terá lugar o próximo 2 de outubro no pavillón municipal.

O ENCONTRO abrirase ás 10:30 horas da mañá coa recepción de palilleiras. Dende as 11:00 ata as 13:30 h desenvolverase a palillada. Habendo unha venvida por parte das autoridades ás palilleiras ás 11:00 horas. A partir da unha e media pararse para xantar , retomando a segunda palillada dende as catro ata as sete da tarde.

Polo día haberá varios sorteos de agasallos e venta de artículos e encaixes.

A inscrición poderase realizar ata o día 17 de setembro.

A día de hoxe xa está confirmada  a asistencia dunha ducia de vendedores e das asociacións de palilleiras da Mariña, e tamén unha de Palencia. Sinalar que aínda están chegando as invitacións, polo que contamos que ata o 17 de setembro (remate da inscricións) se anoten máis palilleiras.

Dende a organización queremos invitar a todas as asociacións de palilleiras a participar neste encontro. Demetrio Salgueiro Rapa