Entregados os premios Extraordinarios e as Bolsas ao Estudio.
Hoxe martes 4 de xaneiro, ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello, o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, realizou a entrega de PREMIOS EXTRAORDINARIOS FIN DE ESTUDIOS CURSO 2009-2010 e as BOLSAS AO ESTUDO CURSO 2010-2011. (pódense consultar na acta da Xunta de Goberno de 29 de decembro de 2010.  sección:Concello dixital)

 ENTREGA_DE_BECAS_EN_XOVE
En total o noso Concello invisteu 39.285´79 €uros nestes premios e bolsas, unha cantidade certamente importante, tal como suliñaba o Alcalde, tendo en conta os difíciles tempos de crise que estamos a padecer.
Os premios e bolsas repártense da seguinte maneira:
 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS FIN DE ESTUDOS CURSO 2009-2010
Este ano entréganse:
2 premios a estudos universitarios (CC Políticas e CC do Deporte) con unha media de notable que recibiran un premio de 3.000,00€ cada persoa.
1 premio a unha alumna que cursou un ciclo superior con unha media de notable (600,00 €)
5 premios a estudos de Bacharelato: 1 cunha media de sobresaínte que recibirá un premio de 1.300,00 € e 4 cunha media de notable (600,00 € cada un)
En total o Concello de Xove entrega a cantidade de 10.200,00€ en concepto de premios ao estudo.
BOLSAS AO ESTUDO CURSO 2010-2011
Axudas a estudos universitarios: entrégase un total de 16 bolsas, percibindo como cantidade máxima cada solicitante 1.200,00€ en función de ingresos familiares. O Concello de xove destina a este fin un total de 17.634,14€.
Axudas para ciclos formativos para especialidades que non existan na comarca: Un total de 3 rapaces e rapazas reciben esta bolsa, que ascende a un máximo de 600,00€, segundo ingresos familiares. En total 1.516,65€.
Axudas para persoas minusválidas físicas ou psíquicas que asistan a cursos de educación especial ou a terapias de estimulación: un total de 7 familias se beneficiaron desta bolsa, sendo a contía final destinada 6.750,00€.
Axudas para a compra de material escolar (preescolar: 65,00€, Primaria e ESO: 60,00€, Bacharelato: 125,00€ e Ciclos Formativos: 125,00€). 26 familias do Concello de Xove reciben esta axuda para material. A contía final ascende a 3.185,00€
En total o Concello de Xove destinou a cantidade de 29.085,79€ en concepto de bolsas ao estudo.