Saude e Benestar no Camiño de Santiago
Desde a Deputación Provincial de Lugo estase a pór en marcha un programa de Termalismo Social “Saúde e Benestar no Camiño de Santiago” dirixido ás persoas maiores de 50 anos da provincia de Lugo que acoden aos balnearios fundamentalmente a efectuar curas de saúde e/ou buscando a realización de actividades de ocio saudable e envellecemento satisfactorio.
Os balnearios participantes no programa son os da provincia de Lugo: Balneario de Lugo “Termas Romanas”, Balneario “Oca Río Pambre”, Guitiriz “Hotel Balneario & Golf Club”, “Oca Aguas Santas Balneario Golf Resort”), e ofértanse un total de 1.400 prazas, durante os meses de agosto a decembro do 2011.

Os únicos requisitos para participar son ter 50 anos, ou máis, cumplidos, así como estar empadroado nalgún concello da provincia de Lugo. No caso de ser acompañante, sempre e cando sexa cónxuxe ou análoga relación, non será preciso que cumpla co requisito da idade.

O prazo de inscrición comeza o vindeiro 20 de xuño, e rematará cando se cubran todas as prazas ofertadas.
A inscrición no programa realizarase a través dos servizos sociais municipais, ou ben na propia Deputación provincial; en ambos casos, se facilitará aos interesados/as, folla de inscrición e declaración xurada do lugar de empadroamento. Tanto o usuario como o acompañante, en caso de levalo, deberán cubrir e asinar estes dous documentos.

Unha vez cubertos e asinados os datos, os presentarán, xunto coas copia dos D.N.I., na oficina do traballador/a social correspondente ao concello do solicitante, ou ben directamente no Servizo de Protocolo- Km0 da Deputación Provincial de Lugo, R/ San Marcos. 8. 27004 Lugo.